Xornalismo.
Pan por Pan venres 14 set. Imaxe de Óscar Villán.
Levo uns 30 anos escribindo nos xornais. Tamén estudando os xornais galegos e o xornalismo literario. Creo que dei mostras abondo do meu respecto e interese polo mundo do xornalismo. Outra cousa é que, como en todas partes, nese caixón de xastre haxa de todo: algúns chaman xornalistas a esas mozas que saen berrando na TV sobre as intimidades de cadaquén. Este prefacio é para que me deixen contarlles un chiste sobre esta profesión que me contou un amigo. Velaí: Chega o arcebispo de Canterbury a un pobo que nunca visitara e, ó saír do coche, é asaltado por unha nube de xornalistas e fotógrafos. Un deles pregúntalle: “Ten pensado visitar o prostíbulo deste pobo?”. Ante o cal, o arcebispo responde sorprendido: “Hai prostíbulo neste pobo?”. Ó día seguinte o xornal titula con grandes letras: “A primeira pregunta do arcebispo ó chegar foi: Hai prostíbulo neste pobo?”.
18 comentarios:
Velaí un PAN nacido neste blog, coma outros. Vaia como homenaxe a todos os contertulios/as.
Aínda que se comete moi frecuentemente este erro, tiña entendido que a palabra "pobo" non está correctamente usada como sinómino de lugar, aldea ou localidade. Que é unha simple traslación do castelán. Pódese dicir o pobo de Maceda, pero non que Maceda é un pobo. Mais é mellor que confirme este asunto, que pode ser que estea errado.
Teño entendido que é "póboa",pero quizáis tamén estóu errado.Por eso cáseque sempre digo "aldea"
vaia se hai prostíbulos!! e ata nas tumbas!!
Fai anos cando era case neno,unha vella preguntóume: ¿Rapá,tí que pensas,os curas f*den ou non f*den?.Eu contestéi,confuso pola pregunta,que non.Ela miróume con ar condescendente,e,cun sorriso irónico,acenando a cabeza de arriba abaixo,díxome: Estás tí bó,home,estás tí bó ...XDD
Amigo Xan da Coba: que quere dicir é f*der? É peor ou mellor que foder?
Eu téñome preguntado sobre a orixe i evolución etimolóxica desa verba,pero aínda non a atopéi en sitio ningún...a ver se alguén mo explica...
Apicultor ten razón na precisión lingüística pero era difícil axeitala aquí: puiden poñer lugar, pero non me pegaba demasiado.
Localidade ou aldea penso que quedarían ben neste caso.
Na miña aldea,os vellos decían preferentemente "lugar".Cando era moi poucoas casas,"casar".Estou certo de que Marcos,non é a primeira vez que oe a verba.
"Pobo" é unha adaptación do "pueblo" en castelán, é dicir, unha entidade de poboación que non é unha aldea pero que non chega ao tamaño dunha vila. De aí que non sexa correcto empregar "pobo" para referirse a unha aldea, lugar, parroquia, casal.
Recordo unha escena dun conto no que o protagonista recolle a un autoestopista e, ao lle preguntar onde o ten que deixar, dille (é un supoñer) "Rábade". Ao chegar á vila, o condutor dille: "Ben, xa chegamos. Onde te deixo". E o autoestopista respóndelle: "Mire, é que eu sonlle da aldea de... que está un pouco máis adiante na estrada"
A reflexión do condutor, unha vez deixa ao autoestopista, é: "Nunca dicides de que aldea sodes"
Fai tempo asistín a un acto en Santiago no que entabléi conversa cun señor mayor que dixo ser de Sarria.Cando finalizóu o acto,ofrecínme a levalo a súa casa.A medida que chegábamos a Sarria,notaba que se puña nervoso,hasta que o final "confesóu":Mire,é que eu sonlle de Oural...
Outra vez pasóume algo parecido,pero esta vez máis comprensible.En Burgos,un autoestopista dixome que iba a Ourense.Cano chegamos,díxome que en realidade iba a Cea...
Amigo Xoan da Coba:
http://en.wiktionary.org/wiki/futuo#Latin
Para mín que significa frotar, pero non sei, non estou seguro.
Que curioso o que dí o enlace,arume dos piñeiros "foder,no senso de penetrar, non de ser penetrado".Totalmente dacordo có galego popular,no que as mulleres non "foden",senón que "son fodidas".
Graciñas
Esta noticia seguro que lle interesa a XDC. Vaia a Vieiros para ver o enlace co programa:
http://www.vieiros.com/nova/60875/o-matematico-de-unha-mente-marabillosa-dara-unha-charla-en-santiago
É unha desas palabras tan semellantes en todos os idiomas. Ó mellor o noso italianizante ARUME ata nos pode matizar de onde sae esa outra acepción italiana de:
strafottente
Tenme ben catalogado.Nash é unha das influenzas da miña xuventude.Pero fai anos que apenas vou a conferenzas ,charlas ou congresos.Aprendin a ligar de outros xeitos...Así e todo,non coñecía a noticia,obrigado...
A teoría matemática de xogos,dende logo que é moi interesante.Suma cero,punto de silla,conceptos enrarecidos...
Pro eso non anula a posibilidade de disfrutar do diferente concepto de "xogo" que desarrollóu Huizinga no seu "homo ludens",maravillososo libro...
Publicar un comentario