20 sept 2007


Santos: un santo simpático
Pan por Pan xoves 20 setembro

Esoutro día fixen aquí unha mención á vida dos santos e varios amigos fixéronme chegar ó meu blog enlaces valiosos sobre haxiografía: hai unha web moi boa da Universidade de Oviedo, por exemplo. Outro amigo pasoume un enlace sobre o presbítero San Felipe Neri, que viviu en Florencia no século XVI. Polo que leo, era un santo simpático, como Francisco de Asís. O florentino caracterizouse pola súa ledicia e por levar sempre ambientes de festa e bo humor onde chegaba, mesmo facendo o pallaso cando era preciso. Renunciou ás riquezas, educou ós nenos pobres e fixo rir a todos. Leo tamén que tiña tan grandes accesos de amor a Deus que o seu corpo se estremecía e precisaba en pleno inverno abrir o peito para mitigar ese lume de amor. Cando o foron enterrar, viron que tiña dúas costelas saltadas e moi arqueadas para deixarlle sitio ó seu corazón que medrara notablemente.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Mágoa que non haxa hoxendía persoas que acaden os graos de misticismo e ascetismo de santos coma este e outros.Serían moi dignos de estudo esas influenzas extremas da psique no propio corpo,estigmas,etc.,prá mediciña psicosomática,tan en boga.

Anónimo dijo...

Poderíanos escribir algo o amigo Swann sobre a plaça sant Felip Neri en pleno barri gotic de Barcelona, un dos lugares máis fermosos da cidade condal. Sempre que sae o nome do xesuita, véñenme recordos daquel espazo sentimental.

Anónimo dijo...

Curioso que ninguén o anotase: no Oratorio de San Felipe Neri xuntáronse as Cortes de Cádiz; e de alí procede a Constitución do 1812.

"State buoni se potete". "Sede bos se podedes". Se cadra a expresión máis coñecida do santo, e é amable, tolerante e cristiá.