en poleiro alleo: Espriu, Berger
Salvador Espriu e Galicia (Helena Villar en ECG 17 nov.)
Xosé M. Pacho, avogado de Ourense, gaña o Torrente Ballester (EP 17 nov.)
Ramón Caride Ogando, premio Lueiro Rey de narrativa breve (ECG ): a miña máis sincera noraboa
Quixen colgar tamén a entrevista a John Berger (El País 17 nov.), pero creo que non está na rede. Síntoo.
7 comentarios:
www.segundo-asalto.blogspot.com
A entrevista a John Berger da ¨Voz¨ de onte esta eiqui, cunha frase moi acertada: ¨Á cultura que se nós impón só lle interesa ó instantáneo¨. Podese ver en: http://www.lavozdegalicia.es/cultura/2007/11/14/0003_6315611.htm?idioma=galego
A entrevista de EL PAíS
Hai que entrar na páxina inicial en Galicia e despois, á dereita, en Edición Galicia.
Noraboa a Ramón Caride polo premio Lueiro Rey de narrativa breve. A verdade que o primeiro libro que lín de Caaride Ogando foi Os ollos da noite, alá polo ano 1990. Dende entón sigo a súa obra narrativa. Espero que O frío azul afonde na mellor esencia literaria de Ramón, home moi "temperatural", pois o frío xa aparece nunha obra anterior: Lumefrío (1994).
Graciñas polas dúas ligazóns.
Faltou a miña noraboa a Xosé Manuel Pacho, a quen non coñezo de nada. Esa é unha boísima noticia: hai máis xente escribindo óptimo (promete polo que dixo o noso amigo Basanta) cós xa consabidos. Se le este blog (quen en Ourense non o fai?), vaia a miña ledicia e o meu desexo de lelo cando saia.
Felicito, igualmente, aos dous galardonados. Está moi ben que xurdan novas voces e que voces aínda novas segan a producir.
Publicar un comentario