13 nov 2007


"Indo para traballar", de Afonso Vázquez-Monxardín (GH 13 nov.)



A cola, sexa esta, do médico, do súper ou da peixaría, iguala, como o servizo militar (q.e.p.d.). Ademais, sempre cadra algún coñecido ou é ocasión de facelo... Os xubilados son os que máis a gusto parecen estar... pero tamén os hai intranquilos e desacougados. Pero a cola polas escaleiras da comisaría ourensá é fea. Sitúa uns moi por riba dos outros, e cómpre abaixar a cabeza para falar... mais son puras "diferenzas de cola", onde cada un ocupa unha posición en función do mérito e esforzo persoal: os que máis madrugaron, arriba; os que menos, abaixo. E non é metáfora social; xa me gustaría que fose todo tan fácil na vida.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Monxardín, ao igual que o lembrado Carlos Casares, posúe o don de ter unha "visión narrativa da vida". Moi bo o artigo, como é habitual.

Anónimo dijo...

A mín,as colas que mais graza me fixeron foron as que vín nunha reportaxe na TV,na Rusia soviética.Un montón de xente facendo cola pra pesarse nunha báscula pública.A funcionaria que atendía a báscula falaba un rato con cada ún que se pesaba.De si engordara,de si adelgazara.Era un espectáculo.

Facer colas é unha habilidade bastante perdida.Os militares,cando falaban de reclutas incompetentes,decían "Non saben nin formar".

Fai anos había colas nas cabinas telefónicas.Cóntallo ós rapaces novos e non o crén.Cando ún falaba moito tempo,os outros petábanlle na porta,para que abreviara.Si ó de diante lle sobraran cartos,podías hasta falar gratis.

Tamen se falaba moito en épocas de represión sexual dos "frotteurs".Individuos que se puñan nas colas detrás dunha muller pra "frotar" os seus xenitáis contra as nalgas dela.Algún decía que moitas colaboraban.Non sei se os sigue habendo.

Nas colas fanse amistades.Os que as fan teñen problemas similares i é facil que surxa a conversación e a amizade.As colas das sás de espera dos médicos fanse sentados.Moitos chegan incluso moito antes da hora da cita pra charlar sobre as súas doenzas.Igual é unha terapia paralela.Tíñan que tela en conta os facultativos.

Hoxendía,as colas máis frecuentes fannas os autos.Chegas a unha cidade descoñecida ,preguntas polo centro urbano,e respóndenche: "siga o atasco".

Tamén me gostan moito as colas que fan esas orugas chamadas "procesionarias do pino".Se as pós cerrando un círculo,síguense en redondo hasta o agotamento.Hai moitos animáis que forman colas máis ou menos largas,e con diferentes finalidades.

Si hai dúas colas paralelas e tí estás nunha,a outra avanza máis á presa.É un dos corolarios da Ley de Murphy.

Fai anos,os ingleses tiñan fama de gostar de facer colas.Díse distinto en inglés británico ("forming queues") que en americano ("stand in line").E agora lembro aquela canción na que Frank Sinatra fai cola esperando polo amor dunha muller e logo cágaa por unha tontería:Dílle "Eu quérote".

Unha tontería,algo estúpido

Anónimo dijo...

Que chorrada de artigo.

Anónimo dijo...

Teño a absoluta seguridade de que vostede, señor Anónimo, o había facer moito, pero que moito mellor. De paso podía aproveitar o seu comentario para títular ese artigo seu tan luminoso.

Extraordinario comentario o de Xoán da Coba: todo un tratado de microsocioloxía narrativa que culmina coa referencia ao gran Franky Blue Eyes e a súa filla Nancy. Se van a este enlace non se perdan, á dereita, o vídeo-clip da mesma canción interpretada por Robbie Willliams e unha das musas desta casa, a incomparable Nicole Kidman (e decátense do detalle irónico da fusta que aparece como quen non quere a cousa).

Anónimo dijo...

Rúa Capitán Eloy=Rúa do Doctor Gallego.

Anónimo dijo...

Da coba, "a lo tonto y a lo loco", a vostede saiulle o esquelete dun artigo completo coas súas observacións sobre as colas. Tería que publicalo.

Anónimo dijo...

Nada,nada.Estes escritos,bós,malos ou regulares,son pra consumo exclusivo na solaina desta casa.

Anónimo dijo...

E vós queixádesvos da cola.Mirade a que hai que facer pra ver a estatua da Libertade...

Ponte á cola