27 sept 2007

EN POLEIRO ALLEO

Mal ensinados (Bieito Iglesias en ECG)

Non lle dean máis voltas, a solución ao fracaso educativo é moi parecida á panacea que acaba cos incendios forestais: que chova! Desde logo non se amañará coa supresión do ensino mixto, que recomendan algúns pedagogos avinagrados. Eu estudei nunha escola que acollía a ambos sexos, separados os pupitres femininos e masculinos por un corredor a modo de liña Maginot. Non sobreviviría ás mentiras sobre a Reconquista sen a presenza xentil da Olguita e da Rosa Mari, docísimas nínfulas.

A historia segundo o Kremlin (El País, 27 set. Pilar Bonet)

Polémica en Rusia por un manual para profesores que equipara a Stalin e Putin como modernizadores do Estado.
Vladímir Putin xa ten un lugar privilexiado na historia de Rusia. Un polémico manual para uso de profesores, editado baixo a tutela dos ideólogos do Kremlin, considera ó actual líder como un dirixente de éxito que, como Josef Stalin, soubo manter a integridade do Estado e modernizalo.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Caso real acontecido na Ex-URRS.Unha mestra fálalle ós seus pequenos pupilos das excelencias da Unión Soviética.Un dos rapaces,vota a chorar,desconsolado.Pregúntalle a mestra,cariñosa:¿Pero rapaciño,por qué choras? Resposta:E que eu quero ir vivir a ese sitio.

Anónimo dijo...

O problema do ensino é que é inútil salvo nos casos en que é innecesario.

Anónimo dijo...

Pois si que tratan ben a un dos criminais máis grandes da historia da humanidade, un dos poucos que pode falar de tí a ti con A. Hitler.Eso si, sempre se pode xustificar que con il o imperialismo ruso chegou as cotas máis grandes xamais acadadas por ise pobo (que importa que morreran uns cantos millóns de persoas, sonche datos estatísticos como dicia o grande carniceiro).

Anónimo dijo...

Polo que se ve,a línea Maginot da que fala Bieito foi tan eficaz como a outra.

Anónimo dijo...

Xa me tardaba que Bieito non falara dos seus escritores favoritos, os da choiva londrina, os do british dream team. Ha estar contento estes días co Ishiguro por Compostela.

Anónimo dijo...

Por certo,ó ler o artigo de Bieito lembréi que a miña abóa nunca berraba: !Maleducado!,senón ¡Malensinado!

Anónimo dijo...

Púideno pór máis abaixo, pero quéroo mellor aquí, máis arriba. Para que dea tempo se queren avaliar.

Marcos Valcárcel López dijo...

XOSE MANUEL GONZÁLEZ no seu artigo de Xornal.com pon o dedo na chaga e apunta a un problema real e relevante dos centros escolares. E define con acerto a arbitrariedade surrealista da administración: vostede poña nota aínda que non teña nada que avaliar. O importante son sempre os papeis!!!
No meu centro temos bastantes inmigrantes, pero predominan os sudamericanos e algúns marroquís. Imos levando a cousa con dificultades: hai algún profesor de apoio. Os sudamericanos, dáme a impresión, cando menos algúns/as teñen interese e esfórzanse, quizais porque o ambiente familiar é máis esixente, supoño. Os marroquís, outra curiosidade, estes días non viñeron porque estaban co Ramadán.

Anónimo dijo...

Vaia.Pero..¿Non é obligatoria a escolarización? ¿Non é este un estado laico?

Anónimo dijo...

Eiquí móntanlle un cristo a un pai que lle da un azoute a un fillo,pero fan a vista gorda coas palizas que lle dan ós seus fillos pais de etnia xitana ou a falta de asistencia a clases de fillos de pais musulmáns.Ou sexa,temos ós políticos pra resolver problemas de zurrio por que os fodidos,púdrense sen resolver.

Anónimo dijo...

Moi real o que se comenta e denuncia no seu artigo o amigo González. A resposta inerme, burocrática e represiva da admon. educativa é de abondo significativa.