27 oct 2007


Decepción
Supoño que este artigo, que sae hoxe en La Región, no Pan por Pan, asinado por min, será polémico. De feito, tardei máis de quince días en darlle saída, vítima dunha certa autocensura. Pero finalmente decidín facelo público. (Choverán paos, seguro). Imaxe de Claudia Böhm.
Cando o nacionalismo estaba na oposición, facía críticas rigorosas á política cultural do PP. Xustas e atinadas case sempre: dicíase que non se apoiaba ós creadores, que só se pensaba no espectáculo e no escaparate, etc. Era de supoñer, logo, que había outras políticas culturais alternativas. Pero acontece que cando o nacionalismo participa no goberno, tales alternativas non se ven. Pola contra, séguese o longo regueiro do que fixeran anteriores gobernos, case ó pé da letra. Velaí o concello de Ourense, onde a área cultural está desempeñada polo BNG. Que sucede logo? Ulas esas ideas alternativas? As que se escoitan parecen pouco brillantes: os fondos do concello, por exemplo, non serven para facer un museo de artistas ourensáns. Nin sequera se pon en marcha o Consello de Cultura Municipal e iso non é problema de orzamentos. Tiña que dicilo: dende a miña radical independencia.

49 comentarios:

Anónimo dijo...

Ben dito, a critica clara que fai falla.

Anónimo dijo...

Unha das normalizacións dun país é a de non facer recaer nos partidos supostamente de esquerdas a organización da cultura. Porque entre outras cousas, sempre ou case sempre conduce á impresión de que tal aspecto da vida depende dunha aposta política. De tal maneira que se non están os "nosos" no goberno non vai haber progreso cultural. Ten que haber cultura á marxe de quen ocupe o poder. As formas de cultura van variar conforme estean uns e outros, desde logo, pero debe haber unha continuidade en aspectos tales como bibliotecas, programacións teatrais, cinematográficas, deportivas, musicais, cunha lóxica e esixible marxe para a innovación e o risco. Non pode unha cidade estar pendente de se o/a responsable de cultura teña ou non ideas convincentes e marabillosas.
En todo caso, fai ben, teña vostede ou non razón (ten a súa e basta), en decilo. A ver se un non vai poder falar.

Anónimo dijo...

Fágame caso:vanno respetar máis e télo máis en conta se se ve que pensa por vostede mesmo.Que falen mal,xa sabe.

Anónimo dijo...

Comentario moi atinado.
E eu engado da miña colleita: dos demáis partidos algúns non agardabamos moito. Destes agardabamos máis e mellor.

Anónimo dijo...

Amigo Swann: o problema é ese precisamente, agardar máis duns que doutros en tal materia. Haberá, logo, que non agardar nada e pedir, esixir o que cremos que corresponde.

Roque Soto dijo...

Ha cultura ten que ser obligatoriamente autoxestionaria e non depender das subvencións ou os amigos do goberno de turno. Se falla algo, sempre se vota a culpa aos políticos/as. ¿Onde están os creadores? É patético ver os/as "artistas" chorando ás portas dos negociados culturais para ter axudas que manteñan o seus "choios".

Anónimo dijo...

A cultura ten que ser obligatoriamente autoxestionaria e non depender das subvencións ou os amigos do goberno de turno. Se falla algo, sempre se vota a culpa aos políticos/as. ¿Onde están os creadores? É patético ver os/as "artistas" chorando ás portas dos negociados culturais para ter axudas que manteñan o seus "choios".


(Váime perdoar que copie o seu escrito,sam rock.Pero como estóu totalmente dacordo con él...)

Anónimo dijo...

Un sempre ten a man a Lampedusa e os versos de Alberto Caeiro " Nada tiramos e nada pomos, passamos e esquecemos, e o sol sempre sae pontoal todos os dias".
Ademais quen tem as flores ( a capacidade de facer arte) non precisa de deus ( os politicos).
Gustavo Peaguda

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Marchando unha de Barreiro, para Apicultor.

Una ciudad -la polis, decían los griegos- es un cosmos social organizado, en el que todos conocen sus derechos y deberes, todos están protegidos y todos tienen la posibilidad de participar en la gestión del bien común. La cañada real, por el contrario, es una vaguada para el paso de ganado trashumante que, ocupada ilegalmente por una población marginal, genera un poblado de chabolas rodeadas de basura y ratas, donde es imposible el desarrollo de una vida digna y la educación de las generaciones futuras. Por eso propongo que la Ciudad de la Cultura empiece a llamarse la Cañada Real de la Cultura, porque, aunque por fuera resplandece como un cáliz, todo indica que está asentada sobre tal montón de basura y corrupción que no puede ser denominada, en términos justos, ciudad.
Por si esta afirmación le extraña, sepa usted que los datos me llegan de sus propios autores y responsables, que, de ser cierto todo lo que dicen e insinúan, deberían ser conducidos en un furgón de la Guardia Civil desde el Parlamento de Galicia, donde se reúne la comisión que investiga el despropósito, a la cárcel de Teixeiro, donde podrían discutir y ponerse de acuerdo sobre si hubo presupuesto o no lo hubo, y sobre quién decidió pagar las docenas de millones de euros que nadie sabe justificar.
El primer capítulo fue el del nepotismo -cuñados de, hermanos de, primos de, amigos de y afiliados a-, que reúne datos suficientes como para hacer callar al PP durante dos legislaturas. Después vino el capítulo de la improvisación, en el que se narra cómo se llevó a cabo la mayor inversión de la autonomía sin que nadie supiese para qué se hacía, cuánto iba a costar ni con qué se iban a financiar sus actividades. Y ahora estamos en el capítulo de la chapuza administrativa, donde se demuestra que todos los papeles básicos son nulos de pleno derecho, y donde se da a entender que el 90% de la obra no tiene nada que ver con Eisenman -que sigue cobrando-, y que es obra de un despacho madrileño que heredó la desmesura.
Por la forma en que se desarrolla la investigación, no creo que acabemos imputando responsabilidades de forma muy concluyente. Pero a nadie le quedará duda de que todo este embolado deriva de una chapuza indecente, llena de errores y cazos -cazos ingentes, habría que matizar- que pesa como una losa sobre el futuro de Galicia. Y por eso está llegando la hora de que todos los que dijeron que Fraga era un lujo para Galicia empiecen a meditar en sus palabras, para afirmar con contrición democrática que nunca se despilfarró tanto y con tanto descaro como en esa época gloriosa. Una época que el pueblo pagó -¡con ceguera cósmica!- con cuatro mayorías absolutas.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

O tráxico é que cada día que medran columnas, tellados e estructuras, as entrañas do edificio aparecen máis putrefactas. A elefiantiasis do continente, da que falaba Villanueva onte con verbas amables como espectaculariedade, contradi a corrupción vertixinosa do contido.

Anónimo dijo...

Excelente texto de Barreiro Rivas.

(O cortés non quita o valente, Arume)

Anónimo dijo...

Por certo, Arume, vin hoxe anunciado en Babelia (perdón, perdón!) un libro que, se non o leu aínda, de seguro que non ha tardar en facelo.

O seu suxestivo título faime suxerirlle que, cando sexa mester, nos fale un pouco del:

Félix Cantizano Pérez "El erotismo en la poesía de adúlteros y cornudos en el Siglo de Oro", Editorial Complutense.

(Que ninguén se dea por aludido, please!)

Anónimo dijo...

Indo alén do caso concreto que menciona Valcárcel, eu é que hai cousas na actuación do nacionalismo gobernamental que non entendo (ou mellor, que non quero entender).

Por exemplo, a política de "externalizar" (privatizar, en suma) a selección de persoal para as Galescolas por parte da Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Un labor que debería ser competencia da propia administración, pasase, previo pago dunha cantidade máis que considerable, a unha empresa privada.

Neste sentido, estou totalmente de acordo co que di Roberto Blanco Valdés nun seu artigo de hai tres días en La Voz de Galicia:

EL OJO PÚBLICO

El transformismo de los privatizadores

Autor:
Roberto L. Blanco Valdés

Fecha
24/10/2007

Pertenezco a una generación de profesores universitarios que comenzaron sus carreras académicas conviviendo con el radicalismo izquierdista del nacionalismo gallego de comienzos de la década de los ochenta. Recuerdo, por ejemplo, cuando en la Universidad de Santiago (entonces, en realidad, la de Galicia) se decidió privatizar las fotocopiadoras de las facultades para hacer el servicio más barato y eficiente. Y recuerdo como los estudiantes de ERGA y muchos profesores vinculados a lo que hoy es el BNG pusieron el grito en el cielo ante tamaña invasión del capitalismo en el inmaculado mundo «do ensino». ¡Lo que hubimos entonces de soportar quienes defendimos aquella privatización, políticamente del todo insustancial!

Han pasado desde entonces muchos años y todos hemos cambiado más o menos, de modo que nosotros mismos recordamos con melancolía muchas de las tontunas que hicimos hace más de veinte años. Solo los más zoquetes -es decir, los más sectarios- siguen estando en donde estaban.

Ahora bien, una cosa es cambiar y otra transformarse, dando un giro de 180 grados. Más todavía cuando, pese a ese giro radical, el transformista sigue con la cantinela de que él continúa siendo el auténtico guardián de las esencias.

Al grupo que pretende tal cosa desde siempre, el BNG, pertenece el vicepresidente de la Xunta, a quien se le acaban de ocurrir dos brillantísimas ideas que han llevado a poner el grito en el cielo, con razón, a sus compañeros de la CIG.

Aunque quizá a estos últimos no les ilusione especialmente que un supuesto españolista como yo coincida con sus denuncias contra el vicepresidente, lo cierto es que la privatización que éste ha ordenado de la contratación del personal de las galescolas y de la gestión de los procesos de adopción sobrepasa con mucho lo que resulta razonable en una Administración pública gobernada por la izquierda. ¡No quiero ni imaginarme lo que hoy estaría saliendo por la boca de Quintana si ambas medidas las hubiera adoptado el Partido Popular!

Pues no señor, no es razonable: la selección del personal de la Administración debe hacerla la propia Administración que está, entre otras cosas, para eso. Y ya no digamos la gestión de un tema tan delicado como es el relativo a la adopción, donde la Administración pública cuenta con equipos muy profesionalizados que han trabajado durante años sin generar ninguna queja.

No se trata de fundamentalismo alguno en defensa de lo público. La Administración hace algunas cosas muy bien y otras muy mal, pero hay cosas que debe hacer en todo caso porque los ciudadanos le pagan para eso y por que es a ella a quien tienen derecho a exigirle, cuando procede, las responsabilidades oportunas.

Marcos Valcárcel López dijo...

Lera o das galescolas. Pero non sabía que afectaba tamén á xestión dos procesos de adopción: tema máis que delicado e onde os cartos nunca deberan inclinar a balanza, cousa que pode ser complicada cunha xestión privatizada e á marxe da administración pública.
O peor de todo isto é que, o día que o BNG deixe o goberno, que iso sucederá nalgún momento, despois será moi difícil erguer calquera argumento de fiscalización ou contra a privatización de servizos por un goberno de dereitas, p.ex.: os gobernantes terano moi doado, vostedes calen que tamén facían o mesmo.

Xaime dijo...

A verdade é que me están sorprendendo.
Sr. Apicultor, esto xa non é o que era.

Anónimo dijo...

E logo, amigo Xaime, pode explicar a que se refire?

Anónimo dijo...

Como o das Galescolas é un sistema novo, penso non se lle pode chamar "privatización" ao que están a facer.
Síntoo moito polos srs da CIG, pero eu non teño claro que as arcas galegas poidan soster a contratación de funcionarios de por vida.
A adecuación a un posto de traballo demóstrase polo curriculum que traes (que para algo debe valer) e logo pola túa capacidade de desenvolver ese traballo, non por unha nota nunha oposición que logo, á hora da verdade, pode non demostrar case nada.

Anónimo dijo...

Lin, Swann, unha explicación que me parece convincente -e en contra da privatización- no enderezo que poño a continuación. E que quere que lle diga, non é só a CIG, tamén é CC.OO. quen se opón. E xa van dous sindicatos!

E o do currículo é unha parte, porque o asunto substanciase finalmente nunha entrevista feita por unha empresa privada e da que non hai testemuños nin control de ninguén.

Non me parece un procedemento moi transparente que digamos, e máis nun lugar como Galicia onde predomina unha mentalidade non meritocrática, senón clientelar. Coido que, con todos os defectos que se lle queiran apoñer, é mellor o sistema de oposicións.

Velaí o enlace e as razóns -para min convincentes- dunha opinante que asina como Luisa non sei que máis:

Das Galescolas e da privatización

Anónimo dijo...

Oportuna crítica a de Marcos, necesaria, satisface comprobar o malestar manifestado críticamente.

Moi aguda e practica a observación de Arume. O que propón e unha necesidade
que ven clamando a súa posta en practica dende fai tempo, e que é xa unha urxencia. Pero sería necesario un pacto, un pacto galeguista, e semella que os politicos, todos xuntos, non están a altura das necesidades do pais.

Anónimo dijo...

Marabilloso poema que Beiras escribiu en 2001:

Un traballa toda a vida

defendendo ao país e á sua xente.

Outro chega da metrópolis

o exército colonial.

E votan ao segundo: COLONIA.

Un fala o idioma criado polo proprio povo,

mesmo cando fai o amor.

Outro utilízao só como "liturxia",

e en descoidado castrapo.

E votan ao segundo: COLONIA.

Un di que a sua patria é Galiza,

a que sofre e traballa.

Outro di que "España es mi casa" (ET),

que segue a arrepañar en foros

os froitos do povo que sofre e traballa.

E van, e votan ao segundo: COLONIA.

Finalmente, a proba do nove:

Que haxa que espricarvos isto,

que argumentedes (?) en contra,

só se esprica porque SEGUIDES A ESTAR COLONIZADOS.

Un francés enténdeo, ou un italián.

Un alxerino actual tamén.

Un alxerino de 1950 tampouco o entendía

(e Memmi, ao retratalo daquela, retratáranos

tamén a nós, anque nós non nos vísemos,

non nos recoñecésemos no retrato;

ese retrato, prao alxerino, é pasado xa;

pra vós, segue a ser presente,

e seguides a ser o vivo retrato do colonizado;

¿ou é que sodes "pieds-noirs"?)

Anónimo dijo...

O poema? contextualizado con outras notas de outono de 2001: ECG de hoxe.

"Prediqueilles" aos cidadáns a reconquista das liberdades; exorteinos a exerceren a dignidade: un de cada tres pasou de todo, confinado no autismo social; dous de cada catro non autistas, votaron a M.F.I. -léase: M(onetary) F(und) I(nternational). Debinlles resultar algo así como unha reencarnación, unha versión extemporánea de Don Jorgito "el inglés". Il tentaba vender biblias nun país de analfabetos. Eu propúxenlles asumir valores ético-políticos nunha sociedade mercantilizada, metalizada -no meio da barafunda dun mercado de produtos-chirimbolos virtuais. Foi un miragre que, inda así, un de cada catro me dése ouvido, concordase e se apuntase a confiar en que era posíbel ou, cando menos, pagaba a pena tentar seguir a ser unha criatura humán -condición indispensábel pra poder ser suxeito de dereitos e liberdades- e non tornarse "cousa".

¿Até qué punto me sometín ao "xuizo" dos eleitores, ou até qué punto, pola contra, fun eu quen os examinou -e suspenderon?

Debo dicirlles abruptamente aos cidadáns-súbditos galegos o que penso, sexa ou non "oportuno". Expresarlles a miña solidariedade a eses un de cada catro que foron derrotados o mesmo ca min na batalla -se cadra, na "misión hoxe imposíbel"- pola dignidade, as liberdades e o benestar social. Dicirlles que fomos provisoriamente derrotados no intento de introducir valores ético-políticos nun mercado eleitoral que só cotiza produtos político-mercantís.

En rigor, é un "caso prático" do problema teórico marxián da transformación de valores en prezos: os valores éticos non son transformábeis en prezos porque, como dicimos na linguaxe cotián sen nos decatar do que realmente estamos a dicir, eses valores non teñen prezo -mesmo son a sua antítese, a antítese das mercadurías, como as obras de arte, por caso.

Anónimo dijo...

Ou sexa, que todo se debía a que quedou frustrado porque os electores non lle responderon a súa diáfana mensaxe.

Claro que explicalo en base a unha suposta "alienación"... en fin, sen comentarios.

Xaime dijo...

Eu estou xa hai anos alineado.
APC: Bon é que se escomeze a pensar que a cultura galega non depende nin é patrimonio dunha cor política.

Anónimo dijo...

Estou totalmente de acordo con vostede, Xaime.

Anónimo dijo...

Para Marcos:

Por casualidade caiu nas miñas mans o número 3 (setembro 2007) da revista "Renova Galiza", que, como sabe, editan en Barcelona os membros do Foro Cívico Galego, á fronte do cal e da cal está un vello coñecido seu, home talentoso e infatigable traballador, Camilo F. Valdehorras.

Neste número ven unha entrevista en catalán con Luís Bará, quen di que a creación do Instituto Rosalía de Castro se concretará nos vindeiros dous anos, aínda que fai máis fincapé na existencia da AGADIC (Axencia Galega de Industrias Culturais), que porán a andar no ano 2008.

Haberá, logo, que esperar a ver en que queda a cousa.


(Por certo, Swann, se non o fai aínda, recoméndolle que se anime a colaborar con esta xente de Barcelona tan entusiasta e meritoria por moitos conceptos, ademais de acendrados galeguistas-nacionalistas)

Anónimo dijo...

Eses dous textos de Beiras, o "poema" e o artigo no que nos suspende en política e en ética aos que non lle votamos, supoño que serán apócrifos, unhas coñas do blog, ¿ou son reais e de verdade saídos da pruma d´O Beiras?

R.R. dijo...

Ós señores Xan da Coba e Sam Rock: Se o que están defendendo é a ausencia de axudas para os "creadores", fagan a mesma declaración para a prensa, os educadores, os médicos...
¿Ou os "creadores" son os únicos deles que, polo tanto teñen que rexerse polas regras do mercado? Tamén pode ser que consideren que cos autores que poderían publicar e vivir e facer teatro e música e escribindo e vendendo libros en fotocopias na nosa língua xa sería "choio" dabondo (que tamén pode ser certo, para que enganarnos e seguir insistindo na derrota) .
Se é que fóra das axudas públicas e o mercado hai algo, estarei atento para aprender.
"A cultura ten que ser obrigatoriamente autoxestionaria"...
¡E o despois ninguén lles dixo nada! ¿É porque están de acordo ou porque non entran ó trapo como este que escribe?

R.R. dijo...

Se non hai nada (fóra do mercado e das axudas), tamén, claro.

Anónimo dijo...

Son extractos dun artigo que X.M.Beiras publicou onte domingo en Galicia Hoxe. Están tomados do seu diario e foron redactados tras a noite electoral de 2001, na que Fraga revalida a maioría absoluta por un escano e o BNG empata en número de deputados.

Hai que entender o contexto preciso no que foron redactados estes extractos para non despachalas, como fixo Apicultor, cunha frase lapidaria. Despois do traballo e as tensións de semanas de campaña electoral, un ha reflexión desesperanzada ao conocer os resultados electorais adversos.

Por ningures vexo comentarios no artigo de Beiras sobre a presunta "alienación dos galegos" á hora de votar a Fraga. Lérono enteiro vostedes? Recoméndollelo. Ten cousas interesantes, escritas por un home aínda non acabado para a política, e que amosa unnhas reflexións coas que un pode ou non estar de acordo, que van máis aló de citar o último libro que leron onte á tarde.

En todo caso, alédome de saber que vostedes non o estivesen entón e agora.

Ben: que vostedes leireen ben. Eu téñolles moito traballo. Até outra.

Anónimo dijo...

Así é, amigo Apicultor, este artigo desborda megalomanía ("prediqueilles", "exorteilles"), vaidade incontrolada (el é unna "criatura humán", os outros aínda uns "analfabetos") e tópicos que mesmo xa nin figuran no catecismo "progre" de principios de milenio (o do "valor" e o "precio"). Recoñézolle o seu mérito no plano político, pero intelectualmente Beiras non avanzou un centímetro dende os anos 70.

Anónimo dijo...

Para Xaime da Pena: el afirma:
"Bon é que se escomeze a pensar que a cultura galega non depende nin é patrimonio dunha cor política."

En primeiro lugar, este comentario non me parece moi relacionado co que aquí se está a discutir (o artigo de Beiras). Outramente (como diciía Fole), aínda estando de acordo coa súa argumentación, voulle facer unha pregunta: se á cultura galega lle quitan a póla nacionalista, que lle queda?

Para Jim Morrison: "este artigo desborda megalomanía", "vaidade incontrolada", "tópicos", "intelectualmente Beiras non avanzou ... desde os anos 70". Como dixen arriba, Beiras non é o típico intelectual que se queda co último libro (por moi "fundamental" que pareza) que leu onte á noite, logo resumidito e plantificado nun artigo á mañá seguinte.

Megalomanías e vaidades de Beiras, as xustas para un político. Á xente do común poidolles asegurar que nunca lles transmitiu esa sensación de vaidade persoal. Mais, saben por que á xente lle gustaba o que lles dicía? Beiras amosaba claramente a vaidade de ser galego, a vaidade de CRER NO SEU PAÍS, na súa xente. A vaidade de acreditar no que dicía, ao contrario doutros políticos dados á tecnocracia palabreira.

Vaidade persoal? Pouco. Moita máis amosaron os seus mentores intelectuais. Máis tiña Fraga e canto intelectual progre, caladiño durante anos, o tivo que "aturar" (?!) [ironía: "calados coma petos", habería que dicir].

Xulguen a Beiras éticamente: nunca ocupou ningún cargo para chupar do bote coma outros, nin pactou o entradismo no PSOE en 1977, co facilito que era daquela ascender nun partido que se sabía "gañador" sen dar un pau á auga.

Xúlgueno politicamente: puxo ao nacionalismo galego no mapa, despois de que o galeguismo cultureta pactara co españolismo pola porta de atrás no último minuto. Pasaron partidos galeguistas (dinamitados por Piñeiro), pasaron coalicións galegas, pasaron galeguistas do PSOE, e aí seguiu estando el todos estes anos.

Xúlgueno intelectualmente: quen escribiu antes ca el, nos anos 50-70, de economía galega ao seu nivel? É agora moi fácil, no ano 2007, tirar pola borda a súa obra, coma quen tira un traste vello que xa non nos serve. Sobre todo porque Beiras estivo desde 1982, a xoranda completa, batallando polo nacionalismo. Regresen vostedes por un momento á Galicia de 1958...
Sería como criticar a Otero Pedrayo apoñéndolle: "Otero non ten puta idea sobre a paisaxe galega... claro como non leu o artigo que lin onte a noite... ademais non ten en conta estoutras teorías dos anos 90... posteriores...
Galicia é un país ben curioso. Xa digo: aquí quedámonos con calquera chiquilicuatre que acaba de aparecer, e máis se é de fóra.

Anónimo dijo...

Conmove profundamente a pechada e numantina defensa de Beiras por parte de Swann.

En efecto, ten razón en moitas das cousas que di: desde finais dos cincuenta até mediados dos setenta, Beiras foi un intelectual de referencia en Galicia, ineludible. E desde 1982 até onte mesmo, foi senlleiro protagonista do rexurdir do nacionalismo galego. Isto ninguén o nega, nin sequera o máis duro dos seus críticos.

Agora ben, todos estes indubidables méritos non lle dan patente de corso para que todas e cada unha das súas ocurrencias, tonterías e exhibicionismos, teñan que ser obrigatoriamente aplaudidas e celebradas como obra dun xenio único e incomparable, so pena de ser considerados fillos desleigados da Terra por renegar dun Pai da Patria. Ser siareiro é unha posibilidade e non, de momento, unha obrigatoriedade.

Por certo, que o texto do seu diario agora exhumado si que fala de alienación. E moito peor que presentar a última lectura como o non- vai-máis, é considerar novidade un libro de Memmi do ano 1957, feito para explicar a realidade psicosocial das colonias do Terceiro Mundo, e querer aplicalo á Galicia de 1991.

Non, non é obrigatorio tomarse en serio todo o que di ou fai Beiras.

Anónimo dijo...

Sr: r.r.:

Dende logo que a cultura merece inversión pública,pero non pode confiarse todo a ela,como habituadamente se fái,e ademáis moi mal.A "xestión da cultura" sempre é asumida por unha pandilla de amigos "intelectuáis" do goberno de turno.Non estaría de máis que a "competencia",e non o "amiguismo" ,empezara a formar parte das regras do xogo.É síntoma de saúde prá cultura o non tér que depender 100% da axuda pública,o que eu chamo "cultura de incubadora".A inmensa maioría de "xestores de cultura" que eu coñezo son meros "gastadores" de diñeiro,que non son capaces de emprender nada sen unha subvención.I eso non é o peor: o peor é que dilapidan as subvenciós en "ocurrencias" e non as fan "rendibles" en termos culturáis.
Do mesmo xeito que estamos nuha época de "discriminacióm positiva" hacia a muller pra borrar rastros de machismo,fai falta unha época de "discriminación positiva" hacia cultura "autoxestionaria",prá borrar rastros da de "incubadora"

R.R. dijo...

Aí estamos: con isto que acaba de dicir si que estou completamente de acordo.

Eu son dos que pensa que o camiño bo e subvencionar e apoiar a cultura sen ánimo de lucro, e correxir os inmisericordes mecanismos do mercado que nos fan competir en desavantaxe.

Se falamos de teatro, que é o que mellor coñecía hai anos, como o único cliente son as administracións, a competencia e a iniciativa privada raramente se dan. E claro... así vai.

¡Un saúdo!

Xaime dijo...

Sr. Swann: vaime perdoar pero vostede non debera dicirme o que eu podo ou non comentar, e sinto contradecilo pero neste fío estase a falar da decepción que está a causar no mundo da cultura o nacionalismo no poder.
En todo caso acéptolle a súa crítica, pero saberá que sonlle daqueles que pensa que na política estase para servir e non para servirse.
O Beiras ainda que seña o millor pólítico de Galicia, tivo as mesmas oportunidades que Fraga para ser presidente, e si non-o foi, foi por que os galegos non quixemos.
Pode alegar o Sr. Beiras que somos unhos colonizados, millor dito pode dicir que todos os galegos son unhos colonizados, xa que eu non lle voto conscientemente apesares de que non me considero nin un chisco menos galego que él.
El é máis progre, máis intelectual, máis lúcido e sobor de todo millor estratega que mín, pero, pero...,non deu transformado a tempo o BNG, nun partido socialdemócrata galego, nunha nova Coalición Galega, para que cando resucitara o PSOE, do descalabro felipista, nin siquera servira máis que axudar a formar goberno en Galicia.
Coñezo moita xente que sempre lle vota a culpa o electorado cando perden, e o amigo Beiras, e especialista en varias cousas máis, denigrar o electorado, tildar de tramposo o contrario e supor que nas eleccións sempre gaña o millor.
Polo que respecta a cultura e a súa compoñente nacionalista, pense...,e lembre con un exemplo que cando falan vostesdes do que está a pasar en Catalunya de que a xente está plenamente situada no seu idioma, ó millor é por que consideran o catalán, fóra da batalla política, en troques aquí cando nos oen falar en galego, instintivamente pensan que somos do BNG, xa que a cultura, a lingua non traspasou a fronteira da identificación política e coido que mentras non se supere eso, malo.
Non será vostede dos que pensa que nunha executiva do PSOE de Galicia se fala en galego, pero tamén lle podo dicir que nunha executiva rexional do PP, a metade dos seus membros teñen o galego como primeiro idioma e a meirande parte deles están suspirando que apareza unha forza de centro galeguista,

Anónimo dijo...

Xaime: que a xente identifique "os que facemos cultura" ou “os que falan galego non ambiental” con "os do BNG" non é culpa do nacionalismo de esquerdas do BNG.

Son vostedes, os galeguistas non nacionalistas ou os nacionalistas non benegueros, os que teñen que reflexionar que pasou nestes últimos decenios e que está a pasar.

Os que se senten pertencentes da póla do PG que non está no BNG, farina ben en pensar naquilo de "nomentres non se remata" e que alí collemos todos. Con toda humildade llo digo. Esa é unha das cousas que leva "predicando" Beiras nos últimos anos. Facer un BNG plural. Pero élles a súa decisión.

Colaboración cos galeguistas culturais "in strictu senso" (non nacionalistas): si, pero non nos saquen do medio coma se estorbasemos, coma se fosemos o neno gamberro do barrio. E aos que mandan agora na Consellería, sectarismo/amiguismo/compadreo non, por favor, que xa nos chegou con Pérez Varela. Veña, a mover a cousa. Menos subvención e máis colaboración.

En canto aos galeguistas do PSOE / PP / EU, pois supoño que terán que asumir as súas propias contradictions. Supoño que, coma nas películas de indios, berrarán aquilo de “estamos rodeados”.

Xaime dijo...

Sr. Swann, ten razón.

Anónimo dijo...

Volvendo ó tema da cultura e a súa financiación,non entendo o rechazo dos "xestores de cultura" pola colaboración có mundo empresarial.Non séi por qué ten que ser máis humillante prá cultura "cabalgar" sobre intereses económicos máis de que o faga sobre intereses políticos.

Anónimo dijo...

Non vexo eu tal rexeitamento do mundo da cultura a colaborar co mundo empresarial. Máis ben vexo infiferencia e desconfianzas do mundo empresarial a traballar co mundo da cultura. Noutros lugares de España xa non pasa iso. Pero aquí si.

Xaime dijo...

A desconfianza dase en tanto que o empresario que cré no feito cultural non cré nos artistas.
En troques, cré no seu publicista, que é un castrón, cré no seu asesor financieiro que só está para chuparlle os cuartos, e no seu asesor de imaxe que as máis das veces é guiado e dirixido pola dona.
Recordo os primeiros pasos do Grupo Pescanova que tiñan relacions cordiais con moitos artistas e criadores que axudaron a facer do grupo unha marca corporativa galega.

Anónimo dijo...

A fío do comentado por xoán da coba e por leituga (a falta colaboración do mundo cultural co empresarial, sexa de quen for a culpa), dáme a impresión, e corríxanme se me equivoco, de que as fenosas, caixas de aforros, etc., investiron estes anos moito en "cultura contedor" (museus escaparate) e pouco en "cultura xente" ou "cultura creadores".
Cal é a súa opinión?

Anónimo dijo...

Se a cultura é unha industria, terá que haber obreiros, patróns, investimentos e estratexias de venta. Daquela, onde queda a aura sagrada da cultura? Onde o seu carácter "liberador"? Que papel xogamos nós, no na producción industrial dos bens culturais?Sorpréndeme a pouca resoancia que obtivo a entrevista a Bermejo. Non será por que todos participamos dun modo ou doutro desa "industria da cultura" que tan provocadora como acertadamente critica?

Anónimo dijo...

Eu non participei no fío da entrevista a Bermejo porque me dá a impresión de que isto da "cultura" é un debate dabondo confuso, no que calquera pode dar unha opinión e dous minutos depois outra totalmente distinta sen que ninguén, nin sequera o propio opinante, note a súa arbitrariedade. Para falar con algunha seriedade ou polo menos con algunha orde deste asunto, habería que empezar por delimitar que dicimos cando dicimos "cultura". Se da cultura como "sector", ou da cultura como un conxunto de creacións máis ou menos artísticas, ou da cultura como esa cousa "sagrada" que introduce Sammy Davis Jr., ou da cultura como noción antropolóxica. Pero se misturamos todas estas cousas sen moito ton nin moito son, todo acaba sendo un cristo, un lío bastante aburrido sobre subvencións, picarescas, mercados, carmiñas buranas, compromisos, premios amañados e, por suposto, cultura-espectáculo. Un saco de topicazos cos que non damos feito cousa boa.
Eu propóñolle aos contertulios verdadeiramente interesados neste asunto que caten dous libretes sobre o tema que non están nada mal e que teñen perspectivas distintas. Un é o famos "El Estado cultural", de Marc Fumaroli, recentemente publicado (¡por fin!) en castelán por El Acantilado. O outro é "La cultura en la era de la incertidumbre", de Ferran Mascarell, socialista catalán e ex-concelleiro do ramo en Barcelona e ex-conseller do mesmo no goberno da Generalitat (Roca Editorial)

Anónimo dijo...

Non nos abrume, amigo Leituga 1, que non hai tempo para ler tanta cousa.

Anónimo dijo...

Hai que lelo,hai que lelo...
Xa lle faréi eu un resumo ó meu xeito,Apicultor.

Anónimo dijo...

Xoán: queremos un informe, por triplicado e compulsado, copia do DNI e mais un café de pota, a poder ser Las Candelas, con leite Cremosita (aínda que con leite condensado tamén nos vale).
Veña, mova a zoca...

Anónimo dijo...

Joer,cómo se está poñendo esto de ser becario de blog...

Anónimo dijo...

Anímese, don Xoán. Seguro que un informe seu sobre eses dous amenos tochiños diría cousas de moito interese.

Anónimo dijo...

Un juez obliga a cambiar el sistema de contratación de las galescolas

Dos opositores a directores del Consorcio ya ejercen y presiden tribunales

P. LÓPEZ - Santiago - 31/10/2007

El Consorcio Galego de Servicios de Igualdade e Benestar, que gestiona las nuevas galescolas, se ha visto obligado a cambiar el sistema de contratación de personal, después de que un juez anulase parcialmente las bases reguladoras del procedimiento por “vicios de legalidad”. La sentencia, dictada por el juzgado contencioso administrativo número 2 de Santiago, ha obligado al departamento creado por la Vicepresidencia de la Xunta a paralizar la cobertura de las cuatro plazas impugnadas, y a reformar las bases de las que viene convocando desde que tuvo conocimiento del fallo.

El juez rechaza la convocatoria, entre otras causas, por la “omisión de una previa aprobación del cuadro de personal de consorcio” y por el “incumplimiento del requisito de publicidad de la convocatoria”, que constituyen “vicios invalidantes suficientes para estimar el recurso presentado” por el sindicato nacionalista CIG. En los últimos dos años, el Consorcio, que preside el ex alcalde de Vigo Lois Pérez Castrillo, del BNG, ha contratado ya 319 personas, y tiene el objetivo de superar el millar en lo que resta de legislatura.

La sentencia, firmada el 30 de julio y recurrida por el Consorcio, cuestiona también que se optara por el sistema excepcional de concurso para la cobertura de los puestos de trabajo impugnados, sin que las plazas afectadas tengan “carácter singular”. Por ello, el fallo estima el recurso, “pues en tales circunstancias sólo los sistemas de oposición o concurso-oposición podrían garantizar el cumplimiento de los principios de mérito y capacidad que deben respetarse en todo proceso de selección”.

Los fundamentos jurídicos de la sentencia establecen que la convocatoria se debe regir por la legislación de régimen local, pese a la personalidad jurídica propia del Consorcio, en el que participa Vicepresidencia y los ayuntamientos adheridos. Al menos dos de las exigencias de la ley “no fueron respetadas por el Consorcio”. Una de ellas afecta al principio de publicidad, y el otro, al requisito de previa aprobación de la oferta de empleo y de la relación de puestos de trabajo.

El juez reprocha además que ninguna cláusula de las bases impugnadas recoja que las plazas convocadas lo vayan a ser mediante contrato laboral temporal. Y va más allá cuando aprecia que la convocatoria “parece dar a entender que iban a ser cubiertas por personal laboral fijo”. Esta condición afectaría, entre otras cosas, a la composición de los tribunales, en los que sería necesario incluir a representantes de los trabajadores.

Dos directores
El Consorcio, mientras, sigue adelante con la contratación de personal, no sólo para las galescolas, que acaparan la mayor parte de la oferta de plazas, sino también para puestos directivos del propio ente. Y entre los aspirantes a directores de las áreas de Igualdade y Benestar del Consorcio, los dos de mayor relevancia tras el gerente, figuran Pilar Cadoncia y Andrés Vázquez Piñeiro, que además de ya ejercer como tales, vienen formando parte de los tribunales de las pruebas que selección de personal, en algunos casos incluso como presidentes.

Pilar Candocia fue teniente de alcalde de Ames, elegida por el Bloque Nacionalista Galego, formación política a la que también pertenece Andrés Vázquez. Ambos aparecen en la lista definitiva de admitidos para los puestos de directores de Igualdade y Bienestar, respectivamente, puestos que ya ejercen.

La CIG opina que ambos directores ejercen como directores del Consorcio “en funciones” y “sin haber sido nombrados nunca oficialmente”. Su candidatura en la selección de personal demuestra que ésta “está amañada”, en opinión del delegado del sindicato nacionalista en los servicios centrales de la Xunta, Manuel Díaz. La participación de Cadoncia y Vázquez en los tribunales de selección también es irregular, en opinión de la Confederación Intersindical Galega.