27 sept. 2007


Cine e medicina, un novo blog
Práceme comunicarlles que dende terras ourensás acaba de abrirse un novo blog cun tema ben interesante: a relación entre o cine e a medicina ("una particular interpretación cinematográfica sobre la salud y la enfermedad"), da man do médico Miguel Abad Vila. (Na imaxe, Frank Sinatra en O home do brazo de ouro, de Otto Preminger).
Aproveito para engadir que, tras uns meses de repouso, volve estar activo o tamén moi interesante blog do profesor Gabriel Laguna, Tradición Clásica.

10 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Sobre o mundo clásico hai un blog de Vigo, que coñecín estes días, tamén moi interesante: http://fernandolillo.blogspot.com/

marcel swann dijo...

"The man with the golden arm", con Flan Sin Nata, que é rescatado das gadoupas da heroína por outra chamada Kim Novack (así calquera). Decorados urbanos de cartón pedra, música de jazz moi estridente, ritmo lento, e unha chea de personaxes estereotipados (o camello, a señora que non é a súa esposa pero o pode salvar, a esposa que o quere reter, as malas compañías...), e Frankie pasando o mono.

apicultor dijo...

Xa quixeran algúns (quixeramos moitos) cantar tan ben como o vello Frank Blue Eyes. Por non mentar outras habilidades.

arume dos piñeiros dijo...

Que outras habilidades, amigo Apicultor? Conte, conte.

apicultor dijo...

Non me tire da lingua, caro Arume, que vostede sábeo tan ben coma min. Ademais, hai nenos ollando o blog.

apicultor dijo...

Por certo, que tarde tan boa tiveron hoxe en Vigo. E o Corte estaba ademais baleiro!

arume dos piñeiros dijo...

Creo que lle pasaba como a Víctor Three Legs Mature, non? The man with the third arm in gold

apicultor dijo...

Ava, Grace, Lauren, Kim, ... Con iso está dito todo, Arume.

Xoan da Coba dijo...

Xa séi que estaban pensando en "my way",pero ahí vai:

new york,new york

(Creo que o video é anterior ó 11-S)

Xoan da Coba dijo...

Ahí vai outra polo mesmo prezo:

´"Vóame hasta a lúa,noutras verbas,eu quérote