15 nov 2007


Eminencias, de Bieito Iglesias (ECG 15 nov.)

O cardeal Herranz atribúe o neopaganismo e a crise da fe da sociedade actual á herdanza do sesenta e oito: "Europa padeceu hai corenta anos a famosa Revolución, un cóctel de Marx, Freud e Marcuse que fixo moito mal. Os fillos da xeración do 68 non queren saber nada dos seus pais, por viren dunha quinta nihilista, negadora de valores". Discrepo de Súa Eminencia aínda que eu tiña once aniños cando aquela Primavera Parisiense, polo que non podo sentirme sesentaeoitista e si da fornada babyboom, descrita polos publicistas como teleadicta (seducida na infancia por Bonanza ou Os intocables) e de alto poder adquisitivo (ímola virando pero a miña nómina non é ningunha lobada).
Os levantadizos de Maio non exercían de nihilistas porque o marxismo é relixión laica moi parecida ao cristianismo: ambas confesións actualizan o mito do Año Degolado, portador da Salvación polo efecto catártico do sufrimento, se ben nun caso adopta o avatar do Crucificado e noutro do proletariado vítima da explotación; tamén se imitan no anuncio da Gran Promesa, dunha Nova Xerusalén celeste ou terrestre. Freud, pola súa banda, era persoa de orde que defendía a necesidade de reprimir os instintos para garantir a civilización. E Marcuse limitouse a matizar o ensino do seu mestre, indicando que esa represión debería restrinxirse ao mínimo imprescindible a fin de que Eros (pulo vital) non se vise muchado por Thanatos (desexo de morte). Nihilistas serano os raparigos de hoxe, idólatras de diversas figuras do Becerro de Ouro: roupa cara, tarecos tecnolóxicos...
Afirma Súa Eminencia que os peores inimigos da igrexa española foron os comunistas. Esquece que o poder católico resultou minado por ilustres liberais como Mendizábal -supresor das congregacións relixiosas masculinas e desamortizador de bens eclesiásticos- ou Canalejas coa súa Lei do Cadeado. Houbo o demo e a nai (multitude) de inimigos da igrexa hispana. Pregúntense por qué.

31 comentarios:

Anónimo dijo...

Mágoa de limitacións xornalísticas para disfrute do xenio indiscutible de BI (ler bi ai), porque a frase da eminencia daba aínda para máis, sobre todo o de cóctel (que transcribe así, pero que o clérigo seguro que pensaba cock-tail). Xa me pareceu raro que o amigo Benedicto non reparara nesa perversión.

Anónimo dijo...

Puxen o comentario antes de que nos fustigara con esa foto. Xa sei que non me vai facer caso, pero, por favor, evítenola, porque durante un tempo vai ser o primeiro que vexamos. Agggggggggg

Marcos Valcárcel López dijo...

Manterei a foto, amigo Arume, por unha razón didáctica, aínda que nos desagrade a moitos. Por aquí, por esta casa, pasan algúns mozos (cónstame en moitos casos, dende alumnos/as a fillos de amigos/as) e moitos deles non están habituados con este tipo de imaxes tan surrealistas. Sequera que dende esta fiestra saiban que foron habituais no seu tempo.

Anónimo dijo...

Xa se sabe que, para a Igrexa, todo o que non sexan Os Dez Mandamentos e o Catecismo, é puro nihilismo.

Voto a favor de que se manteña a foto.

Anónimo dijo...

Velaí unha pequena mostra:

2396 Entre los pecados gravemente contrarios a la castidad se deben citar la masturbación, la fornicación, las actividades pornográficas y las prácticas homosexuales.

2397 La alianza que los esposos contraen libremente implica un amor fiel. Les confiere la obligación de guardar indisoluble su matrimonio.

2398 La fecundidad es un bien, un don, un fin del matrimonio. Dando la vida, los esposos participan de la paternidad de Dios.

2399 La regulación de la natalidad representa uno de los aspectos de la paternidad y la maternidad responsables. La legitimidad de las intenciones de los esposos no justifica el recurso a medios moralmente reprobables (p.e., la esterilización directa o la anticoncepción).

2400 El adulterio y el divorcio, la poligamia y la unión libre son ofensas graves a la dignidad del matrimonio.

(CATECISMO DE LA IGLESIA CATÓLICA)

Anónimo dijo...

E si lle queren poñer banda sonora á foto.

Cara ó sol

A mín nin me causa ningún problema existencial,hasta me fai rir.Pero se o considera forte,elimíne este comentario.Ó seu criterio.

Anónimo dijo...

Agora sairá Leituga 1 a dicir que ,neste momento , a igrexa é insustituible porque aporta moita paz as nosas conciencias. (é brincadeira)

Anónimo dijo...

Na autobiografía de Gunter Grass, Pelando la cebolla, aparece un persoaxe, compañeiro do escritor na famosa "5ª do bebé" do ano 46, que ben podía ser J. Ratzinguer: un arcanxélico rapaz de 16 anos, enchido de fe e de seguridade en si mesmo, que, ante a pregunta de Grass, sobre que quería ser cando fose maior (o que co tempo sería Nobel quería ser pintor), contestoulle que obispo. Equivocaronse os dous, anque por pouco.

bouzafria dijo...

Home, ser bispo non é mala cousa, pero o que ten que ser caralludo é ser cardenal. ¡Príncipe da igrexa!
Creo que dende Xoan XXIII os laicos xa non poden ser cardenais. ( Tampouco debería haber moitos antes)
Pero condición necesaria para ser Cardenal debe ser a de ter unha figura oronda ( ninguén acredita nun cardenal fraco ).
Despois desta pequeno discurso a prol dos cardenais, tamén quero emitir o meu voto sobre a foto: por moi educativa que sexa, propoño humildemente a Marcos a súa retirada: da arrepíos. Propoño alternativas: pequenos ensaios ( como os de Ferrín no Faro) sobre os bispos que padecimos no país: por exemplo: Gea Escolano, Temiño, Eijo Garay.
Que lonxe quedan os tempos de Tarancón.

Anónimo dijo...

Brillante artigo como adoita facer Bieito Iglesias. A pregunta final trae implícita a resposta sobre o papael xogado pola igrexa católica.
Non sería lóxico que cada vez que se producía unha revolta contra o poder o primeiro obxectivo non foran os centros de teléfonos e telégrafos e as emisoras de radio, os centros de goberno, etc., o primeiro de todo eran as igrexas.
As que ten feito a igrexa española non son poucas, aínda que hai excepcións, claro está, porque nunha institución tan grande sempre hai de todo.

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois eu creo que debo manter a foto, xa ninguén se asustará entre os contertulios, non? E tampouco vou borrar, por suposto, o complemento musical que engadiu Xoán da Coba: tomémolo tamén na súa vertente educativa.
E cóntolles unha anécdota. En Ourense había un bar moi popular, agora reformado, A Adega do Manuel: era un auténtico museo do franquismo, cheo de bandeiras, símbolos de Falange, fotos da época, etc. O dono era desa corda, claro. Na prensa falouse do tema moitas veces. Unha vez, escribía eu daquela na Voz-Ourense, saquei unha columniña, irónica, dicindo que o bar non debía desprenderse de toda esa ornamentación case escatolóxica porque, engadía, hoxe os rapaces non teñen onde ver o que foi o franquismo na súa coreografía. E así o bar servía de escola do que foi o fascismo peninsular. Pois ben, unha vez que fun por alí (ía todo o mundo, ata moitos de IU), encóntrome con que o dono tiña enmarcadas varias fotos e artigos de prensa, entre eles o meu: saín convencido de que non entendera a ironía da columna e a lera e comprendera de xeito literal, a favor do bar. (Agora creo que coa reforma desapareceu todo iso).

Marcos Valcárcel López dijo...

E, por certo, a xerarquía eclesiástica, que opina de todo o humano e o divino...
non vai dicir nada sobre o mal exemplo da separación "sen efectos xurídicos" de Helena e o Marichalar?

Anónimo dijo...

O bar non desaparecéu,lévao unha rapaza ex-emigrante en Francia.A veces vou tomar algo alí pra mellorar o meu francés con ela.Pero o Manuel montóu outro no Eirociño dos Cabaleiros.Ó lado do que era o vello Volter.

Anónimo dijo...

Xa veredes canta xente se separa estes días.Esas cousas son contaxiosas.Están os abogados do asunto frotándose as máns.¿Algún de vostedes está pensando en separarse,pra non ser menos?.

Anónimo dijo...

Xa non fai falta que dean exemplo eles, amigo da Coba. Hoxe mesmo escoitei no Telediario que os matrimonios disoltos durante o primeiro ano disparáranse en máis dun 300 por cento. En Galicia prodúcese unha media de 24 separacións e divorcios diarios. En Vigo xa son máis as separacións que as vodas... En fin, menos mal que está aí a Igrexa Católica como elemento insustituíble para outorgarlle paz ás nosas conciencias...

Anónimo dijo...

Eso de "o demo e a nai" facía moitos anos que non o oía.Decíao moito o "Xeixadelo",naquel programa entrañable que tiña na radio nos anos setenta.Aínda debo tér pola casa algunha gravación magnetofónica dos seus programas.Pasaron anos hasta que soupen que "Xeixadelo" era o nome dun lug-ar da provincia de Lug-o.

Anónimo dijo...

Es que,claro la gente se casa pensando que todo va a ser un camino de rosas,y no es así.En un matrimonio,hay que saber aguantar.

Anónimo dijo...

En efecto, srta. Pepis, a xente non aguanta nada: aparte de prescindir dos prolegómenos e descontados/as os/as precoces, un coito non leva máis de dous ou tres minutos de media. Nin con pomadas retardantes. Ten razón: hai que saber aguantar.

Anónimo dijo...

Volvendo a falar da "Adega do Manuel",tiña toda a simboloxía franquista por detrás do mostrador.Íbaa mellorando coas cousas que lle traían os clientes.Pero a parede de enfrente tíñaa chea de simboloxía comunista e soviética que lle traían tamén os clientes.Moitísimos habituáis eran de partidos de esquerdas e sindicalistas.Aquelo era moi cachondo.Cando reformaron o bar(en realidade derribaron o edificio e fixeron outro) a muller,Sabela,dixo que estaba cansa de limpar toda aquela trapallada.Entón,puxo unhas fotos enmarcadas de todo.Pero,claro,non tiveron tanto éxito entre a xente.
Lembro unha vez que entraron unhos chavales e traían a unha amiga de fora de Ourense pra mostrarlle un "sitio especial".Cando entróu e víu aquelo,puxose a berrar,escandalizada,"pero ónde me traédes!".Logo,mostráronlle a parede de enfrente con medallas do exército roxo e cousas así.A rapaza non sabía qué pensar.O cabo dun rato estaba discutindo có dono.O Manuel decíalle que Franco non era tan malo coma decían...

Anónimo dijo...

Como?? dous ou tres minutos?? Pero non era "xa está"?.Entón eu debo ser un dos "descontados".

Anónimo dijo...

Pode ser verdade esta barbarie que publica o diario Público:
"La orden de los jesuitas en EEUU pagará 50 millones de dólares a 110 esquimales que, presuntamente, sufrieron abusos a manos de miembros de la congregación, según los abogados de las víctimas, aunque la orden no confirmó hoy el pacto.

Si se materializa, se tratará de la mayor cantidad a ser abonada por una orden religiosa en el país por abusos, aunque es inferior a la pagada por diócesis como la de Los Ángeles, San Diego y Orange, en California.

El padre John Whitney, superior de la provincia de Oregón de los jesuitas, que incluye Alaska, donde se cometieron los presuntos abusos, aclaró en un comunicado que "existen aún bastantes asuntos que tienen que concluirse antes de que sea apropiado hacer un anuncio oficial sobre un acuerdo".

En cambio, los abogados de las víctimas han dado por hecho el pacto, según el cual los demandantes abandonarán sus acciones legales contra los jesuitas.

Mantendrán, sin embargo, sus demandas contra la diócesis de Fairbanks, en Alaska, que posee las iglesias en las localidades esquimales en las que trabajaron los sacerdotes, diáconos y misioneros laicos de los jesuitas.

"En algunos pueblos, es difícil encontrar un adulto que no fuera sometido a abusos sexuales"
"En algunos pueblos, es difícil encontrar un adulto que no fuera sometido a abusos sexuales por hombres que usaron la religión y el poder para violar, avergonzar y silenciar a los niños esquimales", afirmó Ken Roosa, uno de los abogados.

Roosa acusó a los jesuitas de usar Alaska como el lugar donde poder enviar a sacerdotes "con problemas".

Por su parte, Whitney señaló que las declaraciones de los abogados de las víctimas son "prematuras y perjudican el empeño por curar" las heridas.

"Las palabras apresadas y poco meditadas no ayudan a la reconciiación", añadió.

El acuerdo no obliga a la orden a reconocer que obró de forma errónea o ilegal, según Roosa, y ninguno de sus miembros afronta cargos criminales.

Los abusos presuntamente fueron cometidos entre 1961 y 1987, a manos de unos 13 o 14 hombres, dijo el abogado.

"Es difícil imaginar a menores más aislados y desamparados que los que viven en pueblos remotos de Alaska", señaló, por su parte, Barbar Dorris, de la organización "Red de Sobrevivientes de Abusos por parte de Sacerdotes".

Esos pueblos permanecían sin contacto con el exterior durante los meses de invierno.

El acuerdo más voluminoso entre la Iglesia Católica de Estados Unidos y víctimas de abusos se cerró en julio, cuando la Archidiócesis de Los Ángeles, la más grande del país, accedió a pagar 660 millones de dólares a más de 500 demandantes.

De esa cifra, 60 millones de dólares serán abonados por órdenes religiosas

Anónimo dijo...

Claro que é posible. E todos estes casos non son máis que a punta do iceberg. Algo cheira a podre, a moi podre, na Igrexa Católica.

Anónimo dijo...

Máis que a podre, a putrefacto.

Anónimo dijo...

Hai unha cultura da homosexualidade, na Igrexa católica. A elección dos estudos eclesiásticos estivo, entre outros factores, motivada pola pobreza de medios para educar aos fillos, pero non hai que descartar que, en certos casos, funcionase consciente ou inconscientemente como unha tapadeira para a homosexualidade. Se a iso lle engadimos que os seminarios estaban a miudo dirixidos por curas homosexuais, que se prevalían da súa condición de adultos entre varóns aos que lles estouraba a sexualidade na adolescencia, temos todos os ingredentes para que a pederastia fose unha cultura, esto é, unha conducta aprendida, inducida, transmitida e repetida xeracionalmente. Sobra dicir que non todos os curas reproducen esa estratexia enculturadora (que non todos os curas son pederastas, vaia), e que non teño nada en contra da homosexualidade libre. Sospeito, sen embargo, que España está chea de adultos aos que algún cura lles andivo polos baixos. Non estaría mal que, así como chegan outras modas, montadas na onda da “corrección política”, chegase a moda da denuncia e da reclamación de indemnizacións por abusos. Sería unha boa maneira de compensar o trato privilexiado que, no eido fiscal, no do ensino e noutros, recibe a Santa Madre Igrexa.

Anónimo dijo...

Máis ben unha cultura da situación de abuso no terreo da (homo)sexualidade. A xerarquización interna da igrexa impide calquera manifestación libre da sexualidade.

Anónimo dijo...

Unha "cultura do abuso pederasta" sería o termo máis acaído. Paréceme a min, vaia.

Anónimo dijo...

Agradezo as matizacións, pero insisto: unha cultura da homosexualidade e unha cultura do abuso pederasta. E discúlpenme senón o razoo (tería que repetirme), pero as filigranas conceptuais e sutilezas xustificativas que as elaboren os teólogos.

Anónimo dijo...

Fóra do matiz no termo, comparto totalmente as súas atinadas apreciacións, amigo Jim.

Anónimo dijo...

Sería posible extender esas consideracións aos colexios masculinos de internos?

Anónimo dijo...

Claro. Moitos varóns xoves, sexualidade aínda indefinida, opacidade, autoridade, misticismo cando o hai, adoración ao lider, os pederastas neses sitios teñen unha mina.

Xaime dijo...

A mín molestábame sobremaneira, que cando me confesaba o cura andivera argallando na miña cariña de neno, a pesares de que houbera un confesionario polo medio, aínda que, pensaba eu inocentemente, podía ser por que me consideraban casi fillo do corpo.