A facilidade do mal.
Pan por Pan domingo 9 setembro. Imaxe: Niobide sagitta, de J.J.Pradier
É máis doado destruír que construír: en só minutos, quizais segundos, podemos botar por terra construcións do noso patrimonio ou da natureza que se tardaron centos ou milleiros de anos en erguer. Algúns mesmo lle chaman a iso progreso tecnolóxico. Muñoz Molina lembraba esta axeitada cita de Paul Valéry: “a horrible facilidade de destruír”, que por certo tamén encantaba a Josep Pla. O terrorismo é a plasmación evidente desa facilidade no mundo no que vivimos: velaí os atentados masivos dos últimos anos. En Alemaña lograron parar un inmenso masacre detendo unha célula de integristas islámicos: dous dos detidos naceron na propia Alemaña, nunha contorna burguesa, e logo se converteron ó islam, un deles ós 15 anos. Vítimas do fanatismo, non sería despois difícil convencelos, nun campo de entrenamento de Pakistán, do acerto letal da cita do poeta francés.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
5 comentarios:
O mal sempre foi moi doado de facer,polo menos teóricamente.Prender lume,boleirar unha enorme pedra mote abaixo,abrir a cancela do prado do veciño i espantarlle tódalas ovellas.Os adolescentes de tódalas épocas sentíronse fascinados por esa clase de cousas.Teóricamente é doado incluso matar.
Pero paralelamente a esa capacidade de facer mal,desenvolvéronse mecanismos inhibitorios,algunhos biolóxicos,outros sociáis (relixión,cultura),que impedían ou facían moi difícil,en realidade,levalo á práctica.Ambas cousas,capacidade de facer o mal e mecanismos de inhibición evolucionaban a velocidades comparábels i equilibrábanse mutuamente.
O problema veu cando o desenvolvemento tecnolóxico acelera de tal xeito que non se acopla no tempo coa creación de inhibidores específicos.Ademáis o mal causado é de natureza cada vez menos "sensorial" que era o marco no que operan os inhibidores clásicos.E así,non só é máis doado pola mellor tecnoloxía senón tamén pola total falta de "arrepentimento"
Antes,decia que era doado matar.Pero nen sequera pra un adolescente vándalo é fácil matar coas máns:a inhibición é xenética.As travesuras xuvenís probaban a falta de "instalación" nos seus cerebros de inhibidores sociáis .
Os adolescentes dos que falan nos xornáis matan con pistola.Ó non seren partes do corpo non existe inhibición innata pró seu uso.E o mecanismo social falla...
Como tantas outras veces, parécenme moi interesantes as dúas reflexións que nos deixou Xoán da Coba...
Non estou moi seguro, amigo Xoán, de que sexa tan dificil matar coas mans; do que si estou certo é de que é moito máis doado facelo a distancia, con pistola ou cun missil teledirixido. A diferencia entre o animal é o home chanta, en efecto, en que o poder dos inhibidores xenéticos da agresión letal no interior da propia especie, é, no home, moi feble. O proceso de hominización camiñou en paralelo coa incorporación de mecanismos de inhibición da agresión, so pena de poñer en perigo á especie. A filoxénese dos animais foi, polo contrario, tan lenta que a selección natural tivo tempo de abrirlle paso á “astucia da especie”, que urdiu desencadeadores xenéticos de conductas inhibitorias da agresión intraespecífica (o lobo derrotado nun combate ritual, ofrécelle a gorxa ao vencedor, que lle “perdoa a vida” ao vencido). Pero a filoxenése acadou un acelerón tal co surximento da intelixencia que a selección natural non tivo tempo de dotarse de inhibidores dun poder parecido, e así, o primeiro que fixo o home, unha vez constituido, foi unha machada, despóis unha pistola, logo un canón, e, máis recentemente, a bomba atómica, tecnoloxías da morte fronte ás que pouco poden a amable fraxilidade do sorriso, a tensa sinuosidade da diplomacia e o precario lubricante da cortesía. Nun organismo carente, por natureza, de controles instintivos da agresión letal intraespecífica, os mecanismos de inhibición só poden ser de tipo cultural. Mais non semella moi claro, dende Ausswitch, que cultura e saber sexan neutralizadores suficientes. Tanto máis canto a guerra, esa forma colectiva e organizada de agresión, declárase con ira pero sen unha agresión física pesoal a quen a declara na frialdade burocrática dun despacho.
¡Jim Morrison,estou certo que vostede i eu limos moitos libros en común...!
Publicar un comentario