16 oct 2007




Ostras e caracois.
Pan por Pan 17 outubro
Xa que falamos onte do “Espartaco” de Kubrick, velaí vai unha anécdota simpática. Na súa estrea a película foi censurada por un diálogo no baño entre o xeneral e patricio romano Craso (Laurence Olivier) e o seu escravo Antonino (Tony Curtis). O primeiro pregúntalle ó escravo por temas morais: roubas, mentes, deshonras ós deuses? A todo resposta Antonino que non. Logo dille Craso: Comes ostras?. Cando as teño, amo, resposta o escravo. E comes caracois? Non, amo. Consideras moral comer ostras e inmoral comer caracois? Non, amo. Cuestión de gustos, non? Si, amo. E o gusto, remata Craso, non é o mesmo que o apetito e polo tanto non se trata dunha cuestión de moralidade, non?. Pode verse así, amo, conclúe o escravo. O sedutor Craso engade aínda que no seu gusto inclúe tanto caracois como ostras... Ben, Ana Botella falaba de peras e mazás, non?

35 comentarios:

Anónimo dijo...

canción tradicional pra animarvos a escreber

Anónimo dijo...

¡Agora xa entendo o senso da canción...!

Caracol,col,col
saca los cuernos al sol
que tu padre y tu madre
también...

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non entendo moi ben a razón da metáfora do cargol: a baba, a concha, os cornos, o retraimento e o avance, a lentitude. Cal?

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

E a da ostra?

Anónimo dijo...

No seu nick está a resposta señor arume da ostra.

bouzafria dijo...

A censura desa escea é facilmente recoñecible hoxe porque as voces da dobraxe non son as mesmas. O mesmo pasa nunha escea de "Grupo Salvaxe" de Sam Peckinpah... e supoño que en ducias de películas daquela época.

lourixe dijo...

Para romanos, gustos e censuras, a que se armou en Chuza! por culpa desta animación que fora publicada en Aduaneiros (podedes mudar a roupa da "modelo") e a ameaza da poeta de recurrir aos tribunais.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Así dá a noticia en portada Vieiros: por qué non poñen que vai sobre Yolanda Castaño?

"Ad augusta, per angusta"
Os Aduaneiros botan o fecho
20:15 - Logo de sufriren unha ameaza de demanda xudicial, os Aduaneiros sem Fronteiras pregúntanse se paga a pena "facer humor gráfico neste país".

Anónimo dijo...

Estase a montar unha boa co asunto este.

A min a animación -motivada ao parecer polo cambio de postura da susodita verbo do Díaz Pardo- paréceme de inocentes pre-adolescentes. Disque a acompañaban mensaxes ofensivas. Non o sei, pois nunca vin ese blog dos Aduaneiros (e ben que o sinto). Pero agora estalle a caer unha boa na blogosfera á susodita como efecto bumerang.

Algún malpensado dirá que é mercadotecnia: o caso é que falen dun, aínda que sexa mal.

Sexa como for, unha mágoa.

Anónimo dijo...

Está moi ben o fotograma do Tony Curtis có romano ese.Pero,pra mín,a parexa perfecta de Yony Curtis é Roger Moore en...

O PERSUASORES!!

Anónimo dijo...

Extraordinarios os créditos desa serie, amigo XDC.

Anónimo dijo...

As ostra, como as ameixas, as vieiras e tantos vibalbos son tradicionalmente simbolos dos xenitais femininos e por ostensión do nacimento, fixense na primavera de Boticeli, ou na forma de cuncha da moitas pilas baptismais. A relación é de analoxía formal. Aplicandolle a mesma relación ao caracol, sería por analoxía cos dous estados, un de maximo tamaño musculado e outro minimo, desaparecido na cuncha ou desapercibido entre a bolsa testicular.

Anónimo dijo...

Que son os "vibalbos"?

Uns lamelibranquios por un casual?

Anónimo dijo...

Hoxe tardéi un rato en entenderme cún sudamericano por teléfono tomando unhas notas por que eu non sabía que eles lle chaman "b pequena" ó "v" e "doble u" ó "W"

Anónimo dijo...

Ah, cairamos: os habitantes de Vilalba!

Anónimo dijo...

Vilalbés que vés (ou ves) ó (ou o) mundo
te coide Amón
unha das dúas valvas
fenderache o corazón.

Anónimo dijo...

No programa ese de "Cifras e letras" xa teñen as respostas preparadas de antemán, non?

Anónimo dijo...

Por certo, o enlace á animación pódeno atopar eiquí:

http://astuasbalas.com/2007/10/16/gila/

Toma castaña...

Anónimo dijo...

Unha das grandes decepciós da miña infancia foi cando soupen que o "Don Cicuta" do programa "1,2,3..." non inventaba ó momento aquelas rimas coas que lles rifaba ós participantes cando fallaban.

Anónimo dijo...

Lembro agora que a última "feira verde" de Silleda comercializaban baba de caracol con infinidade de aplicaciós.

Baba de caracol en altavista

Anónimo dijo...

Xa vexo que as babas de caracol non teñen éxito.
A ver,prós que lles goste cociñar,eiquí hai

Anónimo dijo...

Anónimo dijo...

Si, si que interesa o das babas de caracol.

De feito eu teño unha crema que é certamente moi boa e dunha extraordinaria textura. Doulle a referencia da mesma: "Leciskin, Crema de Baba de Caracol con Aloe Vera concentrado y extracto de Ginseng".

Moi recomendable para os máis coquetos dos contertulios: Arume, Morrison, Leituga 1, ... E, faltaría máis, tamén para as señoritas Lourixe e Lula Fortune.

Anónimo dijo...

... E que me desculpen os/as que non cito.

Anónimo dijo...

Ostras, babas, conchas, caracois que se retraen e se despregan, relativistas,neoinmanentistas, socialdemócratas descridos, deconstructores historiográficos, tertuliáns coquetos, galeguistas escépticos, cornos, cremas de beleza...Non sei onde imos parar!

Anónimo dijo...

A min as babas (ainda que sexan de caracol)as xustas. Gracias pola recomendación pero eu so utilizo cosméticos de estricto orixen vexetal. Bicos floridos.

Anónimo dijo...

Vaia,Lula Fortune.¿Vostede está,coma mín,abonada á "Aloe Vera"?

Anónimo dijo...

A "Aloe vera" cheira que tira para atra(i)s. E a pesar disto, aínda fan panos (para os mocos) con cheirinho a ela.
Onde esté o aroma do alcolitro...

Anónimo dijo...

Non só aloe vera, tamén camomila, arnica, cacao...aceite de rosa de mosqueta para as masaxes...xa sabedes, o normal ;)

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Un dos productos máis poéticos que se pode un botar á cara é a centella asiática. E o curioso é que serve para cicatrizar ben as feridas.

Anónimo dijo...

Teño interese nesa centella asiática. Pódese explaiar un pouco máis?

Anónimo dijo...

Seica é moi boa para a celulite. Pero vostede diso non terá, Arume. I presume.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Aínda máis: o mellor é en realidade o "Extracto de centella asiática" que supera en sutileza lírica ao anterior.

Anónimo dijo...

Conte, conte, ...

Anónimo dijo...

A árnica é unha das miñas favoritas.Eu sempre a recollo e a seco.Aprendino da miña abóa,que a vendía na famacia,có cornozo do centeo.Antes andaba moi buscada,agora haina por tódalas cunetas.