Un día difícil
Non escribo moito de min e da miña vida persoal, pero hoxe farei unha excepción. Tiven un día difícil. Un día ben complicado. Vostedes nunca tiveron medo a ter un gafe ou algo así, sequera por un día? Verán. Onte levei o meu automóbil (un Xantia con bastantes anos) á revisión da ITV, con retraso. Leváronmo os amigos do taller e pasou a revisión sen ningún problema. Ás oito da tarde fun tomar un viño con Benito Losada, logo subino á casa (no Montealegre) e logo viñenme para a miña, na Valenzá. Aparquei no garaxe sen ningún problema.
Esta mañá poño en marcha o coche para ir ata Ourense, sobre as 12,30, e vexo algo raro. Algo tan raro como toda a metade do capó levantado e dobrado. Repaso mentalmente a xornada de onte e nada: nin o máis leve roce ou choque. A pinta do capó é de desastre total, como despois dun gran choque. Chamo ó taller e veñen á primeira hora do tarde por el. Temos que chamar á grúa, porque arrastra por debaixo. Un amortecedor ou algo así rebentou e saltou para fóra levantando con toda a forza o capó. Os amigos do taller dinme que nunca viron nada parecido nin se explican qué puido pasar.
Póñome de mal humor, claro, porque a broma sairá nunha pasta. Seica non é responsabilidade da ITV, dinme. O coche saíu ben de alí. E que ata tiven sorte: se me chega a pasar na estrada, sabe Deus onde iría. Tivo que facer un ruído e unha explosión enorme (sería de noite, no garaxe).
En fin, para curar o mal humor, vexo na casa (estábaa vendo a miña filla) o Dr. Jekyll e Mr.Hyde, de V. Fleming, con Spencer Tracy, Ingrid Bergman (máis sensual e seductora que nunca) e Lana Turner. Logo abro o correo e está cheo de mensaxes dos amigos do blog que leo de vagariño e mando eu algunha máis. A vida segue. Espérame unha semana cando menos sen automóbil…
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
25 comentarios:
Boeno,pra animalo,lémbrolle aquelas verbas de Celso Emilio en "Longa noite...":
Ando a pé
e por eso vexo o mundo tal como é
Ánimo Marcos, e solidarízome con vostede.
Os acaneos que lle deron o seu Xantia na ITV, non-os logrou superar.
Tamén eu ando ca mosca detrás da orella, xa que aquí en Lugo, pola noite, segundo me informan os meus fillos fan concursos de a ver quen acada máis chapas e distintivos dos coches, xa sabe, a estrela de Mercedes o idem do Jaguar, o cabalino rampante de Ferrari, as chapiñas dos BMV e dos Porches, etc, etc, para logo o parecer tiralas nun barredoiro, e por un día que deixei o coche fora, xa sabe polas vacacíóns, o bo tempo, que non hai ningúen, chimpáronme as dúas.
Esquencíame de decirllo, recoméndolle que dea parte a súa compañia de seguros e indique, de momento, que o seu coche entrou en perfectas condicións no garaxe, e que o día seguinte presentaba danos que seguramente procedían dunha mala manipulación na ITV.
Foi unha mágoa que deixara quita-lo coche do garaxe, antes de que non-o víra un perito ou un inxenieiro, que sempre buscan e atopan o que cliente quere.
Nestes concesionarios de Inspección teñen seguro de Responsabilidad Civil, e a pouco que os presione a súa compañía o millor pagánlle o arreglo.Sorte e se quere teñame informado, por se lle podo axudar.
Ánimo e paciencia. E a celebrar que a vida segue.
Na ITV danlle uns remeneos ao coche que non é normal. Ou se é normal eu non o entendo.
Todos poderiamos contar movidas incribles cos nos automóbiles. Ao meu, sen ir máis lonxe, rompéuselle unha vez a dirección (o volante ponse tolo e non obecede) xusto no momento en que ía saír do taller do concesionario oficial e despois de levalo alí tres veces, onde me dicían que o que eu notaba non era nada grave. Se chegou saír á estrada estou agora morto, pois era unha estrada con tráfego bestial. Monteilles ipso facto unha bronca monumental aos do taller, ameazándoos con emprender accións legais. Durante a semana que o tiveron para arranxar, deixaronme un Mercedes peqeno. Que menos!
Vai haber que ir pensado en mudar de carro, Marcos. A min só con pensalo éntrame unha dor de cabeza.
Susto e desazón, pero afortunadamente nada mais. Os coches as veces teñén reaccións extrañas, sorpréndennos, enfádannos, asústannos...mellor levarse ben con eles, mimalos e perdoalos, comprendelos, un pouco de mecánica pra aproximarse ao seu comportamento, para que non sexan artefactos tan estraños.
Eu de mecánica non teño nin idea. Agora levo o coche a un taller tradicional, con dous operarios, o dono e o aprendiz. Serios, responsables, moi boa xente, de total confianza, e que non te cravan por non facer nada, como fan nos talleres oficiais. Déronme recentemente cun problema moi difícil de localizar, nada grave e si, pero que impedía que o carro funcionase correctamente. Outros tiraríanse o embolado de enriba. Para este Nadal penso levarlles dúas botellas de guisqui do mellorciño, en sinal de agradecemento.
Son as dez e media da mañá e xa me pasaron TRES cousas raras,multa incluida: Unha no aeroporto de Vigo,onde fun levar á parienta ás seis da máña,outra en Porriño,no casco urbán,todo por querer tomar un café (polo menos lín o artigo do Moxardín "Los Mcann y Vd."),e outra xa chegando de volta a Ourense.
Non as detallo,aínda que algunha sería digno delo.Só é pra decirlle,Marcos,que hoxe esté tranquilo,que o "gafe" tocóume a mín.
Sr.Jimmy,eso de "compremdelos" eran outros tempos.Agora cada vez é menos "mecánica" e máis "informática".Pero boeno,o amortecedor aída encaixa na primeira categoría totalmente...
A raiz do escrito de Jimmy,lembro unha anécdota da nenez.
Estábamos mallando centeo cando ,de repente, para a máquina de mallar, "Campeva Patentada",có son de apagado característico.O mallador escomenza ,literalmente,a cagarse en Dios,e a dar golpes nalgúnha peza cunha chave inglesa.A velliña ,dona da meda,vestida coa tradicional pañoleta na cabeza,diríxese a él,enfadada,e dílle: "pero home,por Dios,cómo vai andar se lle falas así..."
e andó?
Un día, fai moitos anos avarióuseme o coche, leveino a un taller de estrada e como non podía ir a ningún sítio, nin cafatería había cerca, estiven de ocioso mirando como o arranxaban, tratabase dunha avaría menor, un cable solto na tapa do delco. Souben o que era o delco por fora, e por aquelas a súa simple estructura por dentro. Tempo despois, ía por unha rúa de Ourense e unhas persoas arremuiñabanse arredor dun coche que non arrincaba, mireino, identifiquei a tapa do delco, abrinna, conectei os cables e quedei como un salvador, por entón os seguros non incluían a asistencia en estrada. Sentinme satisfeito por un coñecimento ínfimo pero moi util. Daquelas os coches eran simples, lembro que as veces me prestaban un 600 para recorrer a provincia facendo actividades políticas, un 600 que non tiña carrocería, baixo as pernas levaba unha madeira, avariábase continuamente, pero levantábase a tapa, fuchicábase e para adiante. Unha vez pola estrada de maceda, quedámonos sin luces, e ía xa case en plena noite, un tal manolo dos milagros, cunha vela sinalándonos o camiño. E ten razón Da coba, agora o meu coche semella que non é meu, non se ve o motor, aconsellanche que nin o toques, calquera avaría e xa...que hai que reprogramar o ordenador de abordo, somos simples usuarios sen propiedade real sobre esa posesión. Non son fetichista dos coches nin das máquinas, pero confeso que si, que sentín unha atracción especial por unha lambreta que me roubaron, e que coñecía, que mimaba e a que lle andaba nas entranas.
"andivo fodida,pero andar,andó"
xa me parecía, neste mundo todo ten amaño menos a morte
Interesante idea,Jimy,esa de que somos simples "usufructuarios" de tantas cousas,non só dos coches.Non podemos consideralas realmente "nosas",por non "comprender".Como o loro que non posee a fala por que non "comprende" o que dí.¿Seréi mero "usufructuario" da miña Terra por que non a "comprendo"?.¿Logo a miña Terra non é "miña"?
¿"Comprender" é "telo todo metido dentro"?
día difícil
O peor son os meses e os anos malos...
CITROEN XANTIA, 1995:
O amigo Xosé Lois Carrión, que segue fielmente este blog, pásame este enderezo de internet sobre defectos de coches:
http://cochescondefectos.mforos.com/106274/608363-citroen-xantia/
Consúlteno que paga a pena. Hai un montón de casos idénticos ó meu, algúns de cohes do 95 como o meu e algúns din que é un fallo de deseño: rebenta o amortiguador sen avisar levándose ó capó. Con perigo de morte se vas en marcha.
Mañá irei a Citroen a reclamar, pero temo que non valerá de nada.
Os que teñan algún XANTIA DE MOITOS ANOS que revisen a suspensión e as esferas, polo que contan os usuarios desa páxina é bastante normal o caso insólito que ma pasou a min.
Eu de vostede non iría: vanse cachondear de vostede polo baixini. Un coche de 1995 -do que a garantía caducou hai xa moitos anos- xa non é responsabilidade da empresa concesionaria que llo vendeu. Vaille dicir que ten eses defectos de orixe? E como o pensa demostrar? Polo que din algúns na rede? En fin, non perda o tempo. Faga a revisión das esferas ou do que sexa e cruce os dedos. Non hai outra solución. Nisto, agás que teña garantía, está un desgrazadamente inerme.
Cachondearse de todo dios é o que fan, salvo excepcións, os talleres de coches. Por pequena que sexa a avería. Se é que se dignan a atender ou a erguer a cabeza do capó cando un chega. Unha pequena formación de atención ao cliente aínda está por adornar esta clase de establecementos. A miña experiencia, contrastada coa doutros que padecen semellante desdeño, é, desde logo, nefasta.
Os electrodomésticos están feitos para durar uns poucos anos, e o mesmo lle pasa aos coches. Hai que deixar paso aos novos modelos, fóra os vellos, pois a maquinaria de producir non pode parar.
Hai tres anos comprei un ordenador portátil. Agora ten a batería esgotada, e atopar unha que lle valla a ese modelo é máis difícil que pasar do inferno ao ceo sen pagar peaxe.
De acordo con Arume. Mais eu agora trato cun taller moi pequeno, serio, formal e profesional, co que estou moi contento.
Retomo a miña achega no sentido de recomendarlle o Sr. Válcarcel, que se atreva a reclamación, pero que previamente un técnico lle faga un pequeno informe de danos e cos antecedentes que menciona que os incluia como derivacións dun defecto de fabricación e deseño.
Sr.Marcos,¡Non esqueza manternos informados do estado da cuestión no que se refire ó seu carro sen cabalos! !A ver se senta xurisprudencia pra casos semellantes!
Publicar un comentario