2 oct 2007

en poleiro alleo

O eterno problema dos libros de texto, visto por Monxardín (GH 2-X) Outra vez sobre a gratuídade para todos dos libros de texto...

Monarquía e República, por X.M. Sarille (ECG 2-X) Un debate oportuno?

Magia de la erección, de José M. Ponte (FV 2-X) Dos problemas masculinos...

66 comentarios:

Anónimo dijo...

Estou de acordo con Moxardín,no 95%.O 5% restante de diferencia,é porque eu engadería algunha razón máis,aparte das que dí el,pra pensar coma él.¿Onde hai que firmar,pra que Moxardín sexa conselleiro de Educación?

Anónimo dijo...

Monxardín, sospeito eu, daría perfectamente a talla para estar á fronte de (case) calquera consellería. E aínda máis á vista do que hai.

Anónimo dijo...

Polo que atinxe ao texto de Ponte Far, doulle a vez a Arume para que dispare primeiro coa súa pistola.

Anónimo dijo...

Dios salve al Rey (de algunos monárquicos)

Un sector de la derecha española ataca a don Juan Carlos mientras otro amplifica las acciones minoritarias de los independentistas

MIGUEL GONZÁLEZ - Madrid - 02/10/2007

El pasado 20 de julio, el juez de la Audiencia Nacional Juan del Olmo sorprendió a propios y extraños al ordenar el secuestro del semanario satírico El Jueves por una portada en la que representaba a los Príncipes de Asturias manteniendo relaciones sexuales.

La decisión, sin precedentes en democracia, tuvo un eco planetario y millones de personas pudieron ver la caricatura supuestamente denigrante. Algo más de un mes después, la Fiscalía, impulsora del secuestro de la publicación, se limitó a pedir una multa de 3.600 euros para los autores de la viñeta. El Gobierno admitió la necesidad de "abrir una reflexión" sobre la idoneidad de ese tipo de medidas judiciales.

La semana pasada, una enmienda en el Senado a la Ley de la Carrera Militar levantó un ruidoso revuelo. El grupo parlamentario Entesa propuso despojar al Rey de su condición de Jefe Supremo de las Fuerzas Armadas. Entesa está formada por el Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC), Iniciativa (ICV-EU) y Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), pero los dos primeros se aseguraron que la enmienda era responsabilidad exclusiva del último y que votarían en contra.

Que ERC es republicana no es ninguna novedad. Tampoco, la propia enmienda, que ya había sido rechazada sin pena ni gloria en el Congreso. Sin embargo, al día siguiente, dos diarios le dieron categoría de noticia de apertura a toda plana. Abc, el más identificado con la institución el pasado domingo denunció la existencia de una "pinza radical contra el Rey". Aludía, a lo largo de un editorial, un artículo de su director y otras siete páginas, a los incidentes protagonizados en Cataluña por grupos de alborotadores que han hecho de la quema pública de fotos del Rey una forma de protesta. La primera acción se produjo el 13 de septiembre, aprovechando una visita del Monarca a Girona, para repetirse y ampliarse el 22 en Molins de Rei (Barcelona) y Girona y el 29, en Manresa y Lleida. Como en el caso de El Jueves, la acción judicial tuvo un efecto multiplicador y escasamente disuasorio. El juez Santiago Pedraz imputó al independentista Jaume Roura, pero rehusó imponerle 10.000 euros de fianza, como pedía el fiscal.

El titular de Abc aludía también al locutor estrella de la cadena Cope, Federico Jiménez-Losantos, con quien el diario mantiene una enconada pugna, incluso en los tribunales. El locutor llegó a pedir la abdicación del Rey desde los micrófonos de la emisora de los obispos. La causa de tan insólita demanda estaría en su supuesta inhibición ante la política del Gobierno y su falta de apoyo a las víctimas del terrorismo. Es decir, los mismos argumentos que utilizó la ultraderecha durante la transición para tacharle de traidor.

Precisamente, el 75 cumpleaños de Adolfo Suárez ha servido al ex periodista de la Cope Luis Herrero para publicar una biografía no autorizada de éste, según la cual se planteó pedirle al Rey que abdicara por supuestos escándalos económicos. Herrero es ahora eurodiputado del PP, un partido que se ha ofrecido para defender a la Corona y que ha culpado al Gobierno del PSOE de debilidad ante los ataques.

El pasado sábado, el cardenal Antonio Cañizares, cabeza del sector conservador del episcopado, pidió a los fieles que oren por el Rey, "que tantas injurias está recibiendo" y el secretario general de la UGT, Cándido Méndez, le recomendó que busque la viga en su propia emisora, en vez de la paja en el ojo ajeno. Preguntado por ello, el presidente de la Conferencia Episcopal, Ricardo Blázquez, apoyó a la Monarquía y lamentó que apareciesen "este tipo de cuestiones en nuestra sociedad", informa Efe.

Anónimo dijo...

Firmo con "xoan da coba".....
Os amigos Moxardin e Marcos,serían un luxo en calquer goberno Galego.
Aproveito redcordarlle a Marcos que salgo para Florencia estos dias

Anónimo dijo...

O que non te mata faite máis forte...

Anónimo dijo...

O texto non é de Ponte Far, senón do pai de Laura Ponte, xornalista asturián(o). Pero estou entre clase e clase e non teño tempo para comentar. Máis tarde.

Anónimo dijo...

Por certo,a maioría dos libros de texto facíanse ben pouco merecentes do cariño ó que fai referencia Monxardín.Eu non lembro mías que dous ó que lle collera cariño.Se eu me fixen amante dos libros pra toda a miña vida,non foi precismente polos de texto.Pra disgusto dos meus pais,que me decían "Lée os libros da escola,non eses que compras tí,mira en qué gastas os cartiños que che dan...".Lembro unha vez que o meu pai se enfadóu moito,eu debía ter dezaséis anos anos,por que me pillóu lendo as tantas da mañá sen durmir,o libro "¡Viven!,a traxedia dos Andes"

Anónimo dijo...

Eu estudiei con libros prestados: nunca me pareceron mal e ademáis prestaba ver os engadidos, os suliñados. Non lle teño esa familiariedade nin agarimo aos libros. Non os fago meus. Cumplen a función de ilustrarme e, por veces, o consiguen. Ou parecen.
SObre o asunto da gratuidade e da excesiva burocracia estou dacordo, pero por unha razón de equidade social e de eficacia.
O dos libreiros é outro cantar: non creo que sexa conveniente pagar todos os anos polo mesmo libro que podemos custodiar de forma cuidadosa dun ano para outro. Monxardín fala de confraría, ao xeito medieval. E de arcas da alianzas, a xeito de ars praedicandi. Pero non creo que estes argumentos que sen dúbida alimentan o pathos, podan constituir razón suficiente para comprar todos os anos os libriños do trinque.

Anónimo dijo...

Comprendo perfectamente ao amigo Ratcliff: mira que rodar cunha rapaza que se chama Te(re)sa Palmer!
En todo caso, penosa a comparación co oficial do exército: cómo se pode equiparar esa manifestación da concupiscencia con que unha espada (unha metáfora lamentable) saia da vaina (vagina, en latín) por propia vontade?

Anónimo dijo...

Eu non entendo ós pais ós que lles doen os cartos dos libros.Non lles doe pagar sobreprecio nas zapatillas,na mochila,con tal de que vaian "á moda".Non importa cambearlles de roupa cada tempada,aínda que non sexa en absoluto necesario,con tal de que vayan "á moda".Pero os libros,como non son "de marca",que valian dun ano pra outro,pra que queden os cartos pró novo modelo da videoconsola de xogos.

Anónimo dijo...

E logo sempres estamos a falar dos cambios permanentes na sociedade.¿Non terán que ser reflectidos nos libros de texto?

Anónimo dijo...

No que coincido con Arume,é en que eu tamén valoro os libros polo que está escrito neles.Non sinto especial cariño por exemplares concretos.Fai anos que os regalo despóis de lelos,non os conservo,salvo unhos cantos "privilexiados".

Anónimo dijo...

Eu estou a falar do mesmo libro. Non de distintos libros. En todo caso, e xa que mo pregunta, debo dicir que os manuais de literatura española seguen co mesmo canon co que eu estudiei. A inmutabilidade da literatura, debe de ser.

Anónimo dijo...

Pois eu, se puidera, sería un auténtico fetichista dos libros, un atesourador de xoias bibliográficas, un incansable bibliómano. Mais para iso tería que reunir dous requisitos: a) Posuír a suficiente fortuna e b) Ter un/ha secretario/a particular que me organizase debidamente a biblioteca.

Anónimo dijo...

A así chamada "gratuidade dos libros de texto" instaurouse no outono do 2005. Daquela mesmo, publicaba eu un artigo en "El Progreso" que igual lles interesa. Adianto que, polas trazas, debín acadar escaso éxito social.


OS LIBROS NON SON GRATIS

Neste mediatizado mundo, seica todo gobernante debe inaugurar o seu mandato cunha medida “estrela”. Mediante prensa, radio e TV anúnciase a satisfacción inmediata dalgunha promesa electoral ou necesidade colectiva. Ten rendemento político, seica, ou non se repetiría de maneira case indefectible.

Fiel aparentemente ao costume, o Presidente da Xunta, secundado pola Conselleira de Educación (ou ao revés?), anunciou a “gratuidade dos libros de texto para toda a Educación Primaria”. En realidade é unha subvención limitada (de 115 a 140 euros por alumno, segundo os cursos) e de aí estas comiñas. Pero, estea o concepto ou non ben concretado, o impacto da noticia resulta obvio: “benvido sexa”, din os que sofren ao pagar a factura escolar de setembro; “sexa benvido”, pensa o que gaña máis de seis mil euros ao mes. Unha auténtica medida “estrela”.

Ora ben, editores e libreiros opóñense: reiteran (o asunto non é novo) que tal política, a máis de non ser pedagoxicamente correcta, incidirá moi negativamente sobre a industria e difusión da letra impresa; o Presidente fala para e sobre eles: un interese particular ou de grupo non se pode impor aos xerais, vén sendo o que di. Encóntroo demasiado fácil. E xa que me poño de fronte á marea social, e apelo agora á miña condición de profesor e habitual visitante das librarías, vou facer por explicarme.

Sexamos rigorosos. Existe o dereito universal a unha formación adecuada, pero non a que o material escolar sexa gratis para todos. Libros, cadernos, instrumentos para escribir e debuxar, efectos deportivos, instrumentos musicais son imprescindibles para garantir aquel dereito e todo alumno debe dispor deles. Dos seus propios libros, o propio material escolar, en boas condicións. O Estado debe garantir que isto se cumpra, pero ¿de que maneira? Pagando o texto para todos os alumnos? Paréceme evidente que iso nin é o camiño, nin é xusto nin democrático.

Primeiro, as institucións públicas deben actuar con xustiza distributiva: a quen menos ten, máis atención. A quen soporta sen gran problema os gastos de empezo de curso non se lle deberían subvencionar; o que motu proprio renuncia ao servizo educativo público, e escolle unha alternativa máis custosa, debe sufragar a súa opción. Vaia a axuda a quen a precisa, nomeadamente a quen lle é imprescindible.

Segundo, xa queda dito, cada estudante debe dispor do seu material. O sistema de usar o mesmo libro durante catro anos consecutivos, e por catro rapaces diferentes, non só produce agravio comparativo polo (digan o que digan) inevitable deterioro; tamén impide realizar sobre o texto a máis mínima marca, incluíndo ningún tipo de exercicio. Despersonalización antididáctica. Algunha familia probablemente optará por renunciar ao libro emprestado e mercar de seu material novo. Máis agravio comparativo, aínda menos igualdade.

Hai medios para acudir á necesidade social. Hai formas de facer que a educación sexa boa e para todos. Pódese e débese incrementar o orzamento educativo. Pódense investir os cartos deste programa en ampliar significativamente as bolsas de estudo. Pódese instaurar o cheque-libro. E facerlles algún caso a editores e libreiros.

Porque o sector vai sufrir con esta medida que a Xunta enteira xa aprobou, aínda que se establezan paliativos. E non se trata xa dos postos de traballo en cuestión (con ser aspecto importante), senón do novo recorte no ingreso das librarías, por se fose pouco o embate das grandes superficies. Unha libraría de vila mediana ou pequena, de barrio, forma parte do tecido social; por veces mesmo insconscientemente, constitúe un propagador e axente de cultura onde non hai moitos. Que permanezan debería ser obxectivo clave dun goberno progresista, e iso debería contar algo á hora de adoptar decisións que presumiblemente poden ameazar a súa supervivencia.

Certo que a quen compra un libro só cando llo esixen, a quen o considera un produto máis de supermercado (probablemente perecedoiro), se cadra hanlle dicir pouco os meus argumentos. Non mirarán tampouco que noutros territorios, igual de mellor tradición pedagóxica ca o noso, está sen implantar esta medida. Só verán que en setembro baixou a factura.

E ten a súa lóxica. Pero así mesmo sería razoable que os gobernantes asumisen, eles tamén, un papel educativo. O de implementar políticas que realmente solucionen os problemas, aínda que non dean popularidade inmediata, e explicar por que se aplican. Non facelo merece reprobación. Sobre todo se quen cociña foi antes frade, ou sexa, profesor.
Xosé M. González

Anónimo dijo...

"Que permanezan as libreirías de barrio debería ser obxectivo dun goberno de esquerdas". Eu non o teño tan claro. En todo caso, de partidos de centro dereita ou de centro simplesmente, preocupados polo deterioro dunha clase media de comerciantes que non son quen de resistir o pulo dos grandes almacéns que vende máis barato os libros ao común dos mortais. Pero xa digo: eu non o teño tan claro.

Anónimo dijo...

Eu si que o teño claro, cando a libraría, a máis de negocio, funciona como centro de difusión e animación cultural. O tema é discutible, porque o panorama dos barrios mudou nos últimos vinte anos; pero o almacén que vende barato, no que eu coñezo, realiza un labor de animación cultural cero.

Sen dúbida, as librarías que queiran sobrevivir deberán reconverter a súa actividade. Pero ter que ir buscar o libro ao pé do Polígono do Ceao (As Termas), o comezo da Estrada de Monforte (Ponte Vella), Gran Vía ou extremo da Travesía de Vigo non me parece preferible a ter libraría no barrio. Nin, xaora, máis progresista, en absoluto.

Onde non lle encontro rabo que cortar é no caso das librarías de vila. As que levan pechado desde a implantación da tal medida, que o especifique a Asociación de Libreiros, se llelo queremos crer.

Anónimo dijo...

Felicítoo, amigo Saavedra, por texto tan ben trabado e nítido no seu contido. Grazas por poñelo aquí.

Mais como adoito facer de "avogado do demo" (non sei se se me nota), vou facer algunhas breves e incompletas "apostillas" ao mesmo.

O problema da universalización dos servizos leva consigo unha paradoxa irresoluble: tratar como iguais a quen son en realidade diferentes (diferentes en ingresos e formación, no caso que nos ocupa). O mesmo argumento que se opón á gratuidade dos libros -se ben se mira- tamén pode valer para outros casos se cadra máis fundamentais: é xusto que reciban o mesmo trato médico na sanidade pública-gratuita unha parella formada por un/ha avogado/a de elevados ingresos e un/ha profesor/a de ingresos medios ca outra parella integrada por un operario da construción e unha ama de casa? Ou outro caso: É xusto que disfruten gratuitamente da mesma autovía tanto o que pode dispor dun Mercedes de representación como o que só posúe un utilitario nipón?

No primeiro dos exemplos, habería que establecer mecanismos de discriminación económica mediante os cales os membros da familia de clase alta teñan paguar un quiñón por unha operación de ril, mentres que aos da segunda lles debería resultar plenamente gratuíta? No segundo dos exemplos, habería que poñer garitas nas autovías que cobren unha cantidade aos coches de alta cilindrada e ningunha aos de baixa cilindrada?

Aparentemente si se podería facer, pero a costa de acrecentar moi notablemente os custes da provisión e xestión de tales servizos. Máis burocracia, máis investimentos en medios de xestión e control, etc. Daquela, desde o punto de vista da racionalidade do gasto público, que sería máis optimo: gratis para todos ou a complicada implementación dunha “discriminación”?

Resulta que, tal como teñen amosado os economistas da elección pública, todos estes servizos –e moitos outros semellantes- son “bens públicos” subministrados polo Estado (ollo a este concepto básico) que se caracterizan pola non rivalidade no seu consumo e pola imposibilidade de exclusión. Ou sexa, os “bens públicos” son aqueles bens que ou se producen para todos ou non se producen, posto que non se pode excluír aos outros. E isto é así aínda que non todas as persoas se beneficien da mesma maneira dun ben público: os que están enfermos benefecíanse máis da sanidade pública que os que están sans, os que viaxan moito benefícianse máis das autovías que os que viaxan menos, etc.

Polo tanto, o principal criterio para a provisión de bens públicos por parte do Estado non é tanto a súa “xustiza”, senón a súa necesidade e, a partir de aí, a determinación da provisión óptima (canta cantidade e en que cuantía). En todo caso, o que si está máis que claro é que se se deixaran exclusivamente á iniciativa privada, os bens serían ofrecidos nunha cantidade moi inferior á socialmente eficiente.

En fin, desculpen estas divagacións dun “(pseudo)economista dilentante” (sic.).

(Agora só faltaba que viñese un economista de verdade e me emendase a plana)

NOTA: Resérvome para máis adiante para participar no debate sobre as "librarías de barrio".

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Vou dar unha pista que quizáis non sexa boa: en Italia, nos centros comerciais xigantescos, que comezan a proliferar nun país que obstaculizou durante anos a entrada de carrefures e alcampos(por franceses?), as grandes librerías, magníficas animadoras de libros naquel país, como a Feltrinelli, pousan os seus reais. Están cheas de xente, de nenos, de familias enteiras que pasan un par de horas do seu sábado (mesmo dos domingos) entre libros. Xa digo: estou arrepentido de abrir esta posibilidade comercial que xa tiña para mín cando chegue a un acordo coa Feltrinelli, pero, en fin, que todo sexa polos libros.
E atención ás franquicias de libros. Por aí van os tiros. O que parece absurdo é a disposición de certas librerías de colocar o mostrador á entrada para atender aos clientes que non pasan da porta. Deixen pasar, que entre todo o mundo. Todos, non os iniciados que amamos os libros e que sabemos que se pode pasar que non pasa nada que non nos din nada que só queremos mirar.

Anónimo dijo...

As librerías en principio son negosios privados.O empresario levará o seu negocio como Deus lle dé a entender,tratando de vender o máis que pódia.Venderá máis ou menos dependendo do xeito en que sirve ós seus clientes.Pero os seus clientes non son "a sociedad".En xeral será un segmento concreto de mercado,máis ou menos especializado(no que poden ter máis ou menos importancia os libros de texto).Se o libreiro quere facer da súa profesión unha casta sacerdotal,é cousa dél(pode que esa maneira de ver o negocio defina precisamente un segmento de mercado concreto).
A difusión cultural por obligación corresponde ás bibliotecas públicas.Prás librerías é sinxelamente unha estratexia que desde logo lles favorece,do mesmo xeito que as tendas de roupa deportiva promocionan o deporte pola conta que lle tén.Pero non se lles pode esixir esa obligación.O mercado ríxese por outras reglas,e as estratexias poden ser outras.

Anónimo dijo...

A min é que me segue a soar bastante ben aquilo de "cadaquén segundo as súas capacidades, a cadaquén segundo as súas necesidades". Que lle queren, hai quen se pirra por unha frase; ao mellor queda compensado por certo respecto que un lles colle así mesmo aos tecnócratas, na súa inevitabilidade.

Se de política entendo pouco, o menos é de política e administración; ora ben, estou ben seguro de que non hai tales paradoxos irresolubles: por veces é cuestión de decisión e porfía. Eu, por exemplo, son máis partidario da axuda ao que menos ca da taxa ao que máis. Se a sanidade é servizo gratuíto -se tal, insisto- son partidario de mantelo como tal, xa que ademais o sistema, con todas as dificultades que se queira e todas as disfuncións, leva tempo desenvolvendo estratexias de xestión ao respecto; xaora, o da discriminación activa en favor dos doentes (sexan ou non crónicos) é cuestión de ética (humanidade, se se quer, é máis clásico) que eu rexeito someter á fría política do número e a contraprestación.

Obviamente, en tal caso o balance redistribuidor establécese no ámbito tributario. Con base en tal filosofía, ¿convén estender o método a novos ámbitos, tal o dos libros de texto, tendo en conta -por outra banda- que o resto do desempeño educativo é xa servizo gratuíto?

Eu sería partidario de tal se estivésemos no século XXIV, a época de "Star Trek, the Next Generation" e "as necesidades materiais estivesen cubertas con carácter universal": ignorándoo case todo sobre a organización política da Federación Terrestre en tal época, dáme a impresión de que probablemente aí a supremacía do mérito e o esforzo poida ser establecida como pauta ética. Non é o caso arestora, e para nada son partidario de agrandar a diferenza social establecendo novos dereitos universais e igualitarios a desiguais en gran medida.

Como di vde., moito disto é un falar.

Xaime dijo...

Falando de libros, agora no Husa de Lugo, as oito vai presentar Jose Manuel Otero Novas un libro, que titula EL RETORNO DE LOS CÉSARES. Tendencias de un futuro próximo e inquietante.
Ë amigo e vou asistir e si hai motivos que sexan suxerentes xa lles terei o tanto.

Anónimo dijo...

Por outra banda: xa me chega que os centros comerciais estean a concentrar masivamente o lecer non ilustrado (exceptuando certo cinema) e as persoas sobre todo mozas, desertizando o centro das cidades e barrios; sei de que falo, madia a levo a saber. Que aínda por riba cubran tamén a oferta de cultura libresca era o que me faltaba por ver e escoitar. Donde va Vicente? Donde va la gente.

Si, ben sei, as FNAC adoitan lucir bonitas e non serei eu quen propoña suprimilas. Pero déixenme o espazo pequeno, no barrio, sempre máis cercano -voz polisémica-, e menos colmeeiro. Paguen os gobernos por manter iso, é investir en persoas.

Anónimo dijo...

Exacto. A chave está no ámbito tributario. Pero aquí tamén habería moito do que falar.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Pois si, amigo Saavedra: para alí vamos, e xa me tarda aquí velas. Un Le Roy Merlin e ao lado unha Feltrinelli, que máis se lle pode pedir a un sábado de frío e choiva baixo teito. A si: que xogue Messi as nove nunha pantalla xigante na praza maior do decorado de cartón pedra que reproduza a de Fefiñáns no curuto do centro comercial.

Anónimo dijo...

Os centros comerciáis son as catedráis da nosa época, X M Glz.Busque vostede mesmo as analoxías.Atopará moitas máis ca mín,seguro.

Anónimo dijo...

Á hora da verdade -e alén de mitificacións que escasas veces se corresponden coa realidade- o caso é que un gran número (sempre hai excepcións) desas pequenas librarías de barrio ou vila están atendidas por vendedores de sapatos. Isto é, por persoas que o mesmo poderían vender sapatos que libros. Cualificación: cero. Modernización na xestión: cero. Noción do que venden: cero. En suma, profesionalidade: cero.

O certo é, preguiceiramente, rotineiramente, esas pequenas librarías-papelerías malvivían todo o ano das vendas dos libros de texto. E agora o choio reducíuse moi notablemente.

Eu, como consumidor (si, consumidor de cultura), o que quero é un servizo eficiente. Se o fai unha pequena libraría, pois estupendo. Se o fai unha grande, pois é o que hai.

Porque se nos pomos a subvencionar absolutamente todo o que é ineficiente imos de cráneo e marcha atrás. Os recursos públicos -e iso moitos non o saben- son limitados. Daquela, hai que establecer prioridades.

Aínda que, agora que o penso, voume desdicir: ao mellor tamén me subvencionan a min.

Anónimo dijo...

Tén vostede as cousas bastante "claras e distintas",Apicultor.Como dí vostede,moitos vendedores de todo tipo de cousas non saben facer o seu traballo.Pero tranquilo: É por eso polo que o 80% dos negocios non pasan do segundo ano,según datos de Facenda.Consumen o capital,cerran e xa está.Non perxudican a ninguén máis.Eu imaxino que ese mesmo porcentaxe de ineficaces están na xestión pública,por que a xente é máis ou menos igual en todas partes.Pero ahí,continúan a sangría de cartos públicos coas súas ocurrenzas de xeito indefinido.

Anónimo dijo...

A libraría que queira sobrevivir, dicía eu máis arriba, terá que reconverter a súa actividade; reitéroo. Os que venden libros coma zapatos son os centros comerciais; se non existisen -aínda- librarías, ao mellor ata os mesturaban.

Librarías hai que reconverten, manteñen o mellor do trato persoal e aguantan daquela maneira. Non vexa eu o día no que peche "Trama" ou que non poida parar na "Souto" na Praza Maior, camiño do traballo; non teña que perder media tarde para buscar un libro n' As Termas, cruzando por onda os zapatos, a verdura e os televisores, esquivando rótulos "invitadores" e a outra trapelada consumista.

O futuro e analoxía que me presentan: Meigas fóra.

Anónimo dijo...

En efecto, amigo XDC, na xestión pública tamén hai moitos ineficaces, que lle vou contar a vostede que non saiba. E non fai falla ir moi lonxe, por desgraza. Pero ese xa é outro cantar, ben triste por certo.

En todo caso, non é criterio que porque haxa incompetentes "púbicos" nun lado teñamos que subvencionar a todos os incompetentes "privados". Non cre?

Anónimo dijo...

Amigo Saavedra, que eu non defendo os centros comerciais! Vade retro!

Anónimo dijo...

As librerías pequenas,como o pequeno comercio en xeral,quedarán prá compoñente personalizada de consumo que non poden cubrir os centros comerciáis.O 80% do consumo é de tipo standard.Queda un 20% pró pequeno comercio,que tén que competir en calidade,non en prezo,coma os modistos que fan traxes a medida.
De tódolos xeitos,éste é o corto-medio plazo.A saber o que nos depara o futuro...

Anónimo dijo...

x=Xoan da Coba ,que lle dín mal ó dedo...

Anónimo dijo...

Apicultor,se tivera que buscar a alguén máis anti-subvención ca mín,andaría coma Dióxenes cun candil durante anos...

Anónimo dijo...

Pois ben, da Coba, eu estou disposto a pagar algo máis pola calidade. Pero non vaiamos dar por bo un novo factor de exclusión social. Redistribuír.

Anónimo dijo...

A min o pequeno comercio, eficaz e amable, pírrame. Que ninguén pense outra cousa.

O que non aturo é ao "libreiro" que, cando entras e se che da por ollar un minguado estante de libros, che di con cara de moi mala milk e ton de sarxento chusqueiro coma se foses un extraterrestre: -Que quiere! A estes nin un céntimo de subvención pública.

Anónimo dijo...

Redistribuir e correxir desigualdades indignas é precisamente a responsabilidade que ten o Estado.E suponse que ten os mellores recursos que calquer empresa por grande que sexa.¿Non leéu "A Fogueira das vaidades",de Wolf?.Que os homes que están ahí que gobernen e non que reaccionen como paramecios a titulares de prensa

Anónimo dijo...

Os que queden deses, Apicultor, logo se xubilan, aínda os que teñan trinta anos, que igual algún hai. Ben, habemos falar máis noutro momento.

Anónimo dijo...

... E ademais todos son fieles votantes do PP!

Anónimo dijo...

¿Sabe cal foi a revolución do pequeno mercado nos fináis do século XX,apicultor? A colocación do mostrador.
Moitos de vostedes lembrarán que nas tendas antigas os productos estaban por detrás do mostrador.Vostede entraba,e xa estaba alí o mostrador,co tendeiro que lle preguntaba ¿Qué quere? A mercancía estaba detrás del,e vostede non podía collela.Vostede sólo iba a tenda se lle facía falta algo concreto e identificado.
Algún xenio fixo ó reves.Puxo o mostrador ó final.Vostede entra e a mercancía xa está alí.Pódea mirar e coller.Pode marchar sen comprar. E o concepto de "tenda-festa",que levaron ó estremo os centros comerciáis.Véndese moito máis así.
A algún tendeiro o cerebro lévalle cincuenta anos de atraso.

Anónimo dijo...

O post meu precedente era unha brincadeira, xaora.

Marcos Valcárcel López dijo...

Para XAIME: vaia amigos ten vostede!! Otero Novás pasou onte por Ourense, con moi escasa pegada mediática. Eu escoiteille unha conferencia hai anos, histórico-racista, e creo que debe ser o "pensador" máis ultrareaccionario que escoitei na miña vida. E creo que segue nas mesmas...

Marcos Valcárcel López dijo...

Pero, dito o anterior, se vostede pensa que son interesantes esas "novas ideas" do señor Otero Novás, para debater, non deixe de expolas e abrir o camiño.

Marcos Valcárcel López dijo...

Non sabía que J.M.Ponte era o pai de Laura Ponte, un mérito a engadir. Pero si sei que ten seguidores na prensa e que chama a atención de moitos outros, incluído algún compañeiro de xornal con gran relevo nas nosas letras, xa saben.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non escribe mal: eu léoo sempre que podo. E ten a súa gracia. O de hoxe que é moi bo non é dos mellores.

Anónimo dijo...

Un amigo méu tivo unha desas erecciós das que fala Ponte nunha praia nudista.Fixo un burato no chan pra inroducir o apéndice viril e tumbóuse boca abaixo.Dóus amigos que querían tiralo a áuga collérono cada un por seu brazo e arrastrárono hasta a orilla.Foi deixando un surco igual có dun arado romano.

(É BRINCADEIRA;DENDE LOGO)XDDDD

Anónimo dijo...

E logo non lle entran? Pois a min o artigo de Sarille paréceme excelente e sen complexos. Non hai tema. Non ten interese para o común dos mortais a cuestión de república presidencialista ou coroada. A cousa pública, a república na que vivimos, e a sua xestión é o que interesa.

Anónimo dijo...

Teño entendido que o apéndice viril é o resto do corpo.

Anónimo dijo...

Aidontanderstan!

Etxeokai pregunta se non lle entramos e Arume contesta que o apéndice viril é resto do corpo.

Aidontanderstan!

Anónimo dijo...

Anímense por Deus! Que as súas ben amobladas testas opinen sobre a forma de goberno que mellor nos convén.A min vaime tanto no asunto que non poido pegar ollo.

Anónimo dijo...

O apéndice viril ía polo post anterior de Xoan da Coba e da rella do arado na area da praia...

Anónimo dijo...

Eu propóñolles a independenza de Galiza, e a instauración subseguinte dunha monarquía autóctona galega.O primeiro rei podería ser Xoan da Coba I.Concentraría o poder lexislativo,o executivo,o xudicial.Sería capitán xeral do exercito galego.Crearía a Igrexa Galega,que mantería boas relaciós con Roma.Unha das primeiras obras que ordenaría,sería abrir un brazo de mar navegable hasta Ourense,có presuposto non executado da Cidade da Cultura.Venderíalle a Catedral de Santiago ós turistas ós cachos,como cando foi do muro de Berlín,pra financiar un suntuoso palacio no seu lugar.Vostedes serían seus ministros,dende logo.

Anónimo dijo...

¿Sería priscilianista a Igrexa Galega?
O do palacio no solar da Catedral é excesivo... vivendas sociais para liberados sindicais.
Xoan da Coba debería reinar co nome de "Garcia II" -que por outra parte é o apelido español máis extendido...
Do resto, de acordo.

Anónimo dijo...

Un verdadeiro escándalo que usen os nosos impostos para subvencionar á prensa. Facíano os do PP e agora fano tamén estes. Porca miseria!

******************

A actual Xunta deu 1.100 millóns de pesetas aos medios en axudas a dedo

6.619.642 euros, máis de 1.100 millóns de pesetas. Esta é a exorbitante cantidade de cartos públicos que o bipartito da Xunta de Galicia repartiu entre os medios de comunicación a través de convenios. Galiciaconfidencial publica por vez primeira as cifras destas subvencións aos xornais, radios, axencias e diarios electrónicos galegos. A diferenza das axudas polo uso do galego, os convenios non se reparten en función duns criterios publicados no DOG. É dicir, son axudas directas que dependen unicamente do ‘criterio’ de cada consellería.

Todos os datos deste artigo poden contrastarse no Rexistro de Convenios, publicado en internet pola Vicepresidencia da Xunta. Por exemplo, os detalles duns dos convenios con máis cartos poden consultarse aquí.

Grupos e xornais en papel
Segundo o Rexistro, o Grupo Voz é o principal beneficiado, levándose aproximadamente un de cada catro euros. E é que o Grupo Voz recibiu 1.714.520 euros (uns 285 millóns de pesetas) a través de 18 convenios. Divídense en 11 acordos co xornal, catro con Radio Voz, un con Canal Voz (a filial de internet), un coa Corporación Voz e outro coa Fundación Rey Fernández Latorre.


A continuación ‘clasifícase’ o Grupo El Progreso. Logra a segunda posición entre os máis subvencionados con 1.253.287 euros (208 millóns de pesetas), grazas aos 12 convenios do xornal El Progreso de Lugo (662.219,67 euros), Diario de Pontevedra (dez protocolos por 441.067 euros) e do único convenio que apañou o gratuíto en galego De Luns a Venres (150.000 euros).

Terceiro posto no reparto para Prensa Ibérica, dono de Faro de Vigo (922.029 euros en dez convenios) e de La Opinión da Coruña (192.989 euros en sete protocolos). É dicir, un conxunto de 1.115.018 euros (185 millóns de pesetas, cen menos que o Grupo Voz) en dezasete paquetes para o tamén chamado ‘Grupo Moll’.

A Editorial Compostela tamén sae ben parada. A matriz de El Correo Gallego, apañou a metade de cartos públicos que o Grupo Voz. Foron 12 acordos con El Correo Gallego (782.559 euros), catro con Galicia Hoxe (193.000 euros) e un con Radio Obradoiro (10.000 euros). Suman 17 convenios e 986.059 euros, máis de 164 millóns de pesetas.

Tampouco lle vai de todo mal a Editorial La Capital, editora de El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños. Coas catro cabeceiras suma 443.674 euros (case 74 millóns de pesetas) a través de nove convenios.

O grupo de xornais con menos axudas da Xunta o Grupo La Región. A cabeceira de Ourense apaña 292.466 euros, tres veces máis que Atlántico Diario (Rías Baixas Comunicación) con 85.000 euros en tres acordos. Suman en total 11 convenios e 377.466 euros, case 63 millóns de pesetas.

Pero é o periódico conservador ABC o que fecha o ‘ranking’ de subvencións aos diarios. A delegación galega da cabeceira madrileña quedouse con 94.042 euros, 156 millóns de pesetas, en tres convenios. Tamén en papel, o semanario A Nosa Terra logrou este ano un convenio por valor de cincuenta mil euros, algo máis de 8 millóns de pesetas.

Emisoras de radio
As cadeas de radio tamén se benefician, pero gozan de menos axudas que a prensa escrita. Así sucede nos xa citados casos de Radio Voz (169.000 euros, uns 28 millóns de pesetas) e Radio Obradoiro (10.00 euros, algo máis de millón e medio de pesetas), cantidades moi inferiores aos seus ‘pais’ en papel, La Voz e El Correo.

Despois de Radio Voz, son o conxunto de emisoras que emiten programación da Cadena Ser as que máis suman. Son 118.000 euros, uns 19 millóns de pesetas en cadanseu convenio da Secretaría Xeral de Comunicación con Radio Coruña, Radio Lugo, Radio Pontevedra, Radio Ourense, Radio Principal e Radio Vigo.

Terceiro posto no ‘ranking’ de radios para a COPE, 95.000 euros, case 16 millóns de pesetas en dous protocolos. Cuarto lugar para Cadena Noroeste (36.000 euros en dúas partidas). Con un só convenio quedaron Onda Cero (25.00 euros), e Radio Líder (10.000 euros).

Axencias de información
As axencias, que subministran aos xornais gran parte dos seus contidos, tamén son destinatarios destas axudas directas dende San Caetano. Así, a Axencia Galega de Noticias, controlada polo Grupo El Progreso, apañou 153.794 euros (25 millóns de pesetas). Europa Press recibiu algo máis da metade desa cantidade, 98.783 euros (uns 16 millóns e medio de pesetas).

Diarios en internet
Os novos medios exclusivamente dixitais tamén recibiron un anaco do pastel, aínda que trátase dun cacho moito máis pequeno cos outros. Así o coruñés Xornal.com –editado por Xornal Galinet SA- asinou dous acordos polos que recibiu 33.000 euros, case 5,5 millóns de pesetas. O seu competidor compostelán Vieiros.com so firmou un convenio coa Secretaría Xeral de Comunicación. Foron 20.000 euros, uns 3,3 millóns de pesetas.

Non son as únicas axudas públicas
En definitiva, salvo contadas excepcións (entre elas, por exemplo, a edición galega de El País, Radio Galicia, Tempos Novos ou A Peneira), Galiciaconfidencial atopou que PSdG e BNG están a utilizar os departamentos da Xunta que controlan para subvencionar moi xenerosamente á práctica totalidade dos empresarios da comunicación do país.

Cómpre subliñar que estes convenios de colaboración non están regulados por uns criterios transparentes, como sucede co máis de millón de euros repartido en axudas polo uso do galego, convocatoria que si publica o Diario Oficial de Galicia.

Ademais é probábel que non todas as consellerías estean informando ao Rexistro de todos os convenios que firman, malia ser a súa obriga legal, polo que o montante final podería resultar aínda maior dos 1,6 millóns de euros. A esta cantidade hai que sumarlle as axudas polo galego, a numerosa publicidade institucional e os contratos con varias produtoras propiedade de xornais que fornecen de novas locais á TVG.

Consellería a consellería
Se ben é certo que subvencionar masivamente aos empresarios da comunicación xa era práctica común na era Fraga, a ninguén se lle escapa que o actual enorme volume de subvencións inflúe na autonomía que algunhas empresas confiren aos seus xornalistas para cumprir o seu traballo, informar obxectivamente aos cidadáns. Trátase, ademais, de empresas que en moitos casos ofrecen condicións laborais ínfimas aos seus traballadores.

Sexa como for, en vindeiras entregas Galiciaconfidencial detallará estes convenios, para analizar polo miúdo o reparto de cartos públicos, consellería a consellería, medio a medio.

Anónimo dijo...

Os máis extendidos,deben de ser Gómez e Pérez,que xa veñen do Xénesis:

Dixo Deus a Adán: Se GÓMEZ desta fruta PÉREZeras....

Marcos Valcárcel López dijo...

O certo é que eu xa non agardaba cambios radicais no tratamento cos medios de comunicación: é unha tentación demasiado forte deixar de xogar esa baza e, por outra banda, semella que o poder político ás veces tenlle medo ó poder mediático: non esquezamos a súa importancia despois, cando hai que gañar as campañas electorais.
Por outra parte, creo lembrar que esa liña xa foi estreada en Vigo, con Pérez Castrillo na alcaldía e o xornal local cheo de publicidade do concello día si e día tamén...

Anónimo dijo...

É moi de agradecer que Galicia Confidencial poña a dispor do interesado todos estes datos; estase a falar de cifras moi altas e o poder galego debía dar conta do gasto.

Eu, se lles digo verdade, son partidario de subvencionar a prensa; de momento fundamentalmente a de papel, nun futuro a mesma ou aquela que herde o seu espazo. É requisito da saúde social garantir que a información chegue, e o mantemento das empresas xornalísticas non parece levar moito vento nas velas. Obviamente, as axudas deberían levar carácter obxectivo e non implicar apoio partidario. Para iso, aparenta imprescindible que sexamos coñecedores delas; e que haxa fuscalización pública e política: se cadra, algún organismo ad hoc -non de acción exclusiva- podería e debería ocuparse de tal.

Canto á substancia concretamente reseñada, é de salientar o escaso balance das cabeceiras en galego ou con presenza importante da lingua propia. Espero que ningún crítico chore os montantes que leva "De Luns a Venres", nin o dos electrónicos "Xornal" ou "Vieiros". Con ou sen orientación ideolóxica, o servizo público efectuado parece claro.

Por certo, a Castrillo afeáronselle moito os convenioc co "Faro"; é posible que haxa base para tal, polos inidicios: antes de tal facían carniza del, máis tarde atemperaron. Ora ben, non teño eu idea nin impresión de que ao tan lacerado ex-alcalde lle sexa de outorgar a patente; coma outras cousas.

Anónimo dijo...

Non sabía nada destas cousas: entereime pola prensa.

Anónimo dijo...

As subvenciós hai que llas dar ós que demostren que poden pasar sen elas.(Como os bancos lle dan créditos ós que poidan probar que non os precisan).

Xaime dijo...

Pois sí meu querido Marcos,efectivamente Otero Novas segue a manifestar e expor unha mensaxe descoñecida para mín, nunha persoa que tivo unha grande influencia na cidade murada na época da transición, a que chegou a representar a Lugo, nas Cortes Constituíntes.
Non comparto, afortunadamente, como él dí, as súas teses, que dende unha postura confesional católica, nas súas últimas produccións ensaísticas combateron a presumible desaparición e disolución interesada de España na Europa dos mercaderes, a cesión de competencias a cambio de nada da soberanía nacional na Unión, a banalización da importancia dos nacionalismos na desaparición da Nación Española, a falla de liderazgo dos actuales partidos a hora de combater as propias reivindicacións nacionalistas periféricas, a indeferencia diante da relaxación sexual, a indolencia ante a emigración islámica, a falla de previsión ante a entrada de Turquía e os paises do Este na Unión, e a pouca firmeza do Rei e do exército Español, ante as provocacións nacionalistas de esquerdas.
Onte presentou un libro no que fala de ciclos políticos e sociais, aventura os mesmos resultados para os mesmos mimbres, e concluye que so unha minoría -reproducindo o que fixo o grupo Tácito na transición- que esté ben preparada poderá solventar o problema que se aventa polo cambio de ciclo dionisíaco cara o apolineo (sic).

Anónimo dijo...

Caramba, amigo Saavedra, está vostede dun manirroto que tira para atrás. Onte subvencionaría as pequenas librarías de barrio ou vila, e hoxe á prensa.

Pois eu non. Vexo tantos motivos para non subvencionar a prensa -e menos aínda cunhas cantidades tan desorbitadas- que non pararía até mañá e non sabería por onde empezar. Motivos de prioridade social, motivos políticos, motivos económicos, motivos de todo tipo, mesmo de agravio familiar e persoal.

Estou máis que farto do dispendio e da arbitrariedade de gran parte do gasto público (estatal, autonómico, municipal).

E que todo iso se faga, xa non só cos meus impostos (que non me importa tanto), senón a costa do sacrificio de toda a súa vida duns pais para sempre ausentes, é algo que me pon do fígado. Francamente.

Marcos Valcárcel López dijo...

LA VANGUARDIA. aViso a quen interese, sobre todo ós interesados na historia da prensa. Hoxe La Vanguardia cambia de formato máis pequeno e tamén reduce, aínda máis, o formato do suplemento Culturas (cousa que xa non me gusta tanto). Con ese motivo agasallan cun tomo de 300 páxinas sobre a historia do xornal que contén tamén algunhas xoias curiosas (aquí temos comentados outras) sobre debuxantes e humoristas da historia de LV ou sobre anuncios doutras épocas. Para ser gratis, non está nada mal.

Marcos Valcárcel López dijo...

Por certo, o especial de LV parécese moito ó que sacou hai uns meses La Voz de G., aínda que o de LV con máis calidade.

Anónimo dijo...

O problema da prensa é ben curioso.O propio sistema democrático conta coa prensa e coa libertade de prensa como mecanismo de control consustancial ó propio sistema.Nembragantes,en principio ese "poder fáctico" está configurado por un mosaico de empresas privadas,que ,ademáis o que venden é a publicidade intercalada entre noticias e artículos.A publicidade é o verdadeiro producto que venden,por que é polo que cobran (O precio do exemplar é prácticamente simbólico).
A verdade é que a xente non estaría disposta a pagar o "verdadeiro" prezo da información,anque hai movementos neste senso,como fai "Le Monde Diplomatique",pero xa se ve a influenza real que ten.
Por outra banda,os perigos da subvención son coñecidos tanto na teoría como na práctica.Baste recordar o diferente tratamento que a Voz lle déu ó tema "Prestige" a partires de recibir do estado certas prebendas.En Ourense,o caso dun xornal local é moi "cantoso"...
Problema peliagudo.Eu,que son un antisubvenciós convencido,no caso da prensa non tello nada claro o tema.Non sei se conven o tratamento da información como "mercadoría",suxeta a reglas de mercado ou como un dereito,como a sanidade ou a xustiza,e polo tanto susceptible de ser suministrada polo Estado.¡NON! ¡NON! ¡Non dixen nada! ¡Virxenciña de Lourdes ,deixa as cousas como están...!

Anónimo dijo...

Con todo, da Coba, e malia os perigos de espertar a bicha grande, no que di sobre o tratamento da información reside moita mai do año, supoño que entenden o lucensismo. Cambiando "información subministrada" por "actividade e pluralidade informativa posibilitada".

Ignoro se se entende algo do que dixen.