O poder da Mafia.
Pan por Pan domingo 28 outubro
Pan por Pan domingo 28 outubro
(entrada 1200)
Da mafia algúns sabemos pouco máis do que aprendemos nas películas. Pero, polo que contaba esoutro día unha xornalista italiana, está ben viva e coleando en Italia nas súas diferentes xeiras rexionais: a Cosa Nostra, Ndrangheta Camorra e Sacra Corona Unida. Informaba esa xornalista de El País, dende Milán, que a Mafia é a empresa máis rendíbel de Italia. Que os ingresos do crime nese país representan o sete por cento do PIB, cunha facturación anual da 90.000 millóns de euros. Conseguidos coa usura, a extorsión, o contrabando, o fraude e o lavado de cartos no sector inmobiliario. En negocios que non coñecen a crise: prostitución, tráfico de armas e drogas, etc. Dicía ademais que as grandes empresas da construción prefiren, antes que denunciar a chantaxe, pactar coa mafia e pagar. Así viven máis tranquilas e sitúanse por riba da competencia. Por sorte aquí non temos nada parecido, non?

6 comentarios:
Ineludiblemente son un absoluto ignorante. Sorprendeume moito esa noticia, máis polo feito de que esa información sexa coñecida que pola realidade que explicita.
¿Como se pode saber canto "factura" o negocio ilegal?
Saúdos
Fai anos lín este curioso libro
xestión da Mafia
Sr.Marcos: vostede sabe,como ourensán,que o grupo provincial do PSOE denuncióu á Deputación de Ourense pola escandalosa venta da Finca Santamarina a unha empresa ligada a un conocido señor do PP.A denuncia baseábase en diferentes informes de colectivos profesionáis sobor do precio real "de mercado" da finca.Un dos informes foi feito por un señor que morreu dun xeito extrano,que vostede lembrará,polo recente: Dando sulfato,caéu a un pozo.Eu quero pensar que a policía investigóu esa morte como fan os de CSI da tv.Quero pensalo.
O PP de Galicia era unha cousa bén parecida a unha "mafia".Repartíronse "en familia" cantidades inxentes de cartos públicos locales,provinciales,autonómicos,nacionales i europeos.Pero,aínda por riba, ese "reparto" fíxose interferindo negativamente de mil xeitos coa actividade económica "normal".De mil maneiras,obrigaron ó colectivo empresarial a entrar "no xogo" creando incompetencia,´máis emigración,etc.A ver se estes non rematan por facer o mesmo...
Non, amigo Xoán. Non morreu dun xeito estraño, morreu a causa dunha absurda desgraza. A súa muller estaba alí preto e non puido facer xa nada. Era unha gran persoa: aberto e sempre dado aos demais. Unha gran perda.
Ok,Apicultor.Mensaxe recebida.Alta e clara.
Publicar un comentario