4 sept 2007

Sobre de propina
Andoliña venres 7 setembro. Imaxe de Bacon.


Hai bastante barullo nos xornais e nos blogs e foros da rede a propósito dos "complementos retributivos" que percibirán algúns políticos por seren funcionarios: seica ata quince mil euros anuais nalgúns casos. A ‘propina’ tería vixencia para os políticos galegos en exercicio dende 1981, dende os inicios da Autonomía e segundo os cálculos do sindicato nacionalista case dous mil políticos-funcionarios poderían beneficiarse deste polémico ‘sobre de propina’.
Eu disto entendo moi pouco: son incapaz de interpretar a miña propia nómina, poden crerme. Tampouco me atrevo a opinar da moralidade ou da ética deste acordo, tomado no verán e cun certo ocultamento. Pero creo que o común dos mortais tampouco o entende. Nin o comprenden as bases sociais do PSOE e do BNG, partidos que antes se opuñan a esta medida. De seguro terá custos electorais.
A propina semella excesiva, inxustificada: dise que se quere compensar a falta de promoción deses funcionarios mentres están á fronte dun cargo público. Se se consideran mal pagos, que reclamen mellores salarios. Pero sen trampas: cando se presentaron ás eleccións, non nos dixeron tampouco que ían nas listas para facernos un favor.


EN POLEIRO ALLEO. OS SOLDOS DOS POLÍTICOS, X.M. SARILLE (El Correo Gallego, 4 setembro)

Na liña dos comentarios sobre a CASTA política que aparecen no post de Arume máis abaixo reproducido, este artigo de hoxe de Sarille, por certo demoledor na valoración do Bipartito. Se lles parece ben, subimos ata aquí o debate sobre os Privilexios da Casta.

48 comentarios:

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

A propósito da reclamación constante sobre a reorganización territorial, hai que lembrar que en Italia están pensando moi seriamente (desde hai case 150 anos) en eliminar as provincias.
"Como unha cantilena, reitera a idea de abolir as provincias, pero no verán de 2006 di o presidente da provincia de Arezzo: "Cen millóns de euros ao ano non poden ser suficientes para xustificar a abolición dun ente que ten xa máis dun século de historia".
O problema é que, a pesar diso, seguen aumentando o número delas: porque, segundo o diario "Sole 24 ore" só o acto de nacemento dunha nova provincia (coa paralela constitución de prefectura, questura, arquivo do estato) costa 50 millóns de euros. DE feito das 92 do ano 1960 pasamos agora ás 110 do 2005, con 74 propostas máis para outras 34 novas entradas, entre elas catro só no LAzio e dúas en Calabria.
O punto é que as provincias (moi dispares en número de habitantes e moitas delas sen xustificación nen histórica nen cultural) son un formidable almacén de poltronas para repartir: 104 presidentes máis 104 vicepresidentes, máis 894 asesores máis 104 presidentes das asambleas máis 3000 conselleiros por un total de 4206 persoas. As estimacións falan de máis de 61 millóns de euros."
"As provincias son inútis, pois ben, aumentémolas" é o título deste capítulo (e último que poño para non dar máis a lata) do libro da Casta, que penso pode ser moi útil para ver os riscos de practicar unha política de élites e de gastos e dispendios incomprensibles.

Anónimo dijo...

Por min non deixe de poñer datos do libro La Casta, amigo Arume. Teña en conta que -cando menos eu- descoñecemos moito de Italia, e así ilústranos.

Na estela de Sarille (parabéns!), teño que engadir que aquí, máis que a organización do territorio ou outros asuntos chave, preocupan moito máis os minutos que un poida saír na TVG: seica debe ser algo fundamental para a "construción nacional".

Marcos Valcárcel López dijo...

Concordo no interese dos datos do libro LA CASTA que nos fornece Arume: aínda máis, co seu permiso, utilizarei algúns dos seus datos nas miñas entregas nos xornais.

Anónimo dijo...

Toda lei, debe ter coherencia cos principios fundamentais que inspiran a constitución. Principios eminentemente éticos, ou ao menos non contradecilos. Unha norma só pode encontrar aceptacion entre os participantes, efectivos ou virtuais de un discurso practico, se todos poden aceptar sin coacción as consecuencias primarias e secundarias que xurden previsibelmente do seu cumplimento universal a fin de satisfacer os intereses de cada individuo.
A aporbación desta lei, con alevosía e nocturnidade, e ese extraño favoritismo cun corpo, da que pensar non só sobre a súa lexitimedade, senón tamén sobre a súa legalidade.
Botase en falta, que os politicos, tan dados a convencernos de tantas cousas, non despleguen os seus recursos argumentais para demostrarnos que esta lei, e boa non so para cada un de nos, senón para toda Galicia, e o ecosistema mundial.

Anónimo dijo...

E tamén se vota en falta un fiscal especial que detectara esas contradicciós entre determinadas léis e outras de máis rango (en derradeira instancia a Constitución) e as denunciara en tribunáis competentes...

Anónimo dijo...

Este Arume dos Piñeiros está a escribir in libro similar ó da Casta prá política galega.Fixo.Vai ser un éxito editorial...eu xa o compro,por adiantado se fai falla...E ogallá que o secoestre o xuiz pra forrarme...¡compro varios exemplares por adiantado!

Anónimo dijo...

A verdade é que Sarille ten unha percepción das cousas coa que non coincido: ¿como pode dicir que non se fala de "caos urbanístico", "desequilibrio territorial", "reforma administrativa? De "comarcalización, en efecto, xa non se fala, pois xa o fixo -e moito- nos gobernos do PP o señor Precedo Lafuente e mesmo encheu Galicia de centros comarcais. Agora fálase de "áreas metropolitanas".
Por outra banda, entendo o malestar da xente coas medidas sobre "complementos retributivos", que a min tampouco me parecen ben. E entendo tamén que desafoguen vostedes contra os políticos, que é vello e desestresante deporte nacional, pero paréceme esaxerada a comparación dos nosos políticos coa "Casta" italiana. Cousas como as que nos vén transcribindo Arume, aquí non se fan nin se poderían facer. Menos mal.

Anónimo dijo...

Xa veremos a onde chegan os "nosos" políticos. Xa falaremos dentro de dez ou quince anos.

Anónimo dijo...

Amigo Leituga 1 (Benvido): convirá conmigo que a comarcalización de Galicia non consiste en precedear o país con centros comarcais construidos polos máis conspicuos arquitectos do país para albergar exposicións de pintura, unha cafetería en réxime de concesión e a típica mostra de artesanía local. E que as áreas metropolitáns soa moi ben, pero que está verde porque aínda non decidiron cómo se vai artellar e xa andan polos xornais (que é evidentemente onde se coce o país e non nos despachos discretos de san caetano) propoñendo nomes tipos discoteca anos 70. Caballero, Vigo 28; Domínguez, Vigo 14; Romeu, eu que sei. Cando Sarille fala desta cuestión estase a referir a isto: a un traballo que non está nin comezado.

Anónimo dijo...

Recordarlle a apicultor que aquí pasamos da telefraga á teletouriño. A min xa me chegou un par de telexornais que vin este verán para constatalo.
O goberno galego, consellerías PSOE, non ten idea de país. Seguen coa ladaíña das deputacións; seguen esas oficinas de turismo chamadas "centros comarcais" onde colocar de azafata á sobriña do persoeiro de turno; segue habendo cen mil e un concellos endebedados até as cellas, segue sen haber unha coordinación mínima de municipios que, coma en Barcelona, ofreza servizos comúns (transporte, cultura, etc),
A suba de soldos está facendo que moita xente se desencante deste goberno, tanto do que o promove (PSOE) coma do que o consinte (BNG). Moitos esperamos/esperabamos algo diferente, ideas novas, e rematar co caciquismo.

Anónimo dijo...

Pasamos da telefraga á teletouriño. Quizais algúns estarían conformes se houbese unha telequin.

Mais, alén das brincadeiras, o certo é que, verbo da reforma en profundidade da TVG, pouco se ten avanzado.

Noutros aspectos tense avanzado algo, e nalgún mesmo retrocedido (o chamado eufemisticamente "complemento retributivo").

E mire, monsieur Swann, non sei se o PSdG-PSOE ten ou non "idea de país". Suponse que o BNG debería telo. Pero, alén das grandes palabras ocas, e se imos ás políticas concretas o labor práctico duns e doutros -e non aos simples anuncios propagandísticos de plans- deixa bastante que desexar.

Por poñer un exemplo dos que disque teñen idea de país: o tan cacarrexado plan de "in-dependencia", despois dun gran despregue propagandístico, reducíuse, polo de agora, a atender as necesidades de trinta persoas en todo o país.

Daquela, eu prefiro as realizacións contantes e soantes, e menos unha "idea de país". Sinceramente.

Anónimo dijo...

Telequin non, meu señor. Polo pouco que sei, o BNG estalle a pedir desde hai tempo ao seu socio de goberno que a RTVG sexa un órgano independente de poderes políticos e, xa que logo, plural.
O BNG debería (de) ter idea de país, efectivamente. Entendo que a vostede este tema non lle pareza prioritario Para min é a base de todo. As políticas sociais tamén se poden facer desde o centralismo ou desde unha ditadura.
Hai outro modelo de servizos sociais e urbanístico. O de Pepe Cuiña e o feísmo. Ou o daquela consellería de mulleres rurais, nenos, familias e xuventudes, da infausta sra Besteiro. Ou o modelo urbanístico de país que puiden apreciar este verán pola xanela do coche, nos concellos de Foz e Barreiros. Por que no veciño concello de Ribadeo, gobernado algúns anos polo nacionalismo, non se produciu tanta desfeita?

Xaime dijo...

No concello de Ribadeo, como en tódolos da costa de Lugo, a promoción inmobiliaria, seña quen seña o alcalde, ou a color da corporación, cos plans municipais de urbanismo que teñen, serán imparables as desfeitas.
E en relación o goberno de progreso que a tantos engaiolou, a min dame que as máis gordas aínda non viñeron.
Tragarán co Gaiás, infraestructuras terrestres e milloras en portos e aeroportos, as que ZP queira, e lle deixen os cataláns e os demáis, e pasarán de nós como sempre, repito, como sempre.
Quizabes será que o PSOE non ten proxecto de país para Galicia, e o BNG, e un conglomerado de intereses, hoxe económico, labrado durante trinta anos na oposición e que hoxe de ningunha maneira o queren deixar e se van a transformar nun calco do PP, pero ca etiqueta GALIZA.
Poido estar equivocado, pero xa falaremos

Anónimo dijo...

Francamente, creo que tratan estes asuntos, os asuntos do "cambio", con pouca obxectividade. Arume, por exemplo, refírese, non sen humor, ás áreas metropolitanas como se fose un asunto no que se empezase a pensar antonte e no que, ademais, fose fácil poñerse de acordo. E xa ve que non o é. Pero o debate e as propostas están lanzadas. E a proposta de Méndez Romeu é unha proposta nova e interesante, ao meu modo de ver, precisamente porque prima o funcional sobre o administrativo e a colaboración intermunicipal sobre o localismo. Todo o contrario da proposta auspiciada por Caballero. A de Santi Domínguez, por outra parte, só a podo entender dende a inercia, non dende ningunha "idea de país".
Hai outras cousas que comenta Sarille coas que tampouco podo estar de acordo. Dicir que non están entre os obxectivos ou preocupacións deste goberno o "caos urbanístico" nin os desequilibrios territoriais é sinxelamente falso. Estes temas poden estar sendo abordados de maneira mellor ou peor e pode discutirse o alcance e eficacia das medidas que se están a tomar. Pero é innegable que se están tomando medidas e que eses temas xurden continuamente no discurso da Xunta de Galicia. Hai medidas como a Lei de medidas urxentes de Proteción do Litoral (a dos "500 metros"), paralizáronse varios plans xerais (Sada, Tui, O Grove, Oleiros...) e están a punto de crearse a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (que axudará entre outras cousas a que os concellos pobres poidan facer plans xerais tecnica e urbanisticamente admisibles) e de darse a coñecer as Directrices de Ordenación Territorial de Galicia. Hai cousa de tres ou catro meses Touriño presentou publicamente un Plan de Reequilibrio Territorial cunha moi importante dotación económica que agora mesmo non lembro. E hai plans específicos de desenvolvemento, con dotación económica, para comarcas especialmente deprimidas como a Costa da Morte ou Eume-Ortegal.

En fin, vou acabar parecendo o portavoz do goberno ou o secretario de comunicación. Pero, mentres Sarille non me demostre o contrario, o que veño de escribir é certo. Outra cousa, xa o dixen, é que esas actuacións poidan parecernos mellor ou peor. Pero habelas hainas.

Anónimo dijo...

Que non se pensou antonte é certo, pero dos pensamentos á plasmación dun proxecto máis ou menos elaborado vai moito tempo, porque, como afirma Leituga 1, o asunto non é fácil. Sobre todo, se cada vez que aparece un tema desta magnitude, os partidos sacan calculadora e botan contas sobre que partido sairá gañador da nova estructura territorial. Porque diso se ten falado estes días: que se queren afogar Pontevedra e o poder do BNG, que se a nova restructuración beneficia ao PP, que se Caballero aínda cre que é ministro. En fin, todos eles argumentos de peso para sustentar unha distribución do territorio máis eficiente.
En todo caso, celebro que se dean os pasos nese sentido, pero xa podería vostede, amigo Leituga1, poñerse ao fronte desa portavocía porque a información que chega ao cidadán chega decididamente torta (ou bífida, que xa cansa). Xermolo dunha máis ca xustificada desilusión, que pode ir a máis.

Anónimo dijo...

CESADO ANTÓN LOSADA.

Cesado Antón Losada, secretario xeral de Vicepresidencia de la Xunta y mano derecha de Anxo Quintana
10.46h. Fuentes de Vicepresidencia calificaron de "dimisión" la salida de Losada del Gobierno gallego y la atribuyeron a "motivos personales"
E.P. SANTIAGO
Quintana confirma el cese de Antón Losada
Antón Losada Trabada fue cesado hoy como secretario xeral e de Relacións Institucionais de la Vicepresidencia de la Xunta, cargo en el cual trabajó mano a mano con Anxo Quintana desde que éste tomó posesión como vicepresidente tras las elecciones autonómicas de junio de 2005.

Segñun confirmaron a Europa Press fuentes gubernamentales, el Consello de la Xunta de hoy, que sigue reunido en estos momentos, dio el visto bueno al cese de Antón Losada. Por su parte, fuentes de Vicepresidencia calificaron de "dimisión" la salida de Losada del Gobierno gallego y la atribuyeron a "motivos personales".

El cese de Antón Losada se produce tras las últimas tensiones que han enfrentado a los socios en el Gobierno gallego por episodios como la propuesta de enseñar el himno gallego en las galescolas, las críticas del PSdeG a las fiestas de los mayores organizadas por Vicepresidencia y los reproches de los nacionalistas por el tratamiento informativo de la TVG.

Las divergencias entre PSdeG y BNG provocaron que las consellerías gobernadas por los nacionalistas retirasen del orden del día del Consello del pasado 30 de agosto --el primero tras el parón estival-- los asuntos de su departamento.

Las diferencias en la negociación de los presupuestos para 2008 llevaron al presidente y al vicepresidente gallego a celebrar una reunión de casi tres horas el pasado martes para intentar acercar posiciones en cuanto a un proyecto de transporte para dependientes que Vicepresidencia estima fundamental y así poder desbloquear la negociación de las cuentas para el próximo ejercicio, el último que gestionará íntegramente el bipartito antes de las elecciones autonómicas previstas para 2009.

CURRÍCULUM

Losada, que nació en 1966 en el municipio lucense de Xove, es licenciado en Derecho por la Universidad de Santiago de Compostela, en la cual es profesor titular de Ciencia Política en el Departamento de Sociología y Ciencia Política desde 1998.

Además, desarrolló una conocida trayectoria como articulista y comentarista en medios impresos y radiofónicos tanto del ámbito gallego como estatal y, según su currículum, es autor de múltiples publicaciones ligadas especialmente al campo de la ciencia política y de la pesca.

Losada protagonizó a mediados del mes de febrero un enfrentamiento con funcionarios de la Xunta que provocó que policías autonómicos remitiesen a los juzgados de Santiago las diligencias abiertas a raíz del incidente por el cambio de los rótulos con el nombre oficial de Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

No obstante, el fiscal que llevó el caso redujo a una falta el altercado de Losada con policías y posteriormente el juez decidió el archivo de la causa al estimar que no constituyó "infracción penal alguna" y rechazar que hubiese falta de consideración o respeto hacia los agentes por parte del entonces alto cargo de Vicepresidencia.

Posteriormente, el PPdeG pidió explicaciones acerca de las acusaciones informales de una ex empleada del hogar que sostenía que trabajó para Antón Losada durante siete años sin estar asegurada, aunque nunca llegó a presentar una denuncia judicial. La polémica generada obligó a Losada a desmentir mediante un comunicado las acusaciones del PP y aclarar que la situación de la empleada se ajustaba a la legalidad.

REACCIONES

Acerca del cese de Losada, el portavoz del BNG en el Parlamento gallego, Carlos Aymerich, destacó el "intenso trabajo" que desarrolló en el departamento dirigido por Anxo Quintana con "logros" como la puesta en marcha del Consorcio Galego de Servizos Sociais y señaló que "será difícil sustituirlo", pero "se abre una nueva etapa centrada en gestionar estos avances".

"Incluso los que lo criticaban querrían tenerlo a su lado", aseveró en declaraciones a Europa Press. Asimismo, el diputado nacionalista se mostró confiado en que Antón Losada pueda continuar "colaborando con el trabajo del Gobierno gallego" y recordó que es militante del BNG.

Anónimo dijo...

Los 15.000 y lo inmoral

Xosé Carlos Caneiro

El problema del suplemento o complemento, o como ustedes quieran llamarlo, es de índole moral. Se lo he dicho al panadero y a mi barman favorito y lo han entendido. También lo entiende la gente en la calle. Lo entiende todo el mundo menos quien lo tiene que entender, o sea, nuestro presidente Touriño.

Él arguye que no es mucha cantidad y que los altos cargos están mal pagados. No lo pongo en duda. Es más, creo que los altos cargos tienen que estar muy bien pagados, por su responsabilidad y dedicación. A algunos también se les podía aumentar o descontar el índice de productividad, pero la productividad a los políticos se les supone (el panadero y mi barman lo dudan).

Dejémoslo así, que les paguen, y mucho. Pero que les paguen, que les paguemos, mientras ejerzan su alto cargo, no después. Y aquí es donde mi barman y el panadero se enfurecen. Uno me dice que es inmoral, y yo le digo que sí. El otro me dice que es, simplemente, una estafa. Me quedo con lo primero. A mí la moral me la explicaron en bachillerato, con Tomás de Aquino, pero me la explicaron mejor las gentes de edad. Lo moral es aquello conforme con las buenas costumbres, con la justicia, la igualdad, la bondad y otras fraternidades. Lo inmoral es todo lo contrario. Favorecer a unos y no a los otros. Actuar en desacuerdo con el sentido común.

Y eso es lo que hoy quiero contarle a mi presidente. Porque lo de los 15.000 euros, aunque sean muchos menos, no tiene sentido común y vulnera al resto de la ciudadanía, que ha hecho del sentido común su norma y también su ingrato padecer. No se trata de que sean 15.000... y mi presidente Touriño se pasa el día explicándonos la cosa del complemento de destino... que no es tanto, que depende, que se ahorra dinero... Se trata de que un solo euro por «servicios prestados» que se le pague a un funcionario después de ejercer su alto cargo, y hasta la jubilación, es injusto y perverso. Porque divide y jerarquiza, porque crea una casta superior en la sociedad (¿son ya los políticos una casta?), porque blinda a los altos cargos frente al pueblo llano.

Es injusto porque nos duele el alma que alguien, de los que nos mandan democráticamente, intente justificarlo en función del bien prestado a la sociedad. Injusto, porque derrumba el principio de homogeneidad que a los funcionarios de un determinado grupo se les supone (¿y si no eres funcionario no te vas a llevar un duro?). E injusto, porque va a crear un clima de corrupción como nunca antes se ha vivido: si eres funcionario, procura ser alto cargo (en Argentina, antes del corralito , ha sucedido lo mismo).

Los altos cargos deben estar muy bien pagados, reitero, porque su responsabilidad así lo merece. Pero después, cuando vuelven a ser como usted y como yo, no merecen trato de favor ni prebenda alguna. Y Touriño, igual que mi barman y mi panadero, lo sabe. Por eso, y porque es de sabios, debe rectificar.

Anónimo dijo...

Xa CHO lín esta máña,Caneiro,Xa CHO lín...Gostóume

Xa CHO lín
Xa cho lín
En Verín
Có "Milín"..

(Vaia,estóu poeta hoxe...)

Anónimo dijo...

No asunto da "mordida" para os funcionarios,aparte dunha cuestión moral hai tamén unha custión de formas.
O BNG adoitaba utilizar unha frase de Castelao para dar alento á súa militancia:"Eu teño fe no meu pobo e,moi logo,o meu pobo terá fe en min".Pois ben:
Aprobar unha medida deste tipo en época de ferias,como fixeron sempre os gobernos que teñen algo que ocultar, non demostra moita fe no seu pobo.Con medidas como ésta,que se esquezan de gañar algún día a confianza dos cidadáns

Anónimo dijo...

Se Castelao levanta-se a cabeza!

Anónimo dijo...

E de Antón Losada qué? Opinións, please. Brétemas xa deu a súa, pero noutros blogs a opinión sobre o ex non é tan boa.

Anónimo dijo...

A miña opinión é que este era un bo momento para dimitir, visto o aumento de soldo que se lle vén enriba. Cantos galegos hai que con ese sobresoldo, e aínda con moito menos, teñen que facer pola vida? Cantos dos compatriotas andan por Canarias a pegar tixolos para as terceiras e cuartas vivendas dos que non teñen que emigrar?
Efectivamente, estou de acordo co anónimo que me precedeu: se Castelado levantase a cabeza...!

Anónimo dijo...

Din en GaliciaConfidencial. com que:

"A partir de agora, as competencias de Losada serán divididas. A parcela institucional será asumida por Xavier Ferreira Fernández, profesor de Dereito Administrativo na USC e a parcela comunicativa será xestionada polo xornalista Manuel Barreiro, ata fai pouco vinculado a Acordar, o grupo editor de Vieiros. Ambos os dous son estreitos colaboradores de Quintana dende hai tempo. Ferreira asumirá a Secretaría Xeral de Relacións Institucionais e Barreiro exercerá como Xefe de Gabinete. Do resto do staff de Vicepresidencia, especialmente na Secretaría e en Comunicación, non se agardan grandes cambios".

Se é así, eu alégrome polo nomeamento de Manolo Barrreiro, sen dúbida a cabeza mellor amoblada dentro do ámbito do nacionalismo, cunha recoñecida e inusitada capacidade para a análise política. Home tranquilo, ideoloxicamente nacionalista, aberto e cosmopolita, e de inequívocas ideas de esquerda renovada, pode ser quen -se o deixan- de fornecer ao nacionalismo galego dunha nova linguaxe e de novas propostas, que boa falta lles fan.

O que si xa non teño tan claro é se vai ser capaz de lidiar nun mundo tan despiadado como o do xornalismo galego sen saír damnificado, tanto pola acción dos xerarcas dos medios de comunicación como polas hostes atilanas que están dentro ou nos arredores do BNG. Xa tivera un cargo semellante con Pérez Castrillo cando este era alcalde, e pouco aturara nel.

Por outra banda, ten unha eiva que debería corrixir canto antes. Fala moi mainiño, demasiado, e vocaliza deficientemente. Escoitalo na tertulia da Radio Galega era, a partes iguais, unha delicia e un tormento, porque se por unha banda banda admirabas a súa clarividencia, pola outra tiñas que facer un sobreesforzo para entender o que dicía.

En fin, a ver se nacionalismo galego se moderniza de veras.

En canto a Antón Losada, que lle preste o seu sobresoldo, porque hai seis días que cumpriu os preceptivos dous anos para poder cobrar o parné.

Anónimo dijo...

Manuel Barreiro é o daqueles famosos artigos? contra Pérez Mariño? Non sabía que traballara para Pérez Castrillo. Así me explico o teor daquelas pezas de artillería.

Anónimo dijo...

En efecto, Arume, aqueles artigos e outros posteriores tiñan unha potencia retórica e irónica considerable. O alvo deles era o PSOE e o PP. Cando falaba do BNG era máis solemne e comedido.

Mais alén das servidumes do xénero e das querencias partidistas, pódolle asegurar que é unha cabeza ben amoblada. Non é, nin de lonxe, o típico nacionalista pasado de rosca. Como diría un reintegracionista, "é muito instruído". E ademais sabe pensar.

Anónimo dijo...

Moito gozara eu coas mencionadas pezas de artillaría, maiormente no ínterim en que o golpe de estado mariñán aparentaba ter eficacia e efecto duradoiros.

Que escollese a M. Barreiro demóstrame que a confianza en Quintana (sabe o que quere) non é inxustificada. Nacionalista tan típico coma calquera outro, parte da súa revesgada fonética -con presenza notorio de sibilantes predorsais- debe proceder da orixe venezolana. Sexa como for, seguilo oralmente non é o máis fácil do mundo.

Do Losada tentarei opinar máis por extenso, libre de exames e algo máis descansado ca agora mesmo.

Anónimo dijo...

O regocixo que causou a serie de Barreiro entre os nacionalistas foi tan notorio como efímero. O tempo ata que tiveron que ver (e os demáis desgraciadamente tamén) cómo Corina Porro era alcaldesa de Vigo.

Anónimo dijo...

O de "típico nacionalista pasado de rosca" díxeno a posta para que o amigo González ou monsieur Sawann entrasen, dalgún xeito, ao trapo.

E, en efecto, amigo Arume, aquel regocixo foi tan efémero como inútil, aínda que quizais non para algún actor concreto daquel entramado... Vostede xa me entende.

Anónimo dijo...

Hai o pasado de rosca que da voltas e voltas e non se move do sitio,e o que tén a rosca soldada con óxido ó tornillo...
(A ver se así entran...)

Anónimo dijo...

Inma López Silva: A voz de Pavarotti
Cando souben que Pavarotti morrera, escribía sobre o bolseiro de Vicepresidencia que bota o día contando cántas veces diarias din «Quintana» na TVG para clasificalas despois en tres categorías: nome de xefes, praza compostelá, outros. Pero a voz brillante de Luciano, desde a radio, inundoume o escritorio, a pantalla do ordenador e o ar da mañá. Amencía, e sentín coma se cantase para min o Nessun dorma de Turandot. Souben entón que debía ir borrando co cursor cada palabra do que escribira.
Oíndo Turandot, entendín que os xenios de verdade son aqueles que emocionan; e souben, ademais, que os xenios non acaban xamais, a diferenza dos políticos que case nunca están tocados coa vara máxica do talento, e por iso son esquecidos antes ou despois.
Sempre me emocionei coa voz brillante de Luciano cantando Turandot. E debe de ser certo que a música, cando está ben feita, amansa as feras, porque, rapidamente, borrei co cursor aquelas liñas e cantei con el lembrando os tempos de soprano mentres miraba as luces da mañá na Amaía pola xanela. «¡Que ninguén durma! ¡Que ninguén durma!». E seguín, á miña maneira, «Que, nas frías estancias, miren as estrelas que treman». ¿Sentirían nos cuartos fríos de San Caetano que o mundo se detiña?
A pantalla quedou en branco ao tempo que a aria remataba. Entón, entráronme as ganas de escribir no xornal unha obviedade: a diferenza entre os políticos e os xenios é que estes son inmortais sen sabelo, e os políticos, malia creren o contrario, morren sempre. Se é tan obvio, ¿por que será que non aprenden?

Marcos Valcárcel López dijo...

MANOLO BARREIRO: SÚMOME ás loubanzas xa realizadas (por Apicultor)a propósito de Manolo Barreiro e ratifico o dito sobre a súa valía intelectual, demostrada tantas veces. Non sei se iso provocará o silenciamento do blog Dpaso durante unha temporada: pero supoño que pagará a pena. Dende aquí o meu aplauso sincero a ese nomeamento.

Anónimo dijo...

Non é intención miña reabrir aquilo. Que dito, porén, que para min Mariño quedara deslexitimado como alcalde unha vez que unilateralmente prescindiu da perna imprescindible para chegar á alcaldía; e que o Bloque fixo con el exactamente o que debía e tiña que facer.

Canto á rexouba aludida: para min, como mínimo, tiña clara orixe estética, na liña indicada polo amigo das abellas varias mensaxes atrás; iso si, con claro compoñente ideolóxico e mesmo, se me apuran, partidario. Aclararei que por Pérez Mariño -a quen desexo moitos éxitos na carreira xudicial- manteño notable desprezo político desde ha de haber uns quince anos; igual algún día vén ao caso pormenorizar as causas.

Apicultor (hame custar o novo apelativo, máis apracible có anterior, pero menos cómplice): o Miura acaba de torear onte; tempo virá mellor ou iso espero. Pero a frasiña sempre me trae a especie de se serei ente asocial ou individuo atípico; un tío raro, vaia.

Anónimo dijo...

O "típico nacionalista pasado de rosca" pode ser obxecto de estudo, pois seguramente habelos hainos. Con todo, o que máis abunda en Galicia é o pasado de rosca ideolóxica, que se toma todo a coña porque iso de comprometerse cunha idea non vai con eles, xente viaxada e cosmopolita. Destes individuos o mestre Outeiro Pedrallo dicía que andaban permanentemente "arredor de si". Mira ti se están pasados de rosca!

Anónimo dijo...

O último artigo de Manuel M. Barreiro en Vieiros, 6/3/2007:
Unha podente compañía aseguradora quere persuadirnos de que «ser grande é unha actitude». Aos cidadáns diminutos esta publicidade pode resultarnos trivial pero o Señor Presidente debería tomala como un consello moi recomendábel. Élle especialmente pertinente tras estas últimas semanas de gloria nas que, entregado a angustías e nervios, o presidente Touriño enturbou canto quixo as relacións co seu socio de goberno e empantanou coa súa indecisión unha axenda política na que reina a súa falta de iniciativa. Un soldado nervioso é un soldado morto, advirten os instrutores militares; con menor dramatismo podemos dicir que un presidente nervioso é un presidente que se equivoca.



Entre as contadas innovacións que achegou o secretario xeral do PSdeG cóntase a importación do presidencialismo mitterrandiano. Touriño ten por modelo a Mitterrand máis que a Felipe González ou a Rodríguez Zapatero. O seu obxectivo é acadar a (súa) Grandeza; isto é, lograr a confirmación cidadá e mediática da súa indiscutíbel superioridade política. Os estrategas de Monte Pío viven obsesionados por unxir ao presidente de dúas notábeis características –centralidade e omnipotencia– que din ser a materia prima da Grandeur.

Na vida cotiá a centralidade substanciase na pretensión de ser o neno en todos os bautizos, a noiva en todas as vodas e o morto en todos os funerais. Na política materialízase na van pretensión de ser o centro da audiencia mediática, de existir unicamente como protagonista indiscutíbel dos éxitos e de facerse invisíbel no momento das responsabilidades fallidas.

A omnipotencia desta política presidencialista extraviada concrétase na pretendida xibarización dos socios, no aproveitamento maximizado do labor gobernamental dos demais, no ninguneo dos acertos da oposición (que algúns mal que ben han de ter), e na desactivación de calquera contestación cidadá que lle roce. Se o goberno erra, se as cousas se torcen criticamente, deberá funcionar o air bag da grandeza e debemos corear unanimemente: «Viva o Presidente e morra o mal goberno!».

Mais a realidade é teimona e non vai cara onde o noso Presidente quere. Eclípsase o efecto Zapatero que tanto axudou; o goberno de Madrid é menos amigo que mesquiño, atende preferentemente a caladoiros electorais máis decisivos; o Vicepresidente e os conselleiros nacionalistas teñen autonomía e iniciativa política tan sobrada como rebelde; os conselleiros «propios» apenas destacan e se sobrancean politicamente róubanlle o sono ao presidente... A inxerencia insolente dos grandes grupos de comunicación ordena a axenda presidencial e os seus esforzos para engaiolar aos grandes centros financieros e empresariais soamente sirven para convocar comidas simbólicas pero non para armar o seu tan desexado mercado de favores recíprocos.

Non é que lle vaia mal ao PSdeG, as sondaxes indican que acadou a paridade electoral co PPdeG. Paradoxalmente, a quen menos ben lle vai é ao Presidente Touriño. Vencido pola impaciencia, ciumento das iniciativas do BNG no seu goberno, e sen ser quen de impor a súa omnipresenza nos medios de comunicación, carece ademais do plus de credibilidade necesario para achegarse á grandeza, ou o que para el é o mesmo, para acariñar unha maioría absoluta que faga prescindíbel o incómodo nacionalismo gobernante.

A grandeza é ser o primeiro na listaxe das preferencias e querencias. Ese é o soño do Presidente, pero moitos cidadáns, a oposición e mesmo os socios nacionalistas na Xunta fan oídos xordos desa filosofía publicitaria que nos anuncia que «hai milleiros de listas diferentes e, non obstante, todas teñen algo en común... Nunha lista sempre hai un primeiro, e logo veñen todos os demais.» Ten que nos quedar claro, na lista o primeiro é Touriño e, despois, todos os demais. Aí a natureza dos seus desexos, velaí a razón dos seus desvelos.

O problema é que na defensa dos intereses de Galiza e os seus cidadáns, o Presidente poucas veces é o primeiro. Penoso o seu papel no affaire Navantia; pobrísmo o balance do seu encontro co presidente Rodríguez Zapatero; anémico o seu apoio á ampliación do autogoberno galego, despreciativo mesmo na procura de novas competencias; inmaduro e oportunista no redeseño da Cidade da Cultura; fuxidizo na crise do Ostedijk; propagandista banal, caprichosamente iracundo nas súas comparecencias parlamentarias; indeterminado cada vez que se achega a sombra dun problema...

Cando facemos listas de necesidades e esixencias gobernamentais, a iniciativa presidencial nunca ocupa o primeiro lugar na procura de solucións. É máis, á forza de deixar pasar a súa vez, na maioría dos casos difíciles acaba por ser o último. Debería recapacitar e cambiar de actitude se quere ser grande e mesmo se aspira a ser mediano.

Anónimo dijo...

Non é nin grande nin mediano. Os seus discursiños desde a tarima, en pose profesoral e con ese galego de granxa, soan acartonados. Reto aos blogueiros a que escoiten durante un ou dous minutos o que di o presidente galego a ver se dixo algo interesante. Vexo moita imaxe, moitas "paraules" bonitas sobre os "cidadanos" e a modernidade. Pero detrás non hai idea de país. Galicia é unha comunidade con escaso caladeiro de votos. Cando aquí veñen Zapatero e Magdalena Álvarez, enchen os seus discursos de promesas, pero aquí ninguén pensa en protestar e esixir. Quin hai tempo que arrombou o concepto claro e cristaíño da débeda histórica. Socios, si, pero ghilipollas en plan "viajeros también, gallegos también", non.

Anónimo dijo...

Cómo ganar un sueldo nescafé en Galicia
VOTE ESTA NOTICIA

ANXEL VENCE
Cierta marca de café descafeinado popularizó años atrás el "sueldo para toda la vida", una idea publicitaria que parece haber servido de inspiración a la Xunta para beneficiar con un plus vitalicio de 14.721 euros anuales a muchos -acaso la mayoría- de quienes ahora y en el futuro gobiernen este dadivoso reino. Y, además, sin necesidad de participar en rifa alguna.
Bastará con que un funcionario haya desempeñado durante al menos dos años un alto cargo de libre designación para que conserve de por vida ese plus de casi dos millones y medio de pesetas una vez cese en sus funciones. Puede que los que gobiernan el país no sean políticos descafeinados -como aviesamente sugiere alguno por ahí-; pero en cambio no hay la menor duda de que una gran parte de ellos van a disfrutar del sueldo nescafé durante el resto de su vida laboral.
Ya el agudo lector se habrá maliciado que los primeros beneficiarios de esta reforma de la Ley de Función Pública serán los miembros del Gobierno autónomo y los que en su día los releven en el mando. Tal vez eso explique la rara unanimidad con la que los dos partidos gobernantes y el de la oposición pactaron la disposición adicional que establece este derecho. Hoy por ti, mañana por mí.
Sabido es que el actual Ejecutivo gallego está formado en muy grande parte por trabajadores de la Administración, particularmente del ramo de la docencia. De hecho, más de la mitad de los conselleiros ejercen en su vida particular el profesorado, circunstancia que da un curioso aire de claustro académico a las reuniones del Consello.
Pero no sólo se trata de las más altas instancias de gobierno. El plus nescafé recompensará también con efecto retroactivo a quienes hubiesen ejercido desde 1981 un cargo de alcalde, presidente de institución provincial, senador o diputado: ya sea autónomico, ya en el Congreso.
A todos ellos hay que agregar todavía la copiosa nómina -presente, pasada y futura- de directores generales, subdirectores, delegados provinciales, jefes de gabinete y otros muchos puestos de designación directa dentro de la Administración. Calculan los sindicatos que el total de beneficiarios de este peculiar sueldo nescafé autonómico ascenderá a unas dos mil personas. Y las que vengan en el futuro, claro está.
El plus nescafé, sobra decirlo, no supone precisamente una cantidad anecdótica o descafeinada. Y es que los cerca de dos millones y medio de pesetas anuales que recibirán como complemento muchos ex altos cargos equivalen a la totalidad del sueldo (no siempre vitalicio) de un elevado porcentaje de los trabajadores gallegos.
Podría pensarse que la concesión de este sobresueldo perpetuo a quienes hayan ejercido algún cargo durante tan sólo la mitad de una legislatura es una forma -algo extraña, eso sí- de discriminación positiva. Visto así, se trataría de una especie de plus de penosidad en el trabajo con el que compensar los muchos agobios y responsabilidades que sin duda conlleva el ejercicio de las elevadas tareas de servicio al ciudadano.
El único riesgo potencial de tan novedosa medida reside, si acaso, en la posibilidad de que acabe por crear en Galicia una especie de mandarinato al estilo del que se usaba en la vieja China (e incluso en la actual, que ha perfeccionado hasta límites extremos esa original forma de gobierno del funcionariado).
Estimulados por el nuevo sueldo nescafé, muchos trabajadores públicos po-drían sentir la tentación de dedicarse -siquiera fuese por un par de añitos- a las tareas de gobierno, con lo que la política pasaría a ser una profesión exclusivamente reservada en la práctica a los funcionarios. Más aún de lo que ya lo es hoy.
Quiere decirse, en fin, que la Galicia de los mandarines está a punto de ser realidad, impulsada por el plus nescafé. Nada de lo que asombrarse. Ya se sabe que en materia de desatinos, no hay como los gallegos y los chinos.

Anónimo dijo...

No artigo de Martínez Barreiro posteado máis arriba, só fai falta cambiar o nome de Touriño polo de Quintana e todo seguiría sendo igual de verdadeiro e igual de falso. En fin, aínda que sexa un artigo ben escrito, está redactado dende a visceralidade partidista máis que dende unha análise con pretensións obxectivadoras.

Dito isto, coincido co señor González na súa valoración da elección de Martínez Barreiro como xefe de gabinete de Vicepresidencia. É un home intelixente e capaz. E mesmo a súa voz susurrante súporá un alivio fronte ao ton tronitonante, despótico e non poucas veces groseiro do demitido Losada.

Anónimo dijo...

Vaia, agora parece que o "El País", xornal demócrata e independente, dedícase a transcribir conversas telefónicas privadas, grazas á colaboración desinteresada dun xornalista da RTVG que que sae sen citar o seu nome.
Verdadeiramente fai falla algo máis que unha vasoira para limpar a RTVG de quintacolumnistas de Touriño. Case estou botando de menos a telegaita-telefraga.

Anónimo dijo...

O seu post anterior, señor Swann, é unha ilustración perfecta desa actitude universalmente coñecida como "matar ao mensaxeiro".

Anónimo dijo...

Dificilmente, Leituga, é conmutable no artigo do Ian o concepto "Touriño" polo concepto "Quintana"; ni sequera mutatis mutandis. Dificilmente pode ter aí acomodo a catalogación na visceralidade dun artigo tan medido e discutible. Sen entrar en detalles menores -tempo haberá e disposición mellor, espero- o certo é que o Presidente non consolida o seu plus. Aí penso que o analista non erra, e é a substancia.

Aos de "El País" hai que lles dar de comer aparte; morrer non morrerán, pero mensaxeiros ben que son. Deixémolo de momento.

Xustifico a presumible falta de interlocución no que queda de fin de semana: puiden volver a Nigrán, déanme o parabén e ata logo.

Anónimo dijo...

Parabéns polo de Nigrán, amigo González, que iso si que é verdadeiramente importante. Xa falando do outro, e despois de reler o artigo de M. Barreiro, reafírmome na caracterización que fixen del. É un artigo case psicoloxista, case "ad hominem", que rezuma hostilidade e desprezo persoal. Ademais da súa prosa ben elaborada, a mellor virtude que nel vexo é a de transparentar a imaxe que o nacionalismo co-gobernante se fai do seu socio no goberno galego, unha imaxe non pouco distorsionada e conformada a través dunha mistura magnificada, e potencialmente perigosa, de agresividade e medo.

Anónimo dijo...

Eu non matei a ninguén. en canto a mensaxeiros, o fulano anónimo da teletouriño que lle pasou a gravación a los chicos del impaís, xornal que contou cunha axudiña deses que vostede defende.
E todo isto independentemente de filias e fobias cara ao sr Losada.

Anónimo dijo...

Pode escribirse esa semblanza de Touriño e ocupar un posto desa responsabilidade a carón mesmo, no espacio político da vicepresidencia? Cando se crucen por san caetano, que se poderán dicir?

Anónimo dijo...

Se se demostra o que hoxe publica La voz de galicia sobre Abel Caballero e a súa irrefrenable e, polo visto, veloz tendencia ao nepotismo e amiguismo, eu creo que debería dimitir. Pero eu mesmo boto a gargallada cando poño tal cousa. En fin: déixenme escribilo. Por uns intres, son feliz.

Anónimo dijo...

Eu tamén advertira no seu momento esa "deriva" de Manolo Barreiro nos seus últimos artigos. Semella que, seducido polo éxito dos dedicados a Pérez Mariño, deixouse levar polo exceso de retórica e rexouba e por contentar á parroquia nacionalista e conseguir o aplauso fácil, en detrimento de análises máis sosegadas e ecuánimes.

O artigo citado -excepcionalmente ben escrito- cae polo propio peso se, mutatis mutandis, substituimos, en efecto, a Touriño por Quintana, ou por Fraga, ou por Arzallus, ou por Aznar, ou por Felipe González, ou por...

Con todo, iso non empece a capacidade e a categoría intelectual e humana de Manolo Barreiro, quen si é capaz de análises sosegadas e atinadas sobre as conxunturas políticas, e de asumir con total decoro un posto institucional de gran calado. Neste sentido, reiterome nas palabras que puxen o xoves e que se encontran máis arriba.






Con todo,

Anónimo dijo...

Noutro fío indico que me absterei de entrar nesta polémica, dado que o fío está a punto de decaer e outras ocasións haberá. Con todo, farei dous apuntamentos.

Un, prodúceme certa perplexidade a suxestión de que no BNG haxa "medo" electoral precisamente a Touriño.

Dous, considerar que Martínez Barreiro escribe para unha parroquia reconvertida en cla resúltame pouco compatible, primeiro, coa diversificación conceptual dos seus escritos; segundo, coa pública postura mantida no caso Valadés; terceiro, cos exercicios de proxección e crítica realizados por el en vésperas, curso e a posteriori dos diferentes procesos internos, asemblearios ou non.

Iso si, é home de filias e menos. E quen non, meus estimados contertulios, que lles hei dicir a vdes. que persoalmente non coñezan.

Anónimo dijo...

Pois eu creo que o BNG proxecta e expresa continuamente medo. Non sei se "medo a Touriño", pero si medo a ser "opacado" ou "residualizado", como dicía hoxe Francisco Rodríguez, con palabros ben rebuscadiños, polo PSdeG-PSOE na acción de goberno. Isto mesmo vímolo ben, creo eu, nos pactos municipais, onde a famosa "visualización" se converteu na palabra protagonista e na panacea sempre insuficiente, ou na incrible conduta de Losada cos xornalistas (por certo, non só os de TVG). E o medo conduce inexorablemente ao nerviosismo, á agresividade e a unha percepción máis ou menos distorsionada da realidade.

Anónimo dijo...

Eu non falaría de medo: eu creo que a posición, non centrista, digamos, do BNG é sempre fráxil. En circunstancias así, tende a perder posicións. É lei política. Por iso o da visibilidade. En Italia, onde hai varios partidos, os pequenos sempre son os que máis rebumbio mediático arman, para ocupar o lugar que sempre está adicado ás forzas moderadas. Velaí o paradoxo, porque cando máis ruido fagan menos centro semellan.