23 nov 2007


Pintadas (3).

Pan por Pan venres 23 novembro (Imaxe: Paul Lafargue, autor de O dereito á preguiza, casado cunha filla de Carlos Marx)

Sigamos coas pintadas, tema apaixonado e con moitos seguidores, polo que vexo. O primeiro que aprendín sobre os anarquistas, contado por un crego profesor de relixión, foi que eran moi malos porque escribiran un libro facendo unha gabanza da preguiza. Por aí iría, supoño, o artista que pintou en Compostela no Día dos Traballadores: “1º de maio, traballa ti que a min dame a risa”. Nesa cidade, en tempos tan politizada, houbo centos de pintadas de todas as cores. E tamén contrapintadas. Na praza da Quintana debía levar alí décadas un ostentoso “¡Arriba España!”. Algún simpático engadiu debaixo “O que a tirou, que a levante”, asinando coa simboloxía anarquista (un A dentro dun círculo). Simpática tamén a pancarta nunha manifestación ourensá de adhesión a Franco. Dicía así: “Franco, tus ideales son los de Toén”. Os mal pensados pensaron no psiquiátrico.

62 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

GRAZAS DE NOVO A TODOS os que contribuíron a esta serie de artigos sobre as PINTADAS coas súas achegas nos diferentes fíos. Aínda seguirei algúns días máis: a xente gústalle o tema, comentáronmo nestes días varias persoas.

Anónimo dijo...

"Eu nunca serei yo"
[Quédome con esta de todas]. Aquí a teñen por se a queren ver:
http://recursos.cnice.mec.es/bancoimagenes2/buscador/imagen.php?idimagen=46704&expresion=%22grafito%22

Anónimo dijo...

"Eu nunca serei yo"
[Quédome con esta de todas]. Aquí a teñen por se a queren ver:
http://recursos.cnice.mec.es/bancoimagenes2/buscador/imagen.php?idimagen=46704&expresion=%22grafito%22

Anónimo dijo...

As pintadas,aparte de concienciación social,tamén trataron de resolver algún problema persoal: "Compañeiro Readmisión".Foi cando expulsaron do Instituto das Lagoas ó Anxo Pérez Carballo,da Cig,por estar tumbado á bartola porriba da mesa na clase en presenza do director Albino Núñez.

Anónimo dijo...

E cando morrera un mozo na Residencia Sanitaria,(decían que por ser drogadicto lle fixera mala reacción a anestesia),apareceron pintadas "Non morriches,matáronte".

Tamén perto do Instituto das Lagoas "Bullón,dimite cabrón".O profesor en cuestión,e á sazón xefe de estudos,enfadárese moito.Pero porque escribiron mal o seu apelido,"Boullón".O primeiro que fixo nas clases os días seguintes foi escribir o seu apelido no encerado,decindo:"Si van a escribir mi nombre en las paredes,por lo menos escríbanlo bien".

Anónimo dijo...

Eu,se non poño unha canción,non durmo tranquilo:

Vou pintar as paredes

Anónimo dijo...

Algunha que outra para o inventario:
Non sei se a raíz de estar Suso Bahamonde, o caso é que acerto a recordar na parede da antiga cárcere :
"Se España é míña nai eu son un fillo de p.."

Non hai moito que en Celanova quixeron programar un "corrida" de touros nunha praza móbil, alguén respostou con aquel, "metei os touros polos collóns".

Anónimo dijo...

"Orensanos fuera de Samil". Esta tamén é boa ;-)

Anónimo dijo...

A de saúdo da entrada ainda hoxe,no noso instituto, "España máis que nunca, nunca máis".

Palco de música levantado no rural, de bloque e cemento a cara vista, en letras brancas e rudas de xiz, BOSTA EN GALEGO !


Unha das variantes en honra ao bispo e moito antes co spot de marras,na baixada de Reza "Por Dios, Temiño eras tan riquiño".

Aqueloutra na parede do bispado de OU :
"Curas al paredón".

Lagoas (paso ponte do tren) :
"Algún día España amanecerá republicana".

E como colofón sen tratar de ofender coa clásica "tonto el que lo lea".

R.R. dijo...

Outra desas con resposta: ¡FRANCO VIVE! E embaixo, se un non tiña medo de achegarse, escrito en letra pequena e cun rotulador: "Pues se estará dando con la tapa".

Anónimo dijo...

Pero agora emborronan os grafiteiros as paredes, cunhas expresións , horteras, narcisismo histérico da firma, tempos de egolatría, que me coñezan, ser famoso, so tentalo paga a pena, ainda que nunca o logre, se non teño tres segundos de TV non existo, se os teño quero mais, até podo tatuarme coa miña propia firma dende os pes, pasando polos xenitais para chegar a frente, mudar o pelo de color e definitivamente facerme transparente social, políticamente, correctamente hablando en español si la canle lo demanda porque para meterse por el burato de la fama hai que facerse opaco a realidade das voces que dentro pide expresarse anamnéticamente, o verdugo, a inxusticia, a estupidez...non pode ter a última palabra, quero ter a forza de Altamira,a suxestión da biblia, o rigor do método, a critica de Kant e a capacidade de anunciar de Heidegger, tamén quero, quero sobre todo querer, seguir querendo ainda que sexa a morte para seguir a viver, porque toda eu son unha pintada.

Marcos Valcárcel López dijo...

Lembro o caso de Anxo Pérez Carballo estudante, despois un dos forxadores do SOG e da CIG en Ourense e en Valdeorras, onde foi responsable da zona bastantes anos. Non debeu haber moitos casos de expulsións de alumnos por temas políticos nos Institutos de Ourense: estaría ben que alguén se encargase de estudalos e gardalos na pequena memoria da cidade.

R.R. dijo...

¡Outra! Que empezou como pintada en Conxo -acordeime polo de Toén -e acabou sendo motivo para vender camisetas e facer concertos:
Conxo capital
da movida mental.
E xa paro antes de que me boten.
Saúdos, encántanme estes fíos, non sei se se nota...

Anónimo dijo...

Recordo : "En boca cerrada non entran moscas, pero entran carallos como roscas..."

Anónimo dijo...

Non pare, que é unha sorte termos por estes pagos e co seu inxenio a r.r., que agocha (non desvelo secreto algún) as iniciais de Rubén Ruibal, o noso flamante (como os coches) Premio Nacional (ou Estatal, como algún prefire) de Literatura Dramática.

Anónimo dijo...

A mediados dos setenta chegóu de Chile,fuxindo do réxime de Pinochet un pintor chamado Manolo,que agora é un pintor ourensán máis,coñecido coma "O chileno".Cando chegóu,entablóu amizade coa "bohemia local",moitos dos cales eran os mesmos que facían as pintadas.Unha noite pedíronlle que fora con eles.Sería o encargado de pintar un mural asociado ó texto da pintada.Fíxose na rúa Curros Enríquez,perto do Cine Avenida,non séi cál era o texto.O chileno pintóu un tema antibelicista, un tanque cunha flor metida polo cañón.Naquelo,aparecéu a "secreta" e fuxiron todos menos o pintor que estaba absorto pintando.Os policías puxéronse ó seu carón .Él,pensando que eran os compañeiros,decíalles "alcanzadme el de pintura roja",etc.Os policías,con algo de cachondeo,facían o que lles decía,hasta que se identificaron como policías e lle preguntaron qué facía.Él,sorprendido ó comprobar que os compañeiros fuxiran,dixo que era recén chegado a España e non sabía que estivera facendo algo malo(en Chile era peor,había toques de queda e así).Deixáronno marchar tranquilamente.O mural quedóu alí bastante tempo.Se alguén lembra o texto,que o diga.

Anónimo dijo...

Esta non é do seu avó; o que demostra que é vostede un pozo sen fondo.

Anónimo dijo...

Podiamos seguir no fío da nostalxia falando de historias de policías bos, como o da pintura e o chileno... eu teño varias historias simpáticas,para cando teña algo de vagar.

Marcos Valcárcel López dijo...

Podemos falar de policías bos e de policías malos.
E de policías pais de militantes nacionalistas: eu sei de varios. Alguén que a saiba mellor ca min pode contar a historia dun nacionalista ourensán perseguido polo seu pai en pleno Día da Patria Galega.

Marcos Valcárcel López dijo...

XOÁN DA COBA, nomeado polos cabaleiros deste blog, o noso LANCELOT e o noso cronista simbólico da memoria da microhistoria ourensá.

Marcos Valcárcel López dijo...

Pola miña banda, comprométome a gardar (impresas) todas cantas pintadas foron citadas aquí, nos últimos fíos, ademais de utilizalas (moitas, todas sería imposible) nas miñas columniñas destes días: ó remate, sacareinas todas xuntas, para que vexan como quedou o conto e por se alguén quere gardalo de recordo.

Anónimo dijo...

Por certo,un dos que fuxíu cando o do chileno tiña o mesmo apelido que un que escribe por eiquí,que traballaba nun banco.Outro,un apelido parecido ás filloas.Outra ,un apelido coma o nome común dun animal doméstico.

Anónimo dijo...

"El que no folla per cap d'any, no folla en tot l'any"

Anónimo dijo...

Tén razón,anónimo.E o sublime é facer coincidir o orgasmo coas doce campanadas.Hai que tér bastante práctica.Non sáe bén a primeira vez.A clave está en agoantar hasta os cuartos,e logo apurar.

Anónimo dijo...

Cita Rodríguez Barrio nun seu poema unha pintada que viu en Nagor:
"En Nagor cada yonki fue un ocaso"

Marcos Valcárcel López dijo...

Non o teño agora a man, pero creo lembrar que en ULTIMO ROUND, de Cortázar, que lemos nun piso de Compostela o Bieito, o Roi, o Guerra e máis eu, había bastantes fotos con pintadas de maio do 68.

Anónimo dijo...

"A terra pa quen a traballe"

Anónimo dijo...

Tres relacionadas co mundo da política:
1.- Cando na primeira campaña o Parlamento de Galicia, se mal non lembro, o lema era: "Vota aínda que chova". Resposta da pintada, despois das eleccións: "Que, seica non choveu".
2.- Un ourensán que foi diputado en Santiago moitos anos, conselleiro, e chupón no Consello da RTVG, e que aínda vive, todo el moi acicalado e sempre moi peripipì, no Parque de San Lázaro, pintaronlle no seu retrato electoral: "Vi... te vi en putas".
3.- Na rúa do Villar estivo unha moitos anos en relación con unha campaña de Fraga: "Es la hora de Fraga". Resposta da pintada: "Vota en Canarias, é unha hora menos"

Anónimo dijo...

Outra :"No se os puede dejar solos" Franco.

Anónimo dijo...

Unha variante do inxenio sentencioso eran os títulos inventados de películas inexistentes, tipo "El que se desnucó por vérsela".

Anónimo dijo...

Historias de pintadas:

Naqueles anos da morte de Franco e chegada do Rei Juan Carlos I, atopábame estudiando no Colexio Cisneros. Sempre me chamou a atención unha pintada ácrata que fixeran mo muro á entrada que decía: "Paren el mundo que quiero bajarme".

Nas clases de López Cid fixeramos un simulacro de eleccións democráticas, con partidos políticos e cabezas de lista. A algún non se lle ocurríu outra cousa que escribir pola zona do Parque, e con letras grandes: "Vouta Ourizo I". Alguén me comentou posteriormente que houbera investigación policial e todo por si as pintadas eran alusivas ó Rei. Non pasou a maiores pero ... Por certo que o Ourizo é un compañeiro xornalista, Jorge Cardoso, que xa hai tempo non sei nada del, marchárase para Madrid.
Saúdos: Xan Castro. (Sandi)

Anónimo dijo...

Un sitio con grafitis e pintadas:
visitar muros hablados

Anónimo dijo...

Saúdos, anónimo.Tempos aqueles.O Albarellos,o Fabellos,O Penín que vendía os bocadillos.Os profesores, "Tres Títulos",que decían que fora presidente de Cuba por unha noite,o Celso Pereira,o Chicho Pereira,O "Biscurillas",o Xocas (Xaquín Lorenzo",O López Cid,o seu fillo Xavier que xa daba clases daquela alí,...

Na clase do Chicho non falaba ninguén durante as explicaciós.Se falabas,tiñas que pagar un peso pró bote da clase.A fin de mes,repartíase o bote que houbera entre todos.Sen non falaras nada,ibas con cartos prá casa.A estratexia ganadora era estar calado e facer que falaran os outros pra engordar o bote.

Anónimo dijo...

Quixera, por favor, que alguén me explicase o significado, para min misterioso, dunha frase citada máis arriba e que xa teño lido nalgures (pero non lembro onde):

"Eu nunca serei yo"

Que c... se quere dicir con iso?

Anónimo dijo...

"El Rector no tiene pilila" leíase detrás de San Pelayo, na Compostela daqueles anos de loitas pola carestía dos pisos.
Nunha asamblea na Facultade de Historia alguén escribíu nun aula: "De gris ou de marrón un cabrón é un cabrón". Facía alusión ao cambio de uniforme da policía (de gris a marrón). O gracioso foi que entraron a desaloxar e un apostouse diante da pintada. Nós morríamos coa risa.
Un saúdo cebolleta.

Anónimo dijo...

Eu tampouco a entendo moi bén,Apicultor.Pero quizáis trasladándoa ó castelán se entenda mellor:
"Yo nunca seré eu".

Anónimo dijo...

Yo nunca seré Eu-femia.

Anónimo dijo...

Pode ser que se acabara a pintura antes de completar a sentencia:

Eu nunca seréi yo-yo de ninguén.
Eu nunca seréi youtub-able.
Eu nunca seréi Yon Lenon.
Eu nunca seréi yonki.
Eu nunca seréi yomb.(Eu nunca seréi barata.Senegalesa confundindo o idioma.Yomb=barato,fácil(wolof))
Eu nunca seréi yours.(Inglesa en situación similar).
Eu nunca seréi ya te llamaré.(Acabóuse a pintura antes do rabiño do "a")

Anónimo dijo...

A pintura non era de exterior,e a chuva borróu o principio e o fin desta frase,escrita por unha actriz de tetro:

Se podo escoller o rol mEU NUNCA SERÉI YOlanda.

Anónimo dijo...

Oiga Xan da Coba, estaba vostede na clase de 6º de Bacharelato cando un recién titulado Carlos Casares viñera a darnos clases de literatura e língua española?
E do cura o que chamaban o Moro, que daba unhas hostias que non vexas?
E do Gabino?
E aínda que este é máis vello, o J.Noguerol, alias Mahoma?

Anónimo dijo...

Vailles pasar coma a unha tía miña que falando cunha amiga da infancia sen sabelo faloulle dunha compañeira común que era unha porca que non se lavaba que tiña piollos e non sei cantas máis cousas. A interlocutora díxolle: "Era eu". E a miña tía lle respostou: "Que ías ser ti! Aquela ademáis era fea coma un croio". A outra volveulle dicir que era ela. E a miña tía decatouse do erro e só tivo o valor de calar e saír como puido da situación. Cuidadín, pois, co que din.

Anónimo dijo...

Moi bo, da coba. Cando non se lle encontra explicación a algo, hai que saber saír para adiante con sentido do humor.

Anónimo dijo...

O Moro era un que fora boxeador,non? Tiña gafas,non?Fállame a memoria dos nomes e as caras.Había varios que daban ostias.Sí que lembro ó Gabino.Do Casares doume unha idea,pero non me déu clase.Tamén me lembro da rapaza da secretaría,América,non?.Todos tiñan motes,se os escoito,recoñézoos,pero os nomes,nin eso moitos deles.De qué anos fala vostede?

Anónimo dijo...

Pra carqueixa,o comentario anterior,claro.

Anónimo dijo...

Falo do ano 1973 en que se creou por primeira vez o COU

Anónimo dijo...

Quen tamén daba hostias, cando estaba de lúa, era o chamado Tarzán, a que si?

Anónimo dijo...

Si, o Tarzán dábas con cáscara

Anónimo dijo...

Mais en Montevideo:

Que viva o presidente con el sueldo dun docente.
Los idealistas hacen castillos en el aire, los locos los habitan y los psicologos cobran el alquiler


No pise la hierba, fumela.


Coma mierda, millones de moscas no pueden equivocarse.

No se queje, emigre.

Anónimo dijo...

Eu estiven nese colexio unhos poucos anos despóis.E só un curso.Aquelo era surrealista.

Anónimo dijo...

Monsieurs (e algunha madame): cando se poñen en plan "batallitas del insti" e "Ourense centro del universo", o que emigro son eu, lector xuvenco, aos blos da competencia.

Anónimo dijo...

"Ourense,estado mental" é a que me gosta a mín.

Anónimo dijo...

O último anónimo ten moita razón. Xa a amiga Lula Fortuna puxo o alcume, como venda nos ollos, de cebolleta. Por aí vamos. Pero dame a impresión que cos anos eso vólvese inevitable. Quen puidera ser xato a estas alturas!

Anónimo dijo...

"Impresión de que", non "impresión que": desculpas.

Anónimo dijo...

Eu, probe de min, non teño batallitas que contar. Cando rulaba polo instituto xa os efectos da transición política se fixeran notar: despolitización case total da ghuventú. Queriades política? Pois aí tedes: autonomía, Felipe e Guerra, a Otán e a CEE. As nosas ansias estaban colmadas. Eramos a xeración do baby boom. Os irmáns menores de vostedes.

Vostedes xogaron a ser progres: non cambiaron o mundo (mais ben o mundo os cambiou ou, comom din agora, "mudou", a vostedes). Nós, sen ningunhas expectativas, xogamos a tirar para adiante (e o que veña detrás que aree).

Vostedes foron a unha universidade cativa (en todos os aspectos, tamén en número de estudantes). Nós fomos a unha universidade cativa tamén, pero desta volta do "sálvese quien pueda".

Anónimo dijo...

Para vostedes a universidade foi un premio. Por fin, o rapá, vai á universidade, e podémoslle pagar os estudos.

Para nós, a universidade foi un trámite que cumprir, nun momento en que se non ías á universidade eras un ninguén.

Os efectos desta política de "aulas abertas" pagámolo, en certa medida, anos máis tarde. Moitos dos meus cuates tiveron que marchar do país (do galego e do outro). A maioría acabou tendo un choio inversamente proporcional aos estudos que realizara. Os resultados hoxe en día son os que son: mileurismo a esgalla.

Anónimo dijo...

Tén bastante razón,anónimo.

A nivel persoal,un desexaría traballar ó límite das súas capacidades.Pero socialmente,é mellor que o traballador vaia "sobrado" de coñecementos.Esto é,que teña máis preparación da estrictamente esixida pró posto.Anque persoalmente se sinta un pouco frustrado.

Anónimo dijo...

Eu recordo unha pintada cabrona, cabrona.
Era cando o lío dos pisos en Santiago e a suba das tasas...

Dícía, ao lado dunha cabina telefónica preto da Quintana:

"O teléfono do rector é 57XXXX"
e tal que a broma era chamar a eso das 2,3,4,5,6,7,8, da noite ou da mañá pra toka-lo caraglio.

Anónimo dijo...

Ninguén foi quen de responder á pregunta que formulei máis arriba. Quedarei, pois, in albis.

Anónimo dijo...

Este é un blog ourensán?

Anónimo dijo...

É que fai cada pregunta,Apicultor,que o misterio de Deus "ún" ou "trino" parece un xogo de rapaces.

Marcos Valcárcel López dijo...

pARA O penúltimo anónimo: é evidente que este blog nace en Ourense (de Auria fala a súa cabeceira), cidade na que eu resido. Pero a súa temática estáben aberta ó mundo e moitos dos que participan escriben dende lugares ben variados, como é habitual, polo demais, na blogosfera.

Anónimo dijo...

Eu xa non lle sí se son ourensán ou non,anónimo.Mesmo non séi se SON ou NON SON.Non séi de onde veño,nin a donde vóu.Non séi tampouco.por qué a pita atravesóu a estrada.Estes que andan por eiquí volvéronme tolo,e paso os días a contar cántas formigas atravesan unha raia que pintéi no chan.