30 sept. 2007





CEN ANOS DE HISTORIA CULTURAL
1979: tempo de despedidas

Foi o ano 1979 tempo de despedidas, porque nesas datas marcharon tres das grandes voces das nosas letras contemporáneas: falo do poeta Luís Seoane (nacido en Buenos Aires en 1910 e falecido na Coruña), do novelista Eduardo Blanco Amor (nacido en Ourense en 1897 e falecido en Vigo) e do poeta Celso Emilio Ferreiro (nacido en Celanova en 1912 e falecido en Vigo). Para min cando menos iso significou a apertura dun tempo novo: íanse nomes que marcaban toda a literatura de posguerra, en Galicia e en América, e que mesmo proviñan de xeracións anteriores á guerra civil. Tras a morte nos anos anteriores de Otero Pedrayo, Sebastián Martínez-Risco, Ferro Couselo e Lorenzo Varela, era evidente que se pechaba un tempo e era de agardar que nacese outro, con novas voces e esperanzas renovadas.
Con todo houbo grandes libros nese ano. Entre eles, a última entrega narrativa en galego de Cunqueiro, Os outros feirantes (Galaxia) e unha peza deliciosa de Carlos Casares, Os escuros soños de Clío, onde o ourensán forzaba os territorios da fantasía e da imaxinación, no ronsel de Borges e Cunqueiro. Valentín Paz Andrade ofrecíanos un dos seus mellores poemarios, Cen chaves de sombra; Celso Emilio Ferreiro, a súa derradeira obra, O libro dos homenaxes, e Antonio Alonso Ríos, un dos nomes do exilio galego, deitaba en clave literaria a súa propia experiencia como fuxido na guerra civil na novela O siñor Afranio. Ou como me rispei das gadoupas da morte. Alexandre Cribeiro, vinculado ás Festas Minervais e ó Brais Pinto, publicaba o seu poemario Indo pra máis perto, que incluía os versos de Doente na espranza premiados no Centro Galego de Buenos Aires. E xurdían voces novas comoVíctor Freixanes que gañaba o premio Modesto R. Figueiredo, do Patronato Pedrón de Ouro dese ano co relato A caza das cascudas. Publicábanse xa relatos premiados antes no mesmo certame como Número de patente... de Xan Guisán Seixas; A figueira, de Xosé M. Martínez Oca ou Querido Brais de Ánxel A. Rey Ballesteros. Galaxia publicaba ademais os Contos pra nenos premiados por O Facho e saían á luz tamén poetas como Vítor Vaqueiro, con Lideiras antre a paisaxe, e Claudio Rodríguez Fer, con Poemas de amor sen morte, autores todos eles nacidos na década dos 50. Tamén son desta hora os volumes poéticos Facer Pulgarcitos Tres, de Alberto Avendaño; Galletas Kokoschka Non, de Manuel M. Romón e As ladillas do travesti, de Antón Reixa, en edicións de Rompente o grupo poético que os agrupaba a todos eles. A preocupación pola lingua e a historia de Galicia seguía presente e a iso responden traballos como Galego cero, de Xosé Mª Álvarez Cáccamo; a segunda edición do Vocabulario castellano-gallego de Francisco Fernández del Riego; as Papeletas para un diccionario galego, do Padre Sobreira; Murguía. O Patriarca, de Antón Fraguas; a edición en francés de La Galice, de Abel Bouhier, e a primeira Historia de Galicia, editada polo Frente Cultural da AN-PG, con textos de Barreiro Fernández, Anselmo López Carreira, Francisco Carballo e Felipe Senén: como é sabido o volume foi secuestrado por unha alusión ó "asasinato pola policía española" do dirixente da UPG Xosé R. Reboiras. Tamén en 1979 apareceu o primeiro estudo monográfico sobre O teatro galego, de Manuel Lourenzo e Francisco Pillado; o precioso volume colectivo sobre o pìntor Maside; Libros e autores galegos: dos trobadores a Valle Inclán (F. Barrié de la Maza), de Ricardo Carballo Calero, e o discurso de ingreso de Xenaro Mariñas del Valle na Real Academia Galega, Importancia do público na revelación teatral. O Día das Letras Galegas, dedicado a Manuel Antonio, permitiu a saída de traballos sobre o rianxeiro de Xosé Ramón Pena e do grupo Rompente, entre outros.

35 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

É posible que eu ande trabucado, pero a térmica de As Pontes comezou a funcionar antes do ano 1979. Pode ser que a pleno rendemento si, pero a cheminea fumeaba uns anos antes. Case seguro.

Anónimo dijo...

Que pinta de garulo tiña o Freixáns.

Suso Lista dijo...

Esa pinta, daquela, era de esquerdas. (os barbudos)

Xoan da Coba dijo...

De esquerdas eran as barbas,en plural,máis que a barba,en sigular.Hay outras curiosidades acerca do aspecto "de esquerdas" nun libro sobre tribus urbanas(foi nel onde lín ese matiz),non lembro o autor.

Xoan da Coba dijo...

Non sei onde lín que,no tempo dos zares,ó concepto de libertade que tiñan os rusos,era poder deixar barba...
(E lembren vostedes a causa do motín de Esquilache.O pobo ten ás veces un concepto curioso da libertade)

Xosé M. González dijo...

Con todo, o Freixanes (que me levaba dous cursos en Filosofía e Letras) ía ben atildado, segundo é de ver na foto. E non era precisamente marca diferencial na "esuqerda"... Ten habido algún comentario -tan sarcástico coma atinado- sobre a compatibilidade, malia as aparencias, entre progresismo e hixiene.

Fala un que non constituía exemplo de tal, precisamente.

Xoan da Coba dijo...

Cando eu era novo viaxéi moito en auto-stop.Moitas veces paséi horas esperando que alguén me parara.Dunha vez,paróume un taxista.Eu,o ver que era un taxi,dixenlle que perdoara,pero que facía auto-stop.Díxome: xa o séi,pero lévote igual.Logo díxome:mira rapá,non séi por qué tés que facer as cousas máis difíciles do que son.A próxima vez que fagas autostop,aféitate ben e viste unha camisa blanca,relucente.Non che costa nada.Sé práctico.
Fíxenlle caso.Á próxima ,iba eu afeitado e vestido non só cunha camisa senón tamén cún pantalón blanco,ambos relucentes.Cando levantéi o dedo,pasaba xa de largo un Mercedes despampanante,cun vello matrimónio dentro.Chirriaron os freos,e deu marcha atrás : "¡Sube,chaval!"

apicultor dijo...

Amigo XDC, cantos milleiros de quilómetros percorrimos en auto-stop!

E, en efecto, para facer dedo non había nada mellor que ir ben aseado, limpo, planchado, con cores claras e cun carteliño que puxera con letras ben visibles e ben feitas o lugar de destino (eu facíaos con dous folios pegados con fixo e co texto en kanfort negro).

A min parábanme aos cinco ou dez minutos. Unha vez díxome unha señora: -Eu nunca lle paro a ninguén, pero como che vin un cartel con letras tan ben feitas pensei que non podía ser unha mala persoa.

He, he, he.

Xoan da Coba dijo...

Vaia.Non séi se patentóu a tipografía.Poderíase incorporar as fontes dos tratamentos de texto có nome "AUTO-STOPIAN".Anque creo que en inglés díse Hitch-Hicker.
Por certo ,¿sabe que unha das leis "tolas" nos EE.UU. é que non se pode facer autostop entre estados?

arume dos piñeiros dijo...

Esto vaise parecendo a un tratado de urbanidade.
Non me quedou claro o comentario de Saavedra: "fala un que non constituía exemplo de tal". De tal, de que? De hixiene? De progresismo? De relación hixiene progresismo? ;)
De todas formas, nas fotos da mani de Ferrol de onte había barba(s). Segue a ser de esquerdas?
Poucas mulleres vin, eso si, algunha máis ca no entarimado das campas do Alderdi Eguna.

Xoan da Coba dijo...

Pois non é mala idea,a que me acaba de dar,Apicultor.Imaxinemos un equipo de creativos publicitarios decidindo a tipografía pró nome dun producto ou sevizo comercial.Trátase de que inspire confianza no consumidor,como se esixe a menudo con nomes de axencias de seguros,líneas aéreas,etc.
Fanse unhos cantos carteles có nome dunha cidade próxima,de xeito que prácticamente o 100% dos conductores pasen por ela,e ponse a un actor facendo autostop.Evalúase o porcentaxe de conductores que paran con cada tipografía.Non é caro,e deseguro que eficaz...
Apicultor,débolle outra caña...

Xoan da Coba dijo...

En canto ás cores,sábese dende fai tempo que o mellor é o azul ceo...

Xosé M. González dijo...

De pulcritude, Arume, e non digamos máis.

Xosé M. González dijo...

Alguén pediu, a semana pasada, visión dalgún asistente. Antes de que a marea vasca asulague a cotidianeidade d' As Uvas, apego isto aquí, por se segue interesando. É longo, pero sínteses xa se leron noutras partes.

Marcos Valcárcel dijo...

Valiosa crónica, XMG: podemos adiviñar o ambiente e as sensacións que por alí se respiraban. E a parte musical debeu ser espectacular, polo que conta. Vexo, ademais, no remate da crónica que vostede ben lembra a Ferrín cando anunciou que GC non se integraba no BNG. Sobre ese tema tiven eu unha polémica na prensa hai meses co propio Ferrín (el xa non o lembraba): mágoa non consultarlle daquela, aforraríame moitos traballos...

Xosé M. González dijo...

E cando lle aplaudiron aqueles túzaros (ou imos dicir, logo, ofuscados, no fragor do debate...), Ferrín contestou, elegantemente, levantando o puño. Estouno vendo, e espero que non se me borre.

arume dos piñeiros dijo...

Da crónica de Saavedra, entresaco con mala intención:
1. Por que a Aboi e non O Beiras e O Quintana?

Xosé M. González dijo...

É unha boa pregunta. Estilisticamente, supoño que opera un prexuízo que vén da formación: afeitos a que nestes contextos (políticos, culturais...) o suxeito sexa moi maioritariamente masculino, cando é feminino actúa inconscientemente unha necesidade de puntualizalo. Tal e como vai exposto anteriormente, o prexuízo ten efecto expresivo; pero tería tamén razón comunicativa, por canto o lector -probable, incluso inevitablemente- leva consigo a mesma ou similar formación.

Non ten, polo tanto, neste meu escrito e pasaxe intención valorativa o uso do artigo. Lembro, con todo e ao respecto, que o propio Beiras falaba moito, de si mesmo, como "o Beiras". Indico asemade que o uso do artigo determinado ante nome propio pode levar tamén intención maiestática; sen que o anterior teña que ir conectado co presente.

marcos valcarcel dijo...

Gustaríame, a propósito do indicado por XMG, que Ferrín lera estes comentarios. Eu estaba absolutamente seguro da imaxe de Ferrín no estrado, despedíndose puño en alto do Pavillón na fundación do BNG. El xa non se lembra de que falou naquela ocasión e negábao. Eu consulteino con varios asistentes (Leiceaga, Bieito Iglesias e moitos outros) e encontrei unhas notas miñas onde constaba todo o sucedido, ata o número de votos de cada proposta e cada un dos que falou na asemblea (deformación profesional supoño). Pero o certo é que varios dos consultados xa non eran quen de asegurar se Ferrín falara ou non: ata tal punto a memoria é traidora, só vinte e pico anos despois. Por certo, XMG, quedan imaxes daquela cita? Víronse na Coruña o pasado sábado? Está algún anaco do discurso de Ferrín entre elas?

Xosé M. González dijo...

Non seguín o vídeo resumo integramente, ás veces miraba para outro lado. Imaxes daquela hainas, supoño que nos arquivos do BNG, e en todo caso paréceme que en GZ-Nación deberon publicar algunha.

No mencionado vídeo, sexa como for, aparecen imaxes da asemblea fundacional. Saíron alí algunhas indicadas na crónica e entendo que unha ou dous con vistas da asistencia, entre elas unha das bancadas á que tamén aludo. Eu ver vina, foi estes días e coido que foi alí.

Ignoro se hai algunha filmación, o pobre do Carlos Varela xa morrera e non vira eu por alí, que lembra, cámaras. Non é desbotable, así e todo.

Estráñame ben xa non que Ferrín apareza nalgunha daquelas fotos, tan sequera que ninguén as fixese.

Xosé M. González dijo...

Aínda me veu á cabeza, Arume, outro motivo para a distinción: Aboi é apelido con tradición no nacionalismo, e en masculino. Xabier Aboi é, de vello, líder sindical. Como a Aboi sempre alude ás sús raíces familiares e militantes, sempre pensei que o tal sería o pai.

arume dos piñeiros dijo...

Vía Ana Bande, por se interesa:
Una compañía lanza, por 9.000 euros, un programa informático que detecta términos sexistas en cualquier documento


MADRID, 2 (EUROPA PRESS).- The Reuse Company ha lanzado al mercado una herramienta informática que, por un coste de 9.000 euros, detectará cualquier término utilizado con carácter "sexista" que aparezca en un documento, en una página web o en todo un 'site' de Internet y sugerirá al usuario que lo reemplace por otro "más adecuado".


Con sólo instalarla en el ordenador, la llamada 'herramienta Themis', cuyo funcionamiento es muy similar al de un corrector ortográfico, "rastreará documentación y sitios web" y alertará al usuario de giros "sexistas" como la frase "se precisan ingenieros informáticos" en lugar de "se precisan ingenieros e ingenieras informáticos", explica la compañía en su dossier informativo.

Una vez detectada la expresión "machista", el programa sugerirá al usuario un reemplazo por otra que resulte "más apropiada". Así, se procurará sustituir "se precisan ingenieros informáticos" por "se precisan personas con titulación de ingeniería informática", por ejemplo.

En declaraciones a Europa Press, un portavoz de Reuse Company apuntó que la importancia de contar con una herramienta como esta reside en que "a ninguna mujer le gusta firmar un documento en el que ponga 'firmado, el contribuyente; o firmado: el vecino", igual que a ninguna institución pública le agradaría que sus anuncios de trabajo parecieran machistas.

La herramienta contará con una especie de 'diccionario no sexista' con más de 1.600 términos que el usuario podrá ir ampliando a medida que vaya detectando la necesidad de incorporar expresiones nuevas. Asimismo, cuenta con una opción para analizar todo un portal de internet y todas las páginas web vinculadas al mismo, para detectar cuántos de estos 'giros machistas' se han empleado.

Por ello, en la compañía reconocen que no tardarán en aplicar Themis a la web de alguna de las instituciones del Estado, por ejemplo, a la página de La Moncloa, para poder valorar en qué medida se cuida el lenguaje de género en la documentación emitida por la Administración. "Quizá en un par de semanas tengamos un informe", apuntó el portavoz de The Reuse Company

Xosé M. González dijo...

Vaites, vaites.

apicultor dijo...

Remato de ler a súa crónica dos "25 anos de paz", amigo Saavedra. Ai, quen lle dera, quen nos dera, vintecino anos menos.

Non entendín ben o de "A Aboi". E logo que facía ela nos 23 de xullo? Acláremo, xa que lle da a esta rapaza moito futuro, e vostede ten ollo de lince.

Faltoulle facer unha avaliación impresionista da militancia alí presente: ademais de aplaudir, notou vostede un -digamos- plus de emoción ou de presenza protocolaria? Aquel vello entusiasmo -palabra tan cara a Piñeiro- viuse por algures? Ou é que vintecinco anos non pasan en balde?

Verbo do discurso de Quintana. Xa se nota, albisco, a man de Manolo Barreiro por detrás.

De movemento a institución: velaí a sinuosa traxectoria do BNG ao longo destes anos. Globalmente positiva, xaora. Mágoa que deixase tantos mortos e tolleitos polas cunetas.

Por certo, notouse nesa proclamada e sempre adiada apertura na presenza de moitos convidados? Porque nese mimar de simpatizantes e achegados nunca se manifestou xeneroso. Antes ben, cicateiro de máis. Un trazo quizais de endémica desconfianza? Valcárcel, coido, entre moitos outros, non foi convidado. Eu, faltaría máis, tampouco. Mais non estrañe: algúns xa non pertencemos a ese mundo. É o que ten ter vintecinco anos ás costas: un camiña só, sen acobillo colectivo que lle dea, sequera sexa episódica e momentaneamente, un pouco de calor nestes días outonizos.

(Encántame a "retranca informativa" de Arume, que é listo coma un allo)

Xosé M. González dijo...

Buf, que longo mo pón. E coa présa que teño. Se isto non sae ben, podemos volver máis tarde.

Primeiro e desculpando: son ben animal. A gralla, desta volta, cambia nada menos cá data do Día da Patria. O que quero dicir, en suma, é que Iria Aboi sempre proclama a súa vinculación ao nacionalismo desde nena; por dicilo doutra maneira, desde o berce. Isto (plus de confianza a priori entre bloqueiros de distintas xeracións), e os outros motivos alegados, confírenlle bo vimbio para ir arriba no ámbito da política patriótica; obviamente, falta o fundamental, neste caso si que sine qua non, polo menos en conveniencia: mérito e esforzo. A min, sobre todo polo que teño visto nalgún debate televisivo, paréceme que ten xeito, o demais irémolo vendo.

Emoción... E non deixaba de habela; se o Suso Lista, a quen saudei ao final, entra aquí, igual quere dicir algo ao respecto. Ora ben, este é un tempo, máis ben e en todo caso, de firmeza tirando a serena e sen que falte o sentimento. Supoño que me entende; foi un acto pulcro, pero non lle chamaría eu, para nada, protocolario.

Todas as causas teñen cadáveres; sempre son tan de lamentar coma -seica e lamentablemente- inevitables. Ignóroo todo sobre convidados agás o que me afecta persoalmente; penso que deberon ser moitos os chamados, e Iria Aboi deu por feito que os había presentes. Non me fixei, francamente, andaba a outras cousas que posiblemente se reflicten na crónica.

A apertura, volitivamente, existe. Por diversos motivos, debe facerse maior, moito maior, chegar a moitos máis lugares. Feridas hai que, mentres non cicatrizan, impiden ao mellor algunha presenza de maneira lamentable. O tempo e a sabenza curan; se cadra, Apicultor, cando tal acabamos véndonos aló.

apicultor dijo...

Xa sabe, amigo Saavedra, que se subvencionan a miña ineficacia por min non había quedar. Esperemos que lle encarguen a vostede a próxima ponencia: niso teño cifradas as miñas esperanzas futuras.

Unha aperta, que agora saio dar unha camiñata, non sei se socrática, mais cando menos pracenteira.

arume dos piñeiros dijo...

Hai negros, pois, tamén detrás dos discursos dos líderes políticos?
Xa vexo amigo Saavedra que das mulleres presentes salientou algo máis có talento. Quedámonos sen saber se Paco Rodríguez move o esqueletre (e qué partes) ou se Quitana, no tren superior, dá porte de fredaster alaricán.

apicultor dijo...

Home, Arume, todo político que se precie e que non sexa un mindundis ten quen lle faga os discursos ou lle escriba os textos que asina(os de máis caché teñen varios, os máis pobres só un todoterreo). Só que non se lles chama "negros". Máis ben tenden a denominarse asesores, xefes de prensa ou de gabinete, etc.

(Xa din a camiñata e aínda tiven tempo de pasar polo Mercadona)

Xosé M. González dijo...

Pode aparentar, Arume, que non leu vde. adecuadamente esa parte mundana da crónica que igual non mellora a miña presunta imaxe entre a dirixencia e afiliación frontista. Porque ben claro está que que da media ducia de varóns albiscados e recoñecidos na primeira fila, era notoriamente Paco Rodríguez o máis marchoso; dato que -tamén está consignado- non debería sorprender a quen o coñecese un pouco.

Os que eran activos seguindo a música figuran no texto. Xa que logo, se desexa datos sobre a pericia danzarina do Quintana debe acudir, verbi gratia, ás vellas que con aparente agrado lle fan de partenaire nas famosas festas; cousas ambas, festa e baile, que eu tanto aprobo -exclúase calquera ironía- e outros tanto reproban (envexa pura, I presume).

[Devezo por saber en que cidade ou vila está ese Mercadona. Pero nin pregunto nin preguntarei].

apicultor dijo...

Un pouco de humor para rir e non chorar:

O aumentiño

(É vostede a discreción personificada, amigo Saavedra)

arume dos piñeiros dijo...

Vanme permitir que acuda a O Castelao e pronuncie aquelas verbas: as vellas non deben namorarse.
Direi de todas formas que eu tamén aprobo a festa e o baile, non faltaba máis, pero esas kermesses heroicas poden fracturar a célebre cintura do ex dianteiro centro e nada lamentaría máis que a flexibilidade gubernamental se resentira.

apicultor dijo...

Quedarialle perfecto, amigo Arume, se escribise O´ Castelao, con til enxebre arriba á dereita do O. Ademais as novas normas permíteno, coido.

Xosé M. González dijo...

Se se fixa un pouco, Arume, verá que a célebre cintura engrosou notablemente nos últimos tempos, así é que non sufra. Seica hai bo dente, e pouco tempo para o exercicio físico.

Canto ao do Aumentiño: é remarcable o doado que resulta simplificar os temas e facelos cribles mediante unha pantalla de destrución, ui perdón, difusión masiva. Malia os ímprobos esforzos de Touriño, as paisanas do mercado de San Fins e maila vendedora de xornais deben estar convencidas de que os deputados galegos subiron o seu propio salario. Quedo, por outra banda, intrigado pola carauta que lle puxeron ao breve Quintana; e polo sentido da "habilidade" do Feijóo, ese si que é un equilibrista.

marcos valcarcel dijo...

25 anos de BNG: aclaración, non sei se necesaria. Xa non pensaba ir ós actos da Coruña e non me preocupei do tema. E levaba unha semana sen ir polo apartado. Pero o certo é que tiña alí, enviadas por correo e dende Compostela, dous convites para asistir a ese acto conmemorativo. Non sei quen foi o que se acordou, pero alguén pasou unha lista de non militantes na que eu figuraba. Graciñas, en calquera caso.

arume dos piñeiros dijo...

25 anos de BNG; 15 de Festival de Cine erótico de Barna. Como pasa o tempo! Infórmenos, amigo Swann: acérquese a l'Hospitalet.