Preséntase hoxe en Ourense.
O documento máis antigo en galego, digamos romanceado, é en pedra.
É unha lápida que apareceu nas excavacións exteriores da Igrexa de Santiago de Allariz e que presenta o Museo Arqueolóxico de Ourense como Peza do Mes hoxe mércores ás 8 da tarde en San Francisco, cunha intervención de Francisco Fariña, director do Museo, que elaborou un texto ad hoc, moi interesante.
Xunto con expresións latinas (Obiit fla.di. –morreu a serva de deus-, famula dei) aparece “María filla de Pedro Geçam” (con dobre ele). Do ano 1151. Non sei se a lectura estará ben. O ç antes da influencia provenzal, en fin, non sei (Información facilitada por Afonso Vázquez-Monxardín).
É unha lápida que apareceu nas excavacións exteriores da Igrexa de Santiago de Allariz e que presenta o Museo Arqueolóxico de Ourense como Peza do Mes hoxe mércores ás 8 da tarde en San Francisco, cunha intervención de Francisco Fariña, director do Museo, que elaborou un texto ad hoc, moi interesante.
Xunto con expresións latinas (Obiit fla.di. –morreu a serva de deus-, famula dei) aparece “María filla de Pedro Geçam” (con dobre ele). Do ano 1151. Non sei se a lectura estará ben. O ç antes da influencia provenzal, en fin, non sei (Información facilitada por Afonso Vázquez-Monxardín).
19 comentarios:
Vaia.Andaban decindo das lápidas en galego e a cousa xa vén de atrás.
Onte, ás catro do serán, parei o coche na porta da cafetería para recoller a un amigo co que quedara para ir a un funeral, como chovía moito, no oco da entrada estaban a acollerse a Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón e outras dúas rapazas novas que pola pinta debían ser do seu gabinete. Eu estiven alí un momento esperando polo meu amigo, e sentinas falar entre elas. Queredes saber que non deron unha soa palabra na nosa lingua? Debe ser o síndroma da alcachofa, só falan a lingua de Risco e Castelao cando lla poñen diante.
E que desde 1151 xa choveu...
agora que o penso... seguramente o que choveu foi colonia... así de ben cheiramos.
Ui, ui, ese segundo l máis parece un i, de tal xeito que pode ser filia. Pero, en fin, para que imos discutir. Se non é vero é ben trovato e moitas veces esto val máis có outro.
Non podo ler perfectamente, e en paleografía necesito moita práctica. Así e todo, paréceme que pon filia e non filla; non sería nada raro, en todo caso, xa que as grafías, inicialmente, non están unificadas. Por outra banda, sendo, como parece, unha inserción romance en texto latino, un latinismo gráfico tampouco non é nada extraordinario.
A consoante palatal que o galego moderno rexistra como ll non existía en latín; as diversas variedades románicas, logo, teñen que ir habilitando modos de representalas na escrita. E na Península, en xeral, predomina moito o mencionado ele dobre; tamén en área galega (e polo tanto, portuguesa), xunto con representacións coma ele simple, li e algunha outra. O lh implantarao El Rei don Afonso o Boloñés, en Portugal, andando o século XIII.
Cousa paralela se pode dicir do son que actualmente representamos ñ: onde o signo de arriba representa, nin máis nin menos, un n suprimido. Canto ao ç, debe estar na lingua desde o mesmo empezo; tamén representa un son africado e innovador, non existente en latín.
Desculpen o discurso, seguro que perfectamente innecesario para moitos. Pero sempre hai quen descoñece algunha destas cousas.
As súas achegas, amigo XMG, son sempre benvidas e proveitosas, e as de carácter filolóxico, case imprescindibles.
Eu, de paleografía NPI. Agora, na miña supina ignorancia, tamén leo "filia".
Boeno,pero o segundo "í" tén un martelazo transversal na parte de abaixo,que a outra non tén.
Dentro da miña prona ignorancia,claro...
Mesmo neste tema saen a relocer as "filias" de cada un...
Evidentemente é unha intrusión romance nun texto latino.
O de filia/filla, tamén eu teño dúbidas -e creo que F.Fariña, a lectura ll é del, algo tamén.
O texto é rarísimo. Non polo qeu di, fórmulas estereotipadas, senón pola disposicion no campo... ¿Por que rompe despois de María -clara- o renglón e segue no de abaixo "filla de pe" e segue no seguinte "dro ÇeÇam"? Se cadra o operario que a gravaba non tiña nin idea do que transcribía e só copiaba o papel que viña nesa disposición ou é qeu estamos facendo unha lectura radicalmente falsa e quedan medios renglóns sen ler... pero xúrolles que non parece haber maís letras.
En calqeura caso, debían vender turísticamente como "o primeiro texto epigráfico que contén galego", e moi descamiñados non estabamos... Ademais é de Allariz... e aparece unha persoa de xénero feminino...Hoxe era un día para chamar a TV e, tipo Roma, vender a moto. O apelido, alucíname. Non creo que sexa dobre cedida "Çeçam", nin como di Fariña "Geçam" pois as dúas parécenme idénticas... "Gegam" "segan"... eu non entendo nada.
En calquera caso, simpática, cunha data clara, e co de "filla ou filia de Pedro"... é gallego, como diría Quique Monteagudo.
SORPRENDIDO.
Acaban de chamarme de Vieiros para ampliar esta información. Remitín ó meu interpelante a Francisco Fariña e a Monxardín, que son os que saben do tema. Cada vez estou máis sorprendido da recepción do blog e das xentes ás que chega.
Está en Arroutadas a discusión, entre algún insulto que outro, pero en fin alí está.
Nun país de tres millóns de habitantes debe haber 2.999.9oo flólogos afeccionados e 100 profesionais.
E así nos vai!
(Non sei se fixen ben a conta, porque matemáticos hai moitos menos)
Un erro que o delata, amigo Apicultor, "flólogos". Eso é o que vimos sendo: uns "flólogos" e sen faltar.
Sobre o de profesioná, achego terceira acepción da RAE: "Dicho de una persona: Que practica habitualmente una actividad, incluso delictiva, de la cual vive".
Daquela, flólogos non seremos, pero profesionás vaia se o somos.
haha
loquequieresquesalgaparairallink
franz ferdinand
Publicar un comentario