17 nov 2007


O Foro de Castro Caldelas
Andoliña sábado 17 novembro

Teño que felicitar unha vez máis, porque non é a primeira vez que o fago, ó Concello de Allariz e á súa Concellería de Cultura. Un amigo e compañeiro de traballo, Xoán Blanco, vén de agasallarme cun fermoso cartel, en formato 33 por 47 cm., que reproduce en facsímile o Foro do Burgo de Castro Caldelas, escrito en Allariz en 1228 e considerado o primeiro documento en galego. Por detrás figura a transcrición do texto, realizada por Henrique Monteagudo, e pódese esculcar como era o galego escrito do século XIII: Eu don Alfonso porla gratia de Deus Rey de Leon a vos homes (do boo Burgo?), assy aos presentes como aos que an de víír, et a vossos fillos et a toda vossa generacion faço karta de donacion et texto de firmidûe, et dou a vos foros en que sempre vivades.
Por certo, hai cinco anos o profesor José A. Souto Cabo encontrou un texto de vinte e unha liñas cun acordo entre dous irmáns, Gomes e Ramiro Pais, redactado en galegoportugués en Guimarães ou Braga, aló polo ano 1175. En calquera caso, na marxe de cal sexa o primeiro, o segundo ou o terceiro, estes textos deberan estar á vista nos institutos e nos edificios oficiais: velaí as nosas raíces e veñen de ben lonxe, é obvio.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

O concepto primeiro documento en galego é controvertido. Nos meus tempos da facultade aprendiamos que o tal era unha Notícia de torto datable na segunda década do século XIII, despois veu achega de Souto Cabo e non sei se outras en territorio actualmente portugués.

A lóxica destas diferenzas é lingüística; e a nosa lingua, no seu estadio inicial, debe ser -desde o meu particular punto de vista- chamada galego, pois que se orixinou na Galiza antiga, antes de esgazarse a parte sur en reino. A denominación galego-portugués é unha convención moderna. A razón de acuñala debe radicar, por unha banda, na necesidade de facer entrar a referencia a Portugal como feito moderno e político; por outra -relacionada-, a posible (descoñézoo) orixe portuguesa da acuñación e unha presumible resistencia a veren caracterizada como exclusivamente galego a súa lingua antiga.

O texto que achega Monteagudo, e agora é felizmnte publicado, debe ser o máis antigo localizado en territorio que é actualmente galego. Cuestión, logo, política e non lingüística.

Anónimo dijo...

Supoño que tamén considerará galego como unha convención moderna, pero tal vez mellor acaída por razóns que parecen convincentes.
Hai que fiar finísimo, porque a expresión localizado en territorio refírese ás referencias no contido ou ao lugar onde foi atopado?
Só quero, con iso, facer ver a dificultade de establecer afirmacións tallantes sobre o particular. Hai que estar constantemente determinando os límites da afirmación.

Marcos Valcárcel López dijo...

Coincido coa súa apreciación, señor XMG: o primeiro texto localizado en territorio actualmente galego. Aínda que xa lles prometo unha revelación bastante sorprendente, que vén da man de Monxardín e do Museo ourensán: será dentro duns pouquiños días.

Anónimo dijo...

Os documentos de notario medieval adoitan localizar moi ben obxecto e lugar de emisión. Ben o saberá vde., Arume. No caso presente, o Foro de Castro Caldelas escusa calquera dúbida, aparentemente.

Se o idioma nace na Alta Idade Media, e se encontra verosimilmente conformado entre o século VIII e mailo X, o territorio no que nace e se desenvolve inicialmente é Galiza, non debe haber dúbida terminolóxica ao respecto. E a lingua, logo, galego. Que posteriormente o territorio galego fenda -sexa fendido, pero non é cuestión do caso-, unha parte del conserve o vello nome e a outra adopte o de Portugal, non ten relevancia lingüística en tanto a lingua se manteña unha; deixando aparte -ao non ser tampouco do caso- os lazos máis ca aparentes que se manteñen entre ambas partes e particularmente entre ambas nobrezas (José Mattoso ten cousa escrita ao respecto). Por iso, para referirse a período na que a lingua se mantivo claramente unha, entendo que convén a expresión galego; e aos meus alumnos fálolles de galego antigo.


Vdes. saberán que José Saramago non pasa, precisamente, por grande defensor da lingua galega, cando menos no tocante ao seu emprego na alta literatura. Así e todo, hai un artigo del, na primeira revista que publicara Nunca Máis, que comeza, mutatis mutandis (pero mudando, en todo caso, case nada): "Sendo portugués, tamén son galego". Non digo máis, arestora.

Anónimo dijo...

Eu non discuto a razón do seu emprego; só quero facer ver que non pode argumentar que o de galego-portugués é convención moderna e o de galego non. Son dúas convencións, pero unha, polo que vostede moi ben argumenta, debe ser a preferida.

Anónimo dijo...

Supoño que entendo a que se refire. De feito, pouco uso vexo eu -en textos daquela época- do termo étnico, nacional ou o que sexa, para designar o sistema lingüístico correspondente. Tamén teño intentado, ou buscado a maneira, de facérllelo ver aos meus alumnos. Pero non sei se o esforzo será moi produtivo, tendo en conta o resultado aparente.

Anónimo dijo...

CARLOS VARELA:
Despois de ver na Carballeira o cartel que me amosaches sobre o Foro de
Castro Caldelas, de ler as referencias que fas ao mesmo no teu blog e de se
producir a coincidencia de estarmos dando o tema correspondente nas aulas de
1º Bac. no Instituto, suscitouse en min a curiosiddade de comprobar como
están as cousas en relación coa data do primeiro documento en galego.

Tiña para min que o referido de Castro Caldelas resultaba algo serodio en
comparanza cos que se veñen presentando como documentos iniciais noutras
linguas romances próximas. Por outra parte, na facultade viñamos recibindo a
información sobre a antigüidade da Cantiga de Joan Soares de Paiva, que
podía ser datada ata nos finais do XII, e mais da Noticia do Torto como
documento non literario máis antigo

Ben sei que o documento de Allariz é o que se presenta (así o fixo o Quique
Monteagudo) como o máis antigo aparecido en Galicia e, por esa razón, non
hai contradición. Mándoche o resultado dunhas pesquisas en internet, nunha
páxina de debate (moitas veces polémico e acendedísimo)sobre asuntos
históricos, onde o asunto aparece moi tratado e, de paso, afrece moitas
informacións de interese.

Tamén che mando a localización rápida da páxina do Consello da Cultura
Galega onde a documento do Foro de Castro caldelas aparece transcrito.

http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=1380

http://www.consellodacultura.org/mediateca/pubs.pdf/doc_en_galego.pdf

Anónimo dijo...

http://www.mensstyleforum.com/viewtopic.php?f=3&t=3042
[b]CIALIS KAUFEN EUR 1.10 pro pille >>> Jetzt Kaufen! <<< Preiswerter CIALIS CIALIS alternativ[/b]
[b]CIALIS KAUFEN BESTELLEN REZEPTFREI CIALIS CIALIS prices[/b]
http://www.americanredhots.com/index.php?topic=702.0
[u][b]CIALIS ONLINE KAUFEN OHNE REZEPT[/b][/u]
[url=http://rainedrop.com/community/viewtopic.php?f=2&t=126]KAUF CIALIS OHNE REZEPT[/url] - CIALIS KAUF
[b]CIALIS KAUFEN KAUF CIALIS CIALIS online bestellen[/b]
[url=http://www.colleges.ch/curriculum-vitae-f7/kaufen-cialis-eur-1-15-pro-pille-cialis-bestellen-rezeptfrei-t597.html]CIALIS OHNE REZEPT[/url] - CIALIS im Internet Kaufen BILLIG
[b]CIALIS KAUFEN CIALIS BESTELLEN alternativ zu CIALIS[/b]
[url=http://www.clinicdiy.com/netclinic/modules.php?name=Forums&file=viewtopic&t=50&start=0&postdays=0&postorder=asc&highlight=]CIALIS REZEPTFREI KAUFEN[/url] - CIALIS KAUF
[b]CIALIS KAUFEN CIALIS ONLINE KAUFEN CIALIS prices[/b]

Anónimo dijo...

Just wanted to say hello someplace. Found [url=http://www.google.com/ncr]you guys through google[/url]. Hope to contribute more soon!
-patkaklowly