19 oct 2007


A coidada dialéctica de Josep Lluís
Galicia Hoxe 19 outubro (debuxo: Luis Parejo)

Máis de catro millóns de persoas seguiron o programa de TVE coa entrevista múltiple a Llamazares, Duran Lleida e Carod-Rovira. Case cinco millóns trescentas mil cando falou este último: nunca se viu tal audiencia a un líder dun partido catalanista en ningún medio de comunicación. Porque foi Josep Lluís quen colleitou todos os éxitos: coa anécdota de defender con contundencia o seu nome en catalán, soubo levar ó seu rego o discurso do difícil diálogo entre Cataluña e España. E deixar en evidencia actitudes que aínda non entenden o que é unha España plural: unha España definida en catro idiomas e marcos culturais, todos dignos de respecto por igual.
Carod-Rovira demostrounos a moitos o que xa sospeitabamos: que se trata dun político moi intelixente, de extremada habilidade dialéctica. Ben sabía o político independentista que toda a carcundia hispana estaba a miralo con lupa. Velaí algúns xornais de Madrid, coa argumentación xa precociñada: intolerante, maleducado, intransixente. Non se agardaba menos dalgúns medios instalados na comunicación como noxo. Pero Carod-Rovira dixo o que quería dicir. O que, nun exercicio de ben pensada didáctica popular, tiña que dicir.

46 comentarios:

Anónimo dijo...

A aparición de Carod Rovira, nese programa sen dúbida contrubúe a aumentar as potencialidades da democrácia no noso espacio político.

Sen idealizacións deslumbrantes, nen xocosas criticas fetichistas. A presentación dunha opción política independentista no seo da sociedade española é un grande avance na conviviencia a curto, medio o longo prazo.

A posición impecabelmente democrática de Carod, topou co seu verdadeio opoñente: O ESPAÑOLISMO.

Lonxe de pretender un uso peiorativo de tal termo, preciso que o entendo como a denominación dunha ideoloxia da preeminencia dunha determinada identidade nacional nun contexto politico prurinacional, non recoñecido polos así denominados, españolistas.


O proxecto democrático de Carod, non ten cavida na españa actual, porque segundo a vontade dos políticos, a constitución no o permite. Unha constitución españolista, que favorece a unha determinada identidade nacional.

Confío en que este ataque recente de españolismo que aqueixa ao Psoe, sexa un mero golpe de efecto electoral, e que asegurada a proxima lexislatura, se comeze a falar, en serio, a deliberar, sobre as futuras formas de entenderse nun espacio político plurinacional, no que toda preeminencia, non xustificada democraticamente, adoece de sentido democratico e por tanto de operatividade política.

Recordas simplesmente que as leis fanse para os homes, non os homes para as leis.

Anónimo dijo...

Non me diga,jimmy,que non hai léis bén bonitas,verdadeiros logros inteléctuáis ,dunha beleza tal que aínda que a xente teña que sufrir un pouco,paga a pena telas escritas i en vigor,pola súa beleza esencial e sublime...

É brincadeira.Lembréi do que falábamos noutro post sobor das obras de arte e a xente...

Anónimo dijo...

A min, amigo da Coba, gústame moito o preámbulo dunha antiquísima constitución (en realidade, a primeira escrita) que comeza así:

"We the people of the United States, in order to form a more perfect union, establish justice, insure domestic tranquility, provide for the common defense, promote the general welfare, and secure the blessings of liberty to ourselves and our posterity, do ordain and establish this Constitution for the United States of America".

"We the people...": que fermoso comezo!

Anónimo dijo...

Coñezo,ese texto,Apicultor.Xa comentéi algunha vez eiquí cómo me sorprende que os americanos baseen o seu patriotismo non na língua nin no terrritorio,senón no respeto que sinten polas súas léis fundamentáis.

Anónimo dijo...

Pois non sei eu se ese oponente que detecta o señor de Rairo, o "españolismo", será o verdadeiro problema. Dígoo porque eu non atoparía problema ningún en definirme como "españolista" e, porén, non comparto a caracterización que Jimmy fai dese termo. Outra cousa é se me fala vostede de "nacionalismo español". Aí si estaría de acordo. Supoño que se pode establecer entre "españolismo" e "nacionalismo español" a mesma relación que existe entre "galeguismo" e "nacionalismo galego". Todos os nacionalistas españois son españolistas, pero non todos os españolistas son nacionalistas españois. Pasa igual que en Galicia e que na propia Cataluña, onde seica teñen bastante clara esa diferenciación.

Anónimo dijo...

Que os americanos baseen o seu patriotismo non na língua nin no terrritorio,senón no respeto que sinten polas súas léis fundamentáis, non lles impide que ,cada vez máis estados, establezan como lingua única oficial o inglés.

En referencia a Carot. O seu discurso tivo unha interpretación e unhas consecuencias diametralmente opostas nas opinións públicas e na prensa de Galicia ,Euskadi ou Cataluña que nas do resto do estado.

Anónimo dijo...

Para que non se diga, hoxe fixen un xantar de inspiración catalana en honor a Carod-Rovira.

Co permiso de Leituga 1 e coa anuencia de Monxardín, fixen patas de porco ao forno, acompañadas de patacas coa monda e verduras igualmente asadas. Todo previamente cocido e posteriormente aderezado cun pouco de salsa ali-oli. Ah, e un tinto do Penedés.

Adorrro Catalunya!

Anónimo dijo...

Público, 19-10-2007.

ERC endurece su discurso para desarmar a los críticos
Asume que debieron decir antes "no" al Estatut pactado por Zapatero y Mas.
El autonomismo ya no da más de sí. Por consiguiente, sólo la apuesta por el derecho a decidir con la meta de la independencia tiene ya sentido. Aunque sea gobernando con los socialistas. Esa es la tesis que en la ponencia oficial enmendada defiende la dirección de Esquerra ante la conferencia nacional de mañana. Clarificando y concretando el perfil independentista pretenden desactivar a los dos activos sectores críticos, que estos días parecen perder fuelle.

El partido traza su estrategia para aglutinar fuerzas des de la sociedad y el gobierno. A propuesta de Josep-Lluís Carod-Rovira, fija "como elemento movilizador" una fecha para la consulta autodeterminista: la Diada del 11 de septiembre de 2014. Ese día hará 300 años que Catalunya "perdió su estado" después de que Felipe V tomase Barcelona y instaurase el absolutismo borbónico.

Forzar la ley de consultas

ERC quiere forzar la ley de consultas que el Estatut contempla y prepara la Generalitat, concretamente el departamento de Joan Puigcercós. Ésta debería permitir "el ejercicio democrático del derecho a decidir".

El redactor de la ponencia, Joan Ridao, presentó ayer un texto donde se han incorporado o transaccionado 436 de las 458 enmiendas de las bases. El cónclave, al que asistirán 2800 militantes, tendrá como tema estelar el cuestionamiento de la apuesta de Carod y Puigcercós por pactar con el PSC.

Ridao admitió que han acercado posiciones con los críticos pero que hay tres "líneas rojas" que no pisarán y que se recogen en las 22 enmiendas que se debatirán en el plenario. Éstas son renegociar el pacto con PSC e ICV en la Generalitat, que uno de los dos líderes salga del gobierno y acentúe el perfil de ERC, y priorizar el "eje nacional" ante el social. La dirección, que hasta última hora negociará con los críticos, no descarta debatir estos asuntos en el congreso del verano. La ponencia oficial considera que la apuesta por el tripartito y no CiU "es perfectamente válida a medio plazo".

Sí al tripartito pese al PSOE

Eso pese a la decepción con el PSOE y un Zapatero "heredero de la tradición jacobina secular del socialismo español".El texto da fe de las heridas que, en la cúpula y en la militancia, dejó un proceso estatutario que evidenció "el agotamiento del autonomismo". Los independentistas admiten que no fueron ágiles y que después del acuerdo entre Zapatero y Mas en la Moncloa el 21 de enero de 2006 y la manifestación soberanista del 18 de febrero no percibieron el pacto como "de hierro". Se empeñaron en seguir negociando con el PSOE el Estatut hasta que en mayo, ante la presión de las bases, acabaron pidiendo el no en el referéndum de junio.

Los enmendantes han conseguido endurecer las condiciones en que Esquerra tiene que formar parte de gobiernos de coalición, fomentar el compromiso con los Països Catalans y tener referentes sindicales "claramente comprometidos con el proyecto de un estado propio".

Anónimo dijo...

Se en algo se diferencia ERC do resto dos partidos do Estado, é que é un partido no que se debate fonda e fortementee no que as bases teñen un gran poder (o que crea non poucas disfuncionalidades). É, desde logo, un partido onde os líderes teñen que suar a camiseta. Non coma noutros, onde o destes é un paseo triunfal.

Anónimo dijo...

Ben, xa hai dous que puxeron data.

Curioso. É o segundo capçaler (palabra inexistente que os cataláns desculparán) de ERC que se fai coñecido en Madrid e España presentando, en forma democrática e civilizada, un discurso que como tal non acepta os límites do sistema político español. Pilar Rahola, ao primeiro, tamén suscitara reaccións hostís; como era soa resultaban máis episódicas, e a súa habelencia social acabou conferíndolle un lugar no panorama mediático. Carod, máis rigoroso conceptual e lingüisticamente, determina moito máis, mesmo na política de Estado: é máis do que poden soportar, e non só os radicais do españolismo lingüístico.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Escoitara eu eso de xudicializar a política, pero o que dicia o outro día noutro post Isildur sobre filoloxizar a política soou ben. Pero notei retranca. Era bo fío este para seguir: é Carod o fino representante desta filoloxización da política agora que xa non hai política que salve a filoloxía?

Anónimo dijo...

Hai demasiados filólogos metidos en política, sobre todo en Galicia.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Probablemente de Rebote, unha das ocupacións características da filoloxía.
Pero xa que sae o tema: quen político/a é filólogo/a en Galicia? Un, dous, tres, resposte outra vez. Por exemplo, Paco Rodríguez (de Lingua e literatura castelás, non?). Tempo. (Esto foi inspirado pola decepción infantil confesada por Sir da Coba)
Empezo eu

Anónimo dijo...

Marchando unha meia dose de historiadores para a política galega...

Anónimo dijo...

Coincido coa análise que fai ao comezo do fío Jimy de Rairo. Ogalla sexa certo o desexo que manifesta de que "este ataque recente de españolismo que aqueixa ao Psoe, sexa un mero golpe de efecto electoral, e que asegurada a proxima lexislatura, se comeze a falar, en serio, a deliberar, sobre as futuras formas de entenderse nun espacio político plurinacional". Eu teño as miñas dúbidas, en realidade dubido que se poida producir porque penso que o PSOE e o PP comparten o mesmo modelo de estado. As diferenzas son moitas na praxe entre o PP e o PSOE, onde uns poñen tolerancia, diálogo (talante ZP) e recoñecen unha certa pluralidade política (a "España plural"), outros poñen intolerancia, negación e abafo españolista. Pero nin o PSOE, nin o PP contemplan unha estrutura distinta para o estado, xa non digamos a secesión dalgunha parte dese estado. O estado español é irreformábel cando menos no que atinxe á vontade dos dous partidos españois.

Anónimo dijo...

Ei,Arume d.p.,graciñas polo de Sir.Xa podo tutear ó Paco de "The Coruña".

Anónimo dijo...

Home, na política galega o que non quedan precisamente son filólogos; e sobre o nivel da expresión lingüística, que lles hei contar que sexa novidade. Aínda no ámbito da chamada "produción cultural", ¿que filólogos hai?

Eu, cando escoito falar algún dos que o son, xa non gozo, descanso. Con Carod Rovira, un fenómeno na competencia lingüística, xa é fruición.

Anónimo dijo...

Irreformable non é porque se aceptan reformas. O do secesionismo ou independentismo é máis ca unha reforma: e unha ruptura. Eso pensan tanto os que están en contra como os que soñan con tal situación. E mentres os partidos PP e PSOE acaden unha maioría máis que notable (salvo en Catalunya onde andan polo 30-40% entre os dous e no País Vasco onde andan por aí ou algo máis) en todo o país, o modelo non vai cambiar. Porque para que cambiar se o modelo lles gusta e vota a maioría por el?

Anónimo dijo...

Señor da Cova, a lei debe recoller valores éticos antes de nada, e sobre todo. Se logo resulta fermosa, pois mellor, pero só secundariamente.

Señor Leituga se vostede caracteriza ao españolismo dun xeito que afirme a cultura española, sen ningún tipo de preeminencia sobre a cultura e lingua catalá, galega ou vasca, paréceme unha opción completamente respetábel e conveniente.


Pode existir un nacionalismo español que reconsidere os seus limites territoriais e non pretenda ningún tipo de preeminencia sobre as demais identidades nacionais do estado. Por que non?.

As relacións entre españolismo e nacionalismo español, nese caso, serían equiparabeis ás do nacionalismo galego co galeguismo.

Pero ao nacionalismo español e ao españolismo que coñezo de facto(agás algunha hipotética excepción) caracterízaos ese afán expansivo e de preeminencia.

Non é o mesmo afirmar a cultura galega en Galiza e no mundo, como pretende o galeguismo, que afirmar a cultura española en Galiza, Euzkadi e Cataluña.

Señor Amigo, eu manteño a esperanza. Zapatero abriuna, presentouse como un político con folgos para o diálogo. Paréceme que o seu proxecto quedou paralizado pola ofensiva da dereita, polo temor a perder as próximas eleccións. Agardo que esa ameaza quede desactivada nas próximas eleccións e que se aborde desde o principio da nova lexislatura a realidade plurinacional do estado.
Prefiro pensalo así, porque son da opinion de que de non suceder deste xeito, a convivencia entoldaríase e ese si que sería un fracaso da política, dos políticos e dun sistema político que se esgotaría na súa autoafirmación constitucional.

Anónimo dijo...

Vella cuestión: "españolismo" igual a nacionalismo español, ou non? Eu sigo a manter que si. E non é equiparábel a "galeguismo" igual a "nacionalismo galego" ou non, pola sinxela cuestión de que España si é soberana, e Galiza non. Por tanto, os españolistas non precisan renunciar ao postulado da soberanía. Os galeguistas, sempre falando en termos puramente teóricos, si (esa foi a aposta de Piñeiro no seu día). Os que se din, incluídos moitos na esquerda, "patriotas españois" pero arrenegan dos "nacionalistas españois" do PP e arrabaldos só se disteran destes últimos nunha cuestión de intensidade reivindicativa e visibilidade discursiva e simbólica, na miña opinión. Non no fondo. A ver, que o suxeito de soberanía é intocábel. Por moito que esa soberanía teña sufrido recurtes e cesións cara enriba.
Se existe un "españolismo" identificado coa pel de coello? (o que fica da pel de touro menos Euscadi, Galiza e Cataluña) Probabelmente, mais é moi minoritario. Con todo, sr. jimy de rairo, a cuestión non é tan doada. En Galiza, en Euscadi e en CAtaluña tamén hai "españolistas", ou sinxelamente xente que se sente española en maior ou menor medida, e por tant non é reducíbel a desputa a territorios homoxéneos onde o 100% da súa poboación comparte unha identidade nacional. Todas as nacións que comparten o Estado español son imperfectas, ou se se quere fracasadas.
Ora ben, un paradoxo da situación actual, ao meu ver, é que a consciencia dese fracaso relativo leva a todos a fuxir cara a adiante. A radicalización dunha parte do PNV, de CiU ou a consolidación de ERC tamén teñen que ver coa frustración dunha nova xeración de líderes nacionalistas ao comprobaren que, logo de vintetantos anos de autonomía con competencias en instrumentos clásicos de construción nacional (medios de comunicación, ensino, etc.), non foron quen de construíren nacións homoxéneas. Pola contra, o nacionalismo basco ou o catalán están estancados nos seus resultados electorais globais dende mediados dos 1990. Dado que a autonomía como motor da construción nacional non funciona, pénsase que hai que apurar os prazos e ir cara a unha soberanía, aínda que conquistada pola mínima (o que é democraticamente moi dubidábel) para así probar a crear consciencia nacional dende un Estado propio. E aí tamén se trabucan, entendo eu.
Ollen o que aconteceu en Québec dende o referendo do 1995. Para min é un espello (agora están en Barcelona entusiasmados con Salmond e o SNP, pero cando o sistema electoral británico asuma con normalidade as eleccións autonómicas, daquela tamén se consolidarán patróns de voto dual, coma ocorre aquí).
E como espello invertido desa radicalización temos o fenómeno inverso. Unha parte do españolismo considera que, logo de tantos anos, xa está ben de concesións aos sedentos periféricos. Se España é unha nación cada vez máis modernizada, con crecemento económico, multinacionais, un idioma falado por moita xente no mundo, pero xente relativamente pobre (eís o problema do español para ser lingua universal de verdade, por moitos García Márquez que haxa), daquela tamén ten que reforzar os seus sinais de identidade nacional, tan "premodernos" eles. Tamén se trabucan,claro: velaí o ben que viven os canadianos e non se dan afeito á "conllevancia" con Québec. Ou os británicos. Ou os belgas.
De todos os xeitos, non se enganen con ZP: está pola España plural, como nación plural, pero non pola España plurinacional no senso autenticamente plurinacional do termo.

Anónimo dijo...

O amigo Saavedra e máis eu -e outros- discutimos aquí sobre a última proposta de Ibarretxe.

Como sei que el ten en gran estima a opinión de Barreiro Rivas, gustariame que avaliase este seu artigo de onte.

a torre vixía

Los tres errores de Ibarretxe

Xosé Luís Barreiro Rivas

Fecha
18/10/2007

El lendakari Ibarretxe, a quien conozco y trato cordialmente, está manteniendo su posición desesperada a base de un subterfugio que hay que aclarar. Porque a base de insinuar que está manteniendo un pulso heroico contra el nacionalismo español, o contra el rancio discurso de Acebes y Zaplana, podría dar la impresión de que los que no cojeamos de ese pie estamos a su favor. Y por eso considero muy oportuno discutirle su plan -el «Plan Ibarretxe 2», como dijo Zapatero- desde una posición muy alejada del empalagoso patriotismo de himno y banderita que nos propone Rajoy.

Lo primero que hay que decirle a Ibarretxe es que no tiene ninguna razón legal que le ampare. Porque siendo cierto que el derecho administrativo es inmune al truco del nominalismo, y que trata las cosas por lo que son y no por la denominación interesada que se les da, es evidente que la consulta que propone el lendakari es un referendo. Y, dado que el referendo está perfectamente regulado, no es legal ni democrático que cada uno haga mangas y capirotes con los elementos vertebrales del sistema.

Lo segundo que hay que afirmar es que la dichosa consulta, en términos puramente políticos, es una propuesta sin sentido. Porque, lejos de incidir en la solución de un problema político que yo reconozco, que lleva mucho tiempo enquistado en la sociedad vasca, nos propone la entrada en un laberinto del que nadie sabe como salir. Por eso es imposible aceptar que la consulta es un juego político con resultado social neutro, y por eso estamos obligados a denunciar que se trata de una operación susceptible de enconar la violencia y de la división política hasta limites impredecibles.

La tercera idea que hay que rechazar es la falsa afirmación de que todo lo que una mayoría expresa y desea es bueno y razonable, y está exento de otros juicios de fondo y oportunidad. El hecho vasco, que yo no niego, no puede resolverse al margen de un hecho español que también existe, y que a todos nos implica en nuestra economía, en nuestra cultura, en nuestra historia y en la proyección política del Estado. Y por eso no es lícito suponer que el pueblo vasco es soberano para pronunciarse sobre su futuro sin atender a contextos ni condiciones, o sin reconocer la participación que hemos tenido todos los pueblos de España en la conformación de la realidad política y económica vasca.

La construcción de los hechos nacionales es algo posible y lícito. Y las luchas por la autodeterminación tienen un sustrato radicalmente democrático que nadie puede negar. Pero los hechos nacionales surgen en la historia en medio de relaciones complejas. Y la historia no puede filetearse a capricho cuando a uno le conviene.

Anónimo dijo...

Di o señor Arume que para que van cambiar PP e PSOE se o modelo lles gusta e reciben moitos votos, e leva razón. Só ceden cando non lles queda máis remedio, pola presión dos nacionalistas e está faise forte cando precisan dos seus votos. Pero ademais é que manter o modelo e facerse defensores do mesmo lles garante moitos votos nesa "pel de coello" que di o señor Isildur, e non o esquezamos, ese modelo nega a realidade plurinacional, uns con formas vestidas de cosmopolitismo supostamente por riba dos nacionalistas (eses "eu non son nacionalista")pero ben fincadas e satisfeitas na actual estrutura do estado español, até os que España lles sae polos poros de tan enchidos que están coa mesma e desprezan outras realidades nacionais (si están dentro das fronteiras do estado, claro).

Anónimo dijo...

Esqueceu todo o mundo que o Sr Carod pactou con ETA que non se matara en Cataluña?... Iso non ten ningunha importancia?

Anónimo dijo...

Pactou con ETA ou ETA decidiu unilateralmente, a raíz se cadra desa entrevista, non atentar en Cataluña. Porque nin o matiz é baladí nin hai que dar sempre por válido o nesgo que lle dá a política e mediática española ás cousas.

Se cadra porque aquí se tende a matizar, e contrastar, é polo que certos tópicos non sempre asoman.

Anónimo dijo...

Refago, engadindo un interrogante que é fundamental:

Pactou con ETA ou ETA decidiu unilateralmente, a raíz se cadra desa entrevista, non atentar en Cataluña? Porque nin o matiz é baladí nin hai que dar sempre por válido o nesgo que lle dá a política e mediática española ás cousas.

Se cadra porque aquí se tende a matizar, e contrastar, é polo que certos tópicos non sempre asoman.

Anónimo dijo...

A ver qué opinades desto.Hai unha editorial ,"Assimil" que edita cursos de moitas línguas do mundo.Como podedes ver no enlace,están moitas línguas "minoritarias" de Europa,entre elas o Euskera e o catalán.Pero o galego non está ¿Por qué? ¿É unha afrenta desa editorial ó galego?

Linguas assimil

Anónimo dijo...

Acudo a un recorte de prensa de EL MUNDO, febreiro de 2004, que recolle a súa roda de prensa despois de saír a noticia do seu encontro con ETA: ollo, é a crónica do xornal, porque non digan.

El líder independentista afirmó que ha "reconocido el error" de la reunión con ETA: "No volveré a hablar con esa gente, aunque alguien lo tendrá que hacer", dijo, al tiempo que pidió que no se le castigue "cada segundo por hacer algo que han hecho todos los demás".

En cualquier caso, aseguró aceptar este "linchamiento" y ser "víctima política de ETA" si con "alguna palabra que haya pronunciado he conseguido salvar una sola vida".

Carod pidió disculpas a los votantes de ERC "desconcertados" y "decepcionados" por su actuación y volvió a pedir su confianza para el próximo 14 de marzo en base al objetivo político de alcanzar una Cataluña "libre e independiente alcanzada pacíficamente por las urnas".

Igualmente, confirmó que la permanente de ERC le refrendó ayer como candidato a las próximas elecciones autonómicas y apuntó que "lo habitual" es que el cabeza de lista sea el secretario general del partido. "Ya veremos si se mantiene con esta estructura o nomenclatura", añadió sin aclarar posibles escenarios para el próximo congreso de ERC.

Anónimo dijo...

Assimil ha de ser empresa francesa, xa que ofrece cursos de occitano (padrón? e auvernhat), fala italiana de Córsega, alemá de Alsacia, caledonio (supoño que canaco, ou igual o francés dos caldoches) e diversos dialectos d'oïl; xa que os ofrece, é de supor que exista algunha demanda ou a editorial realiza prospección de mercado.

A oferta do catalán pode entenderse tamén desde a óptica francesa, pero a potencia social e imaxe internacional do catalán (desde a propia filoloxía románica) serían razón suficiente. A non presenza do galego, obviamente, é episodio da debilidade canto a imaxe do noso idioma e país: internacionalmente fomos moito ou, como mínimo, fomos algo; pero ata hai cinco ou seiscentos anos.

Anónimo dijo...

Tres notas más. Desde a visión francesa, curioso que estea o wolof e falte o bretón. A presenza do euskara explícase por ser lingua presente no Hexágono e tamén pola potencia da imaxe nacional vasca. En contra do galego xoga tamén a asimilación ao portugués operante durante décadas -seguramente con predominio- na Romanística; está o portugués do Brasil, por ser variante de uso oficial e estatal, con algunha notable particularidade no estándar o mesmo oral ca escrito.

Anónimo dijo...

Fai un tempo un amigo de Madrid pedíume un método de galego,con base en castelán.Busquéi nas librerías e non o atopéi.Non sei se existe.

Anónimo dijo...

Senegal é un destino turístico importante en Francia.O idioma oficial segue a ser o francés.De tódolos xeitos,o libro que ofrece esa editorial pra esa língua non é máis que unha guía de conversación pra turistas.

Anónimo dijo...

Obviamente,referíame ó wolof no comentari anterior.

Anónimo dijo...

Se acaso ten tempo e folgos, gustariame coñecer a súa opinión sobre o artigo de Barreiro Rivas sobre Ibarretxe arriba colocado, amigo Saavedra.

Anónimo dijo...

Pídolle desculpa, Apicultor, por dous motivos: primeiro, ultimamente -e a situación non vai cambiar en prazo próximo, probable que ao revés- o meu tempo anda limitadísimo e non sigo todos os fíos do blog: interrompera por iso a lectura do presente e non lera a súa interpelación, de aí a falta de resposta; segundo, polo mesmo motivo agora non poderei entrar no asunto proposto de maneira minimamente matizada.

Foi mágoa que, a raíz do equívoco suscitado, non seguísemos daquela co debate sobre Ibarretxe, que eu tiña -penso que- bastante enfiado e ganduxado. Volver a el baseándose no artigo de Barreiro resúltame notablemente incómodo: como di vde., mellor evitar posición interposta.

Porén, grosso modo e sen desbotar totalmente futuro achegamento: nas súas avaliaciós políticas Barreiro ten en cnta moito máis ca min os condicionamentos e intereses da política de Estado como limitativos da acción e progreso das políticas e proxectos nacionais (=para outros, "política autonómica" ou "regional"). Constitúe grande acerto dicir que "los hechos nacionales surgen en la historia en medio de relaciones complejas", que sempre en todo caso son determinantes; ora ben, que un líder nacional realice proposta de alcance nacional non só é lexítimo, é tamén positivo e mesmo responsable. E se o pobo vasco en maioría cualificada seguise o mencionado líder, a presunta maioría española en contra faría probablemente ben en reflectir varias veces antes de impor dique e veto.

Se o pobo vasco non segue o líder en maioría cualificada, é obvio que nin o líder pretende impor o seu pensamento logo minoritario nin tería sentido intentalo. É notorio que arestora non hai propostas estritamente independentistas enriba da mesa; o abuso lingüístico que os media españois realizan a cotío non chegará -espero, e polo menos nos seus expoñentes de maior altura- a expresar deturpación de tal relevo.

Eu súmome ao que di Arume máis arriba, aínda que case ao revés: se unha gran porcentaxe de votantes supostamente apoia manter o statu quo, ubi timorem? Igual dá para pensar.

Anónimo dijo...

Saben que sería un éxito editorial sen precedentes? Vou facer o parvo dando esta idea a calquera editor que lea este blog, que son moitos. Un pequeno diccionario de aprender galego para turistas (tamén pode ser útil para recalcitrantes, pero deixemolo estar). Ou un vocabulario de supervivencia para os días que o turista ande por Galicia, deses que atopamos por centos nas librarías doutros países. Sen subvención, propoño. Por ver o éxito.
[Eu lembro un co que aprendín os primeiros catro números en ruso (nin un máis): foime relativamente útil porque sabía matemáticas e, como eramos 6 nos poucos bares da perestroika, pedía primeiro 4 (chitire, que é ben doado) e despois 2 (devá). Non me deu tempo para máis pero aínda coñecín xente con este sistema. Pero non pidan máis detalles.]

Anónimo dijo...

Tamén podería ter algo de éxito un método completo de aprendizaxe de portugués desde o galego (para galego falantes). Xa hai un no mercado, pero é o nivel de chegada non é moi avanzado.
Non consideran unha vergoña que a meirande parte de galegos cunha cultura universitaria (mesmo os galegófonos) non sexamos capaces de escribir e falar en portugués correctamente?

Anónimo dijo...

Amigo Arume: non me me diga que, aos seus anos, "chitire"! Parabéns.

Xaora, Saavadra, non fai falta que se desculpe. Pedínlle opinión porque Barreiro Rivas é da súa devoción e porque lle leva a contraria.

Gústame como, a pesar dos pesares e de sentirse "incómodo" (e van xa en dúas ocasións fundamentais!), lle segue gardando lei e como lle salva os mobles dicindo, sen máis, que "ten en conta moito máis ca min os condicionamentos e intereses da política de Estado como limitativos da acción e progreso das políticas e proxectos nacionais", aínda que el non use nunca esta última expresión.

Talvez non estaría de máis que se interrogase se el é dos que, no fondo, no lle gusta que lle toquen España.

Vostede xa me entende, amigo Saavedra.

Anónimo dijo...

Pois entenderei; pero xa lle teño dito que non me namora Barreiro, aínda que seica non mo quere crer.

Barreiro procede do españolismo político que asume a autonomía con sentido político e cultural: eis o verniz da "súa" AP; se triunfase o seu golpe de man, posiblemente non acabaría en CG nin usase nunca o termo "nacionalismo" como reclamo propio. Ata aí chego.

En tal sentido, creo saber perfectamente que Barreiro non é un nacionalista coma min. Xaora, non ten nada que ver co independentismo. E parece crer en España como proxecto político.

De momento, supoño que chega. Nótese tamén en que ton fala do lehendakari, agora e outras veces: en termos persoais e políticos. Dedúzase que avaliación política realiza sobre o papel e necesidade dos nacionalismos. Considero que é obvio.

Por veces actúa como un nacionalista puntual e por motivos tácticos, se me acepta a reviravolta conceptual. E, de calquera maneira, eu estimo tanto a súa perspicacia política como o papel que adoita desempeñar, sen facer política partidaria, na vida política deste país.

Ora ben, xa sei que ten inimigos e detractores. Intereses, opinións.

Anónimo dijo...

Vexo que atina perfectamente na caracterización do comentarista político, amigo Saavedra.

Pero o que a min máis me pasma é que, con todo, teña tanta venia e sexan tantos os nacionalistas que lle perdoan a vida e que mesmo o teñen en tan alta estima política.

Outros, por dicir a décima parte do que el di, xa estarían crucificados... enténdase que discursivamente.

Hai misterios sen resolver!

Anónimo dijo...

Pense na consideración que demostra polos nacionalistas. Pense que non só se abstén de botarlles (nos) paladas de inmundicia na cara -ou quilos de suficiencia-, senón que por veces comparte argumentos. Igual empeza a entendelo.

Todo o mundo ten os seus sentimentos. Ben o sabe vde., madia leva.

Anónimo dijo...

Ou sexa, que os nacionalistas son uns tenros infantes orfos de cariño e calor humano que necesitan perentoriamente "que los quieran un poco". Daquela, débenlle estar eternamente agradecidos porque non lles bote paladas de inmundicia na cara.

Home, tamén hai outros que non llas botan e, porén, non reciben tantos miramentos.

Digo eu.

Anónimo dijo...

É interesante o problema que propoñen algúns contertulios sobre as diferencias entre a "España plural" e o "Estado plurinacional". Hoxe non teño tempo, pero prometo algunha próxima achega sobre o asunto, estreitamente relacionado tamén coas sempre agudas consideracións de Isildur sobre a cuestión da soberanía. Para moitos, A CUESTIÓN.

Anónimo dijo...

Apicultor, se vde. promete esaxerar menos, tamén o hei prometer eu. Aínda o podería facer solemnemente.

Anónimo dijo...

Saavedra, a súa perspicacia faille advertir que, en non poucas ocasións, eu tendo a esaxerar un tanto. Pero élle por pura metodoloxía de discusión: se achegamos demasiado as posturas non habería nada do que debatir. Daquela, comprenda que non podo prometer nada.

(Por certo, non sei se se porán en contacto con vostede para pedirlle unha pequena colaboración na que quizais estea interesado. Se llelo piden, é xente seria quen o fai, pode estar seguro)

Anónimo dijo...

Pois agora poñamos unha boa noticia que fala da eficaz xestión de Quintana, líder do BNG, neste asunto en concreto. Noticias deste teor son das nos gustaría ler todos os días algo.

El vicepresidente de la Xunta, Anxo Quintana, y el ministro de Trabajo y Asuntos Sociales, Jesús Caldera, firmarán hoy en Madrid un convenio para hacer efectiva este mismo año la primera partida, de nueve millones, correspondiente al total de 60 millones de euros comprometidos por el Gobierno central "para saldar la deuda histórica con Galicia en materia de servicios sociales". Vicepresidencia detalló que esta partida inicial se destinará para la construcción, equipamiento y acondicionamiento de la red de centros de día, de modo que se crearán un total de 800 plazas, y al incremento de la oferta pública en residencias para mayores.

Asimismo, la Xunta avanzó que los pagos de los 51 millones restantes, a invertir entre 2008 y 2009, se formalizarán en una nueva firma entre ambos organismos en el próximo mes de enero.

Al inicio de la tramitación de la Ley de Dependencia, Quintana y Caldera acordaron el pago de 60 millones al margen de la financiación que le corresponde a Galicia en el reparto territorial. En este sentido, para Vicepresidencia, con esta cantidad, "se saldará la deuda histórica por el déficit en equipamientos y servicios sociales que el Estado tiene con Galicia".

Anónimo dijo...

Hey i am suuper boy