Cara onde vai o nacionalismo vasco?
A petición de varios contertulios, abrimos un novo fío para debater as liñas estratéxicas do nacionalismo vasco hoxe gobernante, isto é, o PNV, cos apoios de EA e IU. Nas sempre citadas dúas almas do PNV, semella que a caída de Imaz deixa a porta aberta a un proceso de radicalización e nese contexto enmarcaríase a proposta, xa con data, de referendo por parte de Ibarretexe. Pero, como xa se apuntou, tampouco cabe rexeitar que se trate só dunha nova manobra electoral, oportunista, dirixida a rabuñar o celeiro de votos da esquerda abertzale (de HB-ANV a Aralar), tan sensible a este tipo de propostas. En calquera caso, a proposta Ibarretxe servirá de alimento intelectual básico para o debate político nos próximos meses, dende logo ata as eleccións xerais: ó PP venlle de marabilla para lanzar campañas “en favor de España”; o PSOE semella en proceso de reubicación (e certo desligamento dos nacionalismos) e mesmo nacen novas forzas que teñen no discurso antinacionalista a súa razón de ser (o partido de Savater e Rosa Díez).
Parece comprensible que unha proposta deste calado debería darse nun marco político diferente, dende logo sen o peso da violencia de ETA enriba da mesa. Ibarretxe replica que a autonomía debe valer cando menos para saber a opinión dos cidadáns e ese argumento tampouco é desprezable: outra cousa é as consecuencias xurídicas e políticas dunha decisión coma esa. A máis de 30 anos de distancia, a Constitución segue a ser o muro contra o que ó cabo chocan todas as posibles iniciativas políticas nacidas no País Vasco e os vascos responden que esa Constitución non foi apoiada nin aprobada aló.
En fin, aporten os seus argumentos: estamos nun debate que semella non ter fin e que seguirá a marcar, de forma inevitable, o resto da lexislatura.
A petición de varios contertulios, abrimos un novo fío para debater as liñas estratéxicas do nacionalismo vasco hoxe gobernante, isto é, o PNV, cos apoios de EA e IU. Nas sempre citadas dúas almas do PNV, semella que a caída de Imaz deixa a porta aberta a un proceso de radicalización e nese contexto enmarcaríase a proposta, xa con data, de referendo por parte de Ibarretexe. Pero, como xa se apuntou, tampouco cabe rexeitar que se trate só dunha nova manobra electoral, oportunista, dirixida a rabuñar o celeiro de votos da esquerda abertzale (de HB-ANV a Aralar), tan sensible a este tipo de propostas. En calquera caso, a proposta Ibarretxe servirá de alimento intelectual básico para o debate político nos próximos meses, dende logo ata as eleccións xerais: ó PP venlle de marabilla para lanzar campañas “en favor de España”; o PSOE semella en proceso de reubicación (e certo desligamento dos nacionalismos) e mesmo nacen novas forzas que teñen no discurso antinacionalista a súa razón de ser (o partido de Savater e Rosa Díez).
Parece comprensible que unha proposta deste calado debería darse nun marco político diferente, dende logo sen o peso da violencia de ETA enriba da mesa. Ibarretxe replica que a autonomía debe valer cando menos para saber a opinión dos cidadáns e ese argumento tampouco é desprezable: outra cousa é as consecuencias xurídicas e políticas dunha decisión coma esa. A máis de 30 anos de distancia, a Constitución segue a ser o muro contra o que ó cabo chocan todas as posibles iniciativas políticas nacidas no País Vasco e os vascos responden que esa Constitución non foi apoiada nin aprobada aló.
En fin, aporten os seus argumentos: estamos nun debate que semella non ter fin e que seguirá a marcar, de forma inevitable, o resto da lexislatura.
(Na imaxe, o Peite dos Ventos, de Eduardo Chillida, 1977, San Sebastián.
71 comentarios:
Vaia por diante a miña impresión primaria, que non primeira: unha parvada electoral, inoportuna e oportunista ao tempo. Vaise desinflar como un mongolfiere, tan pronto como o lume desapareza.
Non fai falta dicir que nin Ibarretxe nin o EBB en completo (un prodixio de paridade) son santos ignacios da miña devoción.
É aconsellabel abrir comiñas ao comenzo dos discursos políticos e pechalas ao rematate.
Toda autonomía está abocada a medrar, a complexizarse como todo sistema para satisfacer a súa clientela. O estado das autonomías por pechar en falso os problemas territoriais está condeado a un estado de permanente insatisfacción, dos transfiren e dos que reciben as transferencias.
Pero de ahí a este ordago do PNV, hai unha certa distancia que convén mesurar.
O PNV, de súpeto convirtese na alternativa,desorienta a esquerda abertzale e marca liña politica.
O PSOE de súpeto suplanta ao PP na defensa da unidade da patria española e deixa a dereita desorientada, xa que só pode repetir o que o PSOE afirma: Que non haberá referendum porque non o permite a constitución.
PNV e PSOE están a par, recuperan protagonismo e confunden o discurso dos seus opoñentes. Aparecen e aparecerán voces disidentes dentro de ambos grupos, ao final de tiras e afloxas, o PNV, para non romperse negociará un novo estatuto e esquecerase da consulta. O PSOE negociará un novo estatututo co PNV e salvará a España. E a consulta quedará para mellores tempos.
Este cenario pode rompelo tanto o PP como ETA, pero aparte da forza terían que facer gala dunha extrema habilidade.
Non hai pois que rasgarse as vestiduras por ningún lado, os politicos teñen un sentido moi forte da realidade, das posibilidades que ofrece a realidade, con todo, van adeprendendo e demostran ser capaces de construir novos cenarios para a representación dunha obra que xa todos os que vivimos a transición coñecemos.
Apicultor, que conste: desta volta non lle coa, ha falar vde. primeiro.
O SR. APICULTOR NON TEN EXCUSA,
pois foi el quen propuxo o tema noutro fío. Lembren:
"Por certo: suxírolle a Valcárcel que abordemos o referendo en Euskadi. Vai arder Troia!
mar oct 02, 07:54:00 PM"
(Moito me temo que está acumulando bibliografía enriba da mesa (De La Granja, etc.) para deixarnos apampados sobre o nacionalismo vasco).
Agardamos expectantes.
Moito me temo que o meu ha ser notoria decepción ante tanta inxustificada expectación.
Mais non teñan présa, e vaimos por partes, non vaia ser que o "papanatismo vasco" (copyright Paco Rodríguez) nos asolague.
De momento, remato de facer uns apontamentos ao artigo do amigo Saavedra, noutra entrada, sobre os "25 anos de paz".
Permitan, non entanto, que me prepare un té branco antioxidante antes de me debruzar no papanatismo, que ando un tanto enferruxado dos miolos, como é público e notorio.
Vai ser millor unha botella de txakolí de penalti para entonarse e uns pintxos do Alcalde para desenferruxarse. Pero moito receo que lle quede un pouco lonxe.
Eu teño unha copa de augardente da Ziralla na mesa.E un dicionario de termos políticos en galego.Bén pertrechado.
Na própria introdución xa o mestre de cerimonia adianta, polo menos para mín, a materia de debate.
Pregunto, podería un PNV, gobernando o Pais Vasco, co apoio implicito do PSE, propor unha consulta a modo de refrendo sin contar con Pachi e Cía.
Xa sin tregua, e cos violentos dispostos a todo, se lle pode conceder algunha posibilidade, a non ser que se teña pactado con ETA unha mesa de partidos e unha nova tregua e a apertura do enésimo proceso de paz.
Con Josu Jon, o lehendakari, tiña difícil a súa reelección, sin él, volta, penso de cara para a galería, a relanzar o seu proxecto, que culminaba ca consulta, que me nego a pensar que se poida facer con ETA armada.
En resumo, o mesmo que Arume, é unha xogada eleitoral, un guiño o votante aberztale e unha carallada.
Deixo de todos modos unha interrogante, que sempre XOSE LUIS BARREIRO, plantexa, ¿a quén favorece que neste momento se esté a falar da consulta do País Vasco, o PSOE ou o PP?.
Neste momento está pasando por diante do meu despacho o desfile de animales do país organizado polo Concello e a axuda da Consellería de Medio Rural con Milucho a cabeza.
VIVA SAN FROILAN
Xa o espuxen mais arriba, favorece de distinto xeito, ao PP e ao PSOE.Son os beneficiados. Os perxudicados a esquerda abertzale e o PP.
¿E posíblemente ó resto de partidos nacionalistas españóis,Jimmy de Rairo? (Perxudicados)
¿Ou non coinciden os benefizados-perxudicados no corto plazo có medio-largo plazo?
Amigo Xaime, moi boa a anfiboloxía (dise así?) do seu texto: "... o desfile de animales do país organizado polo Concello e a axuda da Consellería de Medio Rural con Milucho a cabeza" (un pouco brutiño si que é, para que nos imos enganar).
Non entendo, amigo Jimmy de Rairo, como o asunto este do referendo pode, ao mesmo tempo, favorecer e prexudicar ao PP. Estaría ben que o explicase.
Escoitei na RG que o PPdeG, para "curarse en salú" xa propón algún tipo de medida de xeito que Galicia nunca poida convocar un referéndum semellante. Ridículo.
Con todo o que mais me marabilla é a constante referencia á Santa Constitución de todos os españoles, cando eu me pregunto: se fose plebiscitada nestes momentos, aprobaría? Somos maioría, cada vez máis aplastante, os que non tivemos opción a dar a nosa voz. Temos que resignarnos a asumir per secula seculorum o que outros decidiran hai anos, noutra conxuntura política e social?
Revisei o escrito e paréceme que en ningún momento digo que beneficie ao PP, todo o contrario. Beneficia ao Psoe e ao PNV, perxudica ao PP e a esquerda abertzale
O erro está no segundo post
onde di pp, debe dicir PNV.
O erro está no segundo post
onde di pp, debe dicir PNV.
Xa, agora si que o entendín.
O Milucho non sei se non será o primeiro delegado de Medio Rural que sempre foi do medio rural; de feito, cando ao final do desfile subían o boi e as vacas aos camións (que fermosos animais!), o Milucho estaba alí, onda os paisanos, no medio dos bichos e con toda a familiaridade.
Por certo, que non sei se, xulgando pola aparencia humana e de recursos, non sei se a orde dos elementos que dispón o Xaime non debería inverterse, en todo caso: desfile provisto por Medio Rural e con presenza da institución municipal (que en todo caso, iso si, debeu dar o permiso e mandar á Protección Civil).
Sobre o tema vasco, devezo por dialogar co Apicultor (os demais, deculpen, non os desdeño en absoluto).
Dialogaremos, amigo Saavedra, non perda conta de que dialogaremos. Pero é que a estas horas estou xa un pouco canso como para darlle ao caletre cun mínimo de xeito (ademais as bolsas do Mercadona pesaban o seu).
Falamos mañá, xaora.
Non me resisto, en troques, a un pouco de arqueoloxía política e, aínda que aparentemente non veña moi a conto, cito un vello texto de Txillardegui aparecido no número 11 de "Zutik!":
"A los que acepten, les serán reconocidos los derechos que puedan tener como inmigrantes o como ciudadanos de Euskadi. A los que no, se les considerará como invasores y serán nuestros enemigos".
Case que non chovería desde o número 11 do "Zutik!". O mesmo Sabino Arana debera morrer había pouco.
Ben sabe que Sabino Arana morrera moitas décadas antes da publicación dese número 11 de "Zutik!". Aínda que tamén é certo que o seu espírito rondaba moito, vaia se rondaba.
Boa noite a todos.
Eu tamén descoñezo a data de aparición dese número de "Zutik!". Pero aínda que chovera moito dende aquela, ETA segue co mesmo impermeable. Anda, se cadra, cun pouco máis de frío, pero non lle chegou nin unha gota de toda esa chuvia.
Eu estou de acordo cos que entenden a "consulta" polo "dereito a decidir" (encántame a linguaxe xesuítica do PNV) como unha argallada con finalidades primordialmente electorais. Pero creo que a proposta de Ibarretxe ten un segundo obxectivo, máis estratéxico: trátase de alimentar o agravio, que é a nutriente básica coa que nacen, subsisten e medran todos os nacionalismos. Ao meu modo de ver, Ibarretxe é perfectamente consciente de que o referendo non se vai celebrar. E de que, no caso de facerse, se celebrará nunhas condicións tan anómalas e perralleiras que os seus resultados non terán máis validez que a dunha desas enquisas que fan os periódicos nas súas páxinas web. Pero, haxa ou non haxa consulta, o que é seguro é que se producirá un novo fito histórico na andaina xa sete veces milenaria do pobo vasco. Unha nova derrota, un novo agravio, unha nova historia de opresión española na que refocilarse entre sentimentos de melancolía e de rabia. E tampouco non é en absoluto descartable que os fillos e os netos dos patriotas que hoxe ven tan inxustamente sofocado o seu nobre afán por "decidir" atopen neste episodio un novo motivo, unha xustificación máis para seguir matando inimigos e traidores... E así se vai escribindo a historia, como o conto aquel do que falaba Shakespeare para dicir o que era a vida: "un conto contado por un idiota, cheo de ruído e de furia, que non significa nada".
Apicultor, por se non se notou, levaba a miña brevidade intención retranqueira (pouca historia sei, pero aí chego) e un tanto provocadora (púxenllela "a huevo"). Sobre Ibarretxe, sígome reservando, a pesar dos aguillóns.
Notei, notei a súa retranca, amigo Saavedra, pero eu tratei de neutralizala coa miña resposta facendo coma se non me enterase.
En serio, a ver se hoxe á tardiña teño algo de tempo para dicir algo (Agora só dispoño destes cinco minutos).
"NO es por el huevo, sino por el fuero". Xa que andamos de refráns, modismos e ibarretxes.
O tema a debate pode dar pé a discutir múltiples cuestións, das máis xerais ás máis concretas.
Entre os aspectos de índole máis xeral estarían, entre outros, todos aqueles relacionados coa fundamentación mítico-simbólica e ideolóxico-política dos nacionalismos (e do nacionalismo vasco en particular), e se estes permiten –segundo se modulen- unha posible (ou imposible) articulación das aspiracións nacionalistas dentro dun estado-composto.
Entre os de índole máis concreta estarían, entre outros, aqueles relacionados coa estratexia actual do PNV dentro do contexto vasco e global, a súa natureza, concreción conxuntural e obxectivos a curto e medio prazo. Do que se derivaría a pertinencia ou non do “desafío Ibarretxe” e as súas repercusións no escenario político presente e futuro: cómo afectaría ao autogoberno vasco, ás diferentes forzas políticas en liza ou á hipotética solución da violencia política representada por ETA.
Naturalmente, todos estes aspectos áchanse mutuamente imbricados na práctica. Mais a efectos dun debate ordenado, habería que facer un esforzo pora diferenciar planos.
X. L. Barreiro
El BNG y el Estado
Nadie duda que los dos partidos nacionalistas de Euskadi y Cataluña -PNV y CiU- fueron esenciales en la configuración del pacto constitucional que dirigió la transición y en la determinación progresista de nuestra actual democracia. Y, aunque la imagen del PNV sufrió mucho con la deriva soberanista de Estella, tampoco se puede negar que buena parte de la contribución nacionalista a las políticas de Estado tuvo el sello personal de Jordi Pujol y el de Xabier Arzalluz.
Claro que los españoles, y muy especialmente los gallegos, les hemos pagado con creces su esfuerzo y generosidad, no sólo reconociéndoles su altura política y el liderazgo de sus respectivas nacionalidades, sino aceptando que, ya sea a través de acuerdos formales como el cupo vasco o el actual Estatuto de Cataluña, ya sea mediante cesiones coyunturales derivadas de su situación en el arco parlamentario, ambas comunidades saliesen muy favorecidas -en lo político y lo económico- en una visión integral del hecho autonómico.
Los gallegos hemos envidiado siempre, de forma explícita o implícita, a los vascos y catalanes, y muy pocos se libran de haber dicho alguna vez la manida frase de «si aquí hubiese un partido como CiU o el PNV, yo también lo votaría». Y tanta necesidad tuvimos de ensalzar el paradigma que venía de fuera, que más de una vez hemos utilizado la crítica exacerbada de lo nuestro, es decir, del BNG y de Coalición Galega, para marcar y glosar las distancias que nos separaban y el mal fado de nuestra historia.
Por eso se me ocurre que, si queremos ser justos, podríamos hacer ahora lo contrario. Porque, siendo evidente que estamos en un momento en el que ni el nacionalismo catalán ni el vasco están dando una talla de Estado, podríamos empezar a valorar y a enorgullecernos de la elegancia y la altura política con la que el BNG y sus dirigentes están afrontando esta delicada coyuntura. Hace nueve años, cuando se firmó la Declaración de Barcelona, hubo aquí mucha gente que, empeñada en autoflagelarse, no entendía para nada qué hacía un partido de la izquierda radical e independentista -«amigo de los batasunos», llegó a decirse- entre dos formaciones centristas y democristianas, ligadas a las burguesías industriales y financieras de Euskadi y Cataluña.
Por eso haríamos bien en reconocer que, mientras nosotros avanzamos hacia un nacionalismo compatible con el Estado, ellos están retrocediendo -quiera Dios que coyunturalmente- hacia un pejiguerismo político difícilmente manejable en los contextos del Estado y de la Unión Europea. Porque la humildad consiste -decía san Pablo- en predicar la verdad de uno mismo. Cuando vamos mal, lo malo. Y cuando lo hacemos bien, lo bueno.
Quizais despois deste texto poida ir desaparecendo a estraña fascinación que sinten por Barreiro algúns nacionalistas galegos.
Porque, en primeiro lugar, di unha cousa que é anatema para un nacionalista fetén: os galegos somos españois. En segundo lugar, porque censura a "deriva" soberanista do PNV, que moitos nacionalistas galegos admiran na intimidade. E, en terceiro lugar, porque loa a moderación do BNG e a súa renuncia a determinadas esencias soberanistas.
Non sei que lle ven os nacionalistas galegos a este home. Eu, se o fose, amolaríanme moito as súas palabras e incluiríao na lista negra dos desafectos (en realidade, nunca foi realmente "afecto", pero os nacionalistas galegos nunca se quixeron enterar).
Pois, sobre a FASCINACIÓN BARREIRO e sobre o que di Apicultor, o seu artigo de hoxe (xa tiña pensado colgalo) é probable que non guste a moitos militantes nin ós cadros máis soberanistas. Pero faille un favor impagable á imaxe do BNG como partido e do BNG no goberno e supoño que os seus máis altos dirixentes (p.ex. no goberno) o verán así.
"Fue bueno el número y calidad de los invitados. Fue bueno el paseíllo para llegar a la tribuna. Fue bueno el acto político con todo el EBB izando la ikurriña. Fue lógico el discurso del Lehendakari defendiendo su propuesta y dejando claro que aquí el único enemigo es ETA. Me pareció por otra parte oportuna la mención a lo que permite el estatuto andaluz sobre las consultas, que copiaré y plastificaré cuando en Madrid me vengan con el rollo antidemocrático".
(Iñaki Anasagasti, no seu blog, sobre o Alderdi Eguna deste ano).
Asinado/ O francotirador momentáneo.
"Si a esto se le añade que solo se apela a la Constitución para cerrar la puerta a un hecho democrático cuando esa misma Constitución se vulnera todos los días, ya me dirán estos nuevos cruzados de la Carta Magna el respeto que podemos sentir por afirmación tan rotunda.
Porque el Estatuto de Gernika es ley orgánica aprobada por referéndum y 28 años después sigue sin cumplirse. Y siendo constitucional no pasa nada,. porque si uno va al Tribunal Constitucional, elegidos sus magistrados entre el PP y el PSOE, le dan con la puerta en las narices o cuando Ibarretxe va al Congreso con su plan bajo el brazo, el PP y el PSOE se ponen de acuerdo y ni lo admiten a trámite.
Me gustaría saber que opina de todo esto un ponente constitucional como Miguel Herrero y Rodriguez de Miñón que junto a Ernest Lluch escribió aquel libro sobre el "Constitucionalismo Util". Me da la impresión que, si le dejaran hablar sin presiones avalaría la propuesta hecha por el Lehendakari porque recuerdo haberle escuchado decir que él prefería españoles que quisieran serlo que españoles a la fuerza. Pero ¿cuántos hay como Miguel Herrero en Madrid?.
Estoy seguro que el PP le acusará a Zapatero de la propuesta de Ibarretxe y Zapatero en respuesta será el más duro y cerrado de los "constitucionalistas" para que no le acusen de vender España. Estoy seguro que ETA, como siempre, se dará por no enterada. Estoy seguro que HB, con la excusa de que no está una Navarra a la que ellos han alejado, dirá que esto es una castaña. Estoy seguro que la palabra consulta será objeto de mofas y befas, chistes y comentarios, amenazas y algún que otro apoyo, pero ya, nadie podrá decir que la apuesta hecha el viernes le deja indiferente y que, aunque no le guste, si se lo toman en serio, puede ser, como dice Ibarretxe, una forma de lograr "una relación amable con España", eligiendo previamente si queremos llegar entre todos, a decidir juntos. Falta un año. Será un período interesante".
(Id., ibidem).
Asinado/ O francotirador momentáneo.
En efecto, Marcos, das plenamente no albo do paradoxo que vive hoxe o nacionalismo galego.
Semella que hai dúas percepcións e dúas narrativas que determinan dous "tempos" diverxentes no nacionalismo galego:
a) O "tempo militante", que é traumático porque se acha simbolicamente ancorado no desexo reprimido dunha mítica soberanía soñada e permanentemente adiada.
b) O "tempo `espazo gobernamental´", que é, a súa vez, levemente traumático e sutilmente gozoso, ao vivenciárense simultaneamente como a renuncia non aminora a impotencia de gobernar subalternamente e como a ledicia das moquetas supón un bálsamo gratificante.
Barreiro, como non podía ser doutro xeito, faille un favor a este último e pon unha demoledora carga de profundidade ao primeiro.
Estaría ben que non opinara vicariamente, amigo Saavedra. E que non tomara a palabra de parte como sacrosanta e infalible palabra.
(A ver se nos aclaramos)
04-10-2007 11:13 horas (CET)
Erkoreka dice que el propósito "inicial" de Ibarretxe no es un referéndum, sino discutir la "ubicación" de Euskadi
Pide que no se especule con "intangibles" que no se sabe si sucederán porque están "subordinadas" a que antes sucedan otros acontecimientos
El portavoz del PNV en el Congreso, Josu Erkoreka, aseguró hoy que el propósito "inicial" del lehendakari Juan José Ibarretxe "no es convocar ningún referéndum", sino alcanzar un acuerdo con el presidente del Gobierno, José Luis Rodríguez Zapatero, sobre el "replanteamiento de la ubicación de Euskadi en el contexto del Estado español".
Erkoreka hizo un llamamiento para que no se especule sobre "intangibles que no se sabrá si tendrán lugar porque están subordinadas a que previamente sucedan otros acontecimientos".
Así, el diputado vasco explicó que la 'hoja de ruta' presentada por Ibarretxe contempla primero "una serie de pasos que se centran en la búsqueda de entendimiento y de un acuerdo con el Estado", en los que el lehendakari "centrará su empeño" durante los próximos meses".
"El primer punto es el encuentro que el lehendakari va a tener con el presidente del Gobierno y los intentos sucesivos de ese encuentro para alcanzar un acuerdo con las instituciones del Estado en torno a un replanteamiento de la ubicación de Euskadi en el contexto del Estado español", declaró.
REFERENCIA "FINAL" AL REFERENDUM
Además, señaló que el plan del jefe del Ejecutivo vasco contiene una "única referencia" a la expresión 'referéndum' en el "punto final", en el que se habla "de una convocatoria a las urnas con forma de referéndum para ratificar unos acuerdos previos o una reforma del régimen legal previamente acordada".
Mientras que en las demás ocasiones en las que habla de una consulta a las urnas, el plan utiliza otras expresiones, dijo, antes de defender que en el ordenamiento jurídico "la consulta popular y el reférendum no son sinónimos ni mucho menos". "Y mucho menos la expresión consulta popular y referéndum ilegal, que es lo que veo que se utiliza con excesiva profusión en algunos círculos de Madrid cuando se hace referencia a lo que el lehendakari ha presentado como su 'hoja de ruta'", apostilló.
Así, pidió que se espere a ver "el desenlace" del próximo encuentro entre Zapatero e Ibarretxe previsto para el día 16 de octubre y que se pongan los esfuerzos en "buscar un consenso" en los acuerdos planteados por el lehendakari.
Semella que xa empezan as "rebaixas" do PNV, consciente de que non se pode asar o cabrito antes de desfolalo.
... asar o año antes de desfolalo.
Indico, inicialmente e por se non era coñecido, que Erkoreka é da tendencia Imaz.
Observo, secundariamente, que igual se desconsidera o balance pasos/obxectivos, a non ser que todo o aparello léxico-semántico estea en absoluta barrena. O PSOE xa non busca o socialismo, sexa este o que for?
Tercio e remato coa aseveración -compartida, I presume- de que non todo o que un reproduce é materia evanxelical. Si, claro, refírome a Barreiro.
Daquela, amigo Saavedra, chegamos a unha constatación fundamental que vostede curiosamente non fixo nas súas intervencións: non hai consenso claro dentro do propio PNV, polo que a proposta de referendo procedería unicamente dunha das súas almas (ou se cadra dunha parte dunha das almas).
E eu pregunto: se dentro do propio PNV non se dan posto de acordo, pódese pretender poñerse de acordo co presidente do Goberno?
Conviría, pois, non ser máis papistas que o Papa. Digo eu.
O que eu penso ao respecto, Apicultor, é máis simple e a un tempo máis complexo. Esperaba, con todo, que vde. puxese bases de discusión máis concretas, porque xa me cansa algo actuar como provedor de material sobre o que se efectúan emendas específicas (aínda que alegando causa desde figuras -tan caras á cultura occidental- coma a do avogado do diaño ou o sedicentemente humilde obxectador).
Vaia, Apicultor, que poña o corpo algo, como os demais temos feito, que o arsenal está listo.
Pois que quere que lle diga.
Considero que a proposta de Ibarretxe é, ademais de fortemente personalista, unha fuxida cara adiante nun escenario no que persoalmente el pinta pouco, que está feita SEN CONSENSO NO SEU PROPIO PARTIDO e que vai rematar desinflándose coma un globo pinchado.
Ademais, preséntase teimudamente a proposta como algo de seu democrático, cando o Lehendakari NON PROCUROU PREVIAMENTE NINGÚN ACORDO COAS OUTRAS FORZAS POLITICAS (fóra dos conmilitóns), nomeadamente cos socialistas. E, finalmente pero non en último lugar, ACTÚA DUN XEITO AUTISTA como se non existise un fenómeno que todo o desvirtúa e corrompe: a violencia terrorista. O resultado de todo isto pode ser profundar aínda máis a fractura social e política no País Vasco, ademais de fomentar unha involución xeral no ámbito das reformas territoriais (os novos estatutos) da que os galegos seriamos os principais paganos.
Por outra banda, estalle a dar munición dialéctica á dereita máis recalcitrante e, como efecto rebote, pode provocar unha "involución" españolista no PSOE, que persoalmente me parecería moi nefasta.
Cálculos electoralistas: é máis que posible. Tratar de arrebañar votos abetzales: veremos se os que gaña por unha banda non nos perde pola outra.
Ou sexa, que irrumpir como un elefante nunha cacharrería non me parece a forma máis intelixente de facer política.
(Isto para empezar...)
Isto xa é falar. Mentres non segue, xa que é só empezar, vou ofrecendo algún material previo á exposición sobre o momento presente.
Máis material..
E unha aclaración previa -non vai por vde. en particular, Apicultor-: determinado tipo de avaliacións universalizantes non me producen frío nin calor. Nos últimos trinta e tres anos de vida asistín á aparición e desaparición de diferentes tópicos: foi primeiro, en asembleas de facultade, o de "hablar gallego es de folklóricos y hay gente no entiende"; veu despois o de que nacionalismo e esquerda son incompatibles; xorde agora o de que o vitimismo é consustancial ao nacionalismo. Tempus fugit, topoi mutant. Sic transit gloria mundi.
Considero que a -en principio- frustrada intención de Imaz de modernizar ideolóxica e programaticamente o PNV era a liña máis eficaz, tanto para o País Vasco como para os demais (incluíndonos a nós no lote).
Non é de estrañar, pois, que os imazistas estean en descordo co que se está propoñendo. "Una relación amable con España" -como di Ibarretxe- só se podería conseguir cunha nova política nacionalista como a que propugnaba Imaz.
Esta nova proposta de Ibarretxe é, mutatis mutandis, unha reedición do desarborado (si, unha árbore que murchou: estaba mal plantado e mal abonado) plan doutrora, e que significou, xa non un fracaso político, senón un fracaso "persoal" que o deixou tocado. O de agora é o canto do cisne de Ibarretxe. E sospeito que lle pode saír o tiro pola culata.
Non é moi acaído mesturar tópicos de moi distinta natureza, amigo Saavedra. Cando menos permítame dicir que non é metodoloxicamente apropiado.
E repare vostede -como teñen reparado multitude de sociólogos, politólogos e historiadores- que a construción discursiva do "agravio" devén fundamental para a mobilización política de moitos movementos sociais. O agravio non é tanto algo obxectivamente dado, senón creado a partir da avalición e selección de trazos que poden estar presentes na realidade ou que mesmo poden ser imaxinados ou magnificados. O recurso a presentarse como "vítimas" (un xeito de concretarse o agravio) non é algo exclusivo dos nacionalismos, xaora, aínda que en determinados casos o teñan utilizado até a náusea. O asunto daría para moito máis e podería explicalo dun xeito menos pedestre, pero en esencia é así.
Non mesturo, Apicultor, tan só me distancio dunha aplicación con carácter universal e igual ata exclusivizante. É obvio, por outra banda, que a política é xogar cos factores e o agravio resulta factor poderoso, principalmente cando existe; non sobre obxecto nacional, por certo.
Se poño unhas cousas a carón doutras, sen mesturar, é porque certas músicas sóanme parecidas. Aínda que cambie a letra, e se cadra non tanto.
O de Ibarretxe logo vai, pero ando a medias con outro traballo de certa urxencia.
Anteriormente debía dicir "non só sobre obxecto nacional, por certo".
Tómeo con calma, amigo Saavedra, que moito me temo que nin a vostede nin a min nos van facer caso tanto neste como noutros temas. Non hai, pois, urxencia na resposta. Que quede para máis tarde ou para mañá ou pasado.
Por certo, que lle sente ben o polbo de mañá no San Froilán. Xa sabe que, para que dixestione, hai que regalo xenerosamente cun bo viño do país.
Convén ler o discurso de Iba na súa totalidade (xa sei: unha pulsión masoca tena calquera). Aparte do estilo lamentable (cheo de frases coloquiais de colegueo curil), adica boa parte (ou case toda) a loubar a situación económica e social do País Vasco, con datos indiscutibles sobre a prosperidade, progreso, riqueza dos cidadáns, capaces de competir en pé de igualdade cos mellores países do mundo occidental. Só nalgunhas ocasións (creo recordar no ámbito da investigación científica) lamenta que o Estado non lle deixa competencias. Non se podía agardar outra cousa, xa que leva gobernando o PV case 30 anos. Un paraíso, un Shangri-la. Pero onde aínda non hai paz, nin están respetados os dereitos históricos dos vascos. Este asunto ocupa a parte final do discurso, que é o que estamos a discutir. Como casa, pois, a primeira parte de exaltación dunha Euskadi de récords en calidade e nivel de vida coa segunda parte dun discurso victimista. Porque non é o caso do "català emprenyat": é o dunha sociedade riquísima, cuns estándares de vida acolloantes. E son palabras do lehendakari; non miñas. Se están tan ben e tan desenvoltos, cal é a xustificación de tal proposta? Eu non digo que non sexa nin lícita nin interesante desde o punto de vista estratéxico: pero que busca nestas circunstancias tan favorables?
Debo aclarar, ante todo, que teño bastante simpatía polo PNV. Hai certos valores dese partido político que aprecio especialmente, entre eles o de, na adversidade, medraren en autoestima e decisión; ao respecto, teño a convicción de que non só eu, posiblemente unha maioría dos que escribimos aquí (xunto con millóns de persoas non vascas) lles debemos algo ben relevante que non mencionarei quitado que alguén manifeste interese.
Moitas cousas do PNV son escasamente comprendidas, para o meu ver, por efecto de tópicos cuxo mantemento me resulta a min difícil de entender. A animadversión en tal sentido alcanza, xaora, aos seus líderes; como a tal sempre deixa fóra aqueles que se identifican como "menos nacionalistas" (aos que lles é conferida decontado, nova incomprensión miña, a vitola de "máis modernos" e mesmo, manda truco, "máis tolerantes"), empezo a entender as cousas. E lembro aquel veciño de mesa, hai tantos anos, co seu "a España, que no me la toquen"; de aí certas irritacións, non infrecuentemente vestidas de displicencia.
(Cont.).
Definitivamente, voume tomar unhas merecidas vacacións.
Para valorar a Ibarretxe, convén inicialmente ter en conta a súa historia; é curioso como certos hábitos metodolóxicos quedan postergados dependendo do caso. Primeiro, é da escola de Ardanza, louvado no seu día como seica contrapunto de Arzalluz; o de Laudio non foi calquera cousa, senón un dos esteos no goberno do de Arrasate e como tal considerado esperanza de "moderación". Certas mudanzas estráñanme pouco, tamén Atutxa era bo ata que se fixo malo, ou sexa, moito do partido. Pero deixemos a intercalación, na medida do posible.
Ibarretxe é, notoriamente, home de concordia. Para comprobar iso, en efecto, é ben ler os seus discursos presentes e aínda mellor ter seguido a súa executoria pasada: sempre se plantou (chantou, neste caso, sería mellor, pola firmeza e contundencia) fronte a ETA; sempre manifestou explicitamente que o futuro de Euskadi era cousa de todos os vascos; sempre realizou ou tentou realizar a súa política con base en tal principio. Como consecuencia diso é desde hai anos -de longo, sen comparanza e a falta de inquéritos novos- o político mellor valorado no ámbito das tres provincias, sen dúbida a centralidade que gañou as dúas últimas eleccións autonómicas nas tres provincias, incluída a seica simbólica Araba. Ese contraste coa realidade vasca tende a ignorarse, a globalidade española parece resultar o único contraste e lexitimidade posible.
(Cont.).
Nas tres provincias -cada unha na medida correspondente- tamén nos outros territorios, quéirase ou non, existen dúas maneiras de considerar a lexitimidade política, que substanciarei agora na alternativa "decide España / decide Euskal Herría". E unha porcentaxe moi relevante da poboación, quéirase ou non, desexa a independencia de Euskal Herría (concepto cuxo alcance non preciso, simplemente reproduzo un punto de vista certa e demograficamente relevante no País Vasco). Penso que hai, notoriamente, un debate de lexitimidades, que polo visto a moitos non lles importa ou, simplemente, non o queren ver ou mirar; verbas de Ibarretxe, no Parlamento Vasco: "Que ustedes digan que aquí no hay un conflicto político, me parece, literalmente, increíble". A min tamén.
A proposta de Ibarretxe, xa rexeitada no Parlamento Español, non é de independencia senón de soberanía compartida; ceden uns, ceden outros. É sen dúbida unha proposta para o consenso, onde todos cederían; non vexo desde que punto de vista se pode negar isto.
(Cont.).
Rematando. Que Ibarretxe é intelixente e ten olfato político, para min é notorio; demostrouno "cravando" a priori os resultados nas eleccións do 2001, cando poucos no panorama mediático español daban un peso por el. Que procura unha saída para o "conflito vasco", tamén; que non é un "radical perigoso", paréceme fóra de dúbida. De feito, considéroo a ponte entre Imaz e Eguibar, se queren vdes., "as dúas almas".
Por que anuncia "a consulta"? Aí me pillaron, porque non o sei. As circunstancias políticas parecen de todo desfavorables e un referendo vinculante pode resultar idea interesante desde o punto de vista da pedagoxía política, pero absolutamente desbotable como posibilidade inmediatamente realizable. Que move a Ibarretxe?
Desde a miña perspectiva, o sentido que ten do seu deber como lehendakari: debe presentarlle ao seu país (polo menos, á parte del que goberna, tres provincias) a súa proposta e solicitar que se manifesten ao respecto; debe facer ver que teñen dereito de manifestárense. Considero que actúa con base nunha esixencia eticamente sentida.
Como acabará a cousa? Non o sei, pero desconfíese da forza que acaden iniciativas individuais realizadas desde a autoridade moral e política; cousas teñen pasado. Algo me din anos de seguir de cerca esta figura e os seus comportamentos: nin é parvo, nin ególatra nin actúa ao tolo. Vou esperar para ver.
Isto é o que penso, por caer ben non o ía enfeitar.
Apicultor, faga o favor, non me deixe así por moi duro que queira ser. Falamos mañá (depende, é San Froilán) ou pasado. Teñan boa noite.
Copio e pego o que está escrito no discurso de Ibarretxe doutro día:
"En la pasada legislatura conseguimos superar, por primera vez en nuestra historia, dos objetivos cruciales para nuestro bienestar: la convergencia en renta y la convergencia en empleo con Europa.
Estos dos retos que, hasta hace unos pocos años parecían inalcanzables, hoy son una realidad palpable, hasta el punto de reconocer con satisfacción que hemos conseguido situarnos en los puestos de cabeza europeos.
Según los últimos datos estadísticos oficiales, nuestro PIB en el año 2006 creció un 4,2%, por encima de la media española y europea, encadenando trece años ininterrumpidos de crecimiento. Crecimiento que se ha mantenido por encima del 4% en los dos primeros trimestres del año 2007, lo que confirma la buena marcha de nuestra economía.
De esta forma, Euskadi, a finales del año 2006, ha logrado alcanzar un nivel de renta per cápita, en términos de paridad de poder adquisitivo, que supera prácticamente en un 28% a la media europea, situándose entre los tres primeros países europeos, tras Luxemburgo e Irlanda. Para que tengan ustedes un dato comparativo, el Ministro español, Sr. Solbes, en unas recientes declaraciones públicas, ha manifestado que España tiene como objetivo superar la renta media con la Unión Europea en el año 2010.
La tasa de paro, que todos hemos llegado a conocer de hasta el 25%, se sitúa por debajo del 5%, concretamente en el 3,4%, si atendemos a los últimos datos del Eustat. En cualquier caso, en niveles técnicos de pleno empleo. En el año 2000, 23 de los 27 países de la Unión Europea, tenían una tasa de paro inferior a la nuestra. Pues bien, en el año 2006, sólo dos países, Dinamarca y Holanda, tienen tasas de paro inferiores a Euskadi.
Pero lo verdaderamente significativo es que las tasas de paro masculino y femenino prácticamente se han igualado, cuando hace menos de 10 años la diferencia entre ambas era de 15 puntos porcentuales.
Por lo tanto, en los dos grandes objetivos de toda política económica, concretamente en los señalados por la Estrategia de Lisboa como fundamentales: “growth and jobs”, es decir, “crecimiento y empleo”, los resultados que ofrece la economía vasca son excepcionales.
Por otro lado, según el Eustat, y utilizando la misma metodología que usan las Naciones Unidas para medir el Indice de Desarrollo Humano de un País, esto es, considerando los niveles de renta por habitante, de educación y de esperanza de vida, Euskadi se situaría entre los cinco primeros países del mundo, en términos de bienestar.
En fin, no me voy a extender en otros indicadores positivos de creación de empresas, certificados de calidad, seguridad ciudadana, ratios de endeudamiento, crecimiento de las exportaciones, etc… Son todos ellos oficiales y posiblemente tengamos ocasión de contrastarlos a lo largo de este Debate. Lo que quiero señalar sólo con los tres datos citados anteriormente de renta, empleo y desarrollo humano, es que Euskadi se encuentra en los niveles de calidad de vida más elevados de toda su historia.
Fai ben en decir claramente o que pensa,XM Glz.A estas alturas da vida,nas que a un xa lle déu máis de dúas voltas o contaquilómetros...
Pero,Apicultor, Quo vadis?
Home, González, que me veñan a estas alturas coa descualificación de españolista (""a España, que no me la toquen" disque pensamos algúns)... pois mire, por aí non lle paso, francamente. E prefiro non seguir falando.
Boa noite a todos.
Pos parece que non arde Troia, a pesar de que lle tocaron o talón a Aquiles.
Outra contestación alternativa podía ser esta:
Home, González, facíao eu un pouco máis orixinal e non necesitado de acodir ás rancias palabras de outrora: mira que vir a estas alturas chamándolle a un españolista! O que hai que ler!
En cambio, teño que manifestar a miña máis profunda admiración pola súa benemérita capacidade para a haxiografía. Mágoa que non esteamos na idade media. Con todo, as vidas de de santos (nacionalistas, of course) aínda son necesarias neste mundo de descridos e pecadores impenitentes.
Pola miña parte, prometo non apostatar máis, para tranquilidade de todos.
Viva Euskadi Askatu (manque pierda)!
Boa noite.
Postdata para Jimmy:
Eu nunca simpaticei co CDS de Adolfo Súarez e Rodríguez Sahagún.
Aínda que postos a ser excéntricos...
Mea culpa, mea culpa.
Pero era polo seu intento de introducir no seu partido o liberalismo politico. Sempre, a verdade, fun un liberal.
En particular para o APICULTOR (xaora, como é público,todo o mundo pode comentalo, coma sempre):
Estimadísimo contertulio (dito sexa sen a menor sombra de ironía), en absoluto me dirixía particularmente a vostede nas mensaxes anteriores; estaba procedendo a explicar -bastante inicialmente, por outra banda- cales son os puntos clave da miña perspectiva sobre Ibarretxe e Euskadi, agora. Se digo "Moitas cousas do PNV son escasamente comprendidas", non o proxecto particularmente en vde.; se falo de animadversión cara a ese partido non me refiro en particular a vde., que ata onde eu alcanzo descualificou particularmente só a Ibarretxe, e entendo que non persoalmente senón contextualmente, ou sexa, en virtude da súa proposta e actuación recentes.
Isto é o que eu entendo. E se lembro certa anécota e aplico aquel "A España que no me la toquen", é porque penso (si, penso, e considero mellor agora dicilo ca calalo) que moita xente entre a policiticamente activa e reflexiva, con declarada e asumida posición de dereita ou de esquerda, ten a cuestión "España" coma intocable; e non xa como materia ideolóxica; absolutamente lexítimo; nin de acción política, perfectamente razoable: no ámbito concreto da análise privada e debate público.
Leo por veces, aquí e noutras partes, cousas que me suxiren aquel prexuízo. Pero, se lle vou dicir verdade, Apicultor, non era esa a idea que tiña de vde., se lle digo a verdade toda, nin esa nin outra. Vde. critica o nacionalismo, pero sempre quixen ver que desde explícitos motivos estratéxicos, de acción política ou de concepto da nación e a sociedade; non porque se encastele detrás dunha España que, vólvolle dicir verdade, non sei ben o que significa para vde., a importancia que lle dá e non pregunto.
En fin, APICULTOR, falaba con vde. (era quen a min que constaba que estaba diante), pero non de vde. É a segunda vez que teño un serio desentendimento con vde. e laméntoo tanto coma a primeira vez. Lin a súa despedida noutra mensaxe, e confiando en que lea esta mándolle unha aperta.
P.D.: Con todo, quede claro que Ibarretxe me parece un político valioso que en certos momentos demostrou lucidez, non un santo. Supoño que a hipérbole terá algo que ver co seu incomodo.
Como vexo que o amigo Saavedra tivo a ben dirixirse a min, é de recibo e de urbanidade que eu –contradicindo a intención de ausentarme unha tempadiña para outros mesteres- aprecie no que vale a súa deferencia ao aclararme un malentendido.
Se algo aprendín aos meus anos é que non compensa, desde ningún punto de vista, enfadarse alén do estritamente necesario. Porén, e como humano falible e humorable, non sempre son quen de cumprir con este principio. E onte, en efecto, teño que recoñecer que me amolou unha alusión de Saavedra que eu interpretei como dirixida a min directamente.
Aceptada a súa explicación, son eu quen debe manifestar as miñas desculpas pola miña desabrida resposta. Polo contexto da discusión que estabamos a ter, e como iniciou a súa intervención cun novo rexistro, produciuse un curtocircuito no diálogo e saltaron chispas (menos mal que isto non arde!). Percibín, sen dúbida erroneamente, unha impugnación –en realidade, un golpe baixo- que ía alén do que eu podo permitir e tolerar, mesmo asinando cun nome virtual que non é o meu.
Todos somos conscientes do mal que lle fixeron a este país actitudes sectarias e intolerantes como a que, de súpeto, me pareceu revivir como levados polo túnel do tempo. A min, verdadeiramente, sempre me resbalaron tales actitudes se procedían de persoas descerebradas que non sabían diferenciar un allo dun carballo, e ademais nunca tiven ningunha experiencia directa realmente desagradable ao respecto, pois os descerebrados adoitan ser tamén covardes. Pero a estas alturas, que alguén como Saavedra, ao que respecto pola súa intelixencia, bonhomía e mesmo franciscana paciencia, caise por esa suposta pendente, recoñezo que me puxo de moi mala uva (á fin e ao cabo, estamos nunha solaina chea de uvas). Admito o erro na apreciación e reitero as miñas desculpas. Un mal día teno calquera e eu non podo ser unha excepción (para máis inri rematara co meu ansiolítico natural: o Winston de paquete duro).
Desculparán desta vez a miña grafomanía, pero non me substraigo a unha última e quizais confusa reflexión. Neste novo medio polo que nos comunicamos, por permitir o anonimato ou a figuración con outro nome, todos –ou case todos- os códigos tradicionais da comunicación intersubxectiva (palabro!) poden romperse ou estirarse, mesmo sen que sexamos conscientes. De tal xeito que podemos habitar nunha dupla condición: somos nós e, ao tempo, non somos nós, os que opinamos, os que debatimos, os que rexoubamos, os que nos divertimos ou nos irritamos. A identidade queda, dalgún xeito, descentrada, descomposta en diferentes e, por veces, contraditorias voces. Por iso convén establecer unha prudencial distancia cun mesmo. Isto hai xente que non é capaz de comprendelo, e a min, como a todo fillo de veciño, tamén me pode pasar. Velaí a grandeza e a servidume deste novo medio que xa non ten remedio. Non nos agobiemos, pois, coa absoluta coherencia, coa identidade dunha única peza. Non somos “nós” quen falamos realmente aquí, só somos sombras chinesas que se proxectan nunha parede branca. Detrás, si, pero tan só detrás, hai mans, corazóns e, se cadra, cerebros que por veces funcionan. Mais o importante é a sombra momentánea que se proxecta e que nos admira. Logo, cando remata a actuación, recollemos os bártulos e partimos.
Que teñan unha boa fin de semana, amigos e amigas.
Queñes están discutindo son as ideas soliñas,as ideas puras.Mire por onde,internet é ese mundo platónico onde as ideas interactúan e teñen unha existencia independente do "mundo real".O das anchas costas era un xenio...
Bó fin de semana ,Anónimo Político-Cultural.
E dedícolle ésta.(Fíxese na letra).
THE GREAT PRETENDER
Non me parta o corazón, non me diga "I play the game but to my real shame/You've left me to dream all alone".
Eu tamén sempre o quererei. Boa fin de semana, amigo.
Non sei se leu moito a Pessoa, Apicultor: Eu sóu inúmeros.
Algo de un sempre está. Con todo, cantos haberá que lendo a súa penúltima mensaxe, non estarán a encontrarse ou entenderse. Boa fin de semana.
Acho tao natural que nao se pense
que me ponho a ris ás veces, sozinnho.
Nao sei bem de que, mas é de qualquer coisa
que tem que ver com haver xente que pensa..
Que pensará o meu muro da minha sombra?
Pergunto ás vecees isto até dar por in
A preguntar-me coisas...
E entao desagrado-me, e incomodo-me
Como se desse por mim comou pé dormente...
Que pensará isto de aquilo?
nada pensa nada.
Terá a terra consciencia das pedras e plantas que tem?
Se ela a tiver, que a tenha...
Que me importa isso amin?
Se eu pensase nessas coisas,
Deixaría de ver as árvores e as plantas
E dixaría de ver a Terra,
Par ver só os meus pensamentos...
Entristecía e ficava ás escuras.
assim , semp pensar, tenho a Terra e o céu.
Alberto Caeiro
Grande Caeiro, grande Pessoa.
Publicar un comentario