1 oct 2007


Galicia como arquipélago (A. Baamonde en El País 1 outubro)



La nuestra ha sido en el pasado una sociedad de complejidad minusvalorada y hay que ver en ello otra de las manifestaciones del atraso. Esa complejidad va a seguir aumentando, esperemos que en la forma de un crecimiento sostenido, pero tendrá lugar en una sociedad en la que el más del 60% de su población es trabajadora, en la que su campo va a vivir procesos de progresiva capitalización a cargo de empresas madereras, vitivinícolas, de extracción de granito, etcétera. Y en la que, por supuesto, el porcentaje de inmigrantes transformará no sólo el paisaje urbano, sino también el de nuestros pueblos y aldeas. Convendría que nos rascásemos la cabeza para entender que en nuestros días la realidad cambia más rápido que los conceptos que tenemos para manejarnos con ella.
(Foto de Xulio Villarino, da súa reportaxe publicada en "El País" sobre galegos inmigrantes, que tamén percorreu Galicia en forma de exposición)

58 comentarios:

Anónimo dijo...

"O paso do capitalismo de producción ó de consumo significa un novo discurso dominante e, por primeira vez en dous séculos,a poderosa elite económico-política mundial elabora un discurso de carácter aparentemente "internacionalista" e "progresista". Os produtores de ideoloxías sustentadoras do modo económico imperante danlle publicidade ó lema da "globalización" como concepto propio do tempo en que vivimos. En cultura, a marca comercial correspondente é "mestizaxe" (...) A cultura é global, a economía ten unicamente un camiño correcto, as democracias máis avanzadas teñen como sustento territorial os actuais grandes estados nacionais indivisibles. O resto das culturas serán delegacións das delegacións, ecos entre outros ecos. (...)
A novidade é que hoxe, con maior formación educativa, a resistencia a este discurso (h)único é moito menor. É aí onde o papel desta "nova clase media", herdeira dun país con historia e cultura de seu, que acepta como normal o alleo e como estraño o propio, é fundamental. Este segmento social no que o propio país investiu para darlle formación e capital cultural foxe da cultura e do idioma do seu propio país e refúxiase en paraísos máis homlogables, máis difundidos, máis poderosos, percibidos como de máis prestixio".
Manuel P. Rúa. "Ciencia, vida, memoria oral". "Atas I, II e III ENcontros O Son da Memoria". Santiago: COnsello da Cultura Galega.
http://www.consellodacultura.org/mediateca/pubs.pdf/son_memoria.pdf

Anónimo dijo...

Menos mal que hai xente que alerta de que veñen os bárbaros (os hunos, parece ser), que se non que sería da nosa vida? O vixia da praia globalizadora, para que non afoguemos.
Baamonde, pola súa banda, dando no cravo: mágoa de columna escasa.

Anónimo dijo...

Que predecibles son os da tribo dos neopredicadores.

Non así Baamonde, que ten a "funesta teima de pensar", aínda que as columnas xornalísticas apenas permitan ir alén da enunciación dalgúns dos problemas.

Anónimo dijo...

A realidade cambea máis rápidamente que os conceptos que manexamos pra representala...
¡E de pequeno decíanme que o pensamento era a cousa máis rápida...!

A maioría das veces,basta con darlle un pouquiño máis de grado de abstracción ó concepto pra que non haxa problemas de "manexo da realidade".O que se chama ter "mente aberta".

¡Pobríños mestres,os únicos encarregados de adiestrar á xente no hábito da abstracción dos conceptos,en desigual batalla contra a tendencia "concretizadora" do audiovisual!

Anónimo dijo...

Dicirlle a apicultor que me conte entre a tribu dos predicadores (el, claro está, non pertence a ningunha...) e a arume que coincido co pensamento expresado por anónimo, o que non me fai que el me teña que equiparar cun deses socorristas da globalización.

Dicir que "hai que adaptarse aos cambios sociais" é moi bonito cando non es emigrante/inmigrante, cando a túa cultura (e lingua) non está sendo colonizada (mentres ti escribes en castelán para un xornal español), cando se fala/reflexiona desde unhna especie de outeiro intelectual, cando son só uns poucos os que si poden adaptarse a esas novas realidades.
É moi bonito falar do bo da globalización e do mestizaxe cando non se practican, cando non se vive diariamente, e sobre todo cando se valora máis o de fóra ca o de dentro.

Anónimo dijo...

"Convendría que nos rascásemos la cabeza para entender que en nuestros días la realidad cambia más rápido que los conceptos que tenemos para manejarnos con ella."

Como os cambios son tan veloces, parece que non podemos xa non detelos senón darnos conta de que están a suceder. Non se para Baamonde a preguntarse por que a realidade está a cambiar, e se eses cambios son bos (e se son bos, para quen son bos). So bos para todos? Son inevitables? Que efectos van ter sobre Galicia (periferia da periferia da periferia)

Anónimo dijo...

Unhas dez páxinas máis adiante nestas actas sobre Son e Memoria, estas verbas de Mercedes Peón, pouco sospeitosa (polo de agora) de globalizadora.
"Por último, no apartado do baile e aínda sabendo que quedan
moitas cousas no tinteiro e outras moitas que por sorte descoñezo
(xa que a riqueza do noso folclore e neste caso do noso baile
é tal que, dificilmente, un se pode dar por satisfeito co sabido),
remato facendo unha breve alusión a eses bailes que viñeron do
exterior e son moito máis novos no tempo, e que foron duramente
criticados pola nosa Emilia Pardo Bazán, que os definía como
corruptos e estragadores dos nosos bailes máis antigos. Hoxe sabemos
que están totalmente integrados no noso folclore; son, por
exemplo, os agarrados (pasodobres, polcas, rumbas, muiñeiras corridas
–nome que se lle dá en Bergantiños a un baile que mestura o
ritmo de muiñeira con pasodobre, e que se baila metade pasodobre,
metade polca, mazurca, etc.). Unha vez máis podemos sentir
que o carácter da cultura galega non é ser submisa cara ás influencias
do exterior, senón máis ben acolledora, e estas pasan, co tempo,
a formar parte do que se chama influencia exterior dentro dunha
cultura ou folclore rico en matices, en boa medida polas súas
influencias, pero sempre cunha clara conciencia de que a esencia
se mantén con toda a súa forza".
Por se acaso.

Anónimo dijo...

"Periferia da periferia da periferia" debe ser Bután. E aínda así, sobrevéñenme dúbidas...
Do texto de Manuel P. Rúa, quédome con esa tan taxativa distinción entre "o propio" e "o alleo", que el refire directamente á historia e á cultura. Esa exacerbada caracterización do "propio" leva directamente xa non ao nacionalismo, senón ao localismo, ao parroquialismo e, finalmente, ás xenealoxías familiares (da familia propia, claro, non das alleas)

Anónimo dijo...

Benvido, amigo Leituga 1. En italiano empregan a palabra preciosa de "campanilismo".

E aproveito a ocasión para recomendar moi vivamente, ao mellor xa o fixo Apicultor noutro lugar polo que lle pido desculpas, a revista "Cultura escrita
& Sociedad", de Ediciones Trea de Xixón. Unha das mellores revistas na actualidade. O novo número, o catro, ten este índice.

Alfabetización y cultura escrita durante la Guerra Civil española

Coordinado por Verónica Sierra Blas

Juan Manuel Fernández Soria: Escuelas del frente, bibliotecas para soldados y alfabetización de trinchera
Ana Martínez Rus: Editoriales bajo las bombas
Didier Corderot: La narrativa breve: una literatura para tiempos de guerra (1936-1939)
Verónica Sierra Blas: Escribir en campaña. Cartas de soldados desde el frente
Mirta Núñez Díaz-Balart: Arquitecturas de papel. La reconstrucción del hecho represivo en los testimonios de posguerra
María del Mar del Pozo Andrés y Sara Ramos Zamora: Ir a la escuela en la guerra: el reflejo de la cotidianeidad en los cuadernos escolares
Antonio Viñao Frago: Memoria escolar y Guerra Civil. Autobiografías, memorias y diarios de maestros y maestras

ESTUDIOS
Alfred Messerli: Los estudios sobre la práctica de la escritura en Alemania y Suiza durante los últimos 25 años (1980-2005)

Anónimo dijo...

Moitas grazas, Leituga1. Non sabe como lle agradezo a súa erudición. Está claro que, seguindo o seu argumento o nacionalismo levado ao extremo pode rematar na "Cosa Nostra" ou nunha relixión para desesperados.
Non. Cando non se quere debater, ou mellor dito se "pasa" olimpicamente do que non pensa igual, pois xa se sabe: soltamos unha graza e así imos facendo este blog. Se hai outras voces que opinen, benvidas.

Anónimo dijo...

O problema dos neopredicadores é que querendo chegar a cardenais non dan pasado de sancristáns.

Benvido, amigo Leituga 1, botámolo de menos nestes últimos días.

Anónimo dijo...

Por certo que teño que dicir, caro Leituga 1, que vostede ten unhas fontes de información privilexiadas e fidedignas.

O que contou dos fracasados intentos de Antón Losada de censurar a Beramendi en Tempos Novos, e a conseguinte represalia vía denegación de subvención, é absolutamente certo.

Anónimo dijo...

Alguén pensa debater sobre o tema, están todos de acrodo consigo mesmos, ou imos seguir lendo máis achádegos de cadeirádegos?

Anónimo dijo...

A ver, home, de que quere que debatamos?

Anónimo dijo...

Que debatamos sobre o texto de Baamonde, sobre o do sancristán, sobre Beiras, sobre...?

lourixe dijo...

Mistura, misticismo, mistificación. A convivencia de diferentes formas de cultura ten que se ver como unha riqueza e non como un obstáculo. A nosa non é a mellor nin a peor, pero é a nosa, e temos que esforzarnos por conservala e desenvolvela ao tempo que tentamos comprender e asimilar outras do noso entorno. Ninguén o vai facer por nós.

Anónimo dijo...

Claro, señorita Lourixe, non se pode máis que estar de acordo co que vostede di tan sensatamente.

lourixe dijo...

En realidade non sei moi ben ao que se refire o Sr. Rúa canto á asimiliación de culturas alleas. Xa comentei nalgures unha conversa recente que tiven sobre as formas de comunicación dos adolescentes chairegos. Moitos teñen fotoblogs nos que dialogan con amigos en galego escrito (ou transcrito, non sei cal sería a expresión axeitada) mediante abreviaturas propias dos SMS. É iso unha corrupción da nosa cultura? Ou a evolución lóxica dunha língua viva, adaptándose as novas formas de transmisión da información?

Anónimo dijo...

Vou dicir unha perogrullada, pero quizais sexa conveniente recordarllo a determinados sancristáns.

As culturas están en permanente evolución, cambio e intercambio con outras culturas. Concebir unha cultura como algo "cousificado", petrificado no tempo e no espazo, como algo xa plenamente dado e que baixo ningún concepto pode ou debe ser modificado, é, a todas luces, unha necidade e unha mostra de crasa ignorancia, ademais de moi perigoso.

Anónimo dijo...

OK.A cultura como ser vivo.Nace,desenrólase,combate coas outras polo entorno.Deféndese dos ataques.Mata.O Darwinismo das culturas.
Ou: As diferentes culturas que se desarrollan diferenciándose unhas frente as outras como os diferentes órgaos dun ser vivo no seu desenrolo embrionario e crecemento.
¿Con cal dos dous modelos,ambos biolóxicos, quedamos?

(Parece descartado o modelo mineral ou o químico)

lourixe dijo...

Non creo que o Sr. Swann pretenda "petrificar" o galego e podo entender perfectamente o seu medo á metástase do castelán, cuxa presencia polas boas ou polas malas vai invadindo todos os campos no noso entorno, xa que estamos con metáforas biolóxicas.

Anónimo dijo...

Diante de qué monumento está o gaiteiro que encabeza o post.
¿Mosteiro de Aciveiro?

lourixe dijo...

A porta de Aciveiro non é románica. E non é Eiré, nin Cambre, nin Pombeiro, nin Carboeiro... buf, pódeme levar toda a noite ir eliminando, e estou intrigadísima!

lourixe dijo...

Con esas dúas arquivoltas, podería ser Sar, pero que eu lembre está empedrado, non hai herba, ou? Aiiiii, qué curiosidade!

Anónimo dijo...

San Martiño de Mondoñedo, Foz. Iso parece: http://www.castillosnet.org/lugo/LU-LUG-002V.php?id=1

Marcos Valcárcel López dijo...

A reportaxe de Villarino creo que estaba inspirada na Mariña luguesa e arredores, así que moi ben pode ser S.Martiño de Mondoñedo.

Anónimo dijo...

Por certo: suxírolle a Valcárcel que abordemos o referendo en Euskadi. Vai arder Troia!

Anónimo dijo...

Menudo precedente sentaría...

Marcos Valcárcel López dijo...

Queda o reto na mesa. Algún post sobre o referendo incluiremos nestes días... Vaian preparando os seus argumentos...

Anónimo dijo...

E,polo mesmo precio,a actitude do Anasagasti coa monarquía...

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Vaia por diante a miña impresión primaria, que non primeira: unha parvada electoral, inoportuna e oportunista ao tempo. Vaise desinflar como un mongolfiere, tan pronto como o lume desapareza.
Non fai falta dicir que nin Ibarretxe nin o EBB en completo (un prodixio de paridade) son santos ignacios da miña devoción.

Anónimo dijo...

Ola, amigos todos. Non os saudaba porque tampouco me pareceu que fose necesario facelo tras unha ausencia tan breve. En todo caso, gracias polas súas benvidas.
Ao Swann, a quen tamén saúdo cordialmente, direille que non pretendín facer ningunha broma descalificatoria nin pasar do debate. Incidín sobre a parte do texto de Manuel P. Rúa que máis me chamou a atención (coñezo algo a Pérez Rúa e chocoume que escribise unha cousa así) e opúxenlle un argumento que a min non me parece mal fundado e en cuxa discusión vostede entra só moi tanxencialmente e con referencias á "Cosa Nostra" e á relixión, respetables institucións que non ocupaban, porén, o meu ánimo cando escribín ese post. Tampouco din mostra ningunha de "erudición", agás que se considere como tal coñecer o nome e a situación seica remota dun país como Bután.

Anónimo dijo...

Outra illa deste noso arquipélago:
Aforo al completo. La presencia de alumnos de intercambio en la Universidad sigue en aumento y el salón de actos de Filología, donde ayer se celebró la tradicional bienvenida, dio buena prueba de ello. Un total de 332 extranjeros han iniciado el curso en los tres campus procedentes de treinta países diferentes y la cifra asciende hasta los 424 si se añaden los que ya han confirmado su incorporación a partir del segundo cuatrimestre.
Los estudiantes del programa Erasmus continúan integrando el grupo más numeroso con 353 becarios. La primera delegación es la alemana, con sesenta alumnos; seguida de la polaca, con 59; la italiana, con 55; la francesa (49); y la portuguesa (46).
A través de otros convenios también han llegado jóvenes de EE UU, México, Venezuela, Argentina, Cuba o Marruecos.
Entre los países con una presencia más reciente pero que empiezan a consolidarse destacan, según la técnica de la Oficina de Relaciones Internacionales Eva Garea, Brasil, con dieciocho alumnos, Turquía, con catorce, y EE UU, con veintisiete.
La distribución por campus durante este curso arroja un saldo de 309 estudiantes de intercambio en Vigo, 67 en Ourense y 48 en Pontevedra. Las facultades con mayor representación extranjera son Filología y Traducción (161), Económicas (73), Ciencias Sociales (35) y Turismo (26).
La recepción contó con la participación del vicerrector de Relacións Institucionais, Iván Area, y de representantes de diferentes servicios de la Universidad que explicaron los cursos de gallego y español y la oferta deportiva.

Anónimo dijo...

Devólvolle o saúdo, leituga1. Eu estou bastante de acordo co que di o artigo de Manuel P. Rúa (a quen non coñezo) e non coas xeneralidades ou vaguidades do artigo (e das posicións ideolóxicas) de Baamonde (a pesar diso teño que dicir que me gustaron moito as súas pseudo-ególatras memorias).
Ultimamente vexo este blog dun monocordismo tremebundo, con descalificacións do tipo "monaguillo", "neo-predicadores", etc, e persoas que se cren os deuses do olimpo da sabiduría. Conclusión: paso a ser lector e non escribidor. Tampouco teño tempo. Eso si, seguirei lendo o blog porque hai moitos temas que me interesan, e agardo máis intervencións dos que menos pasan por aquí: xaime, jimmy, lourixe, etc.

Anónimo dijo...

Amigo Swann: non faga iso, please. Escriba.

Anónimo dijo...

O colmo. Canta hipocresía!

Anónimo dijo...

Aclaro que non ía por Arume.

Anónimo dijo...

Xa. De todas formas, sen hipocresía non imos a ningures. A hipocresía é unha das belas artes.

Anónimo dijo...

A hipocresía cando se ten estilo é unha das bellas artes. Cando é zafia, non.

Sexa como for, eu tamén penso coller unhas vacacións máis ou menos longas. Así remátase co sempiterno e estomagante vitimismo dalgúns.

(Deuses do Olimpo de sabedoría, hai que foderse!)

Anónimo dijo...

Swann, non marche, hom. Cansar cansamos todos.

Marcos Valcárcel López dijo...

NON ÓS DISCURSOS MONOCORDES. Engado eu: Pois eu preferiría que non marchase ninguén e que seguisen escribindo todos: son vostedes os que garanten a pluralidade desta casa e evitan que se poida caír nun discurso monocorde.

Anónimo dijo...

Agora en serio.

Voume ter que ausentar unha tempadiña porque necesito moito tempo para ler e asimilar uns cantos centos de páxinas plurilingües e pergueñar, a partir delas, unhas cantas páxinas impresas. E eu sonlle moi lento para esas cousas, como é semi-público e semi-notorio.

Mais volverei...

Unha aperta para todos.

Anónimo dijo...

OK,Apicultor.Pero entre de cando en cando,e saúde ós amigos e colegas.
-S´il vous plait.
-Please.
-Bitte.
-Per favore.
-Bu la neexe.

Anónimo dijo...

Vaia,Apicultor, esquecín felicitalo pola recuperación da poboción das abellas,da que fala a prensa.

Anónimo dijo...

Efectivamente, Arume, a hipocrisía pode ser unha das belas artes. Mesmo o multimillonario John Lennon fixo da hipocrisía arte no seu tema "Imagine" (que tanto lle debe gustar a vostede por iso de "no countries..." etc).
Se o seu cometario ía por min, direille que as miñas hipocrisías nin lle fan dano a ninguén nin tampouco son arte. Polo tanto, tampouco pretenden convencer a ninguén.
Moi agradecido a Xosé M. González e a Marcos Valcárcel polos seus comentarios e, como din por aquí, "fins un'altre" e por alí "ahí me las den todas"

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Por suposto que non, amigo Swann, a quen aprecio moi de veras. O que quería era discutir con Apicultor o concepto negativo que sempre lle damos a hipocresía. Eu creo que unha dose ben medida de hipocresía nunca ven mal: axuda moito a levar as diferencias persoais con alguén. Pero, desde logo, non o dixen por vostede, nin de coña. Non se sinta, nin moito menos, molesto. Ademáis, quero decirlle, todo o solemne que poida ser, que por favor non se vaia. Que fique connosco. Unha afectuosa aperta.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Que lles parece a moda do asesor para alcaldías? Ou eses concellais non electos, nas cidades grandes, con voz pero sen voto que, por riba, levan relevantes aspectos da gobernación municipal? Non teñen suficiente cos funcionarios públicos ou é que, despois de anos de clientelismo pepeiro, non se fían dos que están xa metidos e vense obrigados a meter aos seus? Que alguén mo explique.

Anónimo dijo...

Tocou tema de interese tal que entro brevemente: sen rexeitar ou non a priori, estas cuestións novas da gobernación local téñenme non sei se transtornado ou dubidoso. P.e., Lugo é, seica, "gran cidade", e como consecuencia diso o alcalde (sen maioría absoluta) ten unha capacidade de manobra e gobernación sen pasar polo pleno que non me resulta moi comoprensible en termos de lexitimidade. Se queren, podemos falar mañá ou pasado.

Anónimo dijo...

O dos concelleiros non electos é recoñecemento implícito, supoño, de carencia seria na corporación correspondente. En paralelo, tamén, de que unha cousa é arestora o perfil electoral e outra a formación ou capacidade de xestión; ou de que as "cotas" intrapartidarias poden traer estas consecuencias.

Nese caso, e no das prerrogativas que establece a Lei de Grandes Cidades, vexo eu que o sufraxio directo, e o equilibrio político resultante deste, tenden a perder reflexo na realidade gobernativa dos concellos.

Hai quen di que ao que gaña as eleccións -sen maioría absoluta- hai que deixalo gobernar, que se o fai mal para iso hai outra elección no termo de catro anos. Tería base se non houbese tanto uso espurio de medios e fondos con vista, por exemplo, a perpetuar no poder a quen o detenta; e se isto fose unha democracia de modelo utópico. Pero aínda así... é lóxico que a oposición non poìda condicionar a acción de goberno? Que non poida en absoluto?

Marcos Valcárcel López dijo...

En Ourense contratáronse tres altos cargos no concello con categoría de directores xerais. Non entro na idoneidade dos mesmos, foron escollidos polo PSOE e BNG (un deles mesmo é amigo). Pero creo que o goberno bipartito municipal está explicando mal todo isto. E o tema económico pode ser un talón de Aquiles moi perigoso. Moitos cidadáns entenden só que é un gasto a maiores e que van só liberar de tempo ós propios concelleiros. Esoutro día en Telemiño o PP foi moi duro co tema do alcalde, comparándoo coa época Cabezas, noutrora tan criticado: o alcalde defendeuse moi mal, sobre todo cando dixera en campaña que ía cobrar o mesmo que sendo profesor. A cidadanía non entende nada: e pode haber no futuro, se non se explica ben, moita abstención progresista.

Anónimo dijo...

Vaia,vaia.Unha cousa é o perfil electoral e outra a capacidade de xestión...Ou sexa que o que votamos son iconos,"santos" pra pór no altar,e despóis hai que contratar quen traballe de verdade.Ou nin siquera:Hai que lle dar un "choio" a quén axudóu na campaña,anque o único que demostrara fora capacidade pra "fundir" empresas.

Anónimo dijo...

O alcalde de Ourense estivo confuso e errático na explición do seu soldo, utilizando o típico argumento de que co alcalde anterior era peor. O certo é que prometeu que ía cobrar o mesmo que cobraría como mestre. E incumpriu a súa palabra.
E o Álex xa cansa con tanto usar a palabra proxecto. Proxecto por aquí, proxecto por alá. Por cada realización concreta dez proxectos de aire.
O PP vai recuperar a alcaldía como sigan así.

Anónimo dijo...

A mín paréceme normal que un alcalde cobre un bó soldo,comparable ós que se cobran na empresa privada por similares ,ou incluso menores,responbilidades.Sólo anotar dúas cousas:
1.Ese soldo deber ser xustificado,"hai que curralo",como se dí coloquialmente.
2.Cando alguén argumentaba esto mesmo sobor do anterior alcalde,eses que se sentan agora no sillón púñanno "a parir".

Anónimo dijo...

En canto a Sánchez Vidal,a mín non me tén perfil de gran emprendedor,de home de feitos.Paréceme un burócrata verborreico.Pero teño unha fe extraña en trabucarme.Non séi por qué,encantaríame trabucarme "de medio a medio" e que nos dera unha sorpresa.Que me dera cós feitos nos morros e tivera que recuar na miña opínión coas orellas gachas e o rabo entre as pernas.Quizáis é porque me gostaría que se demostrara que os homes que léen libros tamén poden ser homes de acción.

Anónimo dijo...

Da Coba, con respecto ao que di dúas mensaxes máis arriba -en relación co balance perfil eleccións/xestión- aínda hai outra variante: que hai xente que vota unha cara agradable, encantador de serpes ou aquel que lle resulta máis aberto ou simpático; tendo en conta isto, xaora, por riba da capacidade de xestión ou dedicación probada.

Contaría cousas sobre o resultado electoral municipal en Lugo-2003. Pero xa aburrirá repetir o mesmo.

Anónimo dijo...

Os técnicos de mercado saben que cando a decisión de compra se toma en base a aspectos superficiáis,é porque que a calidade dos productos competidores é esencialmente similar.
Se a xente vota por impulsos superficiáis ¿Significa que considera ós candidatos esencialmente iguáis?

Anónimo dijo...

Con franqueza, e a teor dos comentarios que escoito, penso que en materia electoral a cousa non funciona así. Por motivos que supoño consistentes, pero ata o momento vedados á miña comprensión.

Anónimo dijo...

Sempre en Galiza, pero miren vostedes en Italia: máis de mil asesores (a carga dos mil, titula o diario italiano) para o Goberno de Prodi. Uno solo, o de Medio Ambiente anda polos 400. Vexan o que din deste:
Quen son os asesores do ministro do Ambiente? Os ecoloxistas, obviamente. E onde se atopa a maior parte dos ecoloxistas? Nos Verdes, partido que Pecoraro Scanio (o ministro) coñece á perfección ao ser o seu lider. Veleiquí porque son mesmo os Verdes os que dan exemplo: 14 dos 20 compoñentes da Secretaria Técnia para a Protección da Natureza. Ou sexa: dous de tres. Una selección, como decirmos? Natural.
http://www.repubblica.it/2007/10/sezioni/politica/consulenti/consulenti/consulenti.html