22 sept 2007

ENTRE HORTAS E PORTAS.

11. A Porta do Ceo.
Ao Arume dos Piñeiros, autor do pé forzado.


Hai un corredor no adarve. Á altura da Mosqueira vai concluír a terceira volta e xa leva o cabelo grisallo ben húmido; tonificado polo esforzo, apenas advirte a imprescindible canseira. De súpeto un lóstrego, e onde había o “Hostal Rivera”, entresollado e cinco andares, xorde un “Bar Riveira” pequeniño. Todo en San Roque se volveu cativo agás o da garaxe dos Jatos, e albíscanse montes no lonxe.

Comeza a baixada por San Pedro, fóra a Rúa das Flores bole de vida e fondas, pode ler ao paso “Pensión Niza”. Onda Balbino Seoane comeza Montero Ríos e todo é tamén pequeniño quitando o edificio de Sarry, só enorme e vello esquelete desde a segunda planta. Pero a muralla vira á esquerda e no murete de dentro hai sentado un rapaz de trece ou catorce anos, matinando; achégase un vello barbudo, esfarrapado, ao que lle dan bocadillos pola praza da Estación, senta alí ao lado e cara a ninguén murmura cousa como “viñeron as dereitas e...”. Avisado está o rapaz de evitar certos contactos e perturba por 1967, ou 68, algún concepto moi pouco comprendido; ergue logo para irse e, zas, ingresa o seu corpo no do atleta. Pasan silveiros e muros de ladrillo esborranchado, pasa a rúa do Teatro -que diga, General Franco-, o pavillón da OJE, obradoiro de gaitas e eilo, inaccesible, ver e non andar, o xardín do palacio provincial asegurando que as imaxes de libro, de película, non son mentira nin pura ensoñación. Sobe cara á Porta Falsa, di a Amelia que non se adapta ben en Lugo por 1979, sobre todo ao ceo; “é opresivo, non?” inquire ou descobre un Tino Santiago que conversa, non entrevista, e alguén de vinte e cinco anos disente en silencio incomodado. Razoable que ao paso do corredor, zum, se esvaia nel.

Rexorde o “Café Regio” esquinando a Avenida da Coruña, suponse o bater de puños e fichas contra mármore. Traseiras da rúa de San Froilán, un xardinciño e gastadísimos chanzos de xisto baixando á Rúa Nova. Dereito e ancho treito, libre de curutos, e tal faixa de ceo apouvigaría se a carreira admitise darlle tino ao grandor; por consabido, tampouco non se mira o paisano que sacha gran eido de patacas pé da Muralla, por dentro. Pasea o Rodrigo Romaní de dezasete ou dezaoito, con Helena, e ambos quedan ollando ese cincuentón descoñecido que os saúda coa man a mediados dos setenta, facendo unha cousa tan pouco común, aos seus anos, coma correr polo adarve en calzón curto. Pero xa torce, segue cara á Porta de Santiago, tralo Burgo Vello as torres da Catedral, por riba sempre o firmamento. Quen sabe se cóengo en paseo, frade ou cabaleiro non distinguiría aquí cifra de eternidade, omnipotencia divina; podería Lugo albergar un Fray Luís, Pascal ou Heitor Pinto se o Reino de Galicia mantivese a eminencia, se á lingua dos galegos non faltase o Clasicismo.

Sobre o vello poxigo empeza a costa dos Maristas e o abafo. Desde a Porta Agirre aparenta que o Pedrosa alcalde e o primo farmacéutico van cara á Praza Maior; á altura do Seminario -que aínda é Seminario- entrevé quizá un José de Cora con barba escura e Juan Soto de bigote. No cimo, os ollos entrecerrados permiten distinguir a Tuñas Bouzón entrando no Campo da Feira e a capa do concelleiro Ramón González. Vai chegando a Mosqueira, o folgo retorna. Un neno de oito anos que viña do Cantiño incorpórase no corredor e fum, aí se ve o “Hostal Rivera”, a Rúa das Flores é ruína, sobrancea pouco o de Sarry no Lugo do 2007.

Comeza a volta derradeira.

Foto: http://usuarios.lycos.es/geogalicia/clima_archivos/Muralla_Lugo.jpg

48 comentarios:

Anónimo dijo...

Ou sexa,que ó final,onde petaba Bob Dylan era na muralla de lugo...

Anónimo dijo...

Impresionante, amigo González. Emocionado estou nesta mañán de sábado. Se toda a serie pica ás portas da excelencia da lingua galega, a entrega de hoxe é colofón extraordinario. Poden estaren os lugueses orgullosos de telo entre os seus concidadáns. En fin, que non teño palabras. Noraboa. Ou Bravo, bravo, bravo.

Anónimo dijo...

Fai anos,cando remataba a emisión diaria na TVG,aparecían no "écran" diversas imaxes de Galiza,cun fondo musical do Hino.Na correspondente á muralla luguesa,víase un cabaleiro paseando e saudando a alguén coa mau.De seguro era vostede,ou,polo menos,un coñecido seu.

Anónimo dijo...

Non sei se é máis de agredecer a súa xenerosa avaliación ou a atención que demostran coa saída destes textos. Estimaría con todo, da Coba, que concrete o de Dylan; non me decato da peza en cuestión, e ben que o intento.

Por outra banda, transmítolles a todos aviso e proposta de particular interese. Considerando a intención manifesta -por varios contertulios- de acudir a Lugo no decurso das próximas patronais de San Froilán, os lugueses identificados que aquí acudimos con asiduidade (a saber, o Xaime e un servidor) suxerimos a realización dunha "pulpada", para sábado día 6 de outubro ao mediodía; o aludido Xaime e un servidor encargariámonos de reservar o lugar, que o condumio encárgase á chegada. Para iso queda constituído este espazo -conservándose como o ámbito de comentario, lembranza e valoración que eu tanto agradezo- en taboleiro onde poderá e deberá anotarse quen desexe acudir ao evento.

Se non lles acomoda o día, é problemático desprazarse a Lugo ou, simplemente, a idea non esperta entusiasmo, desbotámola e tan amigos.

Anónimo dijo...

Como seguro que a estas horas o da Coba andará de troula e a brindar por nós, dígolle eu que fai referencia a Knockin' on heaven's door de Dylan, petando nas portas do ceo.

Anónimo dijo...

Nin a relacionaba, e iso que inda deron a película na TV hai uns días. Posiblemente Pat Garrett nunca chegase aquí; James Coburn, non sei.

Marcos Valcárcel López dijo...

Moitas grazas polo convite, amigo XMG. Pola miña banda non podo agora respostarlle nin sei se poderei asistir a esa magnífica "pulpada" porque a moza marcha para Santiago e estaremos pendentes diso. Pero agradécese a idea, que me parece espléndida.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non quero polemizar, pero por que esa moza marcha tan tarde cando pola Universidade Sur (je, je) xa comezaron as clases? E que en xornalismo non traballan como os demáis? ;) (por se acaso)

Marcos Valcárcel López dijo...

Teño entendido que en Compostela comezan o día 1 de outubro. Dende hai algúns anos, creo que moi poucos, colléronlle ventaxa os da Univ.de Vigo ou Sur, que comezaron hoxe mesmo, non? Tampouco está mal que se aproximen os calendarios da Universidade e dos ensinos medios. A nós (os do Bacharelato ou FP) tamén nos foron quitando días dende que se introduciu a ESO: por ese camiño, os universitarios de dentro duns anos ó mellor teñen que comezar a mediados de setembro...

Marcos Valcárcel López dijo...

Enlazado co anterior, pero diferente. Eu do mundo universitario pouco sei e sigo moi desconectado, pero hai persoas que poden informarnos mellor. Seica os plans eses de Bolonia reducen ¿todas? as carreiras a catro anos. Consideran iso positivo ou negativo? Que vantaxes ten cando despois tampouco hai tanta presa para incorporalos ó mercado laboral?

Anónimo dijo...

A declaración de Boloña(1999) é un papel de non máis de dúas páxinas de compromisos sobre a educación superior europea, entre eles o de unificar todos os títulos. Despois de varios anos de debates e discusións ao respecto, cada país foi adaptando os planos de estudios ás distintas directrices europeas que foron saíndo durante estes anos. Hai países máis avanzados neste terreo có noso, pero hai un prazo improrrogable, o ano 2010, no que debería haber en toda Europa un sistema único de equivalencia de títulos.
O sistema que artellou o Ministerio e está a piques de presentarse de forma definitiva establece tres títulos:
1. Grao.
2. Máster ou Postgrao.
3. Doutoramento.
Para conseguir o primeiro hai que ter feitos 240 créditos, que veñen sendo efectivamente catro anos, como sinala Marcos Valcárcel. O título de grao permite xa a entrada no mundo laboral en liñas xerais.
Pero as autoridades académicas pretenden que case todo o mundo prolongue os seus estudos cos conseguintes másters ou postgraos, que son estudos de 60 ou 120 créditos (un ou dous anos máis) de carácter máis especializado e que poidan dar acceso a traballos de maior cualificación. A diferencia estriba probablemente no diñeiro que o estado está disposto a dar para subvencionar cada título: para os graos non hai problema, pero para os posgraos a financiación será moito menor (só os de calidade recibirán apoio económico) e terá que ser sufragada polos
propios alumnos. Este aspecto é un dos máis conflictivos, dentro do estudantado, sobre todo o doutros países quizáis máis sensibilizados (penso en Italia, por exemplo, ou en Francia) con rexeitamento frontal da fórmula por considerala excesivamente cara e inaccesible para as economías máis febles.
O doutoramento é unha fase máis que consiste, como sempre, na lectura e defensa dunha tese. Para comezala é preciso ter 300 créditos.
O sistema cambia por completo no que se refire ao cómputo de horas, que non serán as de clase presencial, senón as de traballo do alumno, os chamados ECTS, que son as siglas do sistema de equivalencias de créditos para toda Europa. Esa é a verdadeira innovación do novo sistema: facer caer o peso na aprendizaxe e non no ensino, que debe mudar de forma irreversible. Sobre este asunto poderiamos falar moito, pero creo que con esto pode quedar aclarada algunha dúbida. Pero non sei porque sempre mesturo información con opinións ou xuízos. Vostedes dirán.

Xaime dijo...

Os de Lugo, sempre chegabámos a Santiago despois do San Froilán e dicir na segunda semana de Outubro e comentabannos que os Profesores alomenos na Facultade de Dereito, xa notaban a ausencia dos lugueses, e felicitábanse cando nos ollaban.
A porcentaxe de aptos e non aptos era a mesma dos que escomenzaban en Setembro.
Doutra banda este ano, igoal que o pasado, Xaime da Pena jr. tamén escomenza o curso o día 1 de Outubro na Coruña, e claro está vai e volta no dia da presentación

Anónimo dijo...

Teño constancia de que aos ensinantes non universitarios, entre unhas cousas e outras, lles foron acurtando "vacacións" e alongando os días ou semanas de traballo.

Desde que vostede comezou a traballar no ensino, amigo Valcárcel, cantos días ou semanas calcula que lles acurtaron aos ensinantes non universitarios?

E outra pregunta para Arume.

Dado que o ensino universitario encamíñase máis cara a aprendizaxe que ao propio ensino (leccións maxistrais no mellor dos casos, repetición dos mesmos apuntamentos ano tras ano no peor), cantos profesores universitarios estarían capacitados (en coñecementos e metodoloxía) para desenvolver un labor titorial en serio que conlevaría o ter que actuar como "orientadores" desa aprendizaxe?

E os alumnos, acostumados a estudar unha ou dúas semanas antes do(s) exame(s) en cuestión, cantos deles serían quen de desenvolver un traballo diario e sistemático ao longo de todo o curso académico?

Son dúbidas que eu teño, e que me gustaría que mas aclarasen.

Anónimo dijo...

Tendo en conta o panorama que xustamente deliña o Apicultor, e o peso do costume, conceptos coma a alternativa Aprendizaxe vs. Ensino sóame aquí e agora a marfallada dialéctica.

Iso dos niveis Grao e Master (cos institución procurando que todo o mundo pase do primeiro ao segundo, e o resto de planos e circunstancias político-educativas) paréceme música coñecida: tamén se tenta, a base de empréstimos e rebaixas, que a grande maioría dos alumnos da ESO cursen un BAC en principio orientado aos estudos superiores.

Moita presenza de conceptos coma "demora na integración laboral" e "mercado"; pero da excelencia seica ninguén se lembra. Conto con que algún día se decida parar estes dispendios; daquela, veremos o que nos leva lamber nas feridas.

Anónimo dijo...

Pois si Sr Valcarcel...hoxe empezamos xa algún a dar clases nos Campus da Universidade de Vigo..en calquera caso deben todos de lembrar que na docencia universitaria o único mes d vacacións e o mes de agosto (outra cosa é que non se dea clase) polo que traballar o que se di traballar,traballamos todo o ano......

Polo que respecta a Bolonia eu penso que é unha boa oportunidade que a nosa universidade non debería deixar escapar e dela destacaría o que supón de compromiso cos estudantes...(xa afondaremos, se procede, noutra ocasión)

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non lle podo dar datos sobre a capacitación dos profesores universitarios para ese novo labor titorial e orientador. Podo sinalar que pouco a pouco o sistema vai mudando de xeito irreversible e que adicarse á lección maxistral, unha saída moi loable por outra banda cando se fai con talento, parece cada vez máis anacrónico. Pode un resistirse ás novas formas, pero as circunstancias son cada vez máis difíciles para quen sube ao estrado e solta os apuntes do cuarto de século anterior, claro está sen escrúpulos nin vergonza. Unha das circunstancias son os propios alumnos (falo dos que eu coñezo), afeitos ás novas concepcións do ensino como un continuo traballo, de participación en clase, de percura individual, orientada polo titor, de información ou de coñecementos. Cando un entra nun aula acostumada a traballar por sí mesma, notas en seguida que o discursiño que levabas preparado cae no máis ridículo dos baleiros. Eu podo asegurarlles que un alumno criado nos novos plantexamentos é un alumno ben distinto que esixe e obriga ao profesorado.
Eu non falei da excelencia, pero se hai unha palabra máxica (unha palabra forza, din os técnicos) na nova planificación educativa europea é precisamente esa: a excelencia, a calidade. E sempre pola vía da subvención a quen participa de planes novedosos, a quen cambie os sistemas de ensino, aos que incorporen as novas tecnoloxías. Sempre coa promoción de tales posibilidades.
Agora ben, dito todo esto que soa moi bonito e que pouco a pouco vai tendo visaxes de verdade, eu, que vivín de moi perto case todas as reformas universitarias (con marchas contra a LOU incluidas, cuxos eslóganes foron pasados convenientemente polo forro polos rebeldes rectores, agora moi asentados nos seus tronos cuatrienais), vexo todo esto con moito escepticismo e unha levísima esperanza de que, coma sempre, as cousas vaian a mellor.

Anónimo dijo...

Non se obsesionen co curtopracismo (e moito menos coa coartada-trampa da excelencia...)deixen que o tempo traballe e que a xente avance polo camíño todo chegará, incluso pode que os profesores da Universidade achéguense a excelencia do ensino medio...

Anónimo dijo...

Reproduzo un breve artigo publicado hai un tempo no pais, que penso que describe perfectamente o reto do proceso de adaptación a Bolonia:

Convergencia Europea y Aprendizaje

Entre los aspectos recogidos en la Declaración de Bolonia destaca la concepción de la educación basada en
el aprendizaje, adecuada a una sociedad en la que conseguir una formación integral y una visión del mundo
es cada día más difícil, aunque no lo parezca. Acceder a la información es sencillo; extraer información
relevante nunca ha sido tan complicado, debido a la sobreabundancia de fuentes. Es por tanto muy
importante que la educación universitaria desarrolle la capacidad de aprender dentro y fuera de los muros de
las distintas disciplinas, ya que formar profesionales competentes no consiste sólo en impartir contenidos
específicos ajustados a las necesidades concretas del mercado. Esa es la dirección en la que apunta el
proceso de convergencia hacia el espacio europeo de educación superior: centrar la educación en mejorar la
capacidad de aprendizaje del estudiante.
Hay dos visiones enfrentadas en la educación y la investigación, nos recuerda Pedro Etxenike: la de aquellos
que confían en la utilidad del conocimiento y la de los que todo lo fían al conocimiento de lo útil. Los
primeros estimulan la capacidad de aprendizaje que permitirá seguir adquiriendo conocimiento y aplicarlo
en distintos contextos. Los segundos insisten en informar exhaustivamente sobre las múltiples aplicaciones
del conocimiento en una disciplina concreta. Esa segunda actitud, dominante en la escena universitaria
española, ha contribuido poderosamente a infestar los planes de estudio de información en general excesiva
y muchas veces redundante, por lo que el volumen de contenidos de los programas universitarios obliga a
los estudiantes a realizar un esfuerzo del que no siempre extraen un gran rendimiento. Así no podemos
seguir.
Debemos reformular la planificación del trabajo estudiantil de modo que contribuya a su mejor formación y,
de paso, a conseguir que los estudios universitarios ajusten su duración real a la nominalmente prevista.
Cumplir hoy la misión de la Universidad exige la creación de contextos de aprendizaje que estimulen a los
estudiantes en la búsqueda personal del conocimiento. Lo que más reclaman los estudiantes es el contacto
personal, que el profesor sea capaz de establecer un diálogo participativo; piden hoy lo que han pedido
siempre: accesibilidad, tiempo y que suscitemos en ellos el deseo de conocer. La falta de participación de
nuestros alumnos es proverbial. La seguimos estimulando con el apego a una visión obsoleta de la clase
magistral, en la que uno dicta para que otros toman nota, y con la persistencia de ese pacto inconfesable
entre profesores y estudiantes que se plasma en los apuntes, que como todo el mundo sabe no se toman para
aprender sino para dejar o tener constancia precisa de lo que puede “caer” en el examen.
Conseguir la participación activa de los estudiantes exige creer en ellos. Los actuales bachilleres tienen sus
carencias, otros tuvimos otras. Pero también tienen sus destrezas y si supiésemos sacarles partido, serían más
eficaces. Recientemente recogía José Antonio Marina esta cita de Jack Welch, expresidente de General
Electric, “El talento de nuestra gente está muy subestimado y sus conocimientos infrautilizados. Nuestra
principal tarea consiste en volver a definir radicalmente nuestra relación con los empleados. El objetivo es
construir un lugar en el que tengan la libertad para ser creativos, donde tengan una auténtica sensación de
realización, un lugar que saque lo mejor de cada uno”. Sustitúyase gente y empleados por jóvenes y alumnos
y habremos formulado en pocas y acertadas palabras el programa de convergencia europea para las
universidades en relación con sus estudiantes.

Domingo Docampo, Rector de la Universidad de Vigo y Presidente del Grupo de Espacio Europeo de la
CRUE

Anónimo dijo...

Non se esqueza: no ensino secundario, introducir a marfallada de conceptos seica educativos, a discusión arredor da preeminencia de contidos, procedementos ou actitudes, o desprezo da erudición e a asimilación de conceptos... leváronnos á situación actual, onde moitísimos alumnos, basicamente, ignoran.

Anónimo dijo...

Para o anterior anómino prof. universitario que vai de excelente e de moi traballador: tamén os prof. non universitarios só temos o mes de agosto de vacacións (outra cousa é que non deamos clases en xullo).
Sexamos serios, por favor.

Anónimo dijo...

Desde logo, a autonomía na procura de coñecemento, a destreza no acceso ás fontes e manexo de ferramentas debe ser obxectivo relevante do proceso didáctico. Pero non podo menos que sospeitar -a partir da miña incomodidade- se un programa de literatura parece referirse máis a mecanismos ca a literatura. Igual non me decato de algo esencial; en tal caso, ben quería saber o que é.

Anónimo dijo...

Que palabras máis bonitas a do ex rector da Universidade de Vigo (e non Sur, denominación "ourensán" que non existe legalmente), e un, desde logo, non pode máis que dicir: onde hai que asinar?

Non hai ningunha dúbida de que era un extraordinario "encantador de serpes" (e enténdase a expresión con todo respecto).

Anónimo dijo...

Coidado co discurso da pseudo-excelencia, moitas veces solo sirve para construír torres baleiras sobre a propia mediocridade, illadas e case sempre insalvables e inútiles...

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

A nova forma de aprendizaxe non vai en contra nin dos contidos, nin da erudición. Non marca preeminencias desa natureza. Establece que o centro de atención na aula está no alumno, non no profesor, que é un mero orientador.
Vexamos algún exemplo: case todos os alumnos acuden a clase cos seus ordenadores portátiles. Navegan con total naturalidade co propósito de buscar os datos que o profesor lle vai proporcionando, fan exercicios diante do profesor que lles vai amosando os erros ou as dificultades que pode ir atopando. O que eu quero dicir é que non podemos estar sentados ou de pe na tarima contando as mesmas cousas que antes contabamos porque eso deben atopalo eles cos instrumentos que lles proporcionamos. Resulta insoportable hoxendía dar unha clase coma as de antes. Hai que cambiar. Sen perder nada do que chamaban os escolásticos a substancia.

Anónimo dijo...

O Sr apicultor ten razón no dos nomes (e hai anécdotas moi simpáticas ó respecto...), en calquera caso, os dous nomes son pouco acertados .... gustaríame mais Universidade do Miño (pero adiantáronse en Portugal...)

En canto a intervención do ex reitor, existen algunhas reflexións súas o respecto bastante interesantes na súa páxina web:

http://www.gts.tsc.uvigo.es/~ddocampo/ddocampoes.html

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

A excelencia mídese agora mesmo na universidade polos sexenios de investigación. Todo depende dos tramos conseguidos na avaliación do Ministerio. Na docencia non hai excelencia, non hai parámetros de diferenciación: os profesores universitarios son, neste sentido, todos iguais, porque co beneplácito do departamento ou do centro pode un obter os famosos quinquenios. Non se valora a excelencia na docencia na universidade. Nin siquera se toma en consideración. E así vai. A suposta excelencia na docencia depende de méritos burocráticos (como formar parte de comisións inútiles ou directamente falsas para obter os puntos necesarios ou ser titor dun grupo). En fin: que, como ven, mentaron a bicha. E pido perdón por estas efusións que vou reprimir agora mesmo.

Anónimo dijo...

Vexamos, Arume, dígame por favor onde hai que asinar; non se prive se é en Vigo, que vou para aí se vde. convida ao almorzo.

Desculpe a aparente frivolidade, é máis ben unha despedida, que aínda non ceei. Pero mire, o de cada alumno co seu portátil, conexión a internet en cada mesa, suficientes bases de datos á disposición de todos, etc... non o hai arstora nin nas bibliotecas, que dicir das aulas.

Non sei se Boloña prevé tales dotacións con carácter universal; tendo en conta a circunstancia orzamentaria de cada un dos países e estados, permítanme que de momento o considere con bastante escepticismo, que estou disposto a disolver ao menor sinal de posibilidade certa.

Entrementres, no departamento do Instituto o ano pasado cambiáronme o ordenador con Windows 95 por un con Windows 98. Canto ao que me consta, ese é o mundo real.

Anónimo dijo...

Non hai dúbida de que algúns profesores universitarios -non todos, por fortuna- terán que poñerse por fin ao día na súa materia.

O que, entre outras cousas, eu pregunto é:

* Será quen a institución universitaria de dotar dos medios necesarios para que ese labor de orientación titorial sexa realmente eficaz e non un mero trámite (isto é, o mesmo can con distinto colar)?

* El será posible que desaparezan prácticas tipo pacto tácito entre profesor enrollado, moderno e "comprensivo" nas cualificacións, e alumnos aos que lle custa moito traballar arreo dadas as eivas coas que chegan á universidade (destrezas e capacitacións lingüísticas, pouco hábito lector, sobreprotección infantilizadora dos pais, ...)?

Anónimo dijo...

Non hai dúbida de que algúns profesores universitarios -non todos, por fortuna- terán que poñerse por fin ao día na súa materia.

O que, entre outras cousas, eu pregunto é:

* Será quen a institución universitaria de dotar dos medios necesarios para que ese labor de orientación titorial sexa realmente eficaz e non un mero trámite (isto é, o mesmo can con distinto colar)?

* El será posible que desaparezan prácticas tipo pacto tácito entre profesor enrollado, moderno e "comprensivo" nas cualificacións, e alumnos aos que lle custa moito traballar arreo dadas as eivas coas que chegan á universidade (destrezas e capacitacións lingüísticas, pouco hábito lector, sobreprotección infantilizadora dos pais, ...)?

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Créollo totalmente; seino ben. Pero créame se lle digo que no meu lugar de traballo as cousas funcionan como lle digo. Agora tamén lle confeso que non son todos os profesores os que practican unha docencia deste tipo. Pero hai moitos.
Se vostede ten amistade con algunha concellala benegá de Vigo, compañeira e das excelentes do meu centro, pode preguntarlle. E non dou máis pistas.

Anónimo dijo...

A suposta excelencia na docencia depende de méritos burocráticos
A suposta excelencia na docencia depende de méritos burocráticos A suposta excelencia na docencia depende de méritos burocráticos A suposta excelen

Repetiréi esta frase como mantra pra dormir mellor esta noite,respirando alternativamente por cada fosa nasal.E pra que non se me esqueza.Será usada como arma letal,no futuro.

Anónimo dijo...

Respostas:

- Co tempo si.

- Será tan imposible como o sería conseguir que todos os profesores de ensino medio sexan boísimos, ou que todos os médicos grandes profesionais ou.... Seguirá a haber bos e malos docentes universitarios, bo e malos doentes non universitarios, bo e malos xuíces, bo e malos policías, bos e malos ladróns...

Anónimo dijo...

O da falta de medios pode pasar no ensino medio, pero na gran maioría das nosas facultades esa non é a escusa para unha mala docencia ou unha pobre investigación....

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Xan da Coba: vostede durmirá co mantra, pero eu non poderei durmir coas súas extraordinarias ocurrencias. Estou escarallándome (con perdón: ou dise descarallándome?) de risa.

Anónimo dijo...

Que rápido escribides.Non da tempo a dixerilo todo.Pra falar con vós hai que tomar apuntes.

Sobreproteción infantilizante...tomo boa nota.

(Antes,os fillos eran pra traballar.Hoxe son artigo de luxo,adorno,sinal de status.Madealeva que sexan sobreprotexidos...)

Anónimo dijo...

Pode que quede ben escrito nun blogg "Hoxe son artigo de luxo,adorno,sinal de status..."

pero as veces hai que escribir con permiso da cabeza....

Anónimo dijo...

Pois se é como di Arume, que non hai unha acaída avaliación da excelencia docente (agás unhas enquisas feitas polo alumnado que disque non merecen creto serio), e que todo depende dos méritos burocráticos, non vexo eu moi claro o asunto.

E, por outra banda, hai unha relación mecánica entre ser un bo docente e ser, á súa vez, tamén un bo investigador (e viceversa)? Porque hai profesores que poden saber moito dun ou dous tema (sobre os que trataron ou tratan as súas investigacións), pero despois doutros aspectos do temario NPI. Polo menos esa é a miña experiencia como ex alumno universitario. E se a iso lle engadimos que, segundo me contan, durante moitos anos os profesores que accedían á titularidade non tiñan que amosar coñecementos sobre un amplo temario, senón sobre un único tema escollidos por eles mesmos, redondéase o círculo vicioso que impide que eu o vexa claro.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Para ser máis precisos hai que dicir que na Uvigo se non acades unha nota mínima nas avaliacións do alumnado non podes obter o quinquenio de docencia. Pero salvo esa cautela, que noutras universidades non existe, non hai distinción de excelencia na docencia. É máis: nalgúns casos se priman cuestións que eu considero que van no soldo de profesor, como entregar as actas a tempo ou asistir ás xuntas e reunións. Pero como o mutis polo foro nestes casos é clamoroso (para acadar un quorum en reunións dese tipo van buscar a lazo polo centro a xente para que asine solamente), priman a quen cumple. Non fai falta dicir que, como no ensino medio, non verán os meus ollos o día en que expedienten ou sancionen a alguén, e non por non cumplir coa súa tarefa senón por ser un auténtico caradura, sen respecto por nada.
Pero, Apicultor, vostede volve mentar o inmentable. E eu, que son de natural belicoso, caio.

Anónimo dijo...

Tamén me ten contado un amigo meu que, na UVigo e nas noutras, dase unha paradoxa. Por unha banda, en determinadas licenciaturas e departamentos hai moitos titulares, pero poucos alumnos e pouca docencia. E, pola outra, que dado que os orzamentos non chegan para nada, as universidades acoden ao cómodo expediente de contratar a baixo prezo a profesores asociados cuxos contratos expirarán cando non sexan necesarios, e aos cales, a súa vez, non se lles recoñece nin quinquenios nin tan sequera as pagas extras. E, non obstante, traballan -supoño- tanto como os demais que teñen dedicación exclusiva.

En fin, un lio todo!

Anónimo dijo...

Pra o Anónimo anterior.

Neste blog hai moito literato, e dos bós.Eu non o son,pero vánseme pegando certos recursos.Un deles,creo que se chama "hipérbole",as veces é útil,simple é didactico.

(A verdade é que case todo o que aprendemos,aprendémolo mediente hipérboles.Noutros contextos chámanlle "modelos".)

Anónimo dijo...

volvendo ó tema do post,mirade qué simulaciós informáticas da historia da muralla luguesa:

muralla de lugo 1

muralla de lugo 2

Anónimo dijo...

(Por certo,non s�i a conto de qu� ven unha sinfon�a de Beethoven no primeiro video,pero eu agradec�na.fac�a anos que non a o�a.)

Anónimo dijo...

Está ben iso de xustificarse e sentirse a gusto con un mesmo por pertencer a unha pseudo-caste..pero compre lembrar que ademais de algúns literatos tamén utilizan a hipérbole todos os políticos, e especialmente os menos interesantes.... penso que vostede no precisa deses recursos.... o papel que aquí representa xa é interésante dabondo sen hipérbole, polo menos para min(non quería molestar en ningún caso)

Anónimo dijo...

Molestia=cero. O que quería decir é que certas hipérboles (por chamarlle dalgún xeito)trasmiten mellor a idea que un quere facer chegar.Simplifícanse tódolos aspectos menos un,pra que a outra parte aprenda a distinguir ese aspecto cando xa non está solo.Hai certas componentes de status no xeito no que se crían os fillos hoxendía,máis acusadas que noutras épocas.Só tratéi de facelas ver.
(Os médicos estudan a anatomía dun corpo perfecto .Os químicos un gas compresible hasta o infinito.Todo son modelos inexistentes,exaxeraciós...)
E grazas por decir que teño algún rol eiquí...

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

O amigo Xaime mandoume unhas fotos fascinantes do festín previo a san Froilán en forma de tapas gorentosísimas. Púxennas no meu blog (e perdoen o desvío) para homenaxe desta xente xa amicísima de Lugo.
Se o amigo Valcárcel puidera trasladalas a este espacio eu estaría encantado.

Anónimo dijo...

Xa estou vendo a publicidade de Rynair en Suecia."As mellores tapas do mundo,en Lugo,e o billete Rynair,aínda máis barato".E ós suecos protestando polo aldraxe ás súas propias tapas.

Xaime dijo...

¿Teñen tapas os suecos?

Anónimo dijo...

Non estóu certo,vóulle preguntar á miña dona que,como dicía, andivo por alá.Por certo,Xaime,unha copia a cores do post de Arume dos piñeiros coas súas fotos xa os ten ela ben gardados no bolso pra cando vaiamos ó S.Froilán.Teño que chamar ó Darío,que é o noso hotel habitual en Lugo,pra reservar.