O amigo e contertulio desta casa Arume dos Piñeiros
celebra no seu blog a palabra sempre creativa do noso tamén contertulio e (se mo permite) amigo Xohán da Coba, que lle dá alma case permanente a este blog. Brindemos todos por Xohán da Coba e polo espírito de diálogo e intercomunicación que preside este encontro virtual.
16 comentarios:
E con que brindamos: con champagne, con cava, con sidra, ...?
Seguro que Da Coba ha ter unha solución a esta pregunta simbolicamente clasista (e a propósito da entrada na que se fala disto).
Cadaquén que brinde có que teña a mán.Eu,licor café...
CHEERS
Cheers!
(Eu logo cun te negro ao que lle porei unhas pingas de ron)
Agora propoño outro pola memoria de Elvirina, pola sorte de arume por tela coñecido...
ELVIRINA
(A mín aínda ne queda a botella de licor media chea)
Que son as 6,30 da tarde. Non se pasen que chegan todos bébedos á cea. E por, suposto, non conduzan.
Tamén extraordinario e sentido texto o de Arume.
(Non se pase co licor café, amigo Xoán, que despois ven a resaca e ...)
[Saio, que teño que ir encargar a tarta de mañá]
O meu brindis para Xoan da Coba con licor de ruda , delicioso!. Haberá que engadirlle unha boa dose de cubiños de xeo que ,a pesar de estarmos en sábado ,os efectos secundarios ás veces xogan malas pasadas.Todo sexa por vostede.
A historia de Xoán da Coba recórdame un pouco á de Matt Daemon na película "Good Will Hunting": un rapá que traballa fregando chaos na universidade e é capaz de resolve uns tremendos problemas matemáticos nuns minutos, mentres os seus profesores tardaron anos...
Good Will Hunting
Brindo polo descubrimento e polo descubridor.
As cualidades de Xoan da Cova, eran xa coñecidas entre os que frecuentamos A Solanina, pero Arume, ten o mérito de sinalalas e formalizar o feito da súa excelencia.
Eu vou brindar cun Cola Cao.
Chego tarde á orxía, pero aínda vou tomar un branco de Rueda como homenaxe a todos vostedes.
Pois eu tamén lle mando algo, veña. Un gin-tonic, claro.
Coidado c� vi�o,fix�devos nestes:
Vi�o grego
Houbo un erro.Esquecín "copiar" có rato:
agora,viño grego
José Vélez. Grande entre os grandes. E o video, impagable.
Ven a brindar con vino griego de mi tierra natal, el vino rojo que me hará recordar un pueblo blanco que dejé detrás del mar. Ven a brindar con vino griego y te voy a cantar viejas canciones que nos hacen soñar con el momento de volver al hogar.
É que pra brindar hai moitas.
Esta vaivos gostar,que o cantante é o voso heroe desde que cantóu aquelo de "xuntos..."
Juanito Pardillo
Irá un Vintage Character do Porto, da Coba, supoño que esta fin de semana. Eu é que bebo pouco.
Publicar un comentario