20 sept. 2007

Os do Alexandre Bóveda

Entre finais de 1989 e o 2001 o Clube Cultural Alexandre Bóveda foi a vangarda cultural da cidade ourensá: está mal que eu o diga, pero así foi. Díxoo tamén moita máis xente. Axuntamos máis de 200 socios e socias, de todos os campos ideolóxicos e sociais (con maioría progresista e de esquerda, iso si) e planificamos un labor cultural continuado e rigoroso durante uns 12 anos. Despois pechamos a tenda porque todo nesta vida ten o seu principio e o seu final. E para non queimar a fórmula. Cada ano axuntabámonos a directiva para sacar unha foto "orixinal" da que sempre se encargaba o fotógrafo amigo e socio Eduardo Núñez e para a que Benito Losada preparaba a intendencia e a escenografía. Esta é unha das máis simpáticas, no Claustro de San Francisco, cos traxes e instrumentos da Banda Municipal que nos facilitou o Xoán Fonseca. En primeira fila: César Ansias, Xoán Fonseca, Marcos Valcárcel, Benito Losada, Afonso Monxardín e Elisa López Grande. E detrás: Pepe Trebolle, Asun Ballester, Xosé A. García e José Luís Alonso (clicando na foto, podedes velos en maior tamaño). Esta foi a última directiva en exercicio, pois o Clube pechara no inicio do verán do 2001 cun macrorecital no Liceo de máis de 70 persoas de Ourense que leramos un cento de poemas do libro "Ourense, craro río, verde val" (Antoloxía poética da cidade).

(Hai outras tamén moi simpáticas e con máis personaxes, pero quedan para outra ocasión)

14 comentarios:

sam rock dijo...

Dou fe que o Clube Alexandre Bóveda foi un hito no eido cultural da cidade de Ourense, durante a última década do século pasado. As hemerotecas de diferentes publicacións relacionadas con Ourense (xornais, revistas)gardan as probas do que digo.Imaxino que tamén hay pegadas do CAB en fonotecas e videotecas dos medios audiovisuais. Unha forte aperta para todos, en especial a Marcos e Benito, e que non decaiga.

Monedero dijo...

¡Qué pandilla!!!

Xoan da Coba dijo...

Asun conserva hoxe a súa graciosa figura.Pero os demáis,o que máis ou o que menos gañóu unhos quiliños.¡A coidarse,que a cousa empeza a non ser como era...!
Eu sempre digo que me gostaría vivir trescentos anos,pra empezar a coidarme ós cento cincuenta.
Algún dos da foto,se lle suma as xuergas,pasa dos trescentos.

apicultor dijo...

Que lles parece esta extraordinaria noticia? Coido que debía opinar JIm Morrison, autoridade recoñecida na materia.

Por provocar "sufrimento humano"

Un xulgado estadounidense admite a trámite unha denuncia contra Deus
A demanda foi presentada por un senador do estado de Nebraska para demostrar que en EUA "calquera pode demandar a calquera".

O senador Ernie Chamberes
Un senador dos Estados Unidos presentou unha demanda contra Deus ante un tribunal do estado de Nebraska, no centro do país, na que lle acusa de provocar "pavorosas inundacións, terroríficos tornados e pestilentes pragas en diferentes partes do mundo que xeran "sufrimentos humanos".

Ernie Chamberes é un coñecido membro do Partido Demócrata polas súas criticas as oracións matutinas que se fan no senado deste estado.

A demanda foi presentada nun xulgado do condado Douglas, porque segundo afirmou, "Deus está en todas partes, así que o podo demandar en calquera lugar". O escrito foi admitido a trámite o pasado 14 de setembro.

Ante a imposibilidade de que Deus se presente no proceso, foron citados a declarar "representantes de varias relixión e cultos que, de xeito notorio, recoñecen ser axentes do demandado e falan na súa representación".

"Esta é un xeito de demostrar que calquera pode demandar a calquera, incluído Deus", dixo Chamberes, quen engadiu que a súa intención é demostrar que polo simple feito de presentar unha denuncia contra alguén non significa que a vitoria estea garantida.

marcos valcarcel dijo...

Lina onte na prensa. Ou estou moi errado ou algo así xa fixeran nos EEUU hai un ou dous anos... Se así fose, estamos case ante unha lenda urbana: procesar a Deus...

Xosé M. González dijo...

Que nos van ensinar a nós:

Todos dizen que Deus nunca pecou,
mais mortalmente o vej' eu pecar,
ca lhe vej' eu muytos desenparar
seus vassalos, que muy caro comprou,
ca os leyxa morrer con grand' amor,
desenparados de ben de senhor;
e ja com' estes min desenparou.

E mayor pecado mortal non sey
ca o que eu vejo fazer a Deus,
ca desanpara os vassalos seus
en muy gram coyta d' amor, qual eu ey;
e o senhor que acorrer non quer
a seus vassalos, quando lh' é mester,
peca mortal, poys é tan alto rey.

Todo senhor, de mays rey natural,
dev' os vassalos de mort' a partir,
e acorre-lhes cada que os vir
estar en coyta. Mays Deus non é tal,
ca os leyxa con grand' amor morrer
e, pero pode, non lhes quer valer,
e assi faz gram pecado mortal.
(Pero Goterrez)

"Como se vê", di o Mário Martins, "a Idade Média tinha a língua destravada".

Xoan da Coba dijo...

Fai xa unhos anos saíra un caso semellante,dende logo nos EE.UU.
Un individuo denunzóu a Deus por que lle morrera o loro.O funzonario,seguramente con cachondeo,díxolle que de paso,mirara se podía denuncialo por algo máis,i el,entón remplíu un formulario cun fato de denuncias a cal máis curiosa,unha delas,"por non poder tocar a guitarra como Mark Knoplffer".A denucia doi archivada,se non lembro mal.

Anónimo dijo...

Penso que deberiades pedir traballo de extras na proxima pelicula do Kusturica. Moi simpatica. Tamen parecedes personaxes da novela do checo Hasek, sobre todo o amigo Fonseca. Case que estou vendo o valeroso Sweijk

Saudos.
Gustavo Peaguda

Xoan da Coba dijo...

Menos mal que non vivimos nun deses países nórdicos onde todo o mundo sabe música,e atribúense por experiencia persoalidades concretas a xente en función do instrumento que toca.Poderían formarse ideas moi erradas de algús...

Trebi dijo...

Amigo Marcos: Ocurreseme , non podíamos montar......¿ o PsP:Política sin Partido....
O mellor dinamizabamos os nosos políticos sen miras postas nos votos e nas eleccions
E unha ocurrencia motivada pola nostalgia dos vos tempos do Clube

Xoan da Coba dijo...

Marcos,o prometido é deuda.Dixo que iba poñer máis fotos.

Cando ese lugar era un cuartel,ese claustro era usado pra que os arrestados no calabozo poideran sair e recibir a algún familiar que trouxera noticias graves ou importantes.Polo menos no que atañe á miña experiencia persoal .(Eu non era o arrestado).

Xoan da Coba dijo...

Nalgúns países hai unhas asociaciós que se chaman algo así como "asociación polo senso común".Nelas,os cidadáns detectan decisiós políticas,sobor de todo de índole local,que atentan ó "senso común" e presionan pra que non se executen.Ás veces teñen moita influenza.

Non séi noutras cidades,pero en Ourense lévanse tomado non últimos anos decisiós verdadeiramente surrealistas.Son decisiós que calqueras persoa recoñece erradas,con independencia da súa ideoloxía.Lóxico: non foron tomadas con arreglo ó senso común,senón a certos intereses...

Unha asociación dese tipo viría moi ben,como di Trebi. (trebi: "conózote,león,pola pegada da túa zarpa...")

Xoan da Coba dijo...

Relendo o post,dóume conta dun erro que me pasóu desapercebido: onde dí "Asun" debe degir "Asun i Elisa".E obvio.Elisa mantén hoxendía "tipo fino".Moi guapa, e na foto,coa gorra,moi sexy.Haberá que regalarlle unha.E,xa de paso,a José Luis,que se lle nota menos a "ancha frente"

Xoan da Coba dijo...

Este comentario fai o 14 só é pra que non sexan 13 no post.


- ¿Tí eres supersticioso?
-¿Eu? ¡vaiche boa!
- ¿Gostaríache que a túa filla casara nun martes-13?
-Home...,habendo tantos días no ano...¡a quén se lle ocurre...!