1 oct. 2007


POLÍTICOS E LINGUAXE
Marcos Valcárcel
Algúns profesores de literatura pensan que os seus alumnos esquecerán moi cedo todo o que aprenden nas clases. Pero non sempre é así. Se se dedican á política, por exemplo, sonlle imprescindibles todos os recursos da retórica literaria que os mozos estudan facendo comentarios de texto. Por exemplo, o emprego de imaxes e metáforas é preceptivo en campaña electoral: non chega con dicir que o político adversario mente, hai que engadir que lle medra o nariz como a Pinocho e xa está o titular asegurado. Ou un Barbarroja ou o que faga falta. A hipérbole é tamén moi útil e pode aparecer combinada mesmo con propiedades adiviñatorias: así o facía Fraga cando aseguraba nalgún mitin que, se hoxe vivise Castelao, votaría sen dúbida polo Partido Popular. Supoñemos que don Manuel, novo Orfeo, baixaba a cotío ata o Hades para falar de política co rianxeiro: levaría el tamén unha queimada para convidar ó Cancerbeiro?
Matrimonios. Esta semana vimos varios exemplos dignos de subliñar sobre a capacidade retórica dos nosos políticos. O máis notable foi o do propio alcalde, Francisco Rodríguez, cando afirmou no seu balance dos cen días de goberno que o bipartito “é un matrimonio político xove e ás veces hai problemas de adaptación nos primeiros días. Podemos discutir por inxenuidades ou por cousas menores e iso non significa que ese matrimonio non durma na mesma cama e teña unha relación correcta”. A imaxe é moi expresiva, pero deixa moitas dúbidas no aire: por exemplo, nunha “relación correcta” entra tamén cumprir co débito conxugal? Fóra ironías, o bo deste tipo de imaxes é que, ademais de asegurar un titular, son entendidas por todo o mundo: case todos saben o que é o matrimonio e as disputas menores que son superadas. O perigo é que tamén son recursos literarios moi doados de combater: o portavoz popular saíu de inmediato dicindo que “PSOE e BNG forman un matrimonio de conveniencia e deron un braguetazo con Ourense”. Habería que engadir que hai moitos matrimonios de conveniencia que funcionan ben moito tempo porque, xa se sabe, o amor paixón é curto e ten hora final de remate. Ademais, en política, mellor paixóns as mínimas.
Karaoke. Enrique Nóvoa tamén estivo espelido na súa roda de prensa sobre os cen días. Utilizou un símil que tamén coñece calquera cidadán do común: “os éxitos do goberno bipartito son como os do karaoke, eles poñen a voz, pero a letra escribírona os gobernos do PP”. A comparación é efectiva e, ademais, como nos karaokes faise moito o pallaso e desaparece a fronteira correctora do pudor, crea unha situación ridiculizadora e humillante. Puido ser máis contundente acudindo ó refraneiro castelán arredor do matrimonio onde existen expresións como “Al marido, amarle como amigo, y tenerle como enemigo”, “Dos que duermen en el mismo colchón son de la misma condición” ou “Para torear y para casarse hay que arrimarse”. Todos eles poderían dar xugo.

22 comentarios:

Xoan da Coba dijo...

Decía Einstein: "O cerebro do ser humán funciona de xeito maravilloso...hasta que ten que falar en público" (A frase lína no "Quo" de este mes).
Son moitísimos os libros que tratan o tema de falar en público,entre eles un do famoso Carnegie.
Eu penso que,pra desenrolar unha actividade en público precisas dunha destreza moi superior á esixida,pra compensar á perdida de eficacia debida ó "estrés".Pra falar en público agradécese un nivel lingüístico superior.Non pra úsalo "de facto",que sería pedante,só como "marxe de maniobra".

Xoan da Coba dijo...

Por certo,o matrimonio como Deus manda,é do de comenencia."Ó patrimonio polo matrimonio".Eso do amor é unha fantasía moderna.

Xoan da Coba dijo...

O amor ten fecha de remate...

Eu,cando unha amiga ou amigo me conta os seus problemas de parella,fágolle as seguintes preguntas:
-¿Imaxínaste con esa parella dentro de...10 anos?
-Non...
-¿E de 5 anos...?
-Non...
-¿E de ún...?
-Sí,home...
-¿E de 4?
-Non...
-¿E de 2?
-Sí...

EStá claro.Na túa cabeza,un reló xa está facendo TIC-TAC,TIC-TAC,TIC-TAC

Xoan da Coba dijo...

(Non séi se o test anterior se poderá facer ás coaliciós de goberno...)

Xoan da Coba dijo...

Maxino que coñecen este exercicio, e deseguro que llo puxeron ós seus "élèves":

Trátase de escrebir dous antónimos,por exemplo,blanco-negro,i enlazalos intercalando outras verbas de xeito que calesquera dúas consecutivas poidan considerarse sinónimas nalgúns contextos:
Exemplo (a salto de coello):
Blanco-claro-despexado-desacolledor-frío-inhóspito-desagradable-Negro.

Creo que moitos políticos e abogados fan este exercicio con centos de antónimos,pra aprender a darlle "volta á tortilla" dos argumentos.
¿Quén se atreve a facer un libro,unha especie de diccionario....en galego?

A ver quén pode con este: ALTO-BAIXO

Ou con este: Dereita-Esquerda

arume dos piñeiros dijo...

Amigo Xoan da Coba: vai vir o venres á do Gaudeamus?

Xoan da Coba dijo...

En principio,non poderéi ir.Mágoa.

arume dos piñeiros dijo...

O uso da retórica serve para que non saibamos exactamente que puido pasar. Véxase:
Uno de los aspectos más llamativos del pleno, ya al final de la sesión, fue una pregunta, aparentemente rutinaria e inocente, formulada por el portavoz del PP, Daniel Rego, sobre las razones del uso, los días 22 y 23 de agosto pasado, del camión de bomberos de Protección Civil de Camariñas.
El alcalde respondió que él mismo había ordenado esa actuación, debida a la visita de cortesía de «un conselleiro» a Camariñas, alojado en la vivienda de una persona amiga. Alonso de León señaló que el camión llevó agua a la piscina de la vivienda, porque allí no se podía llenar, y que el coste fue «mínimo, só o do gasóleo». El alcalde considera que sí existe «interese público», porque pudo mantener seis reuniones con ese «conselleiro» sobre temas importantes para el municipio.
Sin embargo, en la réplica, Daniel Rego ya habló de «conselleira». Durante el debate no se citó nunca el nombre, pero esta Redacción pudo saber que se trató de la conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, quien se alojó cuatro días en la zona.
El portavoz popular comenzó entonces a dar más datos. Dijo, en primer lugar, que no le parece correcto haber invitado a esa conselleira a una vivienda situada en una «zona ilegal», en las inmediaciones de Reira. Ni tampoco que se llenase una piscina con el camión público. Más en concreto, dijo que el vehículo había realizado seis viajes el día 22, entre las 15.00 y las 19.00 horas, y otros tres al día siguiente, entre las 8.00 y las 10.00 horas. Señaló que, en cada trayecto, la cisterna llevaba 1.100 litros, con lo que resultó un total de 9.900 litros de agua.
Rego González insistió en la ubicación «ilegal» de la vivienda, y que esta acción de llenar una piscina particular «non se debeu de ter feito». Ayer volvió sobre el tema, criticando que el departamento de Caride haya aprobado una limitación de construir a 500 metros del mar, y haya usado para su estancia un chalet que está a menos de 150 metros y que además es «ilegal».

Xoan da Coba dijo...

Xa coñocen a frase de Eugenio d'Ors:"¿Está claro? oscurezcámoslo..."

Xoan da Coba dijo...

Así e todo,é moi diferente o xeito de falar pensado pra que digan de un "¡Qué ben fala!" que pra que berren "¡Marchemos contra Filipo!".Inducir á acción mediante a palabra está ó alcance de ben poucos.E cada vez ponse máis difícil.

arume dos piñeiros dijo...

Qué papel xoga o canciño, as chanclas e o espello ao fondo duplicando e reducindo o envés das cousas?

Xoan da Coba dijo...

Eu qué séi,Arume d.p.Eu non lle séi...

SurOeste dijo...

E cunha canga dese "xugo" habería que darche a ti polo castelanismo, xa que utilizamos figuras retóricas bailando coa nosa cometencia bilingüe.

SurOeste dijo...

Ala, que pouco tardei eu tamén en meter a zoca!, quixen dicir competencia.

marcos valcarcel dijo...

Excusas polo castelanismo: ninguén está libre de meter a zoca, de cando en vez.

arume dos piñeiros dijo...

E xa que sae: logo son chanclas ou zocas as que saen no cadro?

SurOeste dijo...

Arrisqueime, pero dábame a espiña que ao elegantísimo blogueiro Marcos Valcarcel non lle había parecer mal o trato coloquial. Todo sexa por limpar e dar esplendor á nosa lingua.
Saúdos

arume dos piñeiros dijo...

Unha interesante reflexión sobre a retórica patrioteira dos EE.UU. Moi boa a ironía "You may think Guantánamo Bay is a prison camp in Cuba for Al Qaeda terrorists. A lot of the world thinks it’s a place we send visitors who don’t give the right answers at immigration.
O texto completo é:
9/11 Is Over

By THOMAS L. FRIEDMAN
Published: September 30, 2007

Not long ago, the satirical newspaper The Onion ran a fake news story that began like this:
“At a well-attended rally in front of his new ground zero headquarters Monday, former New York City Mayor Rudy Giuliani officially announced his plan to run for president of 9/11. ‘My fellow citizens of 9/11, today I will make you a promise,’ said Giuliani during his 18-minute announcement speech in front of a charred and torn American flag. ‘As president of 9/11, I will usher in a bold new 9/11 for all.’ If elected, Giuliani would inherit the duties of current 9/11 President George W. Bush, including making grim facial expressions, seeing the world’s conflicts in terms of good and evil, and carrying a bullhorn at all state functions.”

Like all good satire, the story made me both laugh and cry, because it reflected something so true — how much, since 9/11, we’ve become “The United States of Fighting Terrorism.” Times columnists are not allowed to endorse candidates, but there’s no rule against saying who will not get my vote: I will not vote for any candidate running on 9/11. We don’t need another president of 9/11. We need a president for 9/12. I will only vote for the 9/12 candidate.

What does that mean? This: 9/11 has made us stupid. I honor, and weep for, all those murdered on that day. But our reaction to 9/11 — mine included — has knocked America completely out of balance, and it is time to get things right again.

It is not that I thought we had new enemies that day and now I don’t. Yes, in the wake of 9/11, we need new precautions, new barriers. But we also need our old habits and sense of openness. For me, the candidate of 9/12 is the one who will not only understand who our enemies are, but who we are.

Before 9/11, the world thought America’s slogan was: “Where anything is possible for anybody.” But that is not our global brand anymore. Our government has been exporting fear, not hope: “Give me your tired, your poor and your fingerprints.”

You may think Guantánamo Bay is a prison camp in Cuba for Al Qaeda terrorists. A lot of the world thinks it’s a place we send visitors who don’t give the right answers at immigration. I will not vote for any candidate who is not committed to dismantling Guantánamo Bay and replacing it with a free field hospital for poor Cubans. Guantánamo Bay is the anti-Statue of Liberty.

Roger Dow, president of the Travel Industry Association, told me that the United States has lost millions of overseas visitors since 9/11 — even though the dollar is weak and America is on sale. “Only the U.S. is losing traveler volume among major countries, which is unheard of in today’s world,” Mr. Dow said.

Total business arrivals to the United States fell by 10 percent over the 2004-5 period alone, while the number of business visitors to Europe grew by 8 percent in that time. The travel industry’s recent Discover America Partnership study concluded that “the U.S. entry process has created a climate of fear and frustration that is turning away foreign business and leisure travelers and hurting America’s image abroad.” Those who don’t visit us, don’t know us.

I’d love to see us salvage something decent in Iraq that might help tilt the Middle East onto a more progressive pathway. That was and is necessary to improve our security. But sometimes the necessary is impossible — and we just can’t keep chasing that rainbow this way.

Look at our infrastructure. It’s not just the bridge that fell in my hometown, Minneapolis. Fly from Zurich’s ultramodern airport to La Guardia’s dump. It is like flying from the Jetsons to the Flintstones. I still can’t get uninterrupted cellphone service between my home in Bethesda and my office in D.C. But I recently bought a pocket cellphone at the Beijing airport and immediately called my wife in Bethesda — crystal clear.

I just attended the China clean car conference, where Chinese automakers were boasting that their 2008 cars will meet “Euro 4” — European Union — emissions standards. We used to be the gold standard. We aren’t anymore. Last July, Microsoft, fed up with American restrictions on importing brain talent, opened its newest software development center in Vancouver. That’s in Canada, folks. If Disney World can remain an open, welcoming place, with increased but invisible security, why can’t America?

We can’t afford to keep being this stupid! We have got to get our groove back. We need a president who will unite us around a common purpose, not a common enemy. Al Qaeda is about 9/11. We are about 9/12, we are about the Fourth of July — which is why I hope that anyone who runs on the 9/11 platform gets trounced.

Xoan da Coba dijo...

Digo eu,Arume, se as cabezas do cadro,incluida a do can,o espello e a lámpara poden representar a contelación da

CRUZ DO SUR

As chanclas serían esas dúas estreliñas...

Pero pode ser outra constelación...eu non coñezo moitas...

Xoan da Coba dijo...

E mira que teño a colección de libros de pintores da "Taschen",un dos cales é deste,que seguro que explica o cadro.Pero non as teño eiquí :(((

Xoan da Coba dijo...

Vaia,a outra estreliña...? sería a cabeciña do feto no interior da nae?

Xoan da Coba dijo...

"Pra torear e casarse,hai que arrimarse".Eso é moi certo hoxe,que todo o mundo se "arrima" antes de casarse,se se casa.
Eu sei outra: "Quen moito abarca,pouco apreta.Conclusión,non bailar con (persoas)gordas"