11 sept. 2007


Un verán luctuoso para o cine: Jane Wyman

Así a lembran, tamén cun video da actriz, no blog Diasestranhos:

Na miña memoria Jane Wyman ficará asociada a outros filmes: a Johnny Belinda, o dramón no que facía de xordomunda que lle proporcionou un Oscar; a The lost weekend, de Billy Wilder, acompañando a un alcoolizado Ray Milland; á biografía de Cole Porter protagonizada por Cary Grant, Night and day, ou aos seus traballos con Alfred Hitchcock e Douglas Sirk, sen esquecer a deliciosa parella que formou con Bing Crosby nun dos títulos menos coñecidos de Frank Capra, Here comes the groom, onde cantaban esta peza de Hoagy Carmichael e Johnny Mercer que acabou convertíndose nun standard, In the cool cool cool of the evening.
(De paso, consulten nese blog a súa lista "Están vivos", cos directores e actores nacidos antes de 1930 que non se levou aínda a Parca)
Jane Wyman. Pan por Pan 12 set.
Este verán está a ser abondo luctuoso no mundo do cine: Bergman e Antonioni e Emma Pennella e agora Jane Wyman. Engadan a Villalonga, que sempre fixo de si mesmo na pantalla. De Jane Wyman destacan os medios que foi a primeira esposa do actor-presidente Ronald Reagan e o seu papel como Angela Channing en “Falcon Crest”. Creou alí un estereotipo de mala despois copiado cen veces en telenovelas e similares. Pero esa non era o seu perfil máis clásico: aínda nestes días revisitei “Obsesión” (1954), de Douglas Sirk, onde a Wyman, facendo de cega, vive un milagre de amor ó recuperar a vista da man dun cirurxián coa cara de Rock Hudson: a súa actuación fíxoa candidata ó Oscar, que logo non lle deron. Foi a cinta que lanzou a Hudson, cun gran éxito comercial. Sirk fixo repetir a parella protagonista un ano despois en “Só o ceo o sabe”.

8 comentarios:

apicultor dijo...

Esquécese dicir vostede que tamén interpretou á malísima Angela Chaning na mítica serie televisiva "Falcon Crest". E iso é imperdonable!

marcos valcarcel dijo...

Pois tampouco é que me esquecera exactamente. É que iso xa vai no Pan por Pan que sacará mañá La Región e colgarei aquí no seu momento. Foi a mala por excelencia en Falcon Crest: modelo para centos de malas de culebróns televisivos. (O texto colgado é de M.Pawley, non meu, por se non quedou claro).

Lula Fortune dijo...

Xa pensei que ninguén o iba dicir!!!! ...e mira que era mala!! A min encantábame esa maldade fría e inmutable.É curioso como os persoaxes acaban por devorar aos actores.Para moitas xeracións, ela será sempre Angela Chaning e para a dos meus pais, era Belinda ("Hoxe traballa belinda na película")ainda que fixera traballos excepcionais como os que di vostede.En fin, descanse en paz. Un saúdo.

Suso Lista dijo...

Diola teña na ghloria

Xoan da Coba dijo...

Moitas desas "malas" (¿máas))parecen moito máis máas por que os "bós" son tan bós que parecen parvos...

bouzafria dijo...

Ao fío do que comenta Xoan da Coba: seica por iso ten máis encanto o malvado Orson Welles do "Terceiro Home" que o pánfilo Joseph Cotten.

apicultor dijo...

Onde Orson Welles está soberbio é en "Sed de mal", en plan sheriff malvado e corrupto.

Xoan da Coba dijo...

Relendo no post o título do famoso "pequeno pelexo" ("película") "sólo el cielo lo sabe" lembro unha anédota.
Un aluno responde a unha pregunta nun exame: "Só o ceo o sabe".Cando o mestre devolve o exame correxido,vai escrito en tinta bermella: "Un sobresaliente pró ceo e un suspenso pra vostede"