Da privacidade
Pan por Pan venres 12 outubro. Imaxe de Genovés.
Non sei que dirán os xuristas sobre o dereito á privacidade, pero tal cousa se está a poñer moi difícil no mundo no que vivimos. Por iso resulta interesante a decisión de Google de retirar de You Tube un vídeo que reproducía unhas imaxes nas que un grupo de mozos se burlaba dun enfermo mental. As protestas do pai, a denuncia pertinente e o eco dos medios de comunicación posibilitaron esa decisión e paga a pena aplaudila. Hoxe calquera pode colgar un vídeo en You Tube, onde xa hai millóns deles, moitos abondo disparatados. E non só iso: calquera pode caer nas redes dun desaprehensivo e verse colgado no sistema, en contra da súa vontade (falo por experiencia). Vivimos unha sociedade tan mediática como exhibicionista e ese cóctel resulta explosivo axitado por persoas irresponsables: velaí os casos de agresións provocadas a escolares para despois colgalas en Internet.
9 comentarios:
Como contrapunto a elo, a Universidade de Berkeley decidiu colgar de you tube as clases dos seus mestres. Non sei se serán moi vistas, pero unha decisión desta natureza vai ter unha repercusión inmediata. Seica algunhas universidades españolas fan facer o mesmo. Non sei se ir maqueado (quero dicir máis maqueado) ás aulas.
A Universidade de Vigo xa ten colgadas na rede moitas das conferencias impartidas no seu seo. Eu vin algunhas sobre o Estatuto e outra (só vin parte) sobre o teatro do século de ouro. Pero non lembro o enderezo onde están. Alguén pode poñelo?
Estaría moi ben que o exemplo cundise e se ampliase ao labor habitual dos profesores. Claro que a dúbida estaría en quen correría cos gastos de maquillaxe e vestiario. Supoño que unha partida orzamentaria podería facerse cargo.
Eu estóu certo de que si un mestre grabara as súas clases en video e despóis as visionara,iba mellorar moito a calidade do seu ensino.Un aprende así a vérse e a oirse tal e como o vén e o escoitan os demáis,i esa referencia é necesaria prá mellorar mediante "feed-back" (déixolle a XM Glz,a responsabilidade de buscar verba galega axeitada).
Ese recurso úsase habitualmente en infinidade de atividades,¡mesmo os grupos especiales da policia e do exército graban as súas intervenciós pra analizalas a posteriori!
Outra cousa,desde logo,é o uso "fraudulanto" que se lle dé a esas grabaciós.Pero a definición de "privacidade" e o celo con que se defenda varía moito dunhas persoas a outras,e dunhas culturas a outras.
Eu non son xurista,pero imaxino que o que sucede nun aula ten unha categoría especial entre público e privado.Imaxino que non tan público como un pleno municipal,pero non tan privado coma un banquete familiar.E tampouco e o mesmo una aula de infantil,onde hai menores de edade,que un aula dunha Universidade pública ou privada.Non séi hasta qé punto sería legal,nestes últimos casos,que un alumno,p.ex., grabara có seu telemóbel unha clase e cedera as imaxes á TV,pra denunciar calquer abuso.Non sei se existe lexislación específica pra eso.
E,xa que hai periodistas por eiquí,lembrar que moitas roldas de prensa celébranse en sitios privados,p.ex.,cafeterías,normalmente có permiso do xefe do negocio,lóxico,pero aínda así tampouco séi seguro qué lle da carácter de "acto público" ,con todas as consecuencias de difusión,etc.,ou si é unha mera reunión de adultos ,daquelas que prohibía o franquismo .
Apicultor, o enderezo que busca é este:
http://www.uvigo.tv/
Se anda na procura de conferencias sobre "Fabricación de paneis fotovoltaicos de silicio amorfo" e cousas asi..
E atención Arume que polo que vexo aparte de coidar o seu aspecto ten que aclarar a súa voz porque a tecnoloxía MP3 xa está nas aulas.
Sempre pode grabar a leción con boa calidade de son, e logo dar a clase en "play-back".
Xa estou vendo,as boas leciós de Apicultor,usadas por outros mestres como fondo sonoro mentras eles só moven os labios e xesticulan.
Xa o estou vendo:Clases Apicultor,éxitos no "top-manta".
Estádesme metendo un medo horroroso! Coa cantidade de imaxes e grabacións miñas que andan circulando polo mundo, a saber qué uso lles darían! (¡Y yo con estos pelos!)
Moi ben,Lourixe,salir cós pelos ben postos é importante.
Lémbrame unha anécdota que contan de Olimpio Liste os seus achegados (Xa saben,o do "Museo Liste").
Houbo fai moitos anos un terremoto,creo que en Pontevedra,onde él vivía.Tremían as casas e todo o mundo salía prá rúa a toda presa,en pijama, despeinados,ou como fora.Olimpio permanecía demtro da casa,e berrábanlle:"¡Olimpio,sae,que cae a casa!".I él respostaba:"Eu con estes pelos non sálio".Hasta que non adecentóu o peinado non saíu.En pixama e pantuflas,sí.Pero có cabelo ben repeinadiño.¡Faltaría máis!
(Pregúntenllo vostedes,se o coñecen.Ou él mesmo se visita o blog ou llo fan saber,que o corrobore.Ou que nos dé a súa versión.E que nos fale do seu Museo eiquí...)
Publicar un comentario