11 sept. 2007

O pau das estradas (Afonso Monxardín, Galicia Hoxe, 11 setembro)

Cada vez que paso por baixo da ponte bipartita do Reino, sorrío. Alí campan dúas pancartas que din, máis ou menos: "Touriño grazas pola conexión á autovía, PSOE de Piñor de Cea; e outra "Grazas veciños polas 2.000 sinaturas que lograron a conexión á autovía, BNG de Piñor de Cea". O certo é que como está en zona de curvas, tiven que pasar varias veces ata entender que se trataba dunha disputa sobre réditos politicos de tanta altura como esa ponte que cruza a estrada Ourense-Santiago preto do límite con Pontevedra. E claro, aí se ve que hai quen pondera sobre todo a actitude positiva do presidente da Xunta e outros a importancia da palabra dos veciños. Seguramente son as dúas cousas -e se cadra outras moitas máis- as que influíron e parece pasatempo ocioso discutir se foi antes o ovo ou a pita. Pero como nestas terras da mazurca de Cela non hai moito que facer, o demo da política, a falla de vacas, espanta el moscas co rabo.
E ía pensando nestas cousas cando me atalla de súpeto un solitario semáforo de obras: a conexión cun cacho da autoestrada nova ou algo así. Parei. Esperei a que pasasen os outros e logo duns minutos, xusto cando apaguei o motor, púxose verde. E lembrei un sucedido simpático doutro tempo.
Andaban en obras no norte de Lugo e estaba parada na estrada unha longa fila de coches. Eu era o penúltimo. Tocábanos pasar. O encargado achegouse ao último e, simplemente, deulle "o pau". O bo do condutor, un alemán grande de pelo crecho, colleuno con sorpresa, ollouno curioso, moveuno? e pasoullo á súa compañeira, quen fixo outro tanto. Logo, entre xestos de incomprensión e sorrisos, devolvérono indicándolle, como podían, que grazas pero que non lles interesaba. O encargado decatouse entón da matrícula e da pinta daquela xente e veu cara a min que atendía divertido polo retrovisor? En canto mo deu, deille as grazas e lisquei de alí seguido do alemán que non me quitaba ollo, a ver que carallo ía facer eu co pau aquel. En canto chegamos ao lugar preciso deillo, sen seren precisas palabras, ao outro encargado -a estrada quedaba aberta- e seguín. Antes de acelerar deume tempo a ver como o teutón abría a boca e entenderlle nos labios algo así como "Acabáramos. Era iso". E o curioso é que de alemán non teño nin idea. Se cadra linllo nos ollos.

(Un tema semellante aborda Sarille en ECG, "Corenta mortos en cinco anos")

6 comentarios:

Doni�a dijo...

Sr.Monxard�n � unha ledicia ler os seus artigos ,ademais case sempre acabo co sorriso posto. O seu fino humor ,�s veces ,l�mbrame moito ( sen establecer ningunha comparanza)o que amosaba Casares nunha secci�n que ti�a na Voz de Galicia ( "A Marxe"). Meus parab�ns.

AVMF dijo...

Graci�as, Sra. Doni�a, pero non esaxere que me arrubian as orellas.
Se logro alg�n d�a alg�n sorriso seu, dou por ben feito o artigo.

Xoan da Coba dijo...

A mín pasóume fai anos que me tocóu o páu,que levaba espetada a cabeza dunha boneca,e cando iba pola metade do camiño decatéime de que eu desviábame por unha estrada secundaria antes de chegar ó outro operario.Tiven que chegar hasta él,darllo, e dar volta patrás ,namentras me seguían os que tiñan agora o turno de pasar...,que debían interrogarse,asombrados...

Xoan da Coba dijo...

Claro que o Monxardín toma a vida con humor.De seguro sabe que non vai sair vivo da vida.Tamén outro Monxardín,que vive en Allariz e moi cinéfilo (creo que seu primo) é moi coñero.É un apelido que,"en de por sí",como din en Canjas,che dibuxa un sorriso...

Co este escrito e o outro da bandeira podería iniciar unha colección de escritos relacionados con anécdotas nas estradas.Podería tiduarse "on the road",se non estivera xa collido polo Kerouac(que por certo nunca me caéu moi ben...)

avmf dijo...

O de Allariz é meu tío, meu tío. El é o "bo" e eu o "malo", seica.
...Pero é que pasamos media vida nos coches como non imos ter todos un feixe de anécdotas...

Leituga 1 dijo...

Magnífico artigo, unha vez máis, do señor Monxardín, a quen xa teño por un dos meus columnistas favoritos.