"Existiría Galiza sen aldea?", de Xosé M. Sarille (ECG 13 nov.)
Ilustración: Campesiña de Ourense, de F. Díaz e M. Pujadas.
Hai millóns de persoas no mundo que acreditan na harmonía da aldea do pasado. Alí, nesa especie de falansterio retroactivo, o sufrimento non tería existido, a vida transcorrería feliz e ha ser o mundo moderno, cidadán, agresivo, imcomprensíbel e alleo á natureza sabia o que desfará despois, agora, esta utopía, na que moitos acreditan actualmente como modelo. Un modelo pouco diáfano, é verdade, xa que con el se mesturan reivindicacións de veloces camiños de ferro, viaxes aéreas baratas e desexos de estandarizar a vida en pisos dos centros das cidades. É dicir, un barullo que non impide pensar, nos momentos de nostalxia, en paraísos perdidos de cultura tradicional: unha sinxeleza rústica que tamén remite a unha igualdade social perdida, que evidentemente non existía.
Ocorre que estes imaxinarios, como a barquiña do amor do poeta Serguei Esenin, estrélanse facilmente contra a vida cotiá, que require, na loita diaria, doutros resortes ideolóxicos, non máis firmes, pero si máis ricos. A aldea, amiguiños, desapareceu, non existe, porque afortunadamente impídeno a tele, a rede, a escola, as salas de festa e os coches na porta da casa, que fan do aldeán un cidadán verdadeiro. E soñar con esas cousas pode estar moi ben, fíxoo con mestría Otero Pedrayo, explorouno con intelixencia Rof Carballo, pero practicar politicamente retornos para esas harmonías, aínda que só sexa retoricamente, é unha maneira moi chusca de asentar a idea de nación.
Ocorre que estes imaxinarios, como a barquiña do amor do poeta Serguei Esenin, estrélanse facilmente contra a vida cotiá, que require, na loita diaria, doutros resortes ideolóxicos, non máis firmes, pero si máis ricos. A aldea, amiguiños, desapareceu, non existe, porque afortunadamente impídeno a tele, a rede, a escola, as salas de festa e os coches na porta da casa, que fan do aldeán un cidadán verdadeiro. E soñar con esas cousas pode estar moi ben, fíxoo con mestría Otero Pedrayo, explorouno con intelixencia Rof Carballo, pero practicar politicamente retornos para esas harmonías, aínda que só sexa retoricamente, é unha maneira moi chusca de asentar a idea de nación.
8 comentarios:
Podo concordar no básico con Sarille, pero tamén creo que unha das "ucronías" máis interesantes do programa do Partido Galeguista era a súa concepción dunha Galicia basicamente rural, industrializada a partir do desenvolvemento e a modernización do mundo agropecuario, tecida arredor dunha rede de pequenas cidades abertas ao mundo e perfectamente "sostibles". Unha Galicia que podería facer maís ou menos real a utopía da sociedade sen clases a partir da extensión da pequena propiedade rural e do cooperativismo. Galicia como unha especie de "país dos hobbits" laico e culto, como unha arcadia liberal, ecoloxista e moderna onde o pequeno sería efectivamente fermoso.
Xa digo que é unha ucronía. Pero é tamén unha bonita ucronía.
Coido que a barquiña era de Maiakosky e non de Esenin.
Paradoxicamente a Esenin chamábanlle o poeta do campo.
"Para min esta nova distribución da poboación de Galicia, creadora de pequenos centros urbanos e novas pequenas cidades, sustituidoras das aldeas e das parroquias de hoxe, é unha esixencia. Estas «viliñas» poden facer volta-lo labrego ó campo, xa como labrego, xa coma que busca unha esixencia fora do tráfico urbano das cidades grandes. Unha imaxe ideal da Galicia do ano 2002 faime vela co seu gran souto antigo, restaurado nas fronteiras orientais, gandeira nos vales centrais e ademais hortícola e frutícola na banda oriental, que é onde hai que pensar na integración das industrias galegas".
De don Álvaro, que pasaba por ser un fantasioso, se cadra pouco se coñecen estas cousas. É interesante o artigo do Sarille; supoño, por outra banda, que non estará en contra do Banco de Terras.
Non coñecía ese texto de Cunqueiro. Grazas por facérnolo coñecer.
Con gusto.
Ao mellor váleme para o futuro, se por un casual sae adiante un proxecto.
Pois que sexa para ben. Cunqueiro ten aspectos que sorprenden; certamente poliédrico. Teñan boa noite.
O libro no que aparece ese texto de Cunqueiro forma parte dunhas conferencias celebradas en 1977 ao abeiro da USC. Algúns notables do pais facían daquela vaticinios sobre o que sería Galicia no ano 2002, vintecinco anos despois, mesmo con algúns vaticinios políticos. Todo pura ucronía. Disparates, a mancheas, pero iso si, moi imaxinativos.
Publicar un comentario