16 nov 2007


O ‘oficio’ dos nenos dos cemiterios
Andoliña venres 16 novembro
(E graciñas a Débora, dende Buenos Aires: ela xa sabe por qué).

Escoito a noticia na radio, nunha reportaxe sobre os nenos en América do Sur. Falan dos nenos que traballan nos cemiterios en Caracas, en Colombia, no Salvador e noutras cidades do continente. Cativos de seis a catorce anos que aprenden o oficio dos seus pais: limpar con coidado as tumbas, axudar a colocar as flores, lavar os autos dos familiares, etc. Crin entender que lles chaman os sube flores porque andan cunhas escadas pequeniñas dun lugar para outro e a xente chámaos: neno, ven acó, sube esas flores ata ese nicho.
Mala cousa se non hai xente paseando entre os mármores porque ese día pasan fame. Ningún deles ten medo a traballar alí: hai vidas moito peores, tamén para nenos de moitos outros lugares, nenos escravos, nenos soldados, nenos condenados á prostitución infantil.
Abriron esta nova coa fermosa música do Guantanamera, cos Versos Sencillos de José Martí : "Mi verso es de un verde claro/ y de un carmín encendido: / mi verso es un ciervo herido/ que busca en el monte amparo". Entre eses versos, estes que quizais veñan agora a conto: "Yo sé que al necio se entierra/ con gran lujo y con gran llanto/ y que no hay fruta en la Tierra/ como la del camposanto".

56 comentarios:

Anónimo dijo...

Sí,sempre son os rapaces e as mulleres queñes traballan,queñes se buscan a vida.A cultura do traballo entre os homes adultos dos "ranchitos" redúcese a ser un "macho" ,a beber e a delinquir.E a maltratar ós nenos e ás mulleres.E,agora,a reclamar armas,a roubar a queñes traballaron toda a súa vida,amparados polo poder do Estado.A cobrar por ir a marchas festivas pro-Chávez.

Anónimo dijo...

Por certo,imaxino que Maros sabe que o tal manuel tamén era propietario dunha imprenta,no Couto.Miren qué pluriempleo tan curioso.

lourixe dijo...

Hai que ver o respeto que impoñen os camposantos. O meu apelido chairego é "de Xunto a Igrexa", denotativo da localización da casa familiar respecto ao agro e o cemiterio. Veciños que me dobran en idade e tamaño téñenme confesado que non serían quen de vivir tan perto dos mortos. Só a vella zapateira (actualmente ocupante dun dos nichos) fora quen de me dar a razón: "os veciños do cemiterio son os que menos molestan".

lourixe dijo...

Non son a única que non teme a veciñanza dos mortos: C+P (...)entre medio millón y un millón de egipcios residen entre los muertos, según estadísticas extraoficiales. La prensa local eleva esa cifra a dos millones.
Unos 50,000 viven en tumbas propiamente dichas. El resto se apretuja en infraviviendas construidas sobre antiguos sepulcros.


Artigo de Ángeles Espinosa

Anónimo dijo...

Eu non lle teño medo ós cemiterios,porque o meu abó díxome no seu día unha frase que me fixo reflexionar:"Non teñas medo.Ahí non hai ninguén".

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois non, non sabía, nin moito menos, que o tal Manuel era propietario dunha imprenta no Couto. Só o coñezo de velo no bar e de velo tamén nalgunha foto dos actos do 20-N en Beade, creo que era un dos fixos, non?

Marcos Valcárcel López dijo...

Para Lourixe: creo que me podo contar entre os menos medráns con respectoós cimiterios. De feito nacín, e vivín os meus primeiros anos, nunha casa da estrada da Granxa (creo que aínda existe, nun último piso, onde fai a curva e sobe para Barrocás) e dende o balcón da miña habitación víase o cimiterio: era, pois, unha paisaxe habitual. Só lembro, de neno, os medos de ser enterrado vivo: falábase daquela de cadaleitos que apareceran riscados por dentro coas unllas dos non-mortos. Diso lembro falar e iso si me metera medo daquela.

Marcos Valcárcel López dijo...

Esa frase (antes non a lera aínda) si que mete medo, sr. Xohán a Coba: por certa e contundente. Supoño que esa advertencia do seu avó convertiuno, xa de neno, nun ben precoz materialista, non?

Anónimo dijo...

Sí,era fixo.Moi amigo do Senén.Cando cancelaran aquela misa pra evitar disturbios,saíra fotografado abrazándoo.Él ou a súa muller son de por alá,de Leiro.
Por certo,equivoquéime de post antes.Esto tiña que estar no outro.

Anónimo dijo...

Téñolle bastante máis de idealista que de materialista,señor Marcos.Pero non tódolos idealismos son iguáis.
Non séi a qué tipo de materialismo se refire.Se se refire a materialismo consumista,para nada.Se se refire ó dialéctico tampóuco.

Marcos Valcárcel López dijo...

Non, non, debín expresarme mal. Non falaba de materialismo consumista nin dialéctica. Só dunha visión do mundo materialista, no que respecta ó que poida suceder despois da morte: a trasncendencia, a suposta pervivencia da alma, etc. Despois da frase do seu avó, dá para reflexionar toda a vida: Aí non queda nada...

Anónimo dijo...

Boeno,polo menos non teño unha visión "antropomórfica" dos mortos.Aínda que podia pensar na memoria dos que quedan e no impacto que causara o seu paso polo mundo.É un xeito sutil de pervivencia,máis abstracta.

Marcos Valcárcel López dijo...

Niso estamos todos de acordo, amigo XDC. Vivir é estar na memoria.

Anónimo dijo...

Fai anos,cando era novo,iba ás discotecas famosas da provincia.Se ligaba con algunha e buscaba un sitio tranquilo pra estar a solas con ela no coche,sabía dun sitio que estaba pegado a un cemiterio.Como era noite,as miñas partenaires,non o vían.Pero eu estaba tranquilo sabendo que alí non habría mirós.

Anónimo dijo...

Xa teño recomendado o libro "masa e poder" de Canetti outras veces.Hai un capítulo estupendo sobre "a masa dos mortos" e a súa influenza en diversas sociedades.

Anónimo dijo...

Seguro, amigo Da Coba, de que non había miróns? Seguro, seguro? En todo caso, para mín que o seu avó tiña unha historia desas (de petting beside the cemetery) ou semellantes. Conte, conte.

Anónimo dijo...

Imaxino que coñecen a historia de Kaspar Hauser.Nos primeiros tempos trala súa sorprendente aparición,fuxía dos cemiterios.Pensaban que estaba endemoniado e que o alteraban as cruces.Cando pudo aprender a falar,explicóu que os longos anos de cautiverio lle desenrolaran o olfato,e que lle fedían os mortos,aínda baixo terra.

Eiquí un interesante resumen:

Kaspar Hauser

Anónimo dijo...

Arume d.p.: Tiña un conto que facía rir moito á xente.Era dúns ladrós que estaban xogando ás cartas no cemiterio,de noite.Achegáronse veciños alertados polos ruídos estranos.Escaparon espantados ó oir o que decían.Eran varias frases desas habituáis ó xogar ás cartas,"arrastra" e cousas así.Eu non as lembro porque,como non xogo ás cartas,non entendín o senso.Pero non contexto do cemiterio o senso era moi diferente e producía espanto.Se hai xogadores de cartas,igual poden imaxinalas,pero eu non.Mágoa.

Anónimo dijo...

O do conto no cemiterio, cos xogadores de cartas, recórdame a un conto de don Ánxel Fole.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Arrastro e todas miñas. Eso debe producir o arrepío definitivo.

Anónimo dijo...

"A cultura do traballo entre os homes adultos dos "ranchitos" redúcese a ser un "macho" ,a beber e a delinquir.E a maltratar ós nenos e ás mulleres.E,agora,a reclamar armas,a roubar a queñes traballaron toda a súa vida,amparados polo poder do Estado.A cobrar por ir a marchas festivas pro-Chávez."

Baixo os criterios do libro de estilo deste blog expostos nalgures polo seu autor, este comentario, ¿non debería ser suprimido? É como se digo eu que todos os habitantes adultos das grandes cidades do Magreb son todos uns terroristas. Ou que os xitanos son todos violentos e asociais.
Por outra parte, só o cinismo máis reaccionario ou unha exposición prolongada aos excesos do imaxinario oligárquico, poden levar a alguén a afirmar que Venezuela (un país onde o 10% da poboación controlou sempre o 90% da riqueza),foi algunha vez unha democracia.

Anónimo dijo...

Non home,non.Non se suprime prá escarnio do seu autor.Prá sua vergoña pública.Prá avergonzalo.Descalifícase él mesmo como reaccionario,facha,intolerante,simplista,cheo de prexuizos,ignorante,cínico,racista,xenófobo,etc...

Anónimo dijo...

OS MORTOS ESTÁN EN CAUTIVERIO,E NON OS DEIXAN SAIR DO CEMITERIO

Anónimo dijo...

Téñena que cantar,que só é o acompañamento,JAJAJA.
Uy,...esas voces.Xa saben o chiste.Definición de segunda menor:dous aficionados cantando a unísono.Definición de segunda mayor:ídem,dous profesionáis.XDD

Anónimo dijo...

Agora veume á mente aquela terrible canción de Rascayú, éxito da españa de inmediata postguerra, co recordo das mortes ben presentes.

Rascayú, cuando mueras que harás tú.
Rascayú, cuando mueras que harás tú.
Tu serás un cadáver nada más.
Rascayú, cuando mueras que harás tú.

Oigan la historia que contome un dia
el viejo enterrador de la comarca.
Era un viejo al que la suerte impía
su único bien arrebató la Parca.
Todas las noches iba al cementerio
a visitar la tumba de su hermosa
y la gente murmuraba con misterio
"Es un muerto escapado de la fosa".

Rascayú, cuando mueras que harás tú.
Rascayú, cuando mueras que harás tú.
Tu serás un cadáver nada más.
Rascayú, cuando mueras que harás tú.

Hizo amistad con muchos esqueletos
que salían bailando una sardana
mezclando sus voces de ultratumba
con el croado de alguna rana.
Los pobrecitos iban mal vestidos
con sábanas que ad hoc habían robado,
y el guardián se decía con recelo
"Estos muertos se me han revolucionado".

Rascayú, cuando mueras que harás tú.
Rascayú, cuando mueras que harás tú.
Tu serás un cadáver nada más.
Rascayú, cuando mueras que harás tú.

Anónimo dijo...

NON É SERIO ESTE CEMITERIO

Anónimo dijo...

Xa saben a historia de aquel que foi a Lisboa e colléu o tranvía que levaba a "Prazeres",pensando que o levaría ó "barrio das señoritas".Menudo "carallo" levóu.Xa saben que "Prazeres" é o cemiterio de Lisboa.
Prazeres

O Tranvía

Anónimo dijo...

O que eu lle dicia: que vostede non era o único que ía pinar a carón do camposanto.

Anónimo dijo...

Vexan esto.A coña está ó final.

Misterio

Anónimo dijo...

Vexan esto.A coña está ó final.

Misterio

Anónimo dijo...

Vexan que aberración.Un asilo xa ó lado do cemiterio.
Pinchar eiquí

(Alemán)
Seniorhenhaus=Asilo de anciáns.
Friedhof=cemiterio.
Friedhofseingang=entrada do cemiterio.
Haupteingang=Entrada principal.
Grabstein=lápida.
50 m weiter= 50 m despóis.
friedhofskapelle=Capilla do cemiterio.
Immer einen tick besser=Sempre un "puntiño" mellor.

Anónimo dijo...

" Si os que xacen dentro non poden saíre,
i os que viven fóra non queren entrar,
istes rexos muros que coutan as campas
son un monumento da idiotez humán."

Sr.Da Coba : Mal imaxinaba Celso Emilio Ferreiro, cando escribiu estes versos, o bo servizo que as veces poden prestar.(E broma).
En canto a frase do seu avó,penso que ,perde parte da súa veracidade no momento que alguén moi querido atravesa por derradeira vez os rexos muros que coutan as campas.Ogallá quede moi lonxe no tempo o momento en que vostede poida comprobalo.

Anónimo dijo...

Xa o teño comprobado varias veces.Cousas dos anos que van pasando.

Entre outros,atravesóu o umbral ése abó da frase.Con ese abó paséu vrans enteiros da miña infanza e adolescenza,traballando as terras,coidando gando.Escoitando a súas versiós de Brunete,Africa e cerco e toma de Madrid,todo vivido en primeira persoa.Antes fora mineiro en Asturias.Supervivinte de descarrilamentos de tren provocados.De balazos (tivo as correspondentes cicatrices hasta o fin dos seus días).De accidentes na mina.De darlle unhas ostias á guardias civiles na posguerra,e de andar fuxido e rematar por coñecer o cárcere por ese motivo.Maravillado pola chegada da Democracia i enamorado nos últimos anos da súa vida de Felipe González.Ás veces penso que,si un día teño netos,a miña vida vai ser unha "merda" prá contala...

Anónimo dijo...

Posiblemente leran algunha das súas historias,vostedes que lén libros en galego.Cambiado o nome e literalizados certos aspectos por algún escritor amigo a quen llas contéi.

Anónimo dijo...

E,por certo,moito me gostaba ver as doniñas...

Coñece vostede sen dúbida as paredes de pedra que separan os prados minifundistas na nosa terra.A doniña metíase a todo correr entre as pedras,crendo que se metía nunha coba segura e,de repente aparecía polo outro lado,tamén en campo aberto.Repetía a operación en sentido inverso.E así,perseguida polo can que lle ladraba.Coa súa "garabata" blanca,tan bonita.Qué cousa tan bonita,lembralo...

A doniña

(Na aldea nunca decían "vín unha doniña" senón "vín A doniña".Como nuca se decía "vin un lobo",senón "vín O lobo")

Anónimo dijo...

Non, home non. Eses calificativos tan tremendos resérvanse para os adolescentes que patean inmigrantes no metro. Eu aprezo máis ben aquí o típico cadro clínico da pequena burguesía; xa sabe, esa paranoia colectiva que leva a xustificar as maiores iniquidades con tal de non perder a propiedade do iPod.

Anónimo dijo...

Si é por eso,saiba que eu non teño ipod,nin intención de tela.Posiblemente teña menos "cousas" que vostede.

Anónimo dijo...

Pois a min conmoveume o pequeno relato da azarosa vida do seu avó e nela hai tantos avós representados...!En castelán lin "Os topos"e se fose tan amable de darme algunha pista mercaría encantada o libro que vostede di.
Foi no tellado dunha casa vella onde vin por primeira vez a doniña.Tan prendada quedei da súa astucia,viveza e beleza que fixen meu o seu nome, o amigo Chicho Lorenzo na súa páxina "A vida nos ríos galegos" fixo o resto.
Ah ! eu tampouco teño iPod,pero pasarame coma co móbil ,antes ou despois cairá!

Anónimo dijo...

¿Qué é iso de iPod? Unha modelo de BMW?

Anónimo dijo...

Si, posiblemente teña tamén menos "cousas" cós habitantes dos ranchitos.

Anónimo dijo...

E tamén,carrilano(Coma outro abó que morréu do "mal da vía" e non coñecín),obrero en varias presas,etc.A vida dos nosos abós,non se parece en nada ás nosas.O abó do Marcos,emigrado a Cuba,traballóu en mil oficios.Hasta de noite,nunha carnicería,matando,reses.No ferrocarril...pero boeno.Eso que o conte él.

Anónimo dijo...

Pódiolle decir que me dan bastante menos pena que poblados de África que coñezo.

Anónimo dijo...

Catequese non, por favor.

Anónimo dijo...

Vaia a rañala á vía,cossimo.

Anónimo dijo...

Iso está moito mellor.

Anónimo dijo...

Non é por incordiar, señor Cossimo, pero a min iso de "típico cadro clínico da pequena burguesía" sóame a vello, a moi vello e resésego. Espero que non lle pareza mal a miña sinceridade.

Anónimo dijo...

E por curiosidade apicultor, o primeiro comentario deste post, a qué lle soa?
Pode ser que eu non me decatara. Se cadra xa se cumpliu a profecía de Marx e vivimos nunha utopía comunista sen clases.
E o concepto de capitalismo, tamén lle parece reseso?

Anónimo dijo...

Depende de como entenda vostede o concepto de capitalismo, podo consideralo resésego ou non.

O primeiro post non me "soa" a nada. De pecar de algo é de excesiva xeneralización, pero coido que ninguén está libre dese "pecado". Daquela terá de ser á forza venial.

Anónimo dijo...

Aaaahhh. Daquela se eu digo que os comentaristas deste blog somos uns ególatras reaccionarios que non teñen nin puta idea de cómo funciona o mundo, peco de excesiva xeneralización?

Anónimo dijo...

Aaaahhh. Daquela se eu digo que os comentaristas deste blog somos uns ególatras reaccionarios que non teñen nin puta idea de cómo funciona o mundo, peco de excesiva xeneralización?

Anónimo dijo...

Do que peca é de repetitivo, xaora. E teño as miñas dúbidas de se iso é pecado mortal ou venial.

Anónimo dijo...

Se o 85% dun determinado colectivo actúa dunha determinada maneira,pécase de excesiva xeneralización? A realidade é a realidade.Outra cousa é a mitificada visión da realidade,esa que consiste en confundila cós desexos.Se vostede vé chabolas pode pensar que non teñen pra casas dignas,porque xuzga con ollos europeos.Pero ó mellor é que non lle dan importancia á casa coma nós e prefiren tér un bó carro á porta da chabola e unha parabólica no tellado da chabola.Ó mellor é que eso de levantarse máis de tres días seguidos prá traballar cún determinado horario non vai con eles.Ó mellor fán ben.Eu mesmo penso de xeito parecido.Pero logo non podo pretender cousas que só se conseguen traballando.No meu caso,xa por eso non me interesan.Pero si me interesaran tería que roubalas.Pero claro,a certos escandalizables oídos estas cousas soan a herexía.

Coincido con Apicultor en que as verbas de cossimo son típicas e resesas.Propias de quen non pensa por sí mesmo.Aferróuse relixiosamente a unha ideoloxía con ideas precociñadas cando era adolescente e non a apeóu.Non aprendo nada de escoitar "progresías",sempre iguáis.

Anónimo dijo...

E,por certo,cossimo,vostede pode decir o que queira de mín,que non me vou molestar.Hai anos que sei quén son.

Anónimo dijo...

Vaia por outros blogs,onde lle digan o que quere oir,o que non se cansa de oir,a "verdade".Non hai nada máis letalmente coherente que esa redundancia encuberta.Nesas repeticións baséanse as relixiós.E non se esqueza de ir rañála á vía,como lle dixen antes.

Anónimo dijo...

E todo eso vén da educación e bla,bla,bla ...coma o botellón,no que a culpa é dos páis e da sociedade consumista e todo eso...Nunca hai responsabilidades individuales,xa sabemos a cantinela.

Anónimo dijo...

Ademais de ir rañala á vía tamén me gusta ir ao botellón. É unha actividade bastante menos nociva ca lerear con respetables e responsables cuarentóns sen pecado concibidos.
E agora se me desculpan, teño que ir ler uns párrafos do "Manifesto Comunista" que como saberán, é un preceito dominical insoslaiable para os da miña seita.
Ala, a seguir igual de ben.