24 sept 2007


A ESCOLA E O IDIOMA DE NOSO

La Región 24 setembro (Imaxe: Muller fuxindo, de Genovés, da web de Ruedo Ibérico, cunha boa escolma de arte comprometida)

A escola desgaleguiza. A escola segue a ser un factor de desgaleguización fundamental na sociedade: debe haber un cento de estudos que o demostran, pero, por se iso non chegase, acaba de ratificalo o Consello Escolar de Galicia, a institución máis representativa do noso sistema educativo. O Consello Escolar insiste na necesidade de conseguir unha maior presenza do galego na incorporación dos nenos á lingua escrita, dado que, hoxe por hoxe, a relación entre galego e castelán segue a ser desproporcionada e desfavorable para o primeiro. Especialmente relevante debe ser esa galeguización nos niveis de educación infantil e educación primaria, porque son os que inician a cadea e é o momento en que moitos alumnos, no tránsito da familia á escola, deixan o galego, algúns deles quizais para sempre. En Galicia chegouse a un pacto razoable, hai poucos anos, plasmado no Plan de Normalización da Lingua aprobado polo Parlamento. Cando ese Plan empeza a levarse a cabo con iniciativas como as galescolas e outras un sector político do país recúa e ponse á contra. Saben que terán ó seu favor moitas voces ultraconservadoras, sobre todo nas portadas dalgúns xornais de Madrid. Pero non explicaron aínda por qué non serve agora o que si se vía como válido, cando menos no papel, en tempos do goberno Fraga. Tras esta reviravolta, teñen a obriga moral de explicitar as razóns da súa nova posición: ó cabo fan política nunha comunidade que se chama Galicia, habitada por seres libres e conscientes, que non necesitan seguir as consignas da prensa capitalina para situarse no mundo.

Do mal e do ben. Con maiúsculas ou con minúsculas: quizais o Mal e o Ben con maiúsculas estean construídos coas mesmas moléculas coas que fabricamos o mal e o ben de cadaquén e de cada día. Revisando os meus artigos deste mes vexo que, sen planificación previa ningunha, falei varias veces da profundidade do mal e tamén do demo e aínda dos santos. Agardo que non sexa unha consecuencia dese síndrome posvacacional que lle chaman. Xoán da Coba, asiduo lector dos meus artigos, engade no meu blog esta magnífica cita do noso don Vicente Risco: "Ó Demo, négano os homes pero afírmano os pobos". Do seu libro "Satanás. Historia do Demo".

Goya: esperanza. Esoutro día, por un erro, saíu mal a ilustración da columna na que falaba da necesidade de manter a ilusión polo coñecemento ata o final dos nosos días. A ilustración correcta, que agora recupero ilustrando este artigo, era o debuxo de Goya “Aún aprendo”, que leva este lema nunha beira e que representa ó propio artista apoiándose en dous caxatos, nos seus últimos días de vida. Goya, que representou as realidades máis dramáticas e angustiosas cos riscos máis bruscos nas súas pinturas negras ou no cadro “Loita a garrotazos” (toda unha metáfora de boa parte da historia española), deixounos neste debuxo un canto vitalista que reflicte toda unha filosofía da vida, todo un chamamento, tan necesario, á Esperanza.

19 comentarios:

Anónimo dijo...

Non podo menos que darlle as grazas por nomear o meu nick no seu artigo,Marcos.

Excelente a obra que ilustra o post.Debería ilustrar moitos deses libros que falan da linguaxe das máus.
Fai anos lín un deses libros.Falaba das máus en mil e unha circunstanzas.Por poñer un só exemplo: o xeito de coller un pito entre os dedos,na xente que fuma, danos idea do grao de sensibilidade artística e intelectual desa persoa.Canto máis perto da base dos dedos máis primitivismo.Canto máis perto da punta,máis sensibilidade.Os que esconden a punta encendida no interior da palma son xente "revirada".

Anónimo dijo...

Observei esa preocupación sobre o mal. Tema fascinante e de grande profundidade, estiven tentado a entrar, pero o tempo non mo permitiu, a ver se mais adiante, porque a nada que o toquemos, implícanos directamente e prende, quiais mais do que quixeramos.

Anónimo dijo...

Antón Baamonde 20/7/2007
Se hai un blog en Galicia que é imprescindible visitar ese é As uvas na solaina. Agora cumpre mil entradas, que digo eu que debe de ser como a maioría de idade para un blog, nun medio, a rede, no que cada día nacen e morren miles de botellas enviadas ao mar. Internet fai dos blogs un espazo e unha esperanza da comunicación que son consustanciais á natureza humana.
Dende marzo de 2006, en que botou a andar, é posible atopar cada día en As uvas na solaina unha imaxe feliz, un texto afortunado, unha discusión viva e libre. O historiador Marcos Válcarcel coidao con paixón de orfebre e ten conseguido facer del un punto de referencia ao que moitos acudimos para experimentar un momento de pracer literario e intelectual. Marcos é, ademais, unha personaxe única en Galicia. Se hai alguén no que a Xeración Nós sobrevive é el. Respirou o seu aire, tomou por propias as súas referencias. Otero Pedrayo ou Xocas sobreviven un pouquiño nel.

Ese blog é, ademais, un instrumento para a Historia Cultural de Galicia. A capacidade de Marcos Válcarcel de ir historiando o día a día, de entender como o tempo fugaz do presente tamén é materia da historia futura, lle ten permitido facerse cun arquivo personal poderoso e significativo do que dalgún modo "as uvas na solaina" é unha versión electrónica. Quedémonos hoxe cun só argumento dos que se pode ler en as uvas...: "A crise da nosa paisaxe dos últimos anos moito ten que ver coa crise cultural e de identidade que sofreu o noso país nos tempos máis modernos. Nas últimas sete decádas Galicia perdeu case un millón de familias campesiñas. Despois de séculos de convivencia entre o home e a paisaxe, algo terá que ver esta realidade coa ruptura desa mutua interrelacion".

Anónimo dijo...

Antón Baamonde, xa o teño dito, é un cráneo privilexiado, unha cabeciña constantemente a pensar. E iso agradécese cando o que abundan nese país son as almas bellas e as ideas banais. Incluso estando en desacordo, apréndese sempre con el e dá para moito matinar.

Non sei se participa aquí moito coas súas opinións ou non. Eu invítoo -se se me permite- a que, en todo caso, o faga moito máis a miúdo. E que se busque un nick ben guapo, que seguro que o atopa. Que tal "Angelus Novus" ou semellante?

Bo día a todos.

Anónimo dijo...

"neste país" tiña que dicir.

Anónimo dijo...

Coido que este enlace é interesante.
a mau esquerda de Deus

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois non vira a cita de Antón Baamonde, tan xenerosa e gorentosa. Que saiu, nun dos
seus artigos de El País? En fin, mil grazas a Antón, con quen comparto vellos vínculos de amizade en horas compostelanas (aqueles labores de O Eixo e tantas cousas máis!) polas súas palabras e xa sabe que esta é tamén a súa casa.

Anónimo dijo...

La Opinión de Coruña.

Anónimo dijo...

Marcos,non esqueza escreber de cando en cando "uvas na solaina"(entre virguliñas) no buscador google ou no buscador altavista.O buscador conta cunha función de alerta de tal xeito que, con cada nova páxina que faga referencia ó seu blog,notifícallo no seu correo.

Marcos Valcárcel López dijo...

Moitas grazas polo aviso, XDC. Tereino en conta.

Lula Fortune dijo...

En referencia ao primeiro "petisco" deste post, non creo que toda a culpa da desgaleguización esté na escola, cando moitas asignaturas se imparten en galego (e se imparten). Non hai máis que oir a nenos castelanofalantes repasar Coñe e falar da chaira as pradarías ou os parrulos. As actividades culturais dos centros, as notificacións... fanse en galego. Pero o salto, fora da escola é o que non se da. Tamén coñezo fillos de pais galegos (escritores en galego para máis inri) que falan castelán con ptos perfectos. Creo que a responsabilidade desa desgaleguización deberíamos buscala en máis ámbitos, e non só na baqueteada, exprimida e sempre olvidada escola. Unha aperta.

Anónimo dijo...

Estou basicamente de acordo no que di Lula Fortune. E que se podía resumir en: A escola? Non só a escola!

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

VISITA DE AHMADINEJAD Á UNIVERSIDADE DE COLUMBIA

In accepting an invitation to speak at Columbia while in New York for a meeting of the United Nations, Mr. Ahmadinejad subjected himself to protests from scores of students, faculty and others, and to a harsh critique from even the university’s president, Lee C. Bollinger.

In introductory remarks that ran more than 10 minutes, Mr. Bollinger defended the university’s right to invite Mr. Ahmadinejad to speak but moments later accused the Iranian leader of behaving like “a petty and cruel dictator.”

Earlier today, the university had been the scene of growing protests from hundreds of students and others who did not believe Columbia should have extended Mr. Ahmadinejad a platform. The lawn on campus was crowded with students and others who could not get into the forum, who watched him from a live telecast that had been set up by university officials.

Mr. Bollinger set the tone for what became a tense exchange between the Iranian leader and his hosts, who did not let him stray too far afield when he delivered a rambling speech by insisting that he stick to a time limit and putting direct questions to him about his country’s policies.

Throughout it all, Mr. Ahmadinjad tried to maintain a smile on his face, even when he began his remarks by complaining about his treatment at the hands of his hosts, saying that guests would not be treated in such a manner in Iran.

He described some of Mr. Bollinger’s remarks as an “insult” and “incorrect, regretfully.”

“In Iran, tradition requires that when we invite a person to be a speaker,” he said through a translator, “we actually respect our students and the professors by allowing them to make their own judgment and we don’t think it’s necessary before the speech is even given to come in with a series of claims and to attempt to provide a vaccination of sorts to our faculty and students.”

Mr. Ahmadinejad then meandered from science and religion, to the creation of human beings and the misuse of wisdom. But it was during the question-and-answer session that he was confronted about some of his most controversial positions.

He said that as an academic he questioned whether there was “sufficient research” about what happened after World War II, referring to the Holocaust. “We know quite well that Palestine is an old wound” for 60 years, he said at one point.

“We need to still question whether the Palestinian people should be paying for it or not.”

He was asked to answer directly whether he or his government seeks the destruction of Israel. He did not. But to solve the “60-year-old problem,” he said, “we must allow the Palestinian people to decide on its future itself.”

Someone from the audience asked Mr. Ahmadinejad if he was calling for the destruction of the State of Israel.

The Iranian president did not provide a yes or no answer, but spoke instead about the issue of Palestininian self-determination: “We love all nations. We love the Jewish people. There are many Jews living in Iran, with peace and security.”

When John H. Coatsworth, the acting dean of Columbia’s School of International and Public Affairs, challenged Mr. Ahmadinejad to give a yes or no answer, the president responded:

“ Where’s the free expression in that?” he asked.

He called for a “free referendum” in Palestine. “Let the people of Palestine freely chose what they want for their future,”

In answer to criticism Mr. Bollinger had made about Iran’s treatment of women and gays, Mr. Ahmadinejad had much to say.

“In Iran, we don’t have homosexuals like in your country. We don’t have that in our country,” he said to boos and hisses and even some laughter from the audience.

“In Iran, we do not have this phenomenon,” Mr. Ahmadinejad continued, undeterred. “I do not know who has told you that we have it. But as for women, maybe you think that maybe being a woman is a crime.

“It’s not a crime to be a woman. Women are the best creatures created by God. They represent the kindness, the beauty that God instills in them. Women are respected in Iran.”

Mr. Ahmadinejad also said he hoped to visit the site of the World Trade Center in Lower Manhattan, although police had forbidden him to do so. Mr. Ahmadinejad said he wanted to “show my respect.”

He added: “Regretfully, some groups had very strong reactions, very bad reactions. It’s bad to prevent someone from showing sympathy to the families of the victims of the 9/11 event, a tragic event.”

Anónimo dijo...

Alucinante todo o texto,Arume dos piñeiros.Desgrazadamene,o que imáxinábamos circa dese país e o seu presidente,e bastante similar ó discurso doutros líderes árabes.

O de "ser muller non é un crime",estivo seguramente perto de convertirse nun acto fallido verbal.En todo caso,cheira casi a excusatio non petita.

Non hai homosexuales no seu país.Pra votarse a temblar.O malo das hipótesis é que non poden demostrarse con exemplos,pero sí poden refutarse con contraexemplos.Maxino que alguén andará nuscando xa un.Ou si algún sae do armario será literalmente un mártir.

Anónimo dijo...

Alucinante o do presidente iraniano, menudo cinismo que destila o personaxe, porén doulle razón nunha cousa: a política dos USA é o meirande perigo para a paz no mundo.

Anónimo dijo...

Pois imaxine,anónimo que o poder que ten Bush no mundo,tivérao o presidente ese de Irán.Xa sei que o políticamente correcto é falar mal de todo o que cheira a USA,pero,que lle quere...

Anónimo dijo...

Pois quere que lle diga xoan da coba, non creo que as cousas foran moi distintas. Comezando porque os dous son uns fundamentalistas.

Anónimo dijo...

A vantaxe, con todo, é que nos EE.UU. o sistema democrático ten contrapesos notables, cousa que dubido exista no Irán. Por non falarmos doutras pequenas diferencias que fan que eu prefira vivir en Nova Iork a vivir en Teherán.

Anónimo dijo...

Pois se o prefire vostede,pregúntelle a unha muller ou a un homosexual.