Discurso pobre sobre o botellón
Andoliña sábado 3 novembro. Imaxes: Autoretrato como Baco enfermo, de Caravaggio, 1594; e Os borrachos, de J.Ensor, 1886.
Escoito nunha emisora de radio falar a un sociólogo sobre o tema de maior actualidade: o botellón. Afirma que os mozos amosaron, inventando este sistema, unha gran creatividade para acceder a formas de lecer propias sen deixarse estafar nos pubs e discotecas. Isto é certo e algúns aínda engaden que se trata dun xeito especial de “cultura” (Cultura e Democracia, por certo, deben ser as palabras máis sobadas, gastadas e manipuladas en todos os idiomas do mundo).
Andoliña sábado 3 novembro. Imaxes: Autoretrato como Baco enfermo, de Caravaggio, 1594; e Os borrachos, de J.Ensor, 1886.
Escoito nunha emisora de radio falar a un sociólogo sobre o tema de maior actualidade: o botellón. Afirma que os mozos amosaron, inventando este sistema, unha gran creatividade para acceder a formas de lecer propias sen deixarse estafar nos pubs e discotecas. Isto é certo e algúns aínda engaden que se trata dun xeito especial de “cultura” (Cultura e Democracia, por certo, deben ser as palabras máis sobadas, gastadas e manipuladas en todos os idiomas do mundo).
O discurso progresista adoita rematar aquí, pero semella pobre de máis. Habería que engadir, cando menos, que o dereito a esas formas de lecer non inclúe o de molestar con ruídos e escándalo ós veciños, que non teñen a culpa. Nin o de atentar contra o patrimonio urbano. E tamén sería pertinente recoller logo as toneladas de lixo que se deixan nas prazas: como produto artístico, pouco orixinal.
E non sobraría unha reflexión adicional: a quen interesa esa apoloxía do consumo de alcohol que é para moitos, non para todos, o botellón? Supoño que, pasados uns anos, cando cheguen adultos cos fígados estragados ós hospitais, o Estado buscará unha solución: para rebaixar sequera o desbocado gasto sanitario, como pasou co tabaco.
69 comentarios:
Concordo en que o dereito a beber na rúa ata as 7 da mañá debaixo da miña xanela un grupo de mais de 100 persoas, co inevitable ruido que xenera, choca de frente co meu dereito a dormir e a descansar, pero isto sexa porque hai un botellón baixo a miña ventana ou porque haxa uns pubs coa música e a clientela a tope ou porque haxa unhas barracas dunhas festas patronais, o ruido é insufrible fagoo que o faga. Ou sexa o ruido non é tolerable a esas horas veña de onde veña. Por outra parte a min me da igual que a xuventude beba nun bar ou na rúa, coido que de ter unha rúa onde non molesten reduciariase o problema a se deben beber, porque onde e como a min me importa un bledo. Deben beber? pois nunha sociedade como a nosa é hipocrita preguntarse iso, claro que si, aqui bebemos todos e deixemnos de lerias.
Ah, por último, esta gran preocupación social en todo Galiza polo botellón de hai un mes para aqui a min persoalmente paréceme que responde a unha estratexia do PP para meter un dedo no ollo, e digoo eu que levo 3 anos falando do botellón e que o PP por explo nin quixo saber do tema, tiven ocasión de escoitarlle a un ex-concelleiro do PP que o botellón era chachi-guay.
A súa pregunta final é fundamental.Os intereses creados fomentan de dun millón de xeitos o "status quo" da cuestión.Eu estóu farto do poder que tén o "lobby do alcohol" na economía.E na política.
En Ourense entraron tres directores xeraís novos no Concello.Seguro que vostede os coñece,Marcos.A ver se esas "cabezas pensantes" saben atacar problemas serios coma este.Porque pra resolver trapalladas non nos fan falta.
Eh,por certo,Marcos.Nin se imaxina como estaba esta tarde-noite o Carrefour.
Escribo un pouco condicionado pola presión de ser acusado de fascista que e o que pasa cando te manifestas contra a "democracia", contra os dereitos de eses que consideran os seus por riba do resto, como di o anomimo anterior a seu dereito de beber na rua por riba do dereito a durmir dos veciños.
Pero, ¿ todos ou casi non tivemos menos de anos, ganas de troula, ganas de tomar copas e poucos cartos o que nos impedia tomalas, e aguantamos e ahora non poden son mellores que nos , maís democraticos, mais listos inventaro o "botellón" o simplemente xeramos xente cada vez máis estúpida.
Póñolles o enlace a outra sobre o botellón, dun compañeiro de columna bastante novo e, en canto tal, se cadra máis cercano aos botellonistas ca algúns ou moitos de nosoutros. De paso, vexan o ben que escribe este rapaz.
Tamén eu pasei polo Carrefour onte tarde-noite por unhas compras de última hora. Ó mellor coincidimos, pero non o vín, amigo Xoán da Coba: e aínda que o vira, como non o coñezo, eu non me enteraría. Vostede si, claro.
Poñámonos no ano 1987, hai vinte anos. Non había (case) botellón, e non podemos dicir que a xente daquela tivese máis cartos que agora para pagar as consumicións nun bar.
Que cambiou, pois, nestes vinte anos?
O que está claro é que á xente nova sempre lle gustóu xuntarse, aser posible en grande número,e con calquer disculpa.As novidades desta xeración son:
1) A hora.Moi tarde de noite.Parece como se percibiran que non "pintan nada" na actividade cidadá "normal",simbolizada nas horas do día.De noite,cambean as reglas("Espacio lúdico" de Huizinga), e póden sentirse protagonistas de algo.
2) A ingesta de alcohol en grandes cantidades i extravagantes mixturas.
As novidades: faise na rúa, afecta a ambos sexos,e búscase delibaradamente a "borracheira" coma un fin en sí mesmo,e non coma "daño colateral", identificándoa coa "dfiversión" en sí mesma.
Si, da coba, pero por que as cousas cambiaron para dar nisto?
Líbreme deus de defender o botellón, pero quixera por por riba da mesa o dato de que, segundo cálculos, os que realmente se emborrachan son arredor dun 25%.
Iso si, o ruído fanno e o lixo deixano o 100%.
Eu eu.
Era eu quen asinaba, mecachis.
25% ??
Joer,eso é moito máis máis do que eu pensaba...
(Saben que as guerras civiles empezan ó haber un 33% de xente afastada do "sistema" por algunha causa,según certos estudos)
As novidades: faise na rúa, afecta a ambos sexos,e búscase delibaradamente a "borracheira" coma un fin en sí mesmo,e non coma "daño colateral", identificándoa coa "dfiversión" en sí mesma.
Non sei de onde saca vostede iso de que buscan deliberadamente a borracheira, eu supoño que buscan o mesmo que buscábamos nos ou buscamos, un pouco de alegria e o que cuadre, a única diferencia entre eles e nos é que nos xa optamos pola calidade antes que pola cantidade pero iso é cousa da idade e do salario digno.
por outra parte sempre se bebeu na rúa, lembro as miñas primeiras borracheiras foron no monte, quizais a diferenza está en q aquelas borracheiras na rúa eran mais privadas facianse nun círculo íntimo de 7 ou 8 persoas e hoxe chegan a xuntarse 200.
Tampouco hai moita diferenza no do sexo, son muller e hai mais de 30 anos que era nova e xa daquela miñas amigas e mais eu bebiamos cos homes da cuadrilla.
En fin, miremos para nos e deixemos de criticar o que nos mesmo facemos noutros formatos.
O 25 ou 30 por cento das tres mil ou catro mil persoas na Ferradura, máis o resto das cidades galegas, é moitísima xente con problemas de alcolismo: non nos enganemos. Falen vostedes cos médicos que atenden urxencias e recollen comas etílicos. Nalgún caso chaman ós pais e pouco menos que nin atenden o teléfono: estalle ben, ala el, el o buscou (contado por un médico ourensán e sobre anécdota real).
E hai un grupo, maior ou menor, que vai non só a emborracharse, senón a emborracharse canto antes e o máis posible. Creo que hai aí unha diferenza coa nosa época: podías coller algunha vez unha cogorza, pero non era buscado desa forma tan consciente nin había norma social que levase a iso: se queren fagamos excepción co Fin de Ano, día que algúns entendían que era obrigatorio emborracharse. Pero agora é todas as semanas ou varias veces á semana. Outra amiga médica comentoume que a forma de beber destes mozos é moito máis perigosa para a saúde que beber todos os días, na comida ou tomando unhas tapas, e o fígado queda rebentado. Non sei se todo isto o saben os mozos/as...
Hoxe saía na prensa que o sistema da Seguridade Social podería saltar polos aires no 2043.Pero o consumo masificado e irresponsable de alcohol e drogas nesta xeración de xoves,pode pasar factura a esas arcas públicas moito antes.Non sabemos bén con que problemas sanitarios físicos e psíquicos da poboación terá que afrontar o Estado como consecuencia dos botellós.
Coidadiño que ao mellor o consumo masificado e irresponsable do ordenata pasa factura as arcas sanitarias, jajajaja
Pois tamén.Seguro.
Teño un fillo de 19 anos que vai ao botellón dende hai dous. O Domingo érguese tarde e non bebe alcohol no xantar. Tampouco pola semán. O botellón é a forma que adopta un rito de iniciación á idade adulta, un punto de encontro e socialidade de novo tipo, que, ao meu xuizo, non debe reprimirse a non ser que altere a tranquilidade veciñal. Nese caso, os veciños teñen todo o dereito do mundo a protestar e a seren escoitados. Os veciños; non os taberneiros.
O que dixo un dos que van:
http://melnibonenews.blogspot.com/2006/04/teenage-riot-o-botelln.html
O botellón non é un problema social, nen tampouco necesariamente un síntoma dunha sociedade enferma. De ser síntoma de algo, seríao da hipocresía dominante entre a xeración que agora está instalada no poder.
E é que nun país onde o 80% da poboación consume alcohol e hai unha festas do viño en cada vila, resulta absurdo pretender que hai un grave problema social porque os adolescentes e mozos tamén beban. Un amigo meu sostén que a cuestión é que "se lles vexa como beben", polo que chegamos ao absurdo de que tomar unha cervexa nun parque ás 12 da noite parece máis perigoso que meterse unhas raias de coca ou tomar unha pastilla nunha macrodiscoteca ás 7 da mañá.
De feito, se o miramos sen preconceptos, resulta que hai cousas positivas no botellón. En primeiro lugar, significa unha pequena rebelión contra a "privatización do ocio", xa que implica reapropiarse dos espazos públicos para o disfrute dos cidadáns -ou acaso os mozos non somos cidadáns-. E tampouco é certo que o botellón implique gregarismo e evasión da realidade. Ou acaso non resulta moito máis fácil falar de política nun parque que nun bar onde a música non te deixa escoitar as conversas?
Claro que todo o discurso "antibotellón" parte dunha premisa falsa establecida pola xeración dos nosos pais, hexemónica no goberno e na creación de pensamento: "nós cando eramos mozos pensabamos na revolución e tiñamos que estudar e traballar; a xuventude de agora só pensa en chuzarse". Pois non. Como afirmou Afonso Eiré nun artigo n'A Nosa Terra: "os mozos de antes bebían máis, eran máis violentos e conducían máis borrachos". Claro que hai cousas que se esquecen con máis facilidades ca outras.
Esquecense todos de que ademais do lixo que teñen que limpar os barrendeiros están as ¨gloriosas¨ mexadas de ...centas persoas nunha praza pública ou onde sexa... Tristemente estamos nuns tempos que todo é colegeo, o alcalde-colega, o concelleiro-colega, o pai-colega... se tes a mala sorte de vivir onde fan botellón: Fodete! Porque non hai que reprimir ós rapaces, non vaia ser que se depriman!
Algúns homes levan toda a vida mexando coma os cans, onde se atopen, acaso non mexan na porta da catedral? e alí non hai botellón, os que o fan, antes e agora son uns guarros e maleducados, pero non carguemos toda a culpa no botellón, así non resolveremos nada, o botellón como dixen no primeiro post está cada fin de semana baixo a miña ventana, pero se quero que non me moleste terei que discutir e negociar seriamente, terei que escoitalos e responder aos seus argumentos e buscar alternativas, non deixarme guiar por miles de prexuicios,
Ah, hai cidades que fixeron botellodromos con servizos públicos para resolver o dos mexos, a educación tamén sirve pero por moi educada que sexa se o botellon dura 4 horas e tomo 4 birras virá ben ter uns servizos.
Outra cousa, eiqui en Ourense hai unha praza onde se fai o botellón e onde se levan os rapaces a xogar. Eu no meu caso non me gostaria levar os meus fillos alí... Creo que hai algo que se chama civismo, e que se aplica no resto de Europa. As prazas públicas son lugares de lecer de nenos, adulto e maiores, non sitios onde porse coma caldeiros un par de días á semán (sen contar o sabado) e de paso bourear nos veciños...
Por certo, ó de foderse (polo comentario de antes. Non tiña nada de ataque persoal, se non expresa o que nós queda: fodernos!)), é o unica opción que se lles da os pobres veciños que teñen que aturar que incluso lles mexen nos seus portais (e incluso dentro deles!)... Non nos esquezamos de non só é o ruido ó que molesta!
Roi Queimado dijo..
As prazas públicas son lugares de lecer de nenos, adulto e maiores,
E mozos, non?
Os efectos do botellón,sobre todo en asuntos de limpeza,son moito máis perniciosos onde non hai zoas verdes e cháns de terra.O Parque das Mercedes de Ourense é un exemplo.É un bodrio de pedra e cemento.As manchas de mexo e bebidas derramadas son prácticamente indelebles,o que non pasaría se houbera terra e xardís coma antes.
Estoume a disfrazar convenientemente para poder ir hoxe á noite de botellón. Naturalmente, en plan "observación participante" cuan Bronislaw Malinowski no Pacífico occidental. Xa lles contarei que raio fan e pensan estes habitantes urbanos das illas Trobiand (que podería ser tamén unha marca de xenebra).
Debo escribir con tinta invisible. Ou xa imos fartos de debater e cada quen escribe só para si.
E mozos,por suposto! Mais non son sitios nos que os mozos (ou se chega o caso, vellos) vaian molestar ós demais (que é o que estamos a tratar!), que non lle teñen culpa de nada!(E menos de de que as copas lle esten caras!)
Masa, paréceme unha palabra moi acaida para o botellón, beber en masa. O que se percura non é unha experiencia de liberdade, normalmente mediada pola cultura, senón lisa e simplesmente desrepresión. Para a desrepresón a masa é fundamental, sobran postas en escena, ritos...a propia autocontemplación como masa xustifica o existir,interrumpe a cotidianiedade e instaura no tempo,a sensación de liberación nun espacio tomado polos iguais, para sacudirse o peso do deber de adulto afirmando as potencias da xuventude Non nos enganemos, ninguén é feliz por ser xoven, ser xoven en moitos aspectos é unha fonte de sofrimento. Nunha sociedade tan edonista-narcisista como a nosa, hai elementos dunha boa vida que están mutilados, abonda a idiotez moral,o autismo emocional, a incomunicación crónica, a desestructuración familiar, a paralise do pensar, o secuestro de experiencias directas por unhas mediación tecnoloxicas empobrecedoras.
Os rapaces acuden a cita coa esperanza de ser felices na noite, nesa noite, coa esperanza de que ocorran cousas maravillosas, de ter positivas experiencias, pero adoecen dos elementos necesarios para encamiñarse na súa consecución, dos elementos que lle farían apreciar o mesmo camiño que vale mais que os resultados. Eses elementos son os valores compartidos da amizade, da fidelidade, do respeto ao outro, do valor da comunicación. Ao faltar ou estar moi deteriorados abrese un tremendo bacio entre eles, a pesar de estar tan xuntos, e a patoloxia emocional é afogada con mercadorias que moven diferentes tipos de economia, legal e ilegas, as que lle chamamos drogas.
De pouco sirben para os xovens os discursos instituionais e paternais se eles, como seres sensibeis e intelixentes, aos que lles sobra enerxía observan que a sociedade deriva cara o contrario do que apuntan as boas palabras. Ao fin é unha forma de rebeldía, cafre, grotesca, que vai contra eles mesmos e que expresa un malestar, unha vacuidade, unha falta de saber o que é a liberdade.
Sres vendimiadores o retrato que están a facer da xuventude é tan triste que case lles vou dar o pésame, moi ruins deben ser os mozos que os rodean!, desde logo no meu entorno a xente nova non responde a eses perfiles, os mozos que me rodean saben o que é a amistade, non teñen "patoloxías emocionais"....non como eses que di o Sr Rairo
"Eses elementos son os valores compartidos da amizade, da fidelidade, do respeto ao outro, do valor da comunicación. Ao faltar ou estar moi deteriorados abrese un tremendo bacio entre eles, a pesar de estar tan xuntos, e a patoloxia emocional é afogada con mercadorias"
Desculpen, pero son vostedes basante ruins calificando a xente nova.
E que vostede anónimo debe vivir no mellor dos mundos posibeis. Xa se sabe, con xente de "VIVA LA GENTE" ou " AMO A LAURA"
Ou é que lla dan con queixo, os xóvenes que o rodean.
Para o anónimo preanterior:
Entre a mocidade, como no conxunto da sociedade, hai de todo, tamén xente moi válida e positiva. Non sei se me crerá se lle digo que paso boa parte do tempo defendendo os mozos, entre eles os meus alumnos/as. Pero iso non debe levarnos a idealizacións nin certo tipo de buenismos. Moitos mozos, confundidos na "Masa" (concepto que saiu aquí) teñen comportamentos antisociais e gregarios deleznables. Déixanse levar polos máis guays e os máis machiños do asunto. Un exemplo, contado polos meus propios alumnos: hai unhas semanas houbo unha pelexa con latinos na Praza do Correxedor. Un mozo acabou ferido no chan e varios latinos pecháronse nun pub, seica. Chegou a policía para sacalos de alí e moitos (a maioría?) mozos que andaban pola praza dedicáronse a insultar ós policías (que viñan poñer algo de calma)e mesmo botarlle vasos e cousas así. E isto pasa de cando en vez e supoño que na praza habería xente que tal conduta lle parecería un disparate. Pero calarían. Por non levar a contraria ou porque non lles pegasen tamén a eles.
Mire señor anónimo: de dialogar cos botelloneiros, nada de nada. Emborracharse e tomar drogas non ten nada nin de liberador, nin de progresista, nin de solidario, nin de "joven". Saír á estrada cunha tasa enorme de alcoholemia é unha tremenda imprudencia para os demais condutores. E si... sinto dicirllo pero a inxesta de drogas si favorece a aparición de patoloxías mentais gravísimas. E direille mais: hai unha enorme diferencia entre a xuventude de agora e a de hai 20 anos: daquela a información sobre os perigos das drogas eran aínda escasos. Hoxe, a mocedade, debía ter as cousas moi claras e non caer nos mesmos erros.
Teño un amigo psiquiatra que me conta casos, non poucos en Compostela de rapaces menores que chegan a consulta en moi malas condicións polo consumo de pastillas que tamén aparecen no botellón. Cada fin de semana tampouco son poucos os casos de intoxicación etílica, onte un rapaz moi bébedo caiu dun muro na alameda e está grave. Segundo o testimonio de mozos que acuden o botellón, son cada vez mais frecuentes as pelexas. Outra amiga farmaceutica coméntame alarmada o aumento do consumo da pildora do día dispois. E pasen vostedes polo lugar onde se celebrou o botellón o día anterior, e observen o civismo que lle ensinamos a nosa xuventude, que precisan de xente que vaia a recoller o lixo da súa borracheira.
Con tanto alcol, até levan as bebidas en carros de supermercado, a comunicación dase dun xeito moi distorsionado, se é que se da, e so funciónan os estereotipos, como sinais, transcorre todo na mais efimera das superficialidades, pero non nos enganemos, perigosamente, para os mesmos xóvenes, para o futuro da sociedade, e para os pais.
Entón sres se estamos ante feitos desa gravidade haberá que prohibir o alcohol, na rúa e nos pubs, pois non vexo a diferencia.
Cultura e Democracia son palabras sobadas,tal e como dí no post.Vaille pasar coma a "Amor",que de ser verba profunda no s.XIX pasóu a ser rima fácil das canciós de vran a fináis do XX.
¿Rematará tamén "Cultura" valeirándo connotaciós hasta ser rima gastada?
Cultura,pura,cura,usura,fura,altura,estructura,...vóume preparando pró futuro.
Pois esta noite,como non me van deixar dormir os botelloneiros ,vou baixar a comentar algún libro con eles.Qué lles parece a "Crítica da Razón Pura"? Ou cal pode ser?
Algúns falan da misa segundo lle vai nela os seus fillos.
Non se trata de proibir, anónimo,o que fai a xunventude e devolverlle a sociedade de adultos a súa imaxe invertida. Trátase de acercarse ao fenómeno con responsabilidade, non zafandonos, como simples observadores. Unha xuventude con tal grao de desorientación e vacuidade debería ser unha preocupación para calquera cidadán, non porque molesten, senón porque sabemos, que non é así, que non é por aí,algo fallou na sociedade respecto aos procesos de trasmisión de valores, fallou indudabelmente a cultura.
Certo día pasei por tras da Alameda, estaba actuando un grupo de Pop, que non o facía mal, escoitabanno unhas dúcias de rapazes, seguin camiñando e encontrome cunha masa de xovens, alleos por completo ao concerto, arremuiñados en pequenos grupos, coas mans xeneralizadamente ocupadas con vasos de platico, compartindo alcol.
E o curisoso e que ante un síntoma de tal magnitude , as nosas autoridades políticas se ceguen cun proxecto totalmente superficial, como a cidade da cultura. Mais escaparate e palabras ocas, apuntar nunha dirección e camiñar noutra e os xovens toman nota, non das palabras, senón dos comportamentos. Trasmitimoslles o noso exemplo de adultos, non as nosas doadas palabras, eles ven, tamén ven, e actuan consecuentemente coa urxencia propria da xuventude... non van deixarse enganar polo que ninguén cre. A cultura é para eles, comprobanno no día a día unha parafernalia política mais.
Hai tempo moitos homes pensaban que todas as mulleres eran putas menos sua nai e súas irmans, vostedes dame a impresión que cando dín "Unha xuventude con tal grao de desorientación e vacuidade" falan de todos os mozos menos de seus fillos.
Entristeceme as cousas que se escribiron aqui sobre a xente nova, e desde logo non creo que sexan certas, aproveitan dous casos extremos para xeneralizar e dicir o de que os únicos bos somos nos.
E dálle con colgarnos a teima antimocidade: eu non o acepto. Aquí ninguén falou de todos os mozos, só de comportamentos que non son comprensibles nunha sociedade minimamente sana (vandalismo, alcolismo, etc.). É como se eu critico o monstro de Barcelona, o das patadas á ecuatoriana, e por iso me acusan de estar criminalizando a toda a mocidade. Absurdo.
Desculpen entón, interpretara que frases como as que pego a continuación e que vostedes escribiron falaban en xeral da xuventude.Pola miña parte non teño mais que dicir. Que teñan un bo día.
Pego as frases :
As novidades: faise na rúa, afecta a ambos sexos,e búscase delibaradamente a "borracheira" coma un fin en sí mesmo,e non coma "daño colateral"
Pero o consumo masificado e irresponsable de alcohol e drogas nesta xeración de xoves,
Moitos mozos, confundidos na "Masa" (concepto que saiu aquí) teñen comportamentos antisociais e gregarios deleznables.
Unha xuventude con tal grao de desorientación e vacuidade debería ser unha preocupación para calquera cidadán,
Pareceme anónimo que interpreto as frases contextualizadas dun xeito diferente ao seu.
A xuventude é un epifenómneno extraordinariamente fidel do estado xeral da sociedade, precisamente porque é a súa parte mais auténtica. Nela está o bó que ainda é posibel, e todo o malo que afortunadamente ainda non é.
Señor Anónimo:
Todo o que tratamos eiquí debe entenderse no ámbito estadístico.A parte da mocedade que nos preocupa é precisamente a que se comporta coma se dí aiquí.Significativa,por certo.O resto,lámbense sós.Non hai que preocuparse por eles.Dillo alguén que traballa con xente nova tódolos días.
Xa séi que hai xoves que quedan estudando hasta na noite de fin de ano.Tamén hai homes os que non lle gosta o fútbol,nen as carreiras de motos ne a fórmula 1.Eu son un deles.
Cando se fala en xeral,claro que se fala en xeral.Vostede pode pensar que os xoves que beben alcohol en grandes cantidades e fuman porros son unha minoría,pero non é así.Os que vemos os adultos son os que "o fan de cara",coma din eles.
Compartindo a preocupación polo botellón, o que non comparto é a interpretación apocalíptica do fenómeno que aquí se ten feito por parte dalgúns intervintes e que, no fondo, me recorda os sermóns daquel cura que nos viña amoestar todos os anos ao instituto sobre os pecados nefandos. A partir de anécdotas que son só iso, infírinse conclusións desmesuradas e omnicomprensivas que, expresadas nunha linguaxe tremendista, tacitamente se fan universais ou case universais.
O que me chama moito a atención é a ausencia na maioría das intervencións dun elemento central a considerar en todo este fenómeno. Refírome á responsabilidade ou irresponsabilidade dos pais para cos seus fillos. Parece que nun extremo se encontrase unha xuventude desvalida, inerme, desnortada e amorfa; e no outro extremo, unha sociedade voraz e nihilista. E no medio, a nada.
Pois no medio áchanse, entre outras cousas, os pais. E se os pais son uns irresponsables, uns inmaduros e uns incapaces, estes non poden pretender que, por pura maxia, lles saian uns fillos responsables, maduros e capaces. Se os pais antepoñen, antes que os seus fillos, outros proxectos de vida, e non están dispostos ao máis mínimo "sacrificio" (palabra esta tabú) por eles, non se poden levar despois as mans á cabeza escandalizados.
Porque esa parte alicuota de adolescentes descerebrados e inmmaduros (só unha parte, non todos) non xurden da nada, por xeración espontánea, senón que son consecuencia dun longo proceso previo no que abunda a despreocupación, o abandono tácito, duns fillos que son para eles unha molestia ou unha carga. E isto acontece non só con familias de seu desestruturadas, senón con familias aparentemente normais, que crean non poucas veces "monstruitos" por acción ou por omisión dos pais. Uns satisfacen todas as súas apetencias e os convirten nuns seres caprichosos, outros réstanlle calor humano, compresión e axuda real en idades formativas, outros máis simplemente pasan olimpicamente deles todo o tempo e en todo.
Daquela, non botemos sempre balóns fóra, non difiramos culpas a entes supraindividuais. Os pais teñen unha gran responsabilidade en todo isto. E xa vai sendo hora de que miren para adentro no canto de facelo sempre para afóra.
Onte oín na radio o caso dunha nae que lle compraba bebidas pró botellón a súa filla,aproveitando ofertas dos supermercados.
Totalmente de acordo coa última intervención de Apicultor: eu xa daba por suposta esa consideración, pero el expresouna moi ben. Pouco hai que engadir.
E para o anónimo que nos ve, a algúns, como antimocidade, este titular da Voz, 28 outubro: "Antonio Gamoneda, que estaba en Vilardevós, alerta sobre la falta de pensamiento crítico en la juventud". Espero que non se inclúa a Gamoneda tamén no bando os enemigos da mocidade por afirmar iso.
Nin a min, que debo sustentar tal punto de vista sen ningunha alegría. Recoñecendo que, ademais do "sistema", as persoas adultas concretas -moitas delas pais- algo temos individualmente que facer mal ou non facer que achegue unha parte alícuota a tal resultado; aínda que só sexa dar moito -en comodidade e obxectos- pedindo pouco.
Na miña opinión, a principal mutación que se ten producido nos últimos tempos non é tanto a dos mozos, que tamén, senón sobre todo a dos pais.
A responsabilidade para cos fillos é unha tarefa cotiá, hora a hora e día a día, semana a semana e ano a ano, ás veces ingrata e pesada, outras marabillosamente gratificante.
Sexa polos motivos que sexa, uns se cadra "sistémicos" e fóra do alcance dun, pero outros exclusivamente persoais e dependentes da propia vontade, o caso é que -penso eu- hoxe se detectan máis demisións da función paterna e materna ca nunca.
... Seguiremos falando do tema.
Totalmente de acordo, señor Apicultor. Ese é o quid da cuestión.
Seguiremos falando, seguiremos. Pero, certamente, antes víanse en Europa moitos máis nenos abandonados na Inclusa e na rúa; non se esqueza. E iso si que era dimitir.
É un exemplo. Fiemos fino.
Ás veces fiamos fino, outras groso e as máis nin tan sequera fiamos, Saavedra.
Que “antes” houbese máis nenos abandonados nas rúas e na inclusa era debido, sobre todo, a situacións de pobreza extrema e perentoria necesidade, ademais da inexistencia de métodos de control da natalidade. Europa, que vostede cita, coñeceu dúas durísimas guerras mundiais e entrementres a máis grave crise económica da que se ten noticia, ademais dos esforzos das reconstrucións conseguintes. E España viviu unha guerra civil e unha penosísima postguerra. Como non ía, pois, haber máis nenos abandonados?
Pero hoxe, no mundo opulento no que vivimos, os abandonos xa non son nin nas rúas nin na inclusa –aínda que segan persistindo notables bolsas de pobreza e marxinación- senón nas propias casas, nas dos opulentos ou nas dos suficientemente acomodados. Pobres nenos ricos, que se di melodramaticamente, pero non por iso co seu aquel de verdade.
A clave principal é a responsabilidade familiar. Non é, de certo, a única causa, pero si a principal. O que acontece –penso eu- é que hoxe concurren toda unha panoplia de elementos que se reforzan entre si. Desde as modificacións na estrutura sociolaboral até a primacía da “sociedade consumista”, desde as políticas públicas (incluíndo o ensino) até a cultura do espectáculo, desde os cambios socioculturais acelerados até o afloramento e pluralización de novas formas de vida, etcétera, etcétera, etcétera. O resultado, entre outros, é que, en bastantes casos, acontece unha demisión da responsabilidade en termos xerais e da responsabilidade familiar en particular.
Se nos referimos ao botellón atopámonos con que é un fenómeno basicamente urbano ou semiurbano, e con que os seus participantes non proceden dun único estrato social: de fillos de médicos, ensinantes ou avogados, a fillos de empregados, operarios ou comerciantes. Un fenómeno interclasista, pero non desde logo un produto da marxinalidade social. Todos son, en maior ou menor medida, fillos da opulencia.
A sociedade de hoxe é –somos- unha sociedade en gran medida acomodaticia e irresponsable, mal acostumada a que os poderes públicos lle saquen sempre as castañas do lume. As demandas que se dirixen a estes exceden moitas veces o posible, e mesmo o desexable. Quérese, por exemplo, que a escola solucione os problemas dos fillos que non se dan resolto na casa. E os políticos e os xestores públicos aparentan satisfacer tales demandas porque saben o valor do voto. Non se poden propoñer, pois, medidas “anti-populares” so pena de perder as eleccións. Un círculo vicioso.
Mais cómpre non dramatizar en exceso…
a bordo
Criminalizando
03.11.2007
CARLOS LUIS RODRÍGUEZ
Varios altos cargos xunteiros acaban de celebrar un brainstorming sobre el botellón, que al menos ha servido para confirmar las teorías de Al Gore. Hay cambio climático, y buena prueba de ello es que las tormentas de ideas llegan secas, con mucho trueno y poca lluvia aprovechable. Después de mucho pensar sobre el asunto, los reunidos concluyen que la cosa es compleja, con diferentes implicaciones, o sea, lo de siempre, añadiendo al final una coletilla: no debe criminalizarse a la juventud bebedora.
Que se hable de juventud es una distorsión del conflicto, porque los vecinos afectados por el fenómeno no protestan contra los jóvenes, sino contra individuos que se emborrachan, gritan y dejan la calle hecha un asco. Su edad es circunstancial. El rechazo ciudadano sería el mismo si se tratara de maduros, puretas o abuelos noctámbulos deseosos de recuperar el tiempo perdido. En consecuencia, introducir el factor generacional es desenfocar la cosa.
Más bien habría que preguntar si sería similar la respuesta de tratarse de botellones sin participación juvenil. Seguro que no. Se admita o no, se está aplicando una nueva forma de paternalismo, según el cual la edad joven de los botelloneros es un atenuante, o convierte directamente la fiesta en un símbolo de libertad. Una vez caracterizado como comportamiento juvenil, la práctica gozaría de una especie de inmunidad, porque atacarla sería tanto como atacar a la juventud en su conjunto.
La reflexión de estos cargos de la Xunta está presa de esa visión paternalista, bien diferente a la que se basa en la Constitución, donde no se contemplan discriminaciones generacionales. El joven tiene los mismos derechos y deberes que el adulto, cuando trabaja, cuando descansa o cuando bebe. ¿Decir eso es criminalizarlo?
Al contrario, no decirlo es considerarlo ciudadano de segundo rango. El guiño cómplice con sus travesuras alcohólicas ayuda a crear una juventud consentida, no responsable, ni concienciada, ni reivindicativa. Aquí no se habla de reprimir una reivindicación social o política como la de los estudiantes de Venezuela contra su pre-dictador, sino de regular una forma de diversión, e impedir que un sector de la población diga que la calle es suya, criminalizando a los vecinos que padecen el follón.
He ahí otra deriva reprobable, a la que contribuye este seco brainstorming. Sutilmente se le está dando la vuelta a la cuestión para convertir a los culpables en víctimas, y a las víctimas en culpables. Quienes alzan la voz contra los excesos nocturnos son criminalizadores, mientras que los del botellón empiezan a ser considerados como objetivo de la intolerancia, en una versión actual de Easy Rider.
Es un error asociar botellón y juventud, una injusticia invertir los papeles de víctima y culpable, y un absurdo referirse a una criminalización que ni siquiera han insinuado ciudadanos que llevan años padeciendo la pena de privación de descanso. Falta, dicho sea de paso, un reconocimiento a la paciencia cívica de estas personas que han aguantado estoicamente la agresión a sus derechos. En vez de eso, de la tormenta de ideas sólo salen vaguedades y un aviso de los riesgos que encierra llevarles la contraria a las borracheras nocturnas.
¿Para qué quieren entonces el cargo? En su reflexión no hay soluciones, sino un especial cuidado en no mojarse. Se reúnen, luego existen. Está visto que con el cambio climático de Al Gore, ni siquiera las tormentas de ideas son lo que eran.
Ben, e como parece que empezamos a fiar fino -con ou sen categorización, implícita ou explícita, do concorrente- vou propor outro ángulo de visión.
Nas cuestións relativas a tutela, formación e ética da mocidade, adoécese a miúdo de visión nesgada. Non menos frecuentemente, o nesgo consiste en optar por adultos ou mozos, considerados como polos dun conflito. Por veces, a opción que sexa xorde -ou aparenta xurdir- como reacción ante proposta ou aserto anterior en sentido contrario. Iso, sumado a susceptibilidades desenvolvidas no fragor da batalla, dá por veces nun estéril intercambio de descualificacións e definitivo abandono do debate sen chegar a nada ou case: cada un marcha coa súa verdade e, como neste caso esta é sociolóxica, non concluímos ningún tipo de acordo para aplicación política: e en casos coma o do botellón, este é xa arestora, sinxelamente, imprescindible.
Propor que o botellón, como comportamento individual e social, non é un problema de orde pública, nin de dereitos contraditorios, senón ante todo un aspecto da formación da mocidade, incluíndo xaora a relación de mozos e adultos, é manifestamente empezar a pór as cousas no seu lugar. Miremos, logo, desde aí o fenómeno.
Mozos e adultos vivimos en conflito: isto non é problema, é e será evidencia existencial. Nin temos exactamente os mesmos valores -por moito que debamos compartir o fundamental deles-, as mesmas necesidades nin, xaora, semellantes prioridades. Como eles están en proceso de formación, e nós temos -suponse- experiencia de vida e recursos, nós temos con respecto a eles un deber de tutela; sempre o houbo e ese deber é axiolóxico, non deixa de existir sexan as que foren as condicións históricas ou socioeconómicas. En épocas pasadas -non só no século XIX nin períodos bélicos- abandonábanse máis nenos ca agora e non sempre por razóns económicas nin moito menos (estivo Rosalía de Castro, polo que parece, nun tris de experimentalo en si mesma); e con todo, a maior parte das familias mantiñan os seus -é ben certo que non deica os trinta anos- proporcionando moi correntemente o tipo de tutela que máis ou menos razoablemente eran capaces de fornecer. Non vou, aquí, discutir de matices con xente que ten demostrado moitísimo máis coñcemento en materia histórica do que notoriamente teño eu: o estudado, o lido e o aínda vivido hai corenta anos fálanme así, e non penso que estea confundindo os termos.
O exercicio da tutela forma parte do conflito adultos-mozos. Consiste en acompañar a súa formación, estar presente na súa necesidade afectiva, moral ou espiritual, pór medios á súa disposición e en certos momentos, tamén, adoptar decisións que coutan ou prohiben. Isto pode revestir dureza que ás veces realza certa avaliación tácita ou explícita: "Iso falo porque es un vello".
Ninguén quere ser vello neste noso tempo, e xa hai. O mozo deixou -embora- de ser alguén que só obedece e busca modelo, a miúdo manda moito -máis do lóxico e debido- e convértese en modelo, non só físico, tamén comportamental: o reflexo mediático desta mudanza acentúa o fenómeno; os medios e a súa competitividade acentúan todo, maiormente se un vive mergullado neles.
Adultos hai que dimiten das súas responsabilidades de tutela non acompañando os mozos, fillos ou non, e despois conferíndolles culpa na que seguramente non lles faltará parte alícuota. Adultos hai que cun "todos fixemos o mesmo" e outras consideracións aparentan aliñarse no bando xuvenil; non dou habitualmente colixido cales serán as súas motivacións auténticas nin ata onde chega a súa comprensión ou a consecuencia do simple aserto "con represión non se vai conseguir nada": aparenta, iso si, outra forma de dimisión non menos perniciosa cá anteriormente aludida.
E, xaora, non deixemos de lado certa eventualidade non infrecuentemente materializada: unha forma de desculpar a xestión pública é culpabilizar a privada; véxase onde carga a pluma algún alcalde, ou aparenta. Nin uns nin os outros, todos.
Dimitir ou demitir?
Eu tiña entendido o último, pero estarei errado.
O meu Gran Xerais recolle "dimitir" e non encontro que a reforma normativa o mudase; non me pregunte por que, supoño que se considera cultismo.
Paréceme que debe proceder do latino dimittere, un de cuxos significados é o de "abandonar". En portugués escollen demitir, e no meu Aurélio indica que procede de demittere ("deixar caer").
"Demitir" non me soa nada mal. Pero obedezo.
Como é ben evidente, non lle son experto nestas cousas.
Mais consulto unha obra que teño por aquí desde hai tempo (que non sei se valerá xa ou non): Rafael Chacón e Manuel Rodríguez, "Diccionario crítico de dúbida e erros" (1992), onde di (p. 131), entre outras cousas, que "ILG-RAG... impón demitir e demisión... Úsese demitir, sabendo que a forma do coloquio [sic.] é dimitir".
Eu que sei!
Case non lle choveu desde o 92, nin houbo mudanzas normativas. Que lle imos facer, estamos acumulando en catro ou cinco décadas un traballo de séculos. E non queda máis remedio.
Pero é un auténtico coñazo, Saavedra. As cousas como son. Eu, de feito, teño descoidado moito a pulcritude do meu galego nos últimos anos por cansanzo e aburrimento, e coido que se me nota bastante.
Ben sei, hom, que quere que lle diga. Se aprendesen os novos, e usasen...
Home, por poder podía dicirme que, a pesar de todo, tampouco o escribo tan mal.
Xaora que non escribe mal. Engadirei que grallas coma "demitir" -gralla por consideración normativa, que ás veces é pura escolla- pouco desmerecen: Mi ma, se vde. escribe mal...
Grazas, Saavedra. A un, que é unha "persoa humana" humilde e sinxela, non lle ven mal, de cando en vez, algunha flor que outra.
Graciñas por aclarar que é vostedes "persoa humana",Apicultor.Sabe Deus cantos dos nicks deste blog corresponderán a "persoas xurídicas".
Publicar un comentario