11 sept. 2007


Un delincuente.
Pan por Pan martes 11 setembro. Imaxe de Auguste Rodin.
Escoito na radio entrevistar a un delincuente. Trátase dun tipiño que está nunha banda dedicada a asaltar fábricas en polígonos industriais do Mediterráneo: conta a súa metodoloxía con detalle e apunta os seus valores. A familia por riba de todo: reforza esa idea con esta expresión “por donde no corre sangre no se hacen morcillas”. Pregúntanlle a causa deses atracos e di que non se trata de necesidade. Que agora lle colleu o gustiño e necesita facelos. E compara o seu “oficio” co executivo que, tras duras horas de oficina, reserva a fin de semana para facer puenting e liberar adrenalina. O argumento non é absurdo. Son moitas as posibles motivacións dos nosos actos: positivas como o amor ou a solidariedade. E negativas como a maldade ou o desexo de vinganza. E as grandes palabras como deus ou a patria. Haberá que engadir isto de liberar adrenalina.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Un artigo lúcido que leva a reflexión na sociedade de hoxe. O contraste subtil entre a imaxe e o texto é intelixente emotivo
Saúdos
Yoli

Xoan da Coba dijo...

Digamos que o delincuente o que quere e "vivir experiencias","vivir intensamente",que é o tema que trataba onte o artigo de Alfredo Conde no Correo.

En realidade é a búsqueda inconsciente do "vértigo".Os nenos de hoxe non viven experiencias intensas durante a súa infanza.Sen espacios pra xogar e correr,sen poder pelexar,que en realidade é un xogo,sen poder subir ás árbores e abanalos na búsqueda de emociós ancestrales.Un pequeno sucedáneo bastante pasivo nos columpios nas "barcas voladoras" o día da festa."Quen non tolea de novo tolea de vello".Esa infancia de emociós insuficientes fai adultos-nenos,que teñen que facer trompos có coche en zoas afastadas ou atracar bancos sen necesitalo,só pra vivir a emoción do xogo que non se xogóu cando había que xogalo...

Xoan da Coba dijo...

A miña infanza foi facer cabanas nas árbores,explorar cuevas,bucear no río,perseguir animáis polo monte,correr kilómetros cos méus amigos,xogar ó escondite entre canastros e palleiros,as veces acompañada dalgunha rapaza,pelexar ás veces ganando e outras perdendo.Aqueles cos que me pelexéi de pequeno,rodando monte abaixo entre paisaxes adorados, son realmente os meus amigos,os de verdade,aínda que hoxe están tan lonxe moitos.
Cando me van mal as cousas,cerro os ollos e rememoro aqueles días."A patria dun home é a sua infanza".Todo se arregla de repente.Qué horrible,si esa visión fora a zoa de xogos dun hipermercado...

Xoan da Coba dijo...

Fe de erratas

cueva=cova
rodando=boleirando,ós boleirós
arreglar=arranxar
rememorar=lembrar

Xoan da coba dijo...

A verdade é que a personalidade dos delincuentes é cada vez menos interesante.Comparen as motivaciós de Robin Hood,Curro Jiménez,o "piloto" galego ou o Lute,coas dun fulano que só pretende descargar adrenalina...

Por certo,Marcos.Xa sabe a historia dun farmacéutico,"guerrilleiro" ourensán,que andivo escapado pola Serra de San Mamede,e aparecéu morto na cuneta,de morte natural,en Vixueses.Un desaprensivo déulle un tiro despóis de morto pra tentar cobrar unha recompensa.Quedóu sen enterrar dun día pra outro no cemiterio de S.Francisco por que a xente escapóu do enterro por que houbo tiros...
Pois ben.Unha miña aboa déulle cobixo algúns días,sendo noviña,nunha palleira,daquela.Toda a aldea sabíao,e a mín contáronmo.Pero ela aínda o nega hoxe,nervosamente.Tanto medo lle quedóu no corpo...