11 oct. 2007

Conto oriental

Á nosa comunidade zen só chegan náufragos. As súas historias, por recorrentes, non deixan de suscitar interese: abandonos, adicións, ruínas económicas, depresións, enfermidades crónicas, mortes de seres queridos… A desgracia e a beleza son tan comúns como efémeras, igual que o brillo dunha perla. O propósito daquel home era firme: desexaba non desexar. Tal e como lle sinalamos, sentouse sobre o coxín na posición do loto, e soportou con admirable enteireza nun principiante as longas sesións meditativas fronte á parede, os cantos e o xaxún. Era o primeiro en ofrecerse voluntario para fregar o chan ou reparar o tellado do templo. Afeitou a cabeza. Pagaba puntualmente a cota da asociación. Ó pouco tempo, a luz ilumináballe o cranio como se unha lámpada se acendese no seu interior. Diríase que camiñaba sobre unha claraboia de vidro; a un paso de acadar a comprensión, a un paso do abismo. Sóubeno porque xamais dubidou e na súa faciana había claridade. Un día, marchou. Non houbo reproches: ninguén o buscou nin lle preguntou por el. Non deixou pegadas, nin débedas. Pero estou tranquilo: cedo chegará outro malpocado.
(Cuentos del Jíbaro, de Juan Gracia Armendáriz)

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Grallas posíbeis:

lle indicamos

coa admirable enteireza dun principiante

claraboia?

marcos valcarcel dijo...

Ben, pasei o texto ó galego con moita rapidez, en medio de dúas clases e tocando o timbre para subir ás aulas. En calquera caso, corrixirei o que sexa preciso. Pero as formas "claraboia" (ademais de lucerna, luceira), "enteireza" (como integridade) e "principiante" veñen recoñecidas no Diccionario Xerais e supoño que seguirán vixentes. Se o amable anónimo ten outras opcións máis acaídas, podemos consideralas e estudar unha posible sustitución.

Anónimo dijo...

Me ha gustado mucho cómo suena mi relato en gallego. Gracias. un saludo cordial,
Juan Gracia Armendáriz