Facemos un mal negocio... (Carlos Reigosa)
Pan por Pan mércores 3 outubro (Imaxe de Laxeiro)
Sae á luz nestes días “O misterio de Carlos Reigosa. Conversas” (Xerais), novo libro de Xosé M. del Caño. Nel fálase de moitas cousas: moito de literatura, moito de xornalismo, e tamén da Galicia labrega que foi e que xa non é. Paga a pena rescatar esta contundente cita do autor de Pastoriza: “Estamos nun momento de esborrallamento de todo o rural. Algún día estrañaremos todo iso. Estrañaremos esa sabedoría que só se aprende nun diálogo ininterrompido coa natureza e coa diversidade cultural dos seus habitantes. Hoxe pasamos cabo deles sen decatármonos de que xa non falamos a súa lingua da alma nin compartimos os seus saberes. Eles xa saben a verdade: que o seu estase a acabar e que as miles de cousas que souberon facer –como auténticos titáns e como mestres de talento- xa non lles interesan a ninguén. Facemos un mal negocio prescindindo da súa sabedoría.”
11 comentarios:
Saíu tamén o libro de conversas con Darío Xohán Cabana: é un tesouro para os interesados tanto na vida rural de hai corenta anos coma no acontecer da literatura nacional contemporánea. Quen lle pasase unha ollada ao discurso de entrada na Academia terá unha idea de por que falo.
Ando cunha brevísima recensión do libro. Xaora, non dará medida del, pero se o amo non se opón apegareina aquí no seu día.
Galicia está a vivir unha grande mobilidade na súa poboación, a emigración súmaselle a migración aos núcleos urbáns. Queda o rural abandoado, improductivo, condeandonos a importar dende as cereixas as leitugas. Un grande ermo medra no pais e incapaces de facernos cunha tradición lida a luz da ilustración, comportámonos cada día como un pobo novo rico, que dilapida os talentos en foguetes e orquestas, mentres baixo os nosos pes o chan contaminado apodrece.
Cada día o meu sentimento colectivo identificase mais cos alemáns e distánciase de tanta indolencia polo propio, pola terra. Unha pais atrapado nun extraño sandwiche de pre e postmodernidade.
Outros na nosa terra non comparten as súas preocupacións, jimmy. Mesmo non se chegan a facer as preguntas que vostede plantexa. Ben instalados nas súas poltronas, todo o que vén de fóra é marabilloso.
Marcos, pareceume un post de moita sabiduría.
apertas
Yoli
Asistimos fai anos ó paso dunha Galicia rural a unha Galicia urbana ou rururbana, unha Galicia que esquece e destrúe o seu rico patrimonio cultural sustituindo por copias baratas e falsas doutros modelos idealizados...(Madrí, eche moito!) Hai moito que revalorizar da nosa cultura máis tradicional, cousa que noutros sitios mais moderno ca nós xa fixeron, e que polo que vexo farase eiqui á nosa maneira: tarde, mal e arrastro! Pasmome do corte de mangas que esta sociedade desleigada e de novos ricos lle está a facer o noso rural deixando abandoado a súa sorte!
Qué queredes que vos diga? Son unha neorural que vivo a 20 km dunha capital de provincia, conectándome a internet mediante o teléfono móbil porque a supersubvencionadísima empresa de telefonía non se dignou darme liña (e non estou falando de ADSL, que me da a risa). Das 19 parroquias do concello só 2 dispoñen de traída e de alcantarillado, etc, etc. A quen sorprende que cada vez máis gandeiros vaian vivir á cidade, ainda que teñan que se desplazar tódolos días para viren muxir?
Unha consulta aos que saben disto. Dise neo-rural, neorrural ou neorural (como escribe a señorita Lourixe)?
Pois a verdade é que quería poñer guión: neo-rural, pero fóiseme a pinza.
¡Buf! ¡Qué cantidad de páxinas da google pra "neo-rural"
ESTAé unha das primeiras
Vivamos coma galegos
http://br.youtube.com/watch?v=WQjRicRBoAk
Teño tamén o libro de conversas co Darío Xoán Cabana e gañas de botarlle o dente: fareino en canto teña un tempiño.
Publicar un comentario