13 sept 2007


Réquiem, de Bieito Iglesias ("Pan e coitelo", ECG, 13 set.)

Nun dos tomiños d`O último round (o de cor verde) inclúe Julio Cortázar un fermoso texto co título de Una voce poco fa, dedicado a evocar a banda sonora da súa adolescencia arxentina. Nel celebra algúns milagres do século XX tales como os discos, o magnetofón, a radio e a televisión; lembra unha pléiade de cantores de ópera entre os que destaca a Tito Schipa, tenor nunca superado no rexistro medio; e vindica a voz humana como o máis belido e perdurable instrumento: "Os entendidos dirán que o sonido do violino de Kreisler non era o mesmo que o de Heifetz, para falar de dous monstros do meu tempo, pero a diferenza entre dous violinistas é sobre todo temperamental, interpretativa, e as disimilitudes acústicas non teñen importancia decisiva. En troques a voz de Joan Báez, a voz de Louis Armstrong, a voz de Leontyne Price, a voz de Helga Pilarcik, son en cada caso unha esencia única, o resultado dun vertixinoso microcosmo cada vez distinto, o resoador final dunha alquimia case inconcibible".
Así pois, nun principio foi a voz. Xa que a miña adolescencia transcorreu nun ambiente orfo da alta cultura musical que educou o oído do Cortázar, reducido como fun a seguir os programas radiofónicos de dedicatorias nos que orneaba Luis de Lucena, apenas podo xulgar os méritos de Luciano Pavarotti (en paz estea). Síntolle dicir aos críticos que posuía unha cor e un timbre inimitables, sinto falar da riqueza de harmónicos e acato ese veredicto. Valéndome da emoción, da intuición e ata do capricho, cando escoito o tenor de Módena confirmo que o italiano é un idioma de axóuxeres (inventado para dirixirse ás crianzas) e que o bel canto debe ser un anticipo da música celestial.
Cadaquén terá a súa peza e interpretación favoritas do Luciano; eu déixome levar pola dolcezza daquela aria da Martha de Flotow, que festexa un amor que comeza: "M`appari tut`amore; il mio sguardo l`encontrò bella si che il mio cor ansioso a lei volò".

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Unha das miñas favoritas

torna a sorrento

Anónimo dijo...

Unha das cousas máis extraordinarias que ten a canción napolitana é a asociación desa lingua de pailáns coa emotividade e a excelencia lírica. A ver se gustan desta versión italoamericana

Por certo, cando quero que a voz "pailán" leve sentido infamante, tendo a indicalo. Non é o caso.

Anónimo dijo...

Canta razón ten Bieito sobre a importancia da voz (In principium erat vox) e canta emoción pode sentir un cando descubre que o fillo do panadeiro de Módena ilumina o universo cando canta.
Fermosísimo artigo do grande Iglesias.

Anónimo dijo...

En realidade,salvo quizáis o ritmo que se asocia a procesos máis primitivos,todo os aspectos da música se refiren dun xeito próximo ou lonxano á voz humana.O fraseo melódico en calquer instrumento é tanto máis emotivo canto máis elementos (concretos ou abstractos) comparta coa voz.

Por poñer un só exemplo.A lonxitude dunha frase en calquer lingua está limitada pola capacidade pulmonar.Por iso non pode haber frases arbitrariamente longas.Unha melodía demasiado longa,aínda que o instrumento permita tocala,non gosta.O subconscente percebe a "artificialidade".

Anónimo dijo...

vai unha anedota con "piada",comme on dit au Portugal:

Un tenor remata a súa canción e o público ponse a berrar "¡OUTRA,OUTRA!" .O cantor,exclama :"¡Sodes un público estupendo!".O director da orquesta,vólves cara él e dille:"Estanlle pedindo que cante outra,a ver se lle sale mellor que esta..."

Anónimo dijo...

Se algún día van por Redondela,hai un bar na rúa principal,perto do Concello,creo lembrar que se chama "o porrón".O dono é un tenor afecionado,e non o fai nada mal.Tén á venta ,ademáis dos famosos chipirós,o seu propio disco coas súas propias versiós deste tipo de canciós:
bela namorada

Anónimo dijo...

Onde dixen chipirós,debín dicir,"chocos".Regalan nos bares un libriño editado polo concello con diversas recetas prá preparalos.A versión do dito paisano da canción anterior non lle tén nada que envidar á de P.Domingo...
E non perdan a "festa da coca" .(ollo coa pronuncición do "o").Xa saben,un tipo de festa que trata do mito común en moitas culturas da invasión das serpentes.(¿Riadas?en moitas línguas é a mesma verba...)

Anónimo dijo...

Máis canto lírico,desta vez,unha que deseguro X.M.Glz terá cantado ou acompañado a algún amigo cantor polos bares de Lugo,sobor de todo na fase etílica de "choteo á autoridad" ,que é a que segue á "exaltación da amistad"

Granadaaaaaaa

Anónimo dijo...

Redondela é un concello moi cantor. Non sei se se seguirá celebrando o festival-concurso de canción tabernaria que puxeron a andar haberá uns dez anos...

Anónimo dijo...

Non sabía da existencia dese concurso.¡Qué curioso!...