26 oct. 2007

en poleiro alleo
Xosé Luís, naturalmente (Méndez Ferrín, en Faro de Vigo, 26 outubro)
Ferrín dedica hoxe a súa columna do Faro ó tema Carod Rovira, os nomes e as linguas e o paralelismo nas evolucións das letras catalanas e galegas.
Algunha afirmación moi dura e moi crítica ("Eu penso que nin Touriño nin Quintana cren na literatura galega"), peza cobizosa para a polémica, e o orgullo dos lectores cataláns polos seus propios autores (S.L.C. dirían segundo a terminoloxía aquí aludida algunha vez).

P.S.: Na imaxe, Joan Salvat-Papasseit, que cita Ferrín no artigo e é un dos meus poetas cataláns preferidos. Xa teño escolmado aquí poemas del. Velaí outro máis ("Poemas de amor", Visor, 1984):
Viatjar terres
no quedar-se en cap,
amar en totes una noia verge;
creure en la guerra perquè és bo el combat,
cada ferida la sang d'un poema.

Quan Déu ens cridi poder contestar:
–tant estimava que es vessava el veire.

17 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Mira que son oportuno: fun buscar o post sobre o pensamento estepario para colgar un comentario sobre a aplicación (un pouco contradictoria) do "apelido mesetario" a Montilla no artigo de Ferrín. E agora aparece este poleiro que seguro vai dar que falar. Se por riba se lle engade o comentario de Rivas sobre a escasa presencia da literatura galega no interior da mesma Galicia (aeroportos, estanterías de libros, estacións de trens) creo que xa temos posta a sexta marcha para o debate.

arume dos piñeiros dijo...

Non sei se estarán orgullosos dos seus escritores: o que parece certo é que alí fala catalán (case) todo quisque, mesmo os inmigrantes dos que se fala estes días. Puiden comprobalo este mesmo ano nun supermercado cunhas rapazas arxentinas en Girona que atendían en catalán.
En Galicia, non.

marcos valcarcel dijo...

En Galicia (creo que completo a idea que quería expresar Arume) os inmigrantes non falan galego porque non son parvos e danse conta de que moitos galegos tampouco cren no seu propio idioma e que se pode sobrevivir e mesmo ascender socialmente (a famosa diglosia) falando en castelán. Pois logo despois non lle botemos a culpa ós inmigrantes da perda do galego como lingua social: eles só imitan o que xa estaba consolidado antes.

apicultor dijo...

A miña percepción de Cataluña (e vou con frecuencia) é que se fala moito o catalán. E que, sobre todo, a xente non se complica co asunto este dos idiomas: pasan do castelán ao catalán (e viceversa) cunha naturalidade e unha tranquilidade que xa quixeramos aquí.

marcos valcarcel dijo...

O poema de SALVAT-PAPASSEIT titúlase "Divisa" e non creo que precise traducción. En calquera caso aí vai:
Percorrer terras
sen quedarse en ningunha;
amar en todas unha doncela;

crer na guerra pois boa é a loita,
cada ferida o sangue dun poema.

Cando nos chame Deus poder responder:
- amei tanto que se derramou a copa.

marcel swann dijo...

Pois que que queren que lles diga. Ferrín ten máis razón que un santo.

Algúns factores polos que o libro galego non vai para arriba:

- o prezo, moi caro, que non fomenta a lectura precisamente, especialmente entre os que non están afeitos a ler.
- a inexistencia de traducións.
- a inexistencia de libros de divultación científica.
- a merda de crítica literaria que temos, en permanente "a velas vir". Lida unha crítica, lidas todas.
- o nulo apoio ás librerías que promocionan o libro en galego, pois xa abonda con esas que rotulan como "gallego" a secció
- a nula promoción que fai a Xunta aos autores galegos en Galicia (premios literarios, TVG) e na Hespaña.
- o escaso, polo que se ve, apoio ao libro galego desde as escolas.
- a nula implicación das empresas "galegas" na promoción do libro en galego, cando todos sabemos que proxectos coma os de Bilioteca 120 da Voz de Galicia foi un éxito de vendas, e mesmo gañaron cartos.
- a falta de interese (desinterese) polo mundo de Internet en galego por parte da administración.
etc.

Leituga 1 dijo...

En Cataluña, porén, fálase menos catalán que galego en Galicia. Claro que en cidades como Girona é practicamente o 95 por cento da poboación quen utiliza esta lingua habitualmente. Pero en Barcelona e a súa área metropolitana a situación xa cambia moito. Estamos a falar de máis de 4 millóns de persoas e de cidades enteiras, e moi grandes, nas que predominan os castelán-falantes. Así pois, en conxunto, polo que din as estatísticas oficias, fálase máis o galego en Galicia que o catalán en Cataluña.
O problema non é ese. O problema segue estando no ambiguo, inestable, indefinible estatus socio-cultural da lingua galega. O catalán e o galego teñen aproximadamente o mesmo nivel de protección e institucionalización xurídico-política, un nivel máis que suficiente para que os gobernos fagan planificación e políticas lingüísticas e acometan procesos de recuperación e extensión social das respectivas linguas. A gran diferencia está en que en Cataluña esas iniciativas afortaladoras da lingua autóctona teñen unha acollida social bastante boa. En Galicia, en cambio, esa acollida nin é boa nin é mala: é regular, dubitativa, insegura. Acéptase con indiferencia, tolerancia, paciencia, resignación, disciplina, ambigüidade... Sen entusiasmo, sen seguridade, sen importancia. En relación coas políticas e a lexislación favorecedora do galego, a cara que poñen os galegos é a de non sabe-non contesta.

Anónimo dijo...

Non só Quintana e Touriño teñen pouco interés na literatura galega. Non hai moito, nunha coversa sobre outros asuntos, un alto cargo da política local do BNG, dixo que en Ourense nuncca houbo cultura galega (sic). Na terra de NOS e de tantos outros...que lerá este?

arume dos piñeiros dijo...

Eu non teño a mesma percepción ca vostede sobre Catalunya. Cando vou por alá, e móvome por territorio charnego como l'Hospitalet, vexo que os rótulos das pescaderías, fruteirías, do mercado, á marxe de que empreguen un español mestizo para mín marabilloso polo insólito, están todas en catalán. Mesmo esas pegatinas que a xente pon nos canalóns, ou os anuncios que dependen de persoas particulares e non de institucións públicas, os rótulos nas furgonetas, nas pequenas etiquetas dos extintores, por exemplo. Todo. Pero é que ademáis a xente máis nova emprega o catalán máis cás xeracións máis vellas, as que chegaron por primeira vez á Barcelona nos anos 60 ou os fillos destes que non puideron escolarizarse completamente en catalán. Os máis novos falan catalán polas rúas (probablemente aprendido na escola e nesas mesmas rúas: ese estándar que a vostedes lles parece ás veces tan mal) de forma insólita para quen ve o proceso contrario en Galicia.
De Girona xa non digo nada porque o castelán queda para algún taxista, de Montilla, precisamente, encantado por suposto de vivir en terra tan rica e parquetematizada. Pero esto último dá para outras cousas.

Leituga 1 dijo...

Non é a súa, Arume, unha percepción distinta da miña, aínda que talvez me expliquei mal ou insuficientemente. Cando me refería á boa acollida social do catalán, non excluía desas actitudes positivas aos castelán-falantes, case todos procedentes doutras partes de España. En Cataluña o catalán non é unha liña divisoria nin no socio-cultural nin no político, como si ocorre aquí. E o castelán (Josep Lluis dixit) é un "elemento estructural" na configuración de Cataluña e un factor máis dunha identidade que se sabe e se recoñece como plural. Por certo, non sei de onde saca Ferrín iso de que Montilla se fai chamar Josep (?). O outro día, no programa de Buenafuente, o propio Carod Rovira reivindicaba que se chamase e se seguise chamando "José" e non "Josep", que mantivese a súa marca de orixe cordobesa, o cal non impedía que fose catalán e mesmo Presidente da Generalitat.

marcel swann dijo...

Parece que hoxe Caneiro se despachou a gusto, á conta do artigo de M. Rivas o outro día en El País. Ou polo menos esa é a miña impresión. Vostedes xulguen.

[A todo esto, é tremendo ver a un deles escribindo en galego nun diario español e ao outro escribindo en español nun diario galego... pero en fin].

Vel-ei-quí o artigo caneirense:

Sectarios... y riquiños (LVG)
Domingo 28 de octubre de 2007

Mire el lado bueno del asunto, ciudadano: hoy es domingo y tiene una hora más para disfrutarlo. Los husos (horarios) y los confusos, se podría titular este artículo. Pero no. Un asunto de mayor calado trituró mi conciencia mientras meditaba estas palabras. Fue Alfonso Rueda y su partido, el Popular, los que me inspiraron en pública declaración: el arte del enchufe. Dice el Pepé que el actual Gobierno es maestro en tal disciplina. Qué ironía: unos y los otros se acusan de las mismas virtudes. Y unos y los otros son, para la mayoría de la gente, similares. O sea, que el enchufe es consustancial al Gobierno de turno. Baltar lo sabe y nunca lo ha ocultado. Es más, en sus campañas electorales coloca y recoloca a su antojo. El arte del enchufe es el arte que todos dominan. De modo patente o latente. Porque hay otros que no están colocados por el partido directamente pero que, como pertenecen al clan, los tienen en medios afines y desde allí disparan. El intelectual orgánico es falso. Y sectario: porque sólo él tiene razón. Y sólo él es el único honorable (y riquiño). Y decir algo en contra del intelectual orgánico es atentar contra la existencia del país. El arte del enchufe es una ofensiva diaria, y directa, contra la libertad. Y esto lo escribo este domingo de octubre porque usted tiene una hora más para pensarlo. En Galicia vamos «horariamente» con retraso, pero a nadie le importa. El retraso ha sido siempre consustancial a Nós (como el enchufe a los Gobiernos). Parte de culpa la ha tenido el arte del enchufe. Y la otra la siguen teniendo los que defendiendo solo sus propios intereses han sido capaces de engañar a muchos. Y no hablo simplemente de políticos. Hablo también de los falsos, sectarios... y riquiños.

arume dos piñeiros dijo...

Por que cre vostede que vai por Rivas? Acaso o de Rivas ía por Caneiro?
Copio o de Rivas por se hai alguén que dea máis pistas:

En relación coa realidade, e na sociedade do espectáculo, os mass media serven para unha e outra cousa. Descobren. Ocultan.

Mais tamén as culturas, as linguas, teñen que ter dereito ao Habeas Corpus Literalmente, "teñas corpo". Que non che priven do corpo.

Hai pouco, nestas mesmas páxinas, Xosé Luís Méndez Ferrín referíase á invisibilidade dos autores galegos fóra de Galicia.

Como saír desa invisibilidade? Saír, para comezar, non polo capricho de saír, senón por ese dereito fundamental ao Habeas Corpus.

Habeas Corpus é o título dun poema estarrecente e que pertence a Teatriños ou aturuxos calados, de Erín Moure: O dereito a ter corpo / un escapou a Porto ou París / un mandou unha postal franqueado Bos Aires / un foi soterrado na noite con pas / podería ser "ese mesmo millo".

Erín Moure (Calgary, Canadá, 1955) é autora dunha das poéticas do mundo máis revolucionarias, en forma e profundidade. Entre outras cousas, as súas obras son creacións efectivas contra a extinción. Por mor dela, existen especies falantes e plantas filoglósicas que antes non existían. En Teatriños ou aturuxos calados, publicado en versión bilingüe, con tradución de María Reimondez, sentimos que estamos ante un libro excepcional que é tamén de nós. Militante do multilingüismo, a lingua galega é un dos fíos cos que tece quen tanto dá e dará que falar na literatura universal. Como coa lanzadeira do tear, a lingua galega vai e vén con Erín Moure. É unha das loitadoras contra a invisibilidade. Está a lanzar en inglés, por exemplo, a obra de Chus Pato.

Habeas Corpus, Galicia. Teñamos corpo.

Os aturuxos de Erín Moure aparecen na colección Dombate (editorial Galaxia) e non sei porque estraña lei da causalidade chegou á porta (si, o libro petou na porta) cando estaba a darlle voltas á Síndrome do Dolmen de Dombate. Esta denominación naceu entre amigos nunha visita recente ao lugar mítico e máis ao castro de Borneiro, onde por certo se fixeron este verán escavacións con resultados sorprendentes, como o achado dunha "pedra formosa", a tampa do que sería unha sauna ou baño de vapor e non un forno. Por aquí o neolítico foi moi moderno! En Dombate topamos melloras. O lugar está protexido, hai unha nova plantación de árbores autóctonas, e na fin de semana hai un servizo de guía. No noso caso, un mozo con moi boa preparación e talante. Mais a situación de Dombate, corazón do noso espallado Stonehenge, segue a ser moi precaria, á espera de que se concrete un proxecto "futurista" que libere o dolmen do seu actual estado de doente stand by.

Que é a Síndrome do Dolmen de Dombate?

O máis sobranceiro dolmen de Galicia permanece cuberto dende hai anos por un xigantesco toldo. O obxectivo primario era a protección, durante e despois das prolongas escavacións que alí se fixeron, sobre todo despois da descuberta de motivos pictóricos moi sensíbeis á exposición. O envoltorio de materia plástica dáballe un ar de art-invención, como se por alí pasara Christo, non Xesús, senón o artista que andou a empaquetar os predios monumentais de medio mundo. Mais o toldo foise deteriorando e o que temos agora é unha inmensa farrapeira, un cobertor ruín, que nin tapa nin deixa ver. Mágoa que mete mágoa.

Hai en parte da cultura galega unha Síndrome da Dolmen de Dombate.

A primeira condición para saír da invisibilidade exterior é saír da interior. Retirar os toldos de materia ruín que non nos deixan ver a nós mesmos. Por suposto, isto que digo non vai por Ferrín, que tanto ten feito para saír dos dominios das sombras, tanto polo Habeas Corpus da literatura galega.

Hai pequenos detalles que delatan os problemas da visibilidade interna, e que dificulten a proxección exterior. Detalles simbólicos que reflicten a Síndrome do Dolmen. Por exemplo, é imposíbel atopar literatura galega, en galego, nos principais centros de transporte do país: aeroportos, estacións de autobuses e dos camiños de ferro, gasolineiras, e así. Por qué non hai literatura galega, en exposición ou a disposición dos que agardan ser atendidos, nas sedes da administración pública galega, Xunta, deputación e concellos, e dende logo nos servizos populares, como os centros de saúde? A primeira e mellor axuda para o libro galego sería a súa visibilidade interior, na propia Galicia. A comezar, claro, polos escaparates das librerías.

Así que temos localizada a Síndrome do Dolmen.

Habería que falar dos fabricantes de invisibilidade. Hainos a grande escala. E hainos tamén petisos, pero moi teimudos e efectivos. Son os que padecen a Síndrome do Cangrexo ou Caranguexo. Vai un pescador cun caldeiro cheo de cangrexos, sen decatarse de que algúns deles están a piques de botarse fóra. Outro mariñeiro avisa: "Van saír por fóra os cangrexos!". E o do caldeiro responde: "Non hai perda, que son cangrexos galegos e tiran para baixo os uns dos outros". O chiste é malvado, mais os cangrexos existen.

Na literatura galega hai uns cantos cangrexos profesionais. Non vou citalos porque a min interésame a síndrome mais non os afectados. Ademais, son de dominio público. Identifícanse claramente. Os seus artigos, críticas ou declaracións, teñen unha estrutura formal cuspidiña, aínda que, por suposto, tamén se odian entre eles. Son odios cordiais. Esa xente que cando se dan apertas producen un estrondo metálico: o das navallas ao bater coas coirazas. Son estes que só falan ben dalgún libro ou autor como medio para poñer a feder a outros. Parécenos estar lendo unha loanza a alguén, mais, de súpeto, o fol de veleno, como outras glándulas, rebenta e revela o seu verdadeiro obxectivo: facerlle un traxe ao Outro. Unha técnica que lembra a aquel cura que ía co hisopo non para repartir benzóns senón mocazos.

O esquema repítese unha e outra vez. Primeira parte (Preparados!): Vén de saír magnífico libro de Fulano. Segunda parte (Apunten!): Esta si que é boa literatura, e non a outra. Terceira parte (Fogo!): Mágoa da literatura galega contemporánea, onde non sobrancean senón moreas de kleenex, iogures light, papel hixiénico, ai, mi madriña, todo a cen, que desastre, que desfeita, que superficialidade, canta irrelevancia, de mal en peor, non valen un pito, un mal rabo de can, un ichavo galego, un farrapo de gaita, outra vaca no millo, outro que tal baila, outro can na merenda, tres nun zoco, o boíño de Outes, que folgando escornouse, etcétera, etcétera.

O afectado pola Síndrome do Cangrexo pregoa sempre o seu amor a Galicia, mais non perde ocasión de afundir o que nela nace e medra fóra do seu propio círculo que traza coa punta do seu ego. Non soporta o Habeas Corpus (dos demais). A visibilidade (dos outros).

A Síndrome do Cangrexo é diferente da envexa. Envexa en literatura ten que haber, como no mar. Outra cousa son figuras como as do rosmón, o perrenchas ou o encabuxado, tan necesarios para a animación cultural. Aínda que hai ter conta do cínico camanduleiro, como aquel que cada nadal se achegaba en Zaragoza moi sorrinte a Luis Buñuel con aceno de felicitalo e logo, ao despedirse, lle soltaba: "Su última película muy flojilla, don Luís, muy flojilla". E así un ano tras outro, até conseguir o moi huevón que Buñuel non volvera a Zaragoza.

apicultor dijo...

A verdade é que lin mecanicamente ambos textos sen prestarlles moita atención, e non sabería que dicirlle, Arume.

Non sei moi ben de que vai esta enésima lea e, ademais, abúrrenme bastante as batalliñas periódicas no SLG (sic.): sempre son as mesmas historias máis ou menos cargadas de bombo. Recoñezo que para algúns poidan ter o seu morbo, pero eu paso.

Leituga 1 dijo...

Talvez Caneiro tomase por "indirectas" as alusións de Rivas a esas críticas da "literatura light" e de "todo a cen", que son moi frecuentes no xornalismo caneiriano, moi inclinado a outorgar validez artística a un único modo de entender a literatura. Esas críticas teñen tamén a finalidade de martirizar a Santiago Jaureguízar, precisamente o autor de "Todo a cen", que á besta negra de Caneiro. E viceversa.
O de "riquiño", que utiliza Caneiro no seu artigo, si pode ser unha alusión a Rivas. Xa saben que é un dos tópicos que lle apoñen os seus adversarios: "vai de riquiño" e tal... Agora, o de "sectario" en referencia a Manuel Rivas non me cadra nin llo escoitei nunca a ninguén.
Tamén pode ser todo un malentendido, que é unha das cousas máis frecuentes no mundo.

marcos valcarcel dijo...

Oxalá sexa un malentendido. Eu creo que estas liortas non achegan nada e só crean malestar no mundo cultural. De verdade son inevitables?

arume dos piñeiros dijo...

Jaureguizar pide no seu blog o nobel para Rivas.

Leituga 1 dijo...

Debe ser para facer rabiar a Caneiro...