ENTREVISTA A josé maría pérez álvarez "CHESI".
"En Ourense os poderes públicos non adican nada á cultura» . O director da Casa da Xuventude leva trinta anos ao fronte dunha institución que organiza moitas das actividades culturais punteiras na capital
Pola súa banda, Faro de Vigo, ed. Orense, ofrece unha interesante entrevista de Xosé M. del Caño con José María Pérez Álvarez, "Chesi", o autor de Nembrot e Cabo de Hornos. Por desgraza non a encontro na rede, así que, a quen lle interese, terá que buscar o xornal en papel. Información sobre a literatura de "Chesi" aquí.
19 comentarios:
Xa colgada aquí a entrevista da Voz co amigo Benito Losada, observo que falta na mesma unha columna (que aparece no papel) na que se fala do chamado "Museo Municipal" de Ourense e do proxecto da concelleira de expoñer de forma permanente os fondos do concello: con algunha expresión ben simpática por parte de Benito, dono dun peculiar sentido do humor.
E logo por fin o "Museo Municipal" ¿xa é un museo?
O Museo Municipal non existe nin nunca existiu.
Unha sala de exposicións non é un museo, cumpre outra dignísima función pero non é un museo.
Nos Museos hai museólogos que acceden por oposición ao corpo de conservadores de museos e dirixen os mesmos dentro da rede galega de museos.
Os museos teñen a triple función de difundir,conservar e investigar, etc.
O Museo Municipal nunca poderá ser un museo. Nin por fondos, nin por estrutura organizativa. Nin por persoal.
É preciso un Museo Municipal xeneralista? Hai que reflexionar sobre o asunto e complementar espazos temáticos co vello Arqueolóxico. O que é preciso é un espazo para comprender a cidade, con especial atención á arte, á literatura, ao medio natural e as cuestións que conforman a identidade da cidade.
Esperemos que este concello teña unha actitude distinta á do anterior. De momento e como dicía o Marcos no artigo do outro día, non se lle ve.
E agora veñen co eso do Samaín.Vostedes pódenme explicar si eso tén algo que ver coa nosa cultura ou si é unha ocurrencia de (oso) Pardo?
Aí en Monforte, pretiño/pertiño de onde vostede mora, creo que celebran o Samaín. E aló pola banda de Ferrol creo que tamén.
Desfruten, en todo caso, do magosto.
É unha ledicia ver que Benito Losada segue coa Casa da Xuventude facendo o seu traballo a prol da cultura e da mocidade. Tamén, ¡grazas pola túa atención! cando acudía ó centro "a recabar información".
A C.X., co permiso de Bruce Springsteen:
"Esta noite, eiquí perto do Atlántico, vexo como os coches corren cara a casa. Hai unha fermosa lúa chea sobre a mansión da rúa Celso Emilio Ferreiro.
Vaia.Unha disculpa pra ir hasta Monforte.Ou hasta Ferrol.Teño amigos en ámbolos dous sitios.Graciñas,M.Swann.
Benito Losada -todo o mundo o sabe- é un auténtico fenómeno como xestor cultural, e ademais un gran tipo.
Eu teño entendido que o "Samaín" é unha "tradición" inventada por un señor de Cedeira que dirixe ou dirixía por alí unha asociación cultural. Despois popularizouno algo Marilar Aleixandre cunha novela xuvenil así titulada, "Samaín". Parece que hai un intento entre nacionalista e alterglobalizador de contrarrestar a penetración entre nenos e preadolescentes do "Halloween" introducido a través das películas norteamericanas. Pero aquí o que houbo sempre foron os Fieles Defuntos. Agora, se a xente gusta do Samaín, pois bevida sexa esta nova tradición, tan antiga polo menos como a queimada.
Sr. Leituga, parece que vostede leu o meu artigo de ma�.
Unha canción dedicada a todos vostedes.Se les gosta e senten curiosidade polo que dí e por qué a asociaciéi ó post,dígollo.
Tajabone
Pois conte, conte, ...
Moi doada de tocar coa guitarra e coa harmónica, por certo.
Lereino mañá, pois agora hai que ir dormir. Que mañá hai que ter o corpo saleroso. Boa noite, Xoán.
Tajabone é unha festa que celebran sobre todo os nenos musulmás no fin do Ramadán.Disfrázanse e pintan a cara,e van pedindo polas portas pra que lles dén agasallos.Parecido nas formas ó Helloween.Pero en vez de berrar "threat or trick" berran "tajabone".
Os nenos de Senegal viven con moita emoción esa festa.Hai que ter en conta que son pobres,non lles compran xoguetes,e os adultos non os tratan coma verdadeiros nenos,salvo nesa fecha,na que reciben cariño e regalos.Por eso é unha festa entrañable,como eran os Réis Magos no noso país noutras épocas.
Prós senegaleses adultos,a verba "Tajabon"e evoca,por decilo así "Os días felices da infanza".Tén moita carga emocional.
Pero,ó mesmo tempo,esa celebración leva unha mensaxe de morte,unha mesaxe triste.Como ocurre con moitas das nosas panxoliñas navideñas."La nochebuena se viene,la noche buena se va,y nosotros nos iremos y no volveremos más".Imaxino que algo de eso hai no Helloween,e no Samaín.
A canción foi seleccionada por Almodovar pró filme "todo sobre mi madre" porque lle gustóu a música, que oíu nun avión,sen entender o significado.
Dí a canción:
Tajabone,nós "facemos tajabone"
Abdu,luchador,que é "doble ánxo"
preguntaráche se rezáches,preguntaráche se aiunáches.Baixará xunto a tí e preguntaráche se rezáches,se aiunaches.(Supónse no momento de morrer...)
Fe de errata(pra que logo digan por ahí que non hai fe):
Onde dí Helloween,debe decir Halloween,of course.
Curiosidade: A canción foi usada un tempo como sintonía de Radiovoz,cambiando "Ta...Tajabone" por "Ra...Radiovoz"
Pois non lera o seu artigo cando escribín ese post, Monxa. Aínda o lin agora hai un momento e vexo que coincidimos bastante.
Aínda hai pouco estiven nun Centro Galego da zona do Levante e participei alí nunha queimada bárbara. Tiñan un especialista, se ben autodidacta, na fabricación da beberaxe e no cumprimento de todo o cerimonial que o acompaña. Coa luz do local apagada, iluminados só polo lume, os galegos transterrados vivían con emoción auténtica aquel aquelarre light que eles xulgaban tan antigo coma os celtas. Igualmente impresionados estaban os camareiros da zona, que suspenderan a súa actividade para presenciar, convenientemente distanciados, o estraño rito da tribu dos galegos. O oficiante puxera unha capucha e, moi convencido do seu papel, pegaba uns berros tremendos invocando e exconxurando ás forzas do ben e do mal, do submundo e do extramundo. Nin se me ocorreu comentar nada sobre os poucos anos desta tan exitosa "tradición", cuxo inventor aínda foi entrevistado hai pouco nun xornal galego, non recordo se a Voz ou o Faro.
Agora que para facer queimadas e deixar pasmados aos "españois", ninguén coma o José María de Celanova.
Inventar a tradición é ben dificíl.Non sei onde lín que durante os anos da guerra civil americana,os estados do sur emitiron unha moeda propia,non lembro o nome.Diseñaron moedas e billetes de tal xeito que parecera que a moeda tiña "siglos de historia",pra xenerar confianza,inventando incluso non sei qué tradiciós,pero foi un fracaso.A xente seguíu preferindo os dólares yankis,se non lembro mal.
Chámame tamén a atención o acerto co que "inventan tradición" certas marcas de viño,con deseños heráldicos e referencias literarias nas etiquetas,algo impensable en calquera outro tipo de productos.(salvo alimenticios).
Pois eu conézolle unha señora que maldí a Fraga continuamente, de forma enfermiza,porque seu fillo, emigrante en Australia, morreu alá cando lle toupou unha botella de augardente ao lle botar do bico ao lume directamente. Teima en que morreu por culpa de Fraga qeu puxo a queimada de moda... Pobre señora.
Publicar un comentario