4 oct 2007

O búlgaro que temía a Catalunya (Pilar Rahola en El Periódico de C.).
Vía Valadés.

A l'avió llegeixo l'entrevista amb el president Montilla: "Catalunya no està ni deprimida, ni cabrejada". Com jo, però al revés. Deu ser que no coneixen el meu búlgar. No obstant, el president té raó. Catalunya continua amb les seves coses, bastant aliena a la diana que li ha posat l'Espanya negra, la mateixa que sempre la va menysprear, la mateixa que sempre la va utilitzar per atiar la por i l'estómac. Però la diana existeix i està arribant al deliri. Pensin en el meu estimat xòfer. Va néixer a Bulgària i no fa gaire temps que és a Espanya. Però ja ha après el que és substancial: que els catalans tenen banyes. Sens dubte, la Brunete mediàtica és una gran escola d'integració.
(artigo completo)

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Na frase de Pilar Rahola "Catalunya continua amb les seves coses", Catalunya pode ser sustituida por España (ou Espanya) e obtén o mesmo resultado.

Anónimo dijo...

Unha vitimista esta Rahola, seica.

Anónimo dijo...

o máis triste é que o taxista búlgaro ben podía ser un galego.

Anónimo dijo...

no noso caso, mexan por nós e aínda por riba dicimos que chove (plan Galicia de m...).

Anónimo dijo...

Non o dou baixado da rede, pero visto o interese cópioo enteiro. De "La Vanguardia", hoxe mesmo:


SIRERA QUIERE MÁS Y MÁS Y MÁS
Quim Monzó

El domingo pasado, en la sección de cartas de los lectores del "Magazine" aparecía una firmada por Diana Badder, una señora residente en Córdoba que alababa, con todo merecimiento, los artículos de Jaime Arias sobre los personajes que ha conocido a lo largo de los años.

Al final de la carta hay un punto que resulta especialmente interesante. Dice la señora Badder a propósito de aquellos años -los cincuenta- en los que vivía en la Costa Brava: "Por cierto, me hice famosa como la extranjera que bailaba mejor la sardana en los "aplecs" de la costa a la que iba. Todavía hoy, como abuela que soy, y viviendo en Córdoba, rodeada de aficionados al flamenco, doy rabia a todos poniendo mis grabaciones de sardanas".

Que los vecinos (¿y quizá familiares?) cordobeses de la señora Badder rabien cuando oyen sardanas no es noticia que merezca la primera plana de ningún diario. España es así y todo el mundo sabe que la rabia hacia lo catalán es constante. Este agosto coincidí en una comida con un muchacho que vive en Madrid desde hace años y que tiene un conflicto similar. También le gusta la música de sardana. Y explicaba algo bastante parecido a lo que explica la señora Badder: la rabia y la indignación de quienes oyen como él las escucha. "Y no las pongo a mucho volumen, ni mucho menos al volumen al que mis vecinos ponen sus canciones".

¿Se imaginan que se diese una situación inversa? ¿Que en Cataluña fuese habitual que la gente se indignase y rabiase cuando oímos cómo el vecino escucha flamenco? Al contrario: muchos catalanes gustan de ese tipo de música. Y, en cambio, en los medios de comunicación españoles -tanto de Madrid como de Barcelona- somos siempre nosotros los que pasamos por intolerantes. Una amiga barcelonesa -escritora- fue de viaje por Andalucía, hará un par de años. Un día tomó un taxi. A poco de haber iniciado la carrera le sonó el móvil. Contestó. Era su novio. Se pusieron a hablar: "Com estàs? Va tot bé?". El taxista frenó inmediatamente, giró la cabeza y le dijo: "Oiga, ¿¡está hablando catalán!? ¡Baje inmediatamente de mi taxi!". Ágil de reflejos, la chica improvisó: "¡No, no! Hablamos italiano. Es que mi novio es italiano". El taxista respiró aliviado y le dijo: "Usted disculpe, es que pensaba que estaba hablando en catalán". Y volvió a poner el taxi en marcha.

El martes, M. Dolores García explicaba en su columna que el presidente del PP catalán, Daniel Sirera, quiere protagonizar un acto electoral en Iznájar, el pueblo natal de Montilla, para explicar a los habitantes de aquel lugar hasta qué punto el Honorable iznajeño ha mudado de piel. Pues precisamente este verano, cuando Montilla fue al pueblo cordobés donde cada año acostumbra a veranear, algunos de los piropos que la gente le dedicaba por la calle eran: "¡Renegado!", "¡Vete pa'tu tierra!", "¡Catalán!"... ¿Al señor Sirera no le parece suficiente?


Unha indicación tipográfica: neste código que non admite a cursiva, suplo esta con comiñas. Unha apostila, probablemente innecesaria: Máis vitimismo, parece. A realidade mellora os chistes.

Anónimo dijo...

¿Xa léstedes a frase de Rovira:"falar castelán en Cataluña é como falar turco en Alemania"?

Anónimo dijo...

O vitimismo está, en efecto, omnipresente entre os nacionalistas de toda caste. ¿Que farían ou dirían se non puidesen converter case calquera cousa en agravios? Como cando os nacionalistas galegos montaron o lío polo himno en versión seica flamenca no Parlamento galego: un caso batante parecido ao do taxista intolerante ou ao dos cordobeses antisardanas.

Anónimo dijo...

A necesidade -política- de incluír nunha mesma categoría os "nacionalistas de toda caste" leva, por exemplo, a igualar vítima e vitimario. Non volverei traer o caso do Himno no Hórreo, no seu día
quedou feito. Opinión de parte, así e todo, quede exposta: máis ca ao do deputado Paz Antón (repásense hemereotecas), o talante do taxista andaluz evócame máis ben ao da presidenta Villarino. Sobre a equiparación contextual do das sardanas corramos mellor un veo.

Anónimo dijo...

¿Necesidade política? Non crea, González. Só unha mistura de razonamento e empirismo. A conducta do taxista andaluz paréceme equiparable á das persoas que esixen o monolingüísmo -ou lles gustaría poder esixilo- no que consideran os seus respectivos territorios nacionais. Nunca vin incursa en tan desagradable comportamento á señora Villarino. Pero si a moitos nacionalistas: galegos, españois, cataláns... quen, dependendo do contexto, son ás veces vítimas e ás veces vitimarios.
Por outra parte, ¿cal é a diferencia substancial entre unha cordobesa que protesta porque a veciña pon sardanas e un lugués que protesta porque se canta o Himno Galego con resabios aflamencados? Eu, polo momento, dígolle o que os iguala: ambos ven feridos os seus sentimentos nacionais por causa da utilización dunha linguaxe artística que xulgan propia do opresor: a nacionalista española-cordobesa porque seguramente identifica a sardana cos empresarios catalanistas explotadores que ela ou o seu home ou o seu concuñado tiveron que aturar nunha fábrica de Sabadell. O nacionalista galaico-lucense porque identifica o flamenco con España, o referente nacional negativo cuxa presencia en Galicia detesta. Conste que ambos sentimentos me parecen respetables humanamente, tanto como perfectamente equiparables.

Anónimo dijo...

Como o razoamento adoita seguir camiños motivados, e do empírico a miúdo se selecciona, non deixo de advertir motivación orientada na alegada mestura. O taxista andaluz non molesto polo italiano resultaría equiparable ao taxista galego que expulsase do seu taxi madrileños, poño por caso; desculpe o escolasticismo, pero pasar da potencia ao acto sen distinguir contexto constitúe abuso argumental.

A segunda parte, pola contra, adoece de lectura parcial ou mala lectura. Debe sorprenderme, Leituga, tendo en conta a súa agudeza proverbial neste e outros foros. Se lle deu unha olladiña ao artigo do lugués -obviamente, nada obriga a tal suposto-, vería que este non só respecta a presunta versión aflamencada, senón que afirma interese por escoitala en mellor momento. O lugués, igual que fixo no seu día o deputado nacionalista Paz Antón, manifesta especificamente o maior respecto pola experimentación, se se quere, creación artística. E aínda considerando que non todo se pode/debe facer en calquera contexto ou momento, pensa ter dereito a algunha presunción de inocencia en materia de orgullo ferido; aínda que presuntamente sexa un nacionalista vitimista e eventual vitimario, en intre ou ocasión que non consegue concretar.

Entendo que a percepción social da sardana como agresión non resulta comparable. Engado como dato, ao mellor relevante, que a carón da miña casa viven uns xitanos ben molestos polo barullo que arman, pero lamento ben que non canten flamenco; que cantei nun concerto no que tocou Cuchús Pimentel, ceamos un a carón de outro e departimos varias horas, aínda que evitei o consabido tema; e que tocante á Villarino, referíame ao seu talante, seguindo o fío do artigo enlazado de forma ao mellor un tanto collida polos pelos.

Porque se cadra os nacionalistas resabidos, aparte de respecto humano, tamén poderiamos ser susceptibles de recibir algún respecto intelectual; polo menos, aténdose escrupulosamente ao que cada un di, máis alá de se cadra ou non ben co estereotipo.

Anónimo dijo...

Asegúrolle que ten vostede todo o meu respeto, señor González, non só humano ou persoal, senón tamén intelectual, como moitos outros nacionalistas. Non meto aos nacionalistas en estereotipos. Collidos un por un, a maioría de vostedes non son fusilables, como diría Ferrín. Son crítico dos nacionalismos. E dos nacionalistas en canto masa ideolóxica sustentadora desa perniciosa doutrina. Pero a vostede, e a moitos outros nacionalistas, téñolle respeto e mesmo cariño. É certo que algúns días ando un pouco máis rallante que outros -a vostede tamén lle pasa-, pero espero que saiba disculparme se nalgún momento ve nas miñas intervencións toques desabridos. Atribúallo á calor polémica e, se quere, ás neuras de cada un, nunca a animadversión persoal.

Anónimo dijo...

En todo caso, Leituga, non sería eu quen de ensinar florentinismo, que o diga a miña muller. Desconfío radicalmente do PSOE -abriume Guerra os ollos e desde aquela lévoos abertos- pero entre nós é claro que dificilmente nos fusilaremos. Unha aperta.

Anónimo dijo...

Outra para vostede, amigo.