27 nov. 2007


en poleiro alleo: o tren, as pobrezas e saudades do pra

Viaxando en tren por Galicia: "Subidos en foguetes" (Xosé M. Sarille, ECG, 27 nov.)

"Un til para para" (Afonso Monxardín, GH, 27 nov.): curiosidades das normativas

"Pobreza en Europa" (Fernán Vello, GH 27 nov.): da pobreza en Galicia e das diferentes pobrezas, en Europa e no mundo
Vai tamén O Carrabouxo de hoxe, en clave política evidente.

42 comentarios:

apicultor dijo...

O de esquecerse de teclear o til de fútbol é para nota. Así andou e anda a nosa filoloxía!

marcel swann dijo...

Eu teño saudades de moitas palabras que profería a farrapo-progresía dos anos 70 (logo veu outra progresía, xa castellanoparlante, disfrazada de enruga a la Adolfo Domínguez, pero iso xa é outra historia). Verbigracia:

Teño saudades de...
- "alén" ("alén diso..."
- "pra" (tamén pró, prá, prós e prás)
- "xulio" ("o mes de xulio")
- "conquerir" ("conquerir a autonomía"
- "A Cruña" (Viva a Cruña, viva Lugo, viva Ourense e Pontevedra, viva a gaitiña galega, viva por sempre a nosa Terra...)
- "cras" ("a cras traballadora")
- "libertade" ("libertade prá nosa terra")
- "sementar sementarei..."
- "Xan Pardo"
- "Miña terra e miña xoia"
- "Porque estou leixos / desos teus lares"
- "O Ferrol"
- "anque" ("anque votes, choverá),
etc.

marcel swann dijo...

Algún de vostedes ten pensado ir a Cuba aló polo mes de febreiro? Teñen os boletos? A primeira vez que a cultura galega é convidada a unha feira internacional...:
"El Impaís": "40 escritores galegos viajarám à feira do livro da Havana" (do ganchete da conselleira)

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Cuarenta/escritores/gallegos/iran/feria/Habana/elpepuespgal/20071127elpgal_10/Tes

Ten razón, e moito ("lo cortés no quita lo valiente") Alfredo Conde na súa columna de hoxe:

http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=13&idEdicion=713&idNoticiaOpinion=236985

"Lista de mantidos" dijo...

Lo mejor de nuestra literatura visitará Cuba con motivo del nombramiento
de Galicia como país invitado de la XVII Feria Internacional del Libro de
La Habana. Dos de los autores más traducidos de la literatura gallega:
Manuel Rivas, cuyas obras se pueden encontrar en 24 idiomas, y Suso de
Toro, que tiene toda su obra publicada en castellano y catalán, compartirán
experiencias con los asistentes. También habrá charlas, conferencias,
discusiones y presentaciones a cargo de otros autores fundamentales
para las letras de Galicia, como son Xosé María Álvarez Cáccamo, Rosa
Aneiros Díaz, Pilar Cagiao, Xosé Benito Calvo, Xosé Carlos Caneiro, Xosé
Carreiro, Fina Casalderrey, Antón Castro, Marta Dacosta, Xabier Docampo,
Miguel Anxo Fernán Vello, Víctor Freixanes, Agustín Fernández Paz, Lourenzo
Fernández Prieto, Manuel Ferreiro, Camilo Franco, María Pilar García
Negro, Antonio García Teijeiro, Bernardino Graña, Marilar Aleixandre,
Aurora Marco, Xosé Luís Méndez Ferrín, Anisia Miranda, Teresa Moure,
Xosé Antonio Neira Cruz, Xosé Neira Vilas, Luz Pozo Garza, Miguelanxo
Prado, Antonio Reigosa Carreiras, Antón Riveiro Coello, Xabier Rodríguez
Baixeras, Marga Romero, Eva Veiga y Helena Villar Janeiro.

Xohan da Coba dijo...

Vaia.Cantos artistas.Como decía o outro día non séi quén,non serán moitos "de matute"?

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Ostias, e quen queda para ler os blogs?
Vai ser, amigo Valcárcel, cousa de contraprogramar. Para febreiro, despelote masivo: amigo Da Coba, vaia preparando o bañador Borat, pero de leopardo. Eu teño que meterlle na sisa un pouco, pero vaime que nin diola. Apicultor, renove o tanga mini para a ocasión. Swann: tráiganos plumas de marabú de segunda mán do Paralel.
Van todos vostedes perder semellante espectáculo de varietés culturetas por tomar o mítico mojito na bodeguita del medio, aínda que sexa a gastos pagos?

Xosé M. González dijo...

Bastante bo elenco, aínda que outros vinte distintos podían tamén estar ben. Na terceira tanda igual ata nos tocaba.

(Deixamos aparte o dono da casa, que podía ir xa na primeira. E a todos os demais menos eu, que anónimos e heterónimos quedan excluídos).

Xohan da Coba dijo...

Xa saben que as dúas únicas persoas que coñecen a fórmula da Coca Cola teñen prohibido viaxar no mesmo avión.Estes,tamén,que vaian en distintos aviós.

marcel swann dijo...

Liebe Herr Da Coba:

Comprobo estupefacto e mesmo estupefaciente que nin o puxeron na lista de suplenntes. Quins (con perdón) pocavergonyes!

Ademais, cumpría que este blogue tivese alí un enviado especial, co gallo de que as nosas xentes da cultura non se desmandasen co rum negrita. Precisaríamos de crónicas día a día, minuto a minuto, do que alí se coce, quece ou mesmo quenta. Onde se non vai ter repercusión tamaño acontecemento internacional senón neste blogue? Quen, senón Da Coba, enguliparía os pinchos dos hoteis (Meliá, of course) e churrupiaría os mojitos de catro en catro?

O que haxa que facer pola cultura galega farase, De los Pinares, pero eu, de despelotarme, rien de rien. As miñas lorzas hambuguesiles mo impiden.

Xohan da Coba dijo...

O Quin tén que aproveitar a súa amistad con Fidel antes de que palme.

Anónimo dijo...

Ostias, redios, e logo que van facer os corenta lamecús, con perdón.

Lástima de bois.

Anónimo dijo...

Perdón son o anterior, pero a decir verdade soame a lista coma dos contratados pos incendios, coñezo dous ou tres.

Ou serei un parvo que non estou posto no da cultura galega ( ou cultivado )

apicultor dijo...

Tirando polo baixo e sendo moderados na avaliación, nesa expedición ás terras selvaxes do Caribe sobran seis ou sete nomes totalmente prescindibles, e cuxos postos poderían ser ocupados por outros/as tantos con moito máis merecemento no ámbito da nosa literatura.

Semella que na selección se combinou, en doses discutibles, representatividade e amiguismo. E isto último está bastante feo, señoras e señores da Consellería de Cultura.

chesi dijo...

Van ter que emigrar uns milleiros de cubanos para que teñan cabida na illa os nosos intelectuais. E logo andan a laiarse algúns políticos do outro lado do Atlántico de que os colonizamos hai cincocentos anos. Non escarmentan...

Xohan da Coba dijo...

Seis ou sete,Apicultor? Na lista sobran a metade.Porque copiaron pola outra metade.

Anónimo dijo...

I've paid my dues, time after time,
I've done my sentence but committed no crime,
And bad mistakes, I've made a few.
I've had my share of sand kicked in my face but I've come through.
And I need to go on, and on, and on, and on.

Coro:
We are the champions my friend.
And we'll keep on fighting till the end.
We are the champions. We are the champions.
No time for losers 'cause we are the champions of the world.

I've taken my bows and my curtain calls.
You brought me fame and fortune and ev'rything that goes with it,
I thank you all.
But it's been no bed of roses, no pleasure cruise.
I consider it a challenge before the whole human race
and I ain't gonna lose.

Coro:
We are the champions my friend.
And we'll keep on fighting till the end.
We are the champions. We are the champions.
No time for losers 'cause we are the champions
of the world.

Anónimo dijo...

Dedicado a esa metade de copiados da lista:

Queen: We are the champions!

marcos valcarcel dijo...

Hai moitos nomes moi dignos de respecto na lista que se pegou e non serei eu quen lle poña chatas nin indique os sobrantes, que os hai: sería pouco elegante.
Alégrome que estea Riveiro Coello, que ten unha novela sobre Cuba, en parte (tamén A.Conde). Boto en falta nomes como Xosé Miranda e Bieito Iglesias, que tamén ten novela cubana (da emigración). Pode ser que algún dos convidados non quixese aceptar, iso non o sei, claro.

Xohan da Coba dijo...

Boeno,dignos de respecto,sí.Dignos de viaxes con cargo a cartos públicos,é outra cousa.

Xohan da Coba dijo...

Que hai moitas camas nos pasillos dos hospitáis.

marcel swann dijo...

E algúns escritores e intelectuais cubanos no cárcere (pero iso, que importa?!)

Xohan da Coba dijo...

o.K.,Swann.Twenty points.

apicultor dijo...

Xa dixen que a miña avaliación era moderada, amigo da Coba. É moi doado dicir nomes que sobran e máis aínda que faltan. Pero o tema abúrreme, así que, de momento, non penso falar máis... a non ser que vostedes me provoquen, he, he.

Doniña dijo...

Non parece doado confeccionar unha lista que recolla os gustos e preferencias de todo o mundo e posiblemente non están ,nesta,todos os que son,pero si son todos os que están moi privilexiados.Ainda supondo,que é moito supor,que a asistencia desta morea de xente a tal evento sexa de grande interese político-económico-cultural e tal e tal habería que establecer prioridades.Hai servizos públicos básicos con necesidades, case perentorias ,sen cubrir e séguese regateando na contratación de persoal, na súa formación ,en dotacións de medios e equipamentos...polo que comprobar que :hai cartos segundo para que, produce certo abatemento. Abatemento que espero superar se a contraprogramación do Sr. Arume prospera. No caso que poida axustar as datas á miña apretada axenda ,tamén quero ir alá,só en condición de observadora que a miña relación co mundo das letras non pasa de simple afeccionada ,máis tendo en conta o que a cotío disfruto coa súa prosa,saberes e inxenio que non ha ser da súa presenza adobiada con tan suxerentes modelos de baño?

Xohan da Coba dijo...

Pois vóuno provocar,Apicultor.
E vóullo poñer fácil.Procedamos ún por ún.Por exemplo.O Ferrín.Qué pinta o Ferrín,aí.Estarán todos de acordo en que sobra,a todas luces.

Xohan da Coba dijo...

Boeno,pois ó Ferrín deixámolo ir.

A ver...Camilo Franco.Levanten as máns os que prefiren que quede en terra!.

aNONIMO dijo...

e O tITO? eSCRITOR?

Anónimo dijo...

¿E cal é o mérito para estar na lista de Pilar García Negro? ¿Ser do BNG? ¿Que a Conselleira lle teña medo? ¿Que pinta aí?
O de Tito tampouco se entende moito. Pilar Cagiao sí, que é experta en historia de América. ¿Pero Tito? ¿Por que Tito e non Camilo Nogueira, Núñez Seixas ou Beramendi? ¿Por ser da actual "pomada" bloqueira?

Xohan da Coba dijo...

A cultura sólo é a literatura?

apicultor dijo...

Respostándolle ao anterior Anónimo, é obvio o mérito da García Negro para ir ao Caribe: é parte do quiñón que hai que lle pagar á UPG.

Home, o Tito é bo rapaz e é Vicerrector. Non é experto en historia de América, desde logo, pero tampouco o son Camilo nin Beramendi. Núñez si.

Quen cantan moito na lista son Marga Romero e Anisia Miranda, pois caracen de méritos literarios suficientes: mírese por onde se mire non son de "Lo mejor de nuestra literatura".

Pero a primera é asesora (sic.) de Ánxela Bugallo e a segunda é a muller de Neira Vilas, que nunca vai a ningures sen levala consigo. Así que...

Xohan da Coba dijo...

Hala,que vaian,que vaian.E que se farten de beber,de comer,e de outras cousas que rematan en "-er".Sobor de todo queñes teñan responsabilidades políticas.Que non hai nada peor prá ciudadanía que tér que agoantar gobernantes abstemios,austeros,ou castrados psicolóxicos.

arume dos piñeiros dijo...

Eu creo que o problema (principal, digamos) non é quen vai, senón o excesivo número ou tal vez a posible desproporción da iniciativa en relación coa eficacia. Sobre todo, se o elevado gasto pode invalidar outro tipo de accións culturais. Pode ser unha boa oportunidade, pero ao mellor tirar a casa pola fiestra non é unha solución moi afortunada, ao menos ao medio ou longo prazo.

marcel swann dijo...

O problema principal, arume, póde resumirse en dous:

1.- Que Cuba non é un rexime democrático. Que alí hai escritores, intelectuais e políticos da oposición presos por defender as súas ideas. Con que cara (dura) vai toda esta xente? Vanlle ir tocar a balalaika ao tirano?

2.- Que dubido moito que esta iniciativa redunde en beneficio dos galegos, á cola de Hespaña en índice de lectura, consumo de prensa, uso de internet, etc, etc. A quen beneficia pois esta "pelerinaxe"? Alguén dirá: "Iso fará que a literatura galega sexa máis coñecida internacionalmente" Eu, desde o meu modesto entender, póñoo en dúbida: para o 99% dos lectores de Toro ou Rivas dálles exactamente igual se é galego, asturiano ou da parte de Zamora: eles len o libro en españoliño "y santas pascuas".

marcel swann dijo...

Estou farto de toda esta idea de "lectorados de galego no estranxeiro", rechamantes "Cidades da Cultura", "Encontros de poetas de Galeuscat" (agora co "t" final) cos gastos pagos. Pero que idea da cultura ten esta xente???????!!!!!!

E sobre todo non entendo esta manía de protexer aos bolseiros-poetas-xuntaletras de turno (ou ás empresas construtoras) e non ao sufrido "consumidor" de cultura en galego, que xa bastante ten con pagar máis caros as traducións ao galego que ao español. Non podemos ver películas de cine (ou de DVD) en galego. Non temos aínda en galego moitos programas informáticos de uso cotián. Non hai programacións teatrais estables en Galicia. Non se está a axudar unha das nosas maiores potencialidades artísticas: a música. Conservación arqueolóxica: cero "patatero". Temos media ducia de organismos (digamos) culturais "propios" e estamos á cola en case todo.

arume dos piñeiros dijo...

Creo que unha embaixada entre cultural e diplomática desta natureza ten por forza que preocuparse pola situación dos presos políticos e aproveitar a súa estadía para enviar unha petición de democratización completa do réxime. Pero non caerá esa breva institucional; agardemos que de forma individual podan verse iniciativas deste tipo.

Xaime dijo...

Eu sería polo único Sr. Arume, que non tería problemas para que vaian os que van, ou o dobre.
Non hai don máis prezado ca liberdade.

De Brétemas dijo...

Teño insistido en moitas ocasións na miña convicción de que a proxección da literatura galega alén do noso sistema editorial e literario precisa dunha estratexia de país, compartida por autores, editores, críticos e membros da Administración; estratexia da que carecemos e da que non se albiscan indicios tampouco.
Máis significativo aínda que o texto (un chisco vehemente e malhumorado) de Vilavedra é que a vindeira semana se despracen corenta e cinco persoas á Feira do Libro de Guadalaxara (cos responsables da Consellaría de Cultura á cabeza) e non teñamos noticia ningunha, por exemplo, sobre a creación dunha "Oficina da Literatura Galega", que alicerce esta estratexia exportadora imprescindible, ou da creación do Instituto Galego Rosalía de Castro (contemplado na Lei do Libro e a lectura, aprobada por unanimidade polo Parlamento galego). Ben sería, abandonar tácticas curtopracistas e apostar todos e todas polo pase longo.

arume dos piñeiros dijo...

Non quero dubidar do que escribe Brétemas no seu post (eu non me dera conta e iso que comentei a súa anotación), pero o das "corenta e cinco persoas" son para A Havana, non para a feira do libro de Guadalajara que non vai tanta xente, creo eu. Que alguén o aclare. Ao mellor tampouco ten moita importancia e entón pido desculpas por estas precisións.

marcos valcarcel dijo...

Que eu saiba, na feira do libro de Guadalajara (México) hai unha delegación do PEN clube galego na que cando menos están Luís Gzez. Tosar, Bieito Iglesias e Gonzalo Navaza.

Anónimo dijo...

I would like to exchange links with your site www.blogger.com
Is this possible?

Anónimo dijo...

I would like to exchange links with your site asuvasnasolaina.blogspot.com
Is this possible?

Anónimo dijo...

[url=http://pi7.ru/go/serial.php]что должен уметь малыш в 12 мес [/url]
девочки, даже не знаю с чего начать.
у меня дома стали пропадать продукты. в пятницу не нашла в месте пакета с гречневой крупой. тогда простой решила сколько забыла его покупать. в выходные я с мужем ездили в супермаркет покупать продуктов в неделю. привезли домой разложили по местам.
в день пропала связка сливочного масла, ополовинился часть молока и без следа исчез часть со сливками. Испарилась банка тушенки. мы спросила мужа и сына гораздо делись продукты - они пара отнекивались.
Вчера в морозилке ополовинился кусок мяса, который я купили. Также пропала связка сливочного масла.
Муж и дитя категорически отрицают свою причастгность для исчезновению продуктов. Мужа место день не было дома, дитя в кухню заходит только поесть и кулинарией не занимается. Интересно сколько не тронули конфеты и мармелад. о ту пору я насела в сына может приходил кто-то, говорит приходил друг, они вместе посидели часок и друг ушел. друг тожественный кулинарии избегает.
А ныне это простой вещь. Вчера вечер поставила в холодильник литровую бутылку молока, ныне достала ее, она пустая. Причем даже она запаяна заводским способом и пустая. в качестве кого будьто всё молоко испорилось за ночь.
Что это за феномен? Мне соседки говорили сколько выше- неосновательный стоит где то в аномальной зоне, но я не верю в бабушки сказки. Похоже необдуманно. Что делать?