16 oct 2007

en poleiro alleo
A memoria doutros botellóns (X.M. Sarille, ECG 16-X). Imaxe: Claudia Böhnm.

(...) Claro que os adultos e os gobernantes, que tamén parecen adultos, poden comprender iso, mais por idade e responsabilidade non deben toleralo. É lei de vida. Resulta lóxico indignarse coa conduta adolescente. Pero os concelleiros, antes de expresar o seu parecer xeracional, deberían lembrar que hai uns anos, dun xeito paternalista, sen contar moito cos interesados, decidiron abrir pavillóns para que os rapaces fixesen exercicio físico ás catro e media da mañá, o cal ven sendo parecido a irse ao cinema despois de erguerse. Senta como un tiro. E fracasaron, en Compostela, en Ferrol, porque a esas horas apetece unha copa, unha canción ou a calor dun corpo. Cucos como son non dixeron nada e pasaron por riba do fracaso sen avalialo. Agora o alcalde de Lugo volve explicarnos, con suavidade episcopal, onde reside a virtude, o cal está ben como exercicio espiritual, pero mellor estaría que nos dixese onde reside a solución. Porque non é fácil. (O artigo completo)

Irreverencia para o Che Guevara (Afonso Monxardín, GH, 16-X)

56 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

Sobre o BOTELLón: HOubo estes días varias intervencións ó respecto. Se lles parece pertinente e interesante, trasladamos aquí o debate, aproveitando o artigo de Sarille.

Anónimo dijo...

Está ben o exercicio analítico do Sarille, por riba de xeracións. Así e todo, o panorama das dúas últimas semanas, en varias cidades, colocan na axenda un problema de orde ao que lle hai que dar saída (solución é outra cousa) inminente, non vaia ser que derive en conflito (que non desorde, ese xa o hai).

Dito doutra maneira: visto o acontecer e reacción subseguinte na Coruña e en Santiago, o incomodo adulto pode coller traza fea; certo panorama sanfroilaneiro pón ollos atónitos ante o nunca visto e experimentado na saída nocturna luguesa e festiva: xa non é desafogo, xa non é transgresión, a calidade, cantidade, espazos ocupados e idade dos participantes van requirindo outros termos. Non penso que esteamos en porta de restaurar o somatén, nin émulos de Los Vigilantes de California van empezar a colgar adolescentes de farolas: os adultos de Europa volvéronse un tanto brandos para iso; pero algún contratempo ou encontronazo si que pode xurdir (con que alguén colixa ¿e van ser só túzaros eles?), e sería o que faltaba.

Ou sexa, que a análise é exercicio marabilloso e a comprensión tamén, aínda que resulte mágoa non ter empezado por aí cando as proporcións eran tolerables. Agora segue sendo marabilloso, pero cómpre actuar.

E pórse a falar con eles: que parece que de botellóns só saben os adultos, xustamente os que non temos, de momento, solucións.

Anónimo dijo...

No Saint Fräulein (San Pailán) lucense creo que empregaron os muros da muralla como barra de bar, os adarves de chao pisacabichas e os cespede exterior de receptor vomitorio.
Oh ghuventú lucense! Oh pais consentidores, que mentres os seus parviolos se embriaghaban de licor e farinha, eles estaban a percorrer as casetas do polvo cual peludeces aínda máis parviolos...
Oh mora! Oh tempora! Oh iuvenes galaici! Ut ures desint virtus laudanda est...

Anónimo dijo...

Como moitas máis veces, o comentario do Sarille aponta á diana. Cuestiónome se estas doses de moralidade e virtuosidade, que nos chegan empaquetadas nas mensaxes de certos próceres en precampaña eleitoral, non están motivadas en certa medida por defensa de intereses (lexítimos?)dos membros da ilustre cofradía dos taberneiros. En todo caso, cómpre lembrarmonos do noso pasado e non impartir lecións de "saber estar" sen apontar solucións asisadas.

Anónimo dijo...

Ok,Anónimo.Eu tamén estóu un pouco farto de que o "éxito" de moitas iniciativas se evalúe polo incremento na facturación no sector da hostelería.

Anónimo dijo...

O que tiñan que facer os curas pra recuperar o poder da súa Igrexa era cristianizar os botellós,coma fixeron noutras épocas da Historia.¿Que se xunta unha multitude na Plaza das Mercedes de Ourense tódolos sábados? Fáise saber que en tal sitio en tal ano un cura ou obispo ou se pode ser un santo local fixo calquera cousa,i eso é o que se celebra.Rediríxense os ritos do botellón ,sen enfrentarse a eles,dándolles senso relixioso.Dáselle ó botellón carácter de romería.Invéntase a tradición correspondente.Faise unha misa,que non é máis que unha concentración periódica de xente,anque haxa que variar os ritos: o viño xa está no sitio....
Se fora eu o Ratzinger,sabería ben o que tiña que facer.Se ó final vou tér que meterme eu a cura,e ganarme adeptos prá miña candidatura ó próximo papado.Un Concilo Vaticano III,e xa está...
(Os do blog seredes todos beatificados...)

Anónimo dijo...

Presuposto noite de botellón:

Cartón de viño= 80 céntimos.
Condón=1,5 euros

Anónimo dijo...

Vóulle comentar as miñas ideas ó Pai Silva.É quen de aparecer o próximo sábado en pleno botellón,e montar unha misa alí...

Anónimo dijo...

Sería a solución milagrosa para deixar as prazas baleiras de devotos do botellón: levar a elas o Padre Silva.

Anónimo dijo...

Xacto.

Anónimo dijo...

Fixadevos NESTO

Marcos Valcárcel López dijo...

A música inicial desta última ligazón é todo un achádego expresivo: non hai que dicir nada máis. Eu, co peso da música, en vez de mozos con bolsas de plástico vía elefantes xuntándose para cruzar a chaira e os ríos...

Anónimo dijo...

E por que será que o botellón, o big bottle hispanicus, non calla ou coalla alén dos Pirineus, en terras norteñas?

Anónimo dijo...

Pego aquí isto que copiei do foro Arroutadas. PRISOE: ver para ler!

Caudillo Guevara
Editorial de El País. 10/10/2007

Ernesto Guevara, el Che, de cuya muerte en el poblado boliviano de La Higuera se cumplen 40 años, perteneció a esa siniestra saga de héroes trágicos, presente aún en los movimientos terroristas de diverso cuño, desde los nacionalistas a los yihadistas, que pretenden disimular la condición del asesino bajo la del mártir, prolongando el viejo prejuicio heredado del romanticismo. El hecho de que el Che diera la vida y sacrificara las de muchos no hace mejores sus ideas, que bebían de las fuentes de uno de los grandes sistemas totalitarios. Sus proyectos y sus consignas no han dejado más que un reguero de fracaso y de muerte, tanto en el único sitio donde triunfaron, la Cuba de Castro, como en los lugares en los que no alcanzaron la victoria, desde el Congo de Kabila a la Bolivia de Barrientos. Y todo ello sin contar los muchos países en los que, deseosos de seguir el ejemplo de este mito temerario, miles de jóvenes se lanzaron a la lunática aventura de crear a tiros al “hombre nuevo”.(...) la figura de Ernesto Guevara representó una puesta al día del caudillismo latinoamericano, una suerte de aventurero armado que apuntaba hacia nuevos ideales sociales para el continente, no hacia ideales de liberación colonial, pero a través de los mismos medios que sus predecesores. En las cuatro décadas que han transcurrido desde su muerte, la izquierda latinoamericana y, por supuesto, la europea, se ha desembarazado por completo de sus objetivos y métodos fanáticos. Hasta el punto de que hoy ya sólo conmemoran la fecha de su ejecución en La Higuera los gobernantes que sojuzgan a los cubanos o los que invocan a Simón Bolívar en sus soflamas populistas.


Vuelve el Che
Editorial de El País.17/07/1997

Treinta años. después de la muerte de Ernesto Guevara -el guerrillero más emblemático y seductor de la revolución cubana-, en su recuerdo se unen la nostalgia del idealismo perdido y el filón comercial para quienes explotan su figura. Lo contrario de lo que él predicaba. A despecho del descrédito del comunismo en los últimos años, la figura revolucionaría del Che se mantiene como un símbolo del idealista coherente y del hombre de acción. La historia recicla ahora, a través de la trivialidad del marketing, lo que a finales de los años cincuenta y los sesenta fue un movimiento armado, antiimperialista y subversivo que acabó en Cuba con la dictadura de Batista(...) Vuelve el Che: un fenómeno que suscita para los que eran jóvenes progresistas, cuando batallaban Guevara, Fidel o Cienfuegos (los jóvenes barbudos) la melancolía de unos ideales marchitos. Es útil para quienes no vivieron los tiempos de la revolución cubana y sólo han recibido la mitología guevarista como una abstracta evocación de una lucha por un mundo mejor, más igualitario y más humano. Que siga el son.

Anónimo dijo...

Si, son malos de solemnidade estes do PRISOE!

Marcos Valcárcel López dijo...

Ese editorial xa foi criticado, en carta ben destacada, por F.Fdez Buey e tamén polo Defensor do Lector, creo. EL PAIS é un xornal capaz desta autocrítica, que sería difícil, digo eu, na maioría dos xornais galegos.

Anónimo dijo...

Granada? Impresionante. Ou a metade da Baixa Andalucía se cita alí, ou todo o Sacromonte e barrios periféricos.

Os meus parabéns ao dr. Elvis Bermúdez de la Puente polo seu documental e traballo de campo. E agora, digo eu, ¿facemos algo? Aparte de que a policía os mande para que se vaian matando aos poucos, sen molestar, aló na explanada, iso quero dicir.

Anónimo dijo...

Verbo do botellón hai tres tipos de críticos:

1) Os que nunca se "desmelenaron" e que son persoas de orde, polo que sempre andiveron repeiteados, onte e hoxe. Andar repeiteados é, para eles, a única forma posible de andar polo mundo.

2) Os que de novos se "desmelenaron", pero que logo se convertiron en persoas de orde, polo que agora só admiten como única opción o andar repeiteados.

3) Os que agora e sempre andaron e andan "desmelenados" e que nunca serán persoas de orde. Non obstante, non admiten que os demais se desmelenen. Todo o mundo debe andar repeiteado menos eles mesmos.

(Quizais haxa algún outro tipo de críticos, descríbannos vostedes mesmos)

Anónimo dijo...

Para evitar malentendidos, adío máis comentarios e prometo explicación por extenso espero que esta semana.

Anónimo dijo...

Os maiores críticos son os que non poden durmir polo ruido e que, polas mañás, atopan o chao do portal surtido de multicores "street pizzas", ademais de todo estrado de cascos, botellas e cacharros...

Anónimo dijo...

Con permiso do tema deste fío, non poido de deixar substraerme (=teño que comentar) este extracto de entrevista a "Oreja Mayor" publicado na Voz estoutro día.

Entrevistador: ¿Por qué le cuesta tanto al PP condenar el franquismo?

Mayor Oreja: Porque eso forma parte de la historia de España. Yo no lo he condenado, yo elogio y alabo la transición democrática. ¿Cómo voy a condenar lo que, sin duda, representaba a un sector muy amplio de españoles?

Tamén teñen neste enderezo, se baixan un pouco a barra de desprazamento, esta interesante "fotica" do sr Zaplana:

http://images.google.com/imgres?imgurl=http://www.theblog.es/mt/archives/fotos/zaplana.jpg&imgrefurl=http://www.theblog.es/mt/archives/2006/07/&h=498&w=460&sz=72&hl=gl&start=1&sig2=4fh0BFm3z7rue1qPvLxzzw&um=1&tbnid=-YvRmL3KwJxWRM:&tbnh=130&tbnw=120&ei=sT8WR9KSD4awwAHa8-TBCA&prev=/images%3Fq%3Dzaplana%2Bfascista%26svnum%3D10%26um%3D1%26hl%3Dgl%26sa%3DN

Anónimo dijo...

SObre o botellón máis alá dos Pirineus debo dicir que en Francia comezan a estar preocupados pola extensión da moda, alomenos no sul. Estiven o ano pasado por estas datas en Pau e podo asegurar que as rúas pola noite estaban cheas de xente. En Italia polo que me contan tamén hai incipientes manifestacións de bottiglione.
Sobre as cartas de EL PAÍS, foi Vidal-Beneyto o que protestou, en nome da tradición progresista do xornal desde a súa fundación, contra o editorial. No apartado do defensor do lector, José Miguel Larraya menciona centos de cartas contra o editorial e ten que seleccionar dúas que de forma aberta critican non só o contido senón o estilo do texto editorial. Josep Ramoneda escribiu onte un artigo moi intelixente sobre este asunto, que non podo transcribir porque non estou suscrito ao periódico global de noticias en español, anteriormente independiente de la mañana.
Por certo, curiosa historia sobre o til de EL PAÍS: durante anos o propio xornal argumentou que se trataba máis dunha icona, dunha imaxe que dunhas palabras para xustificar a ausencia do til. O outro día, nunha carta ao director, os deseñadores do nome rexeitaron tal explicación co recordo de que en tempos a tipografía non permitía o til.

Anónimo dijo...

A mín moléstanme moito os mexos diante da miña porta,pero a verdade é que o Estado non proporciona sitios onde mexar.Os váteres das cafeterías son privados.¿Onde se mexa (ou outra cousa)"legalmente" ás catro da mañá no centro dunha cidade? Haberá que recuperar os mingitorios...

Anónimo dijo...

A pregunta non é "onde se pode mexar na rúa ás catro da mañá?" senón "que carallo fai esta ghuventú na rúa ás catro da mañá?" Se queren minxitar, que vaian os señoritos e señoritas á súa casa, e os meus desexos de que teñan que ser eles (e non outra persoa) os que teñan que limpar detrás...

Anónimo dijo...

Sobre o tema "El País". Sinceramente, tanto me ten como me ten tanto se renovan o xornal, se perden lectores e as accións baixan, ou se están cabreados con zetapé polo tema do fútbol. Eu négome a ler os seus autores prefabricados (con ou sen Planeta) e os seus ideólogos de aquén e de alén. Canto máis nos descontaminemos de España, mellor nos irá.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Eu creo que convén contaminarse todo o máis posible e ler de todo, "hasta los papeles rotos de la calle", como dicía o parente de Saavedra.

Anónimo dijo...

Lin en papel o artigo de Ramoneda, moi bo e tamén moi na liña dese editorial tan criticado pola ala máis esquerdista do lectorado paisino. Coincido plenamente co expresado en ambos textos, así como co artigo de Monxardín. Engado, pola miña conta, que calquera gobernante europeo democrático dos últimos sesenta anos cambiou máis cousas e contribuíu máis a mellorar o mundo que o señor Guevara.

Anónimo dijo...

Concordo con Arume.

Como era aquela canción (de nula calidade, non se vaia alporizar algún) do cantautor canario de dendes mal feitos?

Contamímane, tarará...

Anónimo dijo...

Porqué entre as diferentes formas de reunirse, escollen esta tan masiva na que a comunicación está dende o principio distorsionada polo alcool e outras drogas?

Anónimo dijo...

Que non pareza arrogancia. Para encomiar a miña temperá vocación de "lletraferit" (catalanismo ben usual en Alonso Montero), miña nai adoitaba lembrar como de neno apañaba papeis na rúa para lelos. Supoño que non era o único.

Aproveito a mensaxe para discrepar profundamente do Leituga. A acción de goberno é, en última instancia, moi determinante; o valor da idea, o exemplo e o símbolo, indefinibles quizá, están noutra dimensión. Pero canto impulso non terá suscitado o Che; mesmo en moitos deses gobernantes que, sen tal pulo, podiblemente non serían o que foron.

Anónimo dijo...

A cuestíón non é "qué carallo fai ninguén ás catro da mañá na rúa".Ése é un dereito polo que se loitóu demasiado,sobor de todo as mulleres,noutros tempos...

Anónimo dijo...

O Che foi un "chalao"

Anónimo dijo...

Apicultor tamén hai outro tipo de crítico: o que ten a melena permanentemente cabreada pola fartura que lle produce que esas "hordas" asilvestradas lle mexen , caguen, vomiten, destrocen, berren, atemoricen e demais... na porta da casa, debaixo dela ,e onde lle peta,que aquí esquécese o principio fundamental:"a túa liberdade remata onde empeza a miña".

Anónimo dijo...

Eu tamén estou de acordo con que hai que ler de todo, en todas linguas. Faltaría máis! O que simplemente dixen é que temos a España e a cultura española tronándonos o coco todo o santo día a través das súas televisións, radios, xornais, revistas, etc. Pola contra, sabemos moi pouco do que se fai en Portugal ou noutros países de Europa, no eido cultural, literario, etc. A cultura/idea de Galicia non ten que pasar por Madrid. Teñén vostedes idea do que nós interesamos por España adiante? Cantas (e que tipo de) noticias nos dedican? Len moitos españois literatura en galego... ou polo menos tanta como nós lemos a súa?

Anónimo dijo...

xoán da coba: eu non cuestionei o dereito de ninguén de saír á rúa ás catro da mañá, senón de que centos de persoas se estean a reunir para facer ruido, emporcalo todo e meterse en liortas os uns cos outros (ou romperlle os cristais do coche ao veciño que se queixa polo ruído). Que clase de dereito é ese?
Os dereitos xa sabe vostede cales son: traballo, educación, acceso gratuito á cultura, vivenda... Os do botellón maniféstanse por estes temas?

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non ten que pasar por Madrid, pero se pasa por Madrid tampouco pasa nada. O importante é que non pase por un sitio solo, senón por moitos, cantos máis mellor, pero sen desbotar ningún.

Anónimo dijo...

Xa: arredor de si... e logo non era capaz de ver o que tiña diante dos fuciños.

Anónimo dijo...

Eu pensaba ilusoriamente que a liberdade de opinión, de expresión, de reunión e de manifestación, tamén formaban parte dos dereitos.

Anónimo dijo...

Se cadra é que non foi capaz de ver os puntos suspensivos... ou que o verbo "manifestándose" non foi explícito de abondo... ou se cadra só quixo ver o que viu.
Acábo de pensar todo isto ilusioriamente, así que non me faga caso.

Anónimo dijo...

Os membros do Opus Dei tamén deben estar en contra do botellón, porque é de supoñer que seguen a doutrina do seu fundador:

“Urge recristianizar las fiestas y costumbres populares. -Urge evitar que los espectáculos públicos se vean en esta disyuntiva: o ñoños o paganos.
Pide al Señor que haya quien trabaje en esa labor de urgencia, que podemos llamar 'apostolado de la diversión'" (Camino, n.975).

"Hace falta una cruzada de virilidad y de pureza que contrarreste y anule la labor salvaje de quienes creen que el hombre es una bestia. -Y esa cruzada es obra vuestra" (Camino, n.. 121).

Anónimo dijo...

Hai un anónimo que parece dicir que como os madrileños non len literatura galega, nós tampouco debemos ler literatura española. ¡Hala, que se fastidien! Como sigamos así, en breve esixiremos non só as balanzas fiscais senón tamén as balanzas literarias. Non sei se sairíamos moi favorecidos. Con Madrid non creo, pero con Cataluña e Euskadi me temo que tampouco...

Anónimo dijo...

Se lle preguntaramos hoxe a cen rapaces galegos como pasan o tempo de lecer e que lingua empregan para esas actividades (castelán ou galego), veriamos que por desgraza o fan maioritariamente en castelán. Algún de vostedes (mesmo os máis tepedamente galeguistas) dirán que "isto é normal", "son cousas do mercado", "as cousas son así", "eles deciden", etc.
Destas cousas falaba nun "post" anterior, así que non me veña agora, contertulio leituga1, con que eu dixen que "como os madrileños non len literatura galega, nós tampouco debemos ler literatura española". Non. O que habería que dicir é: que están facendo os nosos gobernantes, disque nacionalistas, para fomentar a cultura galega en galego? É "natural" que todo nos vexa dirixido, redactado e fimado na lingua do estado? Que papel xoga a cultura galega nese estado (porque seica o galego é unha lingua "española")?

Anónimo dijo...

Señor Apicultor: Respectando moitísimo a súa liberdade de expresión ,lémbrolle que o discurso do, que creo é xa beato ,Escrivá está fóra de contexto neste asunto do botellón, polo que corre vostede o risco de falsear a realidade presentada. De cando en vez esqueza os dereitos e revise os deberes que como cidadáns e persoas que viven en sociedade( o mesmo mismiño cas abellas do seu colmear) e xusto e necesario cumpramos e demandemos cumpran os demais.Amén

Anónimo dijo...

Pois eu creo que ven moi a conto o Opus no asunto este do botellón e que para nada falsea a realidade presentada.

Disto isto, concordo en termos xerais con vostede: dereitos si, pero deberes tamén.

O que non sei é se coincidiriamos da mesma maneira á hora de concretar tal aserto.

Un saúdo.

Anónimo dijo...

Apicultor mestura o touciño desfebrado coa velocidade sideral cando mestura os mandamentos dunha seita cos supostos dereitos dos ghamberros. Pero en fin: sonlle as cousas do liberalismo bien entendido.

Anónimo dijo...

Se vostede me malinterpreta afirmando que eu dixen o que non dixen, pois creo que a confusión estará máis ben da súa parte.

E quen mestura allos con carballos é vostede: o liberalismo non ten nada que ver co Opus.

Anónimo dijo...

Contesto simplemente para que se meta na chencha que non por quedar sempre coa última palabra ten vostede razón en todo, "comme d'habitude". Revise o escrito e verá que as súas metáforas folclóricas están fóra de sitio. Verbigracia, que chuspe, cospe ou mexa vostede a sotavento, ou fóra de testo se quere.

Anónimo dijo...

Parece ser que,dende sempre,o ser humán precisóu de xuntarse periódicamente en grandes masas.Non séi se será unha necesidade biolóxica,é posible que por algunha causa atávica que se nos escapa.Ún dos logros da civilización é o calendario,a organización do tempo,que tantas veces se define por esas concentraciós (festas,romerías...).A niguén lle molesta que quede todo sucio e mexado despois dunha romería popular na que se celebra un milagro calquera.
A nova xeneración xa non se identifica con ese calendario,definido noutras épocas en base a cousas tan diferentes as de hoxe (cosechas,etc...).O novo calendario é semanal.Non hai vida despóis do próximo sábado.Non teñen senso as vellas celebraciós.Están orixinando unha revolución,e polo tanto un novo calendario.As verdadeiras revoluciós,cambiaron os calendarios.

Anónimo dijo...

A ver o que tardan os botellós en organizarse en fechas, lugares e ritos concretos,marcando o "pulso social" dunha nova xeneración.A ver o que tardan en aparecer "líderes pro-botellón".A ver o que tarda o botellón en aparecer nos programas electorales,pra demonizalo ou defendelo,convertídose nun problema político en vez de social.

Anónimo dijo...

La Redacción de EL PAÍS quiere mostrar su disconformidad con el editorial titulado Caudillo Guevara, publicado el pasado día 10 de octubre. Más de dos tercios de los redactores (250) consideran que el texto publicado no abordaba en su totalidad la figura de un personaje como el Che Guevara que, con sus luces y sus sombras, es lo suficientemente compleja para haberla tratado como si no hubiera una escala de grises.

El Estatuto de la Redacción contempla la posibilidad de discrepar de un editorial siempre que se logren reunir las firmas necesarias, que cifra en un mínimo de dos tercios de los redactores. En ejercicio de este mecanismo de transparencia y democracia interna, único en la prensa española, se ha habilitado este espacio para dejar testimonio de nuestra discrepancia.

Anónimo dijo...

Ai, señor Malvolio, que se lle ve o plumeiro.

Vostede é a primeira vez que ven por aquí, ou non? Ou será un vello coñecido -residente en Barcelona por máis datos- que tanto me quere (e que aproveita toda ocasión para atacarme emboscado)? É que se non, non se entende unha fixación tan patética, habendo como hai mil cousas máis importantes que comentar.

En todo caso, quen é vostede para ditaminar o que está ou non está fóra de sitio, meu señor?

Se desde logo do único do que é capaz é o uso tabernario de termos como "chuspe, cospe ou mexa", hai que recoñecer que é vostede un argumentador realmente sofisticado e as súas aportacións do máis interesante.

En fin, recoméndolle outro estilo e outra forma de argumentar menos zafia. Inténteo, xa verá como lle paga a pena. Cando menos o seu fígado llo agradecerá.

Que teña un bo día.

Anónimo dijo...

Non lle quero recordar a frase, lapidaria, con que Malvolio se despide dos seus inimigos na obra chaquespiriá...

Mas não! É piada!

aquí teño eu tanto de "acosador" (apicultor dixit) coma vostede de acosado, así que asoséghese.

Anónimo dijo...

Ale, veña, pase de min, que eu farei a viceversa.

Anónimo dijo...

Sobre botellón, hoxe, en "El Progreso":


PROBLEMÓN

Sen tensión entre apetencia e autoridade nin hai sociedade nin cultura. Sería esencial recuperar tal evidencia cando alguén proclama que a xente fai o que lle dá a gana, catro irresponsables aplauden e o poder que entre todos eliximos se ve desbordado, aparentemente inerme para exercer algunha das súas funcións. Polo verán comprobei no interior de diversos edificios monumentais como a actividade fotográfica, e o seu engadido permanente de flashes e estalo, parece terlles gañado a batalla a uns desmoralizados vixiantes contra o deterioro; neste San Froilán volvín experimentar aquí mesmo, na Catedral, o disparar impune.

É caso que me molesta bastante, pero nin único nin seguramente o máis grave. A impotencia de autoridades políticas, administrativas e morais -non hai moito tempo había diso, ¿lembran?- parece abandonar o campo, ou manterse á expectativa, en batalla aínda máis sensible, onde o estrago se produce sobre corpos e espíritos en formación e crecemento: grupos masivos de mozos acometen pública e decidida competición arredor da bebida alcohólica; os adultos, de momento, aceptamos o nome que os seus protagonistas lle puxeron ao fenómeno, e pouco máis.

O botellón, en Lugo, leva anos practicándose. Fixemos con el posiblemente o mesmo ca noutros lugares: primeiro, falar mal; segundo, escoitar o argumento dos practicantes: están mellor ao aire libre, é acto social e de relación, moita hostalaría vende caro e de mala calidade; terceiro, seguir falando mal uns, comprender outros, deixalos estar todos porque, á fin e ao cabo, aqueles primeiros botellonistas eran maiores de idade e tampouco non molestaban tanto nin a moitos. Xa se incrementara o custo da recollida do lixo e había lugares da cidade onde durmir ou pasear non era fácil coma antes; pero fómolo deixando ir.

Ao pouco, alarmas peores saltaron: rapaces moi novos, non poucos, saían de noite e incorporábanse á moda. Ultimamente, as fins de semana de moitos mozos e mozas lugueses son alcohólicas e públicas, hai desorde, queixa veciñal, o servizo de limpeza multiplica esforzo e gasto; aquel ruxerruxe social convértese en balbordo con algunha intensidade. O San Froilán do 2007 multiplica as cifras, o bo tempo e afluencia de paseantes e festeiros impide ignorar as actitudes, pon diante dos ollos a venda de alcohol, concentración de mozos, consumo, feitos asociados, conduta asocial e, moi principalmente, as caras case infantís dos que están na macroreunión do Parque, xogan á pelota na Ronda da Muralla, sentan ás catro da mañá no adro da Catedral. Coma noutras cidades, é portada na prensa e os gobernantes séntense tacitamente interpelados.

O alcalde de Lugo sae á palestra clamando pola responsabilidade dos pais de adolescentes, ofrecéndose a guialos no circuíto da desfeita; fai ben o primeiro edil chamando ao xuízo. Leva non obstante a actuación algún pero, e é que nin o problema é recente, nin a vixiancia paterna daría coutado aspectos coma -verbi gratia- o comercio moralmente ilexítimo nin a institución municipal practicou sempre dilixencia. Ha de haber cinco ou seis anos, a actual edil de Muller e Benestar Social (daquela, de Muller e Xuventude) reuniuse de noite cun grupo de botellonistas, seica viu como falaban sanamente e recollían todo. Houbo ao mellor quen pensou que a señora Basadre practicaba o colegueo, pero resultaría inxusto avaliar así tal propensión ao diálogo; o malo é que, non téndose -aparentemente- despois feito outra cousa, un non gaña demasiada autoridade para a prédica.

Hai anos, décadas quizá, que ser novo é nota de prestixio; non xa por motivación biolóxica, senón social, todo o mundo quere selo. Quizá por iso tanto adulto se retrae á hora de coutar o comportamento deles, ou tan sequera cuestionárllelo con firmeza. Eu sei que a maioría dos rapaces actúan con límite razoable; sospeito ademais, a pesar da fama, que en certo número len o xornal. Vou logo falar do botellón con vosoutros, que posiblemente xa abonda de que falemos só de vosoutros.

Imos ter que facer algo. Vós e nós, mozos e adultos, podemos comprender que é intolerable o comercio impune de bebidas alcohólicas para menores, aínda que sexan maiores de dezaoito quen as adquiren; que non ten custo soportable recoller cada sábado toneladas de lixo suplementario ademais do habitual; que veciños e viandantes teñen dereito ao descanso, tamén en fin de semana, e ao tránsito ou lecer minimamente acougado.

Debemos tomar medidas e oxalá sexa en acordo consciente, como mínimo, da gran maioría. Pois sabemos que nin cervexa (cinco graos) nin viño (dez a catorce) deben ser introducidos nun organismo con idade inferior aos dezaoito anos, e despois moderadamente; que graduación máis alta, e axitación combinada, a pouco bo sitio levan; que escaso estímulo vén dunha perda de conciencia.

Ben comprendo que os adultos fallamos como modelos; a obra humana que se levanta ou mantén é imperfecta, con catorce ou dezaseis anos é cando ao mellor un o descobre. Persoalmente sinto vergoña, como adulto que ademais é profesor, por non darmos transmitido eficazmente o que no mundo hai de bo, xusto, merecente de ser gozado e transmitido; que paga a pena, desde a adolescencia, ir asumindo compromiso e procurar mudanza para aquilo, tanto, que, ben vemos, non funciona.

Porque, máis alá do noso acerto ou fracaso, vós ides necesitar modelos e institucións. Vida afectiva con algo máis ca protección e comodidade; vida social con responsabilidade, esforzo e divertimento; vida política, espiritual, a noción e compromiso que cadaquén resolva afrontar na propia existencia.

O botellón, tal e como se produce agora, pode ser un síntoma; pero a cousa non pode seguir así e imos ter que facer algo. Vós e nós.
Xosé M. González

Anónimo dijo...

Bó artigo,X.M.Glz.

Vóulles participar o comentario que me fixo un velliño:

-¡Cómo van tér algunha ilsusión na vida estes rapaces novos! ¡As rapazas déitanse con eles o primeiro día!

lourixe dijo...

Pois non sei quen perde mais ilusións, Sr. Xoan da Coba, se os mozos ou as mozas, que probando o percal desde o principio xa vemos a que nos espera...