18 nov 2007


Cousas que non se entenden
La Región 19 novembro

Liberdades. Debuxar os príncipes de Asturias na portada dunha revista de humor e sátira é neste país perseguible e obxecto de multa. En cambio, negar o xenocidio e o Holocausto entra nas marxes da liberdade de expresión, seica. Así o di o Tribunal Constitucional. Por favor, se hai algún xurista libre, que mo explique.
Quizais non teña nada que ver ou quizais si, pero esta semana Amnistía Internacional presentou o seu informe “Sal na ferida” tras investigar durante máis dun ano 13 procesos irregulares. Os resultados non son alentadores: AI fala de impunidade nalgúns casos de tortura policial en España, di que a tortura non é algo illado (golpes a persoas esposadas, patadas, ameazas de violación, etc.) e que o policía “está por riba da lei”. E denuncia que os sucesivos gobernos nada fan para evitar todo isto. Os xuízos ós culpables destes abusos, segundo AI, conclúen con sentenzas absolutorias por ser imposibles de identificar os axentes responsables dos mesmos.
Antes do 20-N. E para rematala, onte, en Tele 5 (La Noria), o ínclito Jordi dálle voz a tres representantes de grupos fascistas declarados (Democracia Nacional, España 2000, Movimiento Católico Español) para que defendan con detalle e arrogancia as súas teses xenófobas e racistas. Estebán Ibarra (Movemento contra a Intolerancia) e Pilar Rahola negáronse a participar no debate con tres personaxes que só representan correntes minoritarias e violentas, sen respaldo electoral real. Só o sensacionalismo máis nauseabundo explica esta privilexiada atención informativa a grupos de práctica violenta. Tres fascistas que se retratan a si mesmos: o de España 2000 confesou que era o avogado de Anela, asociación que axunta os clubes de alterne de España: suponse que as inmigrantes explotadas nos mesmos, disque a inmensa maioría das prostitutas en España, quedarían fóra deste discurso xenófobo, non?
Ultras de novo cuño. Agás algúns falanxistas nostálxicos, os novos ultras teñen pouco que ver cos que había no inicio da transición democrática, cando a extrema dereita era unha ameaza real ó sistema. Como lembraba esoutro día Florencio Domínguez (“La Vanguardia”, 14 novembro), recuperando unha tese de Mario Onaindía, os innumerables grupos de extrema esquerda e extrema dereita dos anos 70 foron desaparecendo con bastante rapidez á medida que se estabilizaba o sistema democrático: ultraesquerdistas de sempre espertaron un día convencidos de ser socialdemócratas de toda a vida; moitos ultradereitistas fixeron o mesmo integrándose na dereita civilizada daquela hora. Os grupúsculos violentos subsisten e o asasinato do mozo Carlos Javier Palomino enlaza directamente coas mortes da dominicana Lucrecia Pérez ou co do seguidor da Real Sociedade Aitor Zabaleta, entre outros. Un mínimo de responsabilidade esixe non darlle fiestras de propaganda ó discurso que lexitima esta violencia e a personaxes tan esperpénticos como os fachendosos líderes convocados en Tele 5.

(Nota: sustituín o breve comentario inicial por este, reformado e ampliado, que sae hoxe en La Región. O cambio de texto non afecta ós comentarios xa publicados).

33 comentarios:

Anónimo dijo...

Hai uns días lin a noticia na "voz" da condea de tres anos a un rapero en Canarias por inxurias ao rei.

Non hai dúbida é que se alguén ou algunha institución se situa mais alá das criticas dos cidadáns, este ou está institución non ten nada de democrática. Se este privilexio mais é de sangue, pois a onde imos a parar.

Non gosto da política chavista, pero en termos democráticos mínimos hai que ser coerente e advertir que se algúen se tiña que calar no tan famoso incidente sería o rei porque non representa a ningúen, ou si, representa a unha institución imposta polo franquismo, que nunca se someteu a un refrendo popular.

Os seus servicios da monarquía a democracia son evaluables dende diferentes puntos de vista, pero se un dos puntos de vista se criminaliza, simple e claramente adentrase a defensa de tal institución por camiños antidemoráticos.

Que un rei mande calar encende as luces de alarma. Se ten o poder de facer calar, a raperos, a humoristas, a cidadáns exaltados...de onde lle ven ese poder?
Dende logo que non do sesenvolvimento dalgún principio politico con vocación democratica, senón dos apendices autoritarios do franquismo que perviven no españolismo e a súa pretensión de privilexiar certa identidade nacional e unha concreta casta por riba dos dereitos a igualdade xuridica dos mortais.

Anónimo dijo...

Pero, como? Está vostede a dicir que o rei foi posto aí, "accidentalmente", por Franco? Revise a bibliografía!

Anónimo dijo...

A monarquía non é unha institución democrática. A súa existencia xustifícase polos servicios prestados por moderar na transición os sectores mais reaccionarios como o exercito. Pero unha vez feita a transición a que ven manter eses privilexios de casta?. Como se xustifican democráticamente?.
A quen representa o rei?
que delegación de poder hai nel por parte da poboación?
É certo que o rei ía no paquete constitucional que foi aprobado polo "pueblo español". Pero as constitucións son discutibeis, reformabeis, adecuabes e mellorabeis.
Aclarolle Anónimo que eu xustificaria a coroa se esta facilitase a transición cara un estado plurinacional, pero de non ser así, como parece que non é, pois a miña opinión e que o seu papel está demais, como xoga u papel españolista para o futuro do estado.

Anónimo dijo...

Non lle son xurista, Valcárcel. Pero quizais esa curiosa paradoxa se explique porque unha cousa é un ditame do Tribunal Constitucional e outra ben diferente a iniciativa de procesar aos humoristas por parte das autoridades (in)competentes.

Xurídica e legalmente non é potestade de El-Rei (non ten ese "poder", como di o señor De Rairo) facer calar a ninguén. Son as instancias (im)pertinentes do poder xudicial, ou a Fiscalía Xeral do Estado, quen teñen esa atribución.

En relación á outra afirmación do señor De Rairo, hai quen sostén que a función de El-Rei quedou lexitimada cando se someteu a referendo a Constitución.

Conste que me limito a informar de como funcionan as cousas, non emitir un xuízo de valor sobre ese funcionamento (polo menos de momento). Pero coido que convén diferenciar planos para non confundir nin confundirse.

Anónimo dijo...

Por outra banda, eu vexo unha contradición entre denunciar por anti-democrático o "poder" que tería o Monarca, e logo estimar positivo que, en exercicio de tal "poder", facilitase a transición cara un Estado plurinacional dun modo "anti-democrático" (porque esa sería a esencia do seu "poder").

Anónimo dijo...

O rei non ten o poder directo de facer calar a ninguén, pero si o sistema xurídico que o defende. E que el pode utilizar no seu favor.

Efectivamente hai quen sostén que a función do rei quedou lexitimada (legalizada)cando se someteu a referendo a constitución. Pero tamén hai quen sostén que a constitución contén controles antidemocraticos que sería conveniente, para acadar unha mellor democracía, reformar.

O legal non sempre coincide co lexítimo. O legal ten a forza positiva do dereito e por tanto é coercitivo, o lexítimo está suxeito a consideración dos participantes no proceso de comunicación e depende en grande parte ca calidade argumental.

Non discuto a legalidade da monarquía pero si a súa lexitimidade.

Hai unha contradicción elemental, o rei goza duns privilexios adequiridos por pertenza a unha casta que non son xustificabeis(lexitimamente) se nos atemos ao principio xuridico dun estado de dereito que se refire a igualdade ante a lei.

Anónimo dijo...

esquecin firmar

Anónimo dijo...

O artigo de onte de Santos Juliá resulta moi interesante para explicar esto que plantea Apicultor.

Anónimo dijo...

Sempre me acorda a diferenza, canto a expresión mediática, entre España e o Reino Unido. Poña un tabloide en Madrid e imaxine o panorama.

Supoño e espero que será cuestión de tempo. Non desexo que en España se decapite a ninguén, aínda que a cabeza rolante de Charles the First igual introduce algún matiz na relación entre Her/His Majesty e mailos seus súbditos. E a coartada do respecto, non sei se apoiada tamén no 23-F, aínda dá para bastante.

Particularmente encontro, xa o dixen, bastante detestable aquela portada de "El Jueves", e non é a única. Pero o choio, renxer, renxe.

Anónimo dijo...

Así, de entrada, non acerto a ver cales serían eses "controles antidemocraticos que a constitución contén", tal como di o señor De Rairo. Estaría ben que os explicase.

Anónimo dijo...

Obviamente hai unha contradicción entre denunciar o caracter non democratico da monarquía e por outra estimar o exercicio do poder monárquico, se facilita o transito cara un estado plurinacional.

A contradicción sinala unha situación pouco democratica, ou dunha democracia insuficiente que podería ser conducida a outra dunha democracia mellor, e mais satisfactoria, e que para esto habería que contar con institucións que non sendo en principio democraticas optansen por posibilitar esta transición, xogando un papel positivo. É o problema dos medios para acadar o recoñecimento, problema que podería dar lugar a un interesante debate.

A pena de morte, sexa para quen sexa, non pode atopar xustificación nun discurso democratico fundamentado nos valores éticos recollidos nas cartas dos dereitos humanos.

Anónimo dijo...

Como se mide o grao de "satisfación" da cidadanía verbo das democracias realmente existentes?

Corremos o risco de considerar que a nosa persoal opinión é trasvasable automaticamente como opinión da maioría, cando só é iso: simplemente a nosa particular opinión, todo o respectable e lexítima que se queira, pero opinión única e exclusivamente de un.

Periodicamente fanse macroenquisas a nivel europeo para calibrar e matizar o grao de satisfacción da cidadanía. Analizando esas enquisas teriamos elementos que axudarían a ponderar as nosas particulares opinións e a non deixarnos levar pola fácil falacía de considerar que a nosa opinión é a opinión.

leriasaparte dijo...

Hola. Canta razón tes. Moitos casos máis importantes caen no descoñecemento.Eu pola miña parte, estou escribindo nos blogs para denunciar a situación de discriminación que sufrín en relación cunhas listas de substitucións na consellaría de educación. Aparece todo detallado no meu blog. Perdoa por facerme publicidade, pero intento chegar ó maior número de xente posible.
Moitas gracias.

Anónimo dijo...

En relación ao dito anteriormente, poden consultarse, por exemplo, os datos do seguinte informe:

Eurobarómetro 63.4. Primavera 2005, pp. 41 e ss.

Anónimo dijo...

Para Lerias aparte:

Súmome ao que din Brétemas e Ana Bande no teu blog. Ademais, supoño que os tribunais serán competentes para resolver legalmente estes problemas.

Ánimo e segue loitando!

Anónimo dijo...

O fío empezou para denunciar a permisividade vergonzosa do Constituional coa negación do holocausto e a defensa dos dereitos de expresión dos neonazis.
A negación debe ser delicto porque Pepe Goebbles que era un sabio da influencia nas masas, deixou dito que a mentira repetida pasa por verdade... e así, hai que impedir que grupos poderosos podan facer campaña negacionista a pasar das realidades obxectivas a que se relativice e negue a evidencia.

Para a súa ilustración, recollo os dez mandamentos de Goebbles en canto á influencia nas masas. De uso para calquera lider político qeu queira triunfar.

Principio de simplificación y del enemigo único. Adoptar una única idea, un único símbolo. Individualizar al adversario en un único enemigo.

Principio del método de contagio. Reunir diversos adversarios en una sola categoría o individuo. Los adversarios han de constituirse en suma individualizada.

Principio de la transposición. Cargar sobre el adversario los propios errores o defectos, respondiendo el ataque con el ataque. "Si no puedes negar las malas noticias, inventa otras que las distraigan.

Principio de la exageración y desfiguración. Convertir cualquier anécdota, por pequeña que sea, en amenaza grave.

Principio de la vulgarización. Toda propaganda debe ser popular, adaptando su nivel al menos inteligente de los individuos a los que va dirigida. Cuanto más grande sea la masa a convencer, más pequeño ha de ser el esfuerzo mental a realizar. La capacidad receptiva de las masas es limitada y su comprensión escasa; además, tienen gran facilidad para olvidar.

Principio de orquestación. La propaganda debe limitarse a un número pequeño de ideas y repetirlas incansablemente, presentarlas una y otra vez desde diferentes perspectivas, pero siempre convergiendo sobre el mismo concepto. Sin fisuras ni dudas. De aquí viene también la famosa frase: "Si una mentira se repite suficientemente, acaba por convertirse en verdad."

Principio de renovación. Hay que emitir constantemente informaciones y argumentos nuevos a un ritmo tal que, cuando el adversario responda, el público esté ya interesado en otra cosa. Las respuestas del adversario nunca han de poder contrarrestar el nivel creciente de acusaciones.

Principio de la verosimilitud. Construir argumentos a partir de fuentes diversas, a través de los llamados globos sondas o de informaciones fragmentarias.

Principio de la silenciación. Acallar las cuestiones sobre las que no se tienen argumentos y disimular las noticias que favorecen el adversario, también contraprogramando con la ayuda de medios de comunicación afines.

Principio de la transfusión. Por regla general, la propaganda opera siempre a partir de un sustrato preexistente, ya sea una mitología nacional o un complejo de odios y prejuicios tradicionales. Se trata de difundir argumentos que puedan arraigar en actitudes primitivas.

Principio de la unanimidad. Llegar a convencer a mucha gente de que piensa "como todo el mundo", creando una falsa impresión de unanimidad.


Por certo, con LErias aparte ata a vitoria final.

Anónimo dijo...

O grao de satisfacción mídese politicamente mediante a expresión das vontades politicas. A diferencia entre o que desexan os partidos nos seus programas e o realmente existente mide o grao de satisfacción.

Hai satisfaccións-insatisfaccións, maioritarias e minoritarias.
As minoritarias nunha democracia, deben gozar de especial protección para evitar ser silenciadas polas maiorias.

Sobre os controles non democraticos poderíamos comezar un debate, para min de interés, mais dentro duns días, se o noso anfitrión o ten a ben, pero a verdade mais me interesaría sobre o "recoñecimento"

Anónimo dijo...

A cousa é moito máis complexa do que nós pensamos, Etxe. En Europa ten habido grandes debates sobre todo este asunto entre respectables intelectuais libres de calquera connivencia co neonazismo e co negacionismo.

Hai moitas facianas a considerar, e non é doada unha posición equilibrada que, por unha banda, poña no seu lugar os negacionistas, e que, pola outra, respecte a liberdade de expresión e de investigación.

Difícil cuestión, sen dúbida.

Anónimo dijo...

Somete vostede, amigo Valcárcel, con estes programas ao seu fígado a un castigo innecesario.

Anónimo dijo...

A opinión non debe, democráticamente ser delicto. O delicto debe implicar a acción do delincuente, acción neste caso politica, é dicir constituirse nunha vontade de acción negacionista, nunha organización ou nun partido. A prohibición debe referirse a partidos nazis, non a emisión de opinións de intelectuais, expertos ou cidadáns respecto do holocausto. A democracia non pode prohibir pensar, ainda que eses pensamentos sexan antidemocráticos.

Anónimo dijo...

En efecto, Jimmy, por aí van os tiros.

Anónimo dijo...

Aparte de eso,penso que hai demasiado pouca tendencia a mudar de opinión.A deixar que novos coñecementos,que novos acontecementos,que novas vivencias fagan evoluir o que pensamos.Unha opinión é en realidade unha hipótese.Emitida pra darlle senso ó vivido,ó pensado.Pero qué pasa cando seguimos acumulando experiencia?.Moitos,distorsionan a percepción de novos feitos pra acomodalas ás vellas opiniós.É o máis cómodo.

Canto Stuart Mill falóu da "liberdade de opinión" no seu delicioso libro "sobre a liberdade",referíase a liberdade de EMITIR calquera opinión.Pero pra contrastala con outras nunha dialéctica sin fin có obxectivo de acadar conclusiós,sempre provisionáis,satisfactorias prá todos.Non como algo acabado,mineralizado,con todo o dereito a existir como tal e para sempre.

Anónimo dijo...

Abundando no dito, cómpre subliñar o Manifesto Liberté pour l'histoire! asinado o 14 de decembro de 2005, no que dezanove grandes historiadores fanceses facían un chamamento demandando a abrogación dunha lei que se aprobara recentemente (23 de febreiro de 2005) que estipulaba que os programas escolares recoñecesen “le rôle positif” da presenza francesa alén-mar, especialmente en África do Norte.

Pero é que, ademais, tamén esixían a derogación das leis de 13 de xullo de 1990 (a célebre Lei Gayssot, que reprimía todo acto racista, antisemita ou xenófobo), a de 29 de xaneiro de 2001 (recoñecemento do xenocidio armenio de 1915) e a de 21 de maio de 2001 (Lei Taubira, que recoñecía a trata de escravos como crime contra a humanidade), por canto restrinxían a liberdade do historiador baixo a pena de sancións indignas nun réxime democrático.

As súas razóns eran, coido, ben contundentes:

Liberté pour l'histoire!

Emus par les interventions politiques de plus en plus fréquentes dans l’appréciation des événements du passé et par les procédures judiciaires touchant des historiens et des penseurs, nous tenons à rappeler les principes suivants :

• L’histoire n’est pas une religion. L’historien n’accepte aucun dogme, ne respecte aucun interdit, ne connaît pas de tabous. Il peut être dérangeant.

• L’histoire n’est pas la morale. L’historien n’a pas pour rôle d’exalter ou de condamner, il explique.

• L’histoire n’est pas l’esclave de l’actualité. L’historien ne plaque pas sur le passé des schémas idéologiques contemporains et n’introduit pas dans les événements d’autrefois la sensibilité d’aujourd’hui.

• L’histoire n’est pas la mémoire. L’historien, dans une démarche scientifique, recueille les souvenirs des hommes, les compare entre eux, les confronte aux documents, aux objets, aux traces, et établit les faits. L’histoire tient compte de la mémoire, elle ne s’y réduit pas.

• L’histoire n’est pas un objet juridique. Dans un Etat libre, il n’appartient ni au Parlement ni à l’autorité judiciaire de définir la vérité historique. La politique de l’Etat, même animée des meilleures intentions, n’est pas la politique de l’histoire.

C’est en violation de ces principes que des articles de lois successives ¬ notamment lois du 13 juillet 1990, du 29 janvier 2001, du 21 mai 2001, du 23 février 2005 ¬ ont restreint la liberté de l’historien, lui ont dit, sous peine de sanctions, ce qu’il doit chercher et ce qu’il doit trouver, lui ont prescrit des méthodes et posé des limites.

Nous demandons l’abrogation de ces dispositions législatives indignes d’un régime démocratique.

Jean-Pierre Azéma, Elisabeth Badinter, Jean-Jacques Becker, Françoise Chandernagor, Alain Decaux, Marc Ferro, Jacques Julliard, Jean Leclant, Pierre Milza, Pierre Nora, Mona Ozouf, Jean-Claude Perrot, Antoine Prost, René Rémond, Maurice Vaïsse, Jean-Pierre Vernant, Paul Veyne, Pierre Vidal-Naquet et Michel Winock.

Anónimo dijo...

Resérvense as rituais expiatorios para a vida privada e que o estado concentre os seus esforzos en protexer ao individuo doutros excesos. Non estaría mal que a iniciativa tomada polos franceses fose imitada en Alemania, coa penalización da negación do Holocausto. Anque tal e como son os alemáns de especialistas en orxías autopunitivas, vai ser un pouco difícil.

Anónimo dijo...

Estupendo "pentálogo" o que proporciona no último comentario,Apicultor.Non sei se poñelo en letras bén grandes,engadir algunha ilustración pertinente e comercializalo como póster.Ás facultades de Historia mandaríalle ún gratis,pra que o puxeran na entrada,bén á vista.Ou mellor,ahí,tallado en pedra.Ou proiectalo cún potente raio láser na lúa en determinadas efemérides.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Sans doute, monsieur Des Caves.

Anónimo dijo...

Xa lle teño preparada unha copia encuadernada dun libro titulado "gramatica viva della lingua italiana",Arume d.p.É un groso libro de texto italiano dos anos 50-60.Acolloante.As frases-exemplo,pra desternillarse moitas delas.Unha estética similar ós nosos libros desa época.Ó final,modelos de cartas de diferentes tipos,todo moi "kitsch",etc.Vaille gostar.Xa o aviso cando vaia a Vigo pra deixarllo.O orixinal fói un agasallo dun amigo italiano ó meu pai,na Alemania dos sesenta.

Anónimo dijo...

Eu non estou de acordo na penalización do "negacionismo". E tampouco me parecen de recibo as propostas de Izquierda Unida no sentido de trasladar á lexislación española unha figura delictiva similar á alemana pero en relación co franquismo. E subscribo cada un dos puntos dese manifesto dos historiadores franceses posto aquí por Apicultor.
Pero tampouco me parece que un debate deste tipo teña nada que ver co asunto da condena aos debuxantes de "El Jueves". O problema desa condena non é esta en si mesma, senón o feito de que se produza en función dun delicto, o de "inxurias á xefatura do Estado", que non debería, ao meu ver, figurar no Código Penal.
Agora ben, o que non se pode nin se debe eliminar é o delicto simple de "inxurias" ou o de atentado contra a honra, a intimidade e a imaxe propia. Se os príncipes se querelasen contra "El Jueves" como uns cidadáns máis, sen apelar a ningún tipo delcitivo "especial", seguramente obterían unha condena parecida. E creo que a Monarquía non ten hoxe necesidade ningunha de lexislacións que lle brinden unha especie de sobreprotección xurídica. Ao fin e ao cabo, segue a ser unha institución que goza dun consenso moi amplo, aínda que Jimmy de Rairo non lle conceda "lexitimidade".

Anónimo dijo...

Faga por verme, por favor, amigo Da Coba. Nada me alegraría máis. Mande recado a este enderezo arumedospinheiros@hotmail.com, empregado para solemnes ocasións coma esta.
Por outro lado, xa saben vostedes que en Italia a morte dun tiffoso lazialista (grupos normalmente de extrema dereita: lémbrense os episodios de Di Canio saúdando á fascista no Olímpico) ten moi preocupada a opinión pública durante estos días. A curiosidade lingüística é que lles chaman a estes grupos "ultras", así á hispánica, ou coa variante un pouco rara (para mín, obviamente) de "ultrà".

Anónimo dijo...

"A Nosa Terra" diario?

http://www.anosaterra.com/

Marcos Valcárcel López dijo...

O de ANT diario xa vén de vello pero nunca se materializou por diferentes motivos, económicos e outros. O que se anuncia agora, así figura no último exemplar do semanario, é un novo diario dixital de ANT, non en formato papel. E non estaría mal ter outro xornal en galego en papel (só hai un, o GALICIA HOXE): pola nova orientación informativa e por animar ós outros medios a galeguizarse máis (ou algo, cando menos).

Anónimo dijo...

Ademais do diario dixital, ANT vai renovar, segundo me contan, o semanario a fondo: direción, formato, colaboradores, deseño, etc. O primeiro número da nova etapa sae o 4 de decembro, día no que tamén se estreará o xornal dixital.

Anónimo dijo...

http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=79&idNoticia=234692

Beiras: “Sempre entendín a política como un combate”
"A miña forma de actuar ten o custo de levar hostias e de que despois te descabalguen", sostén o líder nacionalista. "A liberdade de prensa é puro eufemismo. Antes había prensa de partidos e agora os medios só falan do que lles interesa aos poderes económicos", mantén o político, que hoxe participa en "Pobre Mundo Rico"
MARGA TOJO . SANTIAGO

Xosé Manuel Beiras na súa casa de Brión FOTO: MANUEL BLANCO
Xosé Manuel Beiras na súa casa de Brión
FOTO: MANUEL BLANCO
Se, como di Armand Mattelart, a sociedade da información é un mito, os seus tentáculos son os "modelos económicos neoliberais que converten calquera actividade en negocio". A frase é de Xosé Manuel Beiras Torrado, catedrático de Estrutura económica e membro da Executiva nacional do BNG. A contextualización é nosa. O político máis carismático da historia galega conversa con GALICIA HOXE no marco do simposo internacional Pobre Mundo Rico no que hoxe estará como relator co tema "As miserias da globalización".

E xustamente, cando Mattelart critica o concepto hexemónico de información, refírese a unha perspectiva estatística que deixa de lado a memoria e cultura dos pobos e interésase soamente pola canle. Neste sentido, é doado recoñecer o papel de Beiras como brazo detractor da instrumentalización das sociedades, trascendendo, porén, aquela tese asociada á teoría mattelartista da fin das ideoloxías, pois, como en Marx, houbo no líder nacionalista un punto sen retorno no que todo se comezou a ler desde a economía.

Para Beiras, a globalización é unha etapa dentro desa forma do capitalismo que se chama imperialismo; unha fase dentro do proceso de mundialización do capitalismo. "Até o remate da chamada guerra fría, había dous eixes dialécticos no mundo: capitalismo e socialismo e outro, centro periferia -puntualiza-; pero desde a caída do bloque soviético, o primeiro eixe esvaécese e substitúese polo eixe do mal, por un novo inimigo, e o que queda é o centro-periferia. Hai tres planos: económico, ideolóxico e xurídico-institucional e a configuración deses tres planos concatenados é o que se pode denominar globalización".

O neoliberalismo, que Beiras denomina ultraliberalismo, naceu, segundo o economista, por unha crise de acumulación capitalista dos anos 70 e estableceuse coa chegada de Reagan e de Thacher. O neoliberalismo desarma o aparello do Estado das súas función sociais e adquire unha única función represiva, marxinativa, de esclusión social e de discrepancia dos disidentes. Como consecuencia disto, agudízase o sistema de Estados policiais, di o experto. "Vivimos en campos de concentración, e cada vez que imos a un aeroporto decatámonos. Tamén periodicamente se proclaman estados de excepción sen axustarse aos termos constitucionais, como por exemplo a lei de partidos ou as normas sacadas en Francia con Sarkozy ante todo o que pasou na periferia de París", sinala Beiras. É o que Loïc Wacquant chama pasar Do Estado social ao Estado penal, unha obra que, ademais, foi traducida para o galego por Laiovento, segundo nos informa o político compostelán.

Despois de case dous meses de simposio, temos claras algunhas das miserias do neoliberalismo. Mais existe algunha acción efectiva para mudar o sistema?

A única alternativa é o rearmamento político da cidadanía en organizacións sociais que non son propiamente de tipo partidario pero que son uns instrumentos políticos polos que os cidadáns vehiculizan a súa capacidade de resistencia e rebeldía fronte ao sistema e que ten a súa plasmación máis coñecida nos foros sociais mundiais.

Moitos incidiron nas miserias da prensa en como a prensa era un secuaz máis, un brazo máis do neoliberalismo

Eu distingo prensa en xeral, medios de comunicación, de empresas mediáticas. O primeiro problema está analizado tamén por Ramonet ou por Mattelart: a función mediática é unha función de información e comunicación, de suscitar polo tanto, o esclarecemento de cuestións e a posta en mans da cidadanía dunha información o máis veraz posíbel. Non hai, que eu saiba, no Estado español ningún xornal que se financie como xornal, é dicir vendendo os periódicos, como era en orixe o funcionamento da prensa. Este sistema de publicidade xa condiciona a empresa e iso reflíctese en, por exemplo, levar liñas de información que non molesten aos que, en definitiva, sosteñen economicamente o xornal. O problema non é tanto que se converta en secuaz senón que, así como antes había prensa de partidos e diciamos, "claro, é que conta o que lle convén ao partido", agora conta o que lles interesa aos poderes económicos. Hai unha simbiose entre poderes mediáticos e económicos. A relación entre poder político, económico e mediático, en esquema é a que expuxo Ramonet: poder económico controla o poder mediático e o poder mediático controla o poder político. A consecuencia é, que en lugar de haber comunicación e información coas función coas que naceu despois da Revolución Francesa, convértese simplemente nun instrumento de transmisión da información que convén, de ocultación mediante pantalla mediática da información que non convén e, polo tanto, nunha especie de xendarme ideolóxico do sistema existente para que non se poida modificar. Nesas condicións, a liberdade de prensa volatilízase, é puro eufemismo.

Partindo de que o traballador non é o responsábel, que dignidade lle queda á profesión de xornalista?

A profesión de xornalista é hoxe en día terríbelmente dificil de levar a cabo, de acordo cos canons da deontoloxía profesional de dar información. Os primeiros que non poden exercer a liberdade de expresión son os propios traballadores dos medios de comunicación. Con este panorama, boa parte dos traballadores acomódanse ou convértense en mercenarios ou autocensúranse. Por riba, a dinámica actual da comunicación convértea en instantánea e hai esa especie de boutade do xornalista, que en galego, ou en francés implica que fai información a diario, pero que son hoxe instantaneístas ou vénse atrapallados nunha maquinaria infernal que reproduce o que ese gran xornalista francés do Le Monde Diplomatique, Serge Halimi, chamou os novos cans de garda, que é unha reconsideración dun famoso ensaio de Paul Nizan Les chien de gard, que é o que logo se deu en chamar os intelectuais orgánicos. Pois agora os novos chien de gard son os grandes medios de comunicación e os xornalistas en xeral. Claro que hai excepcións.

Se me permite saír un pouco do tema, considero que nunca volveremos escoitar un discurso como o que fixo vostede o día das últimas eleccións autonómicas ás que se presentou, no que dicía grandes verdades sobre os medios de comunicación. É algo impensábel na figura do político profesional aséptico dos nosos días, criado no neoliberalismo.

É o que fixen nesa ocasión e nalgunhas outras, como no último debate de investidura de Fraga, no que falei dun cártel de Bergondo, dunha especie de alternativa política que se presentaba sen presentar lista e que me custou que comezara a miña lapidación desde moitos sitios. Claro que eu xa o sabía. O que fixen é trasladar cousas que xa están analizadas, que están postas en ensaios, que están postas en medios de comunicación que son libres, ou de esquerdas. Pero que ocorre? Que non é politicamente correcto dicir esas cousas na política actual, na política institucional. Por outra banda, a política actual está practicamente reducida a política institucional e non á política da sociedade, e por riba os cargos políticos preocúpanse cada vez máis de facer mensaxes de cara aos medios de comunicación. En lugar de dirixirse aos cidadáns, os políticos diríxense aos medios de comunicación. Pero eu sempre entendín a política como un combate, un combate cívico, claro, non violento. E por que? Porque fixen política en dúas coordenadas: na coordenada da autodeterminación do meu pobo, polo tanto, o nacionalismo; e na coordenada da esquerda, polo tanto, da transformación da sociedade. Se non se actúa así, podes sobrevivir na política moito tempo, seguramente, pero nin contribúes a transformar a sociedade nin á emancipación do teu país. Para iso prefiro non estar. O que pasa é que hai que estar disposto a pagar o prezo. É o prezo de levar hostias e despois o prezo de que te descabalguen.

Xa non quedan animais políticos coma vostede?

Hainos, pero non están na política institucional en postos clave. Non chegan ao poder e, se chegan, rapidamente se atopan cun dilema: ou ceden e se acomodan ou acaban como Jospin, por poñer un exemplo recente.