Os dez mandamentos do perfecto mafioso
Segundo unha crónica de El Mundo, a mafia tamén ten as súas regras internas. Velaí algunhas:
El primer mandamiento prohíbe "prestar dinero directamente a un amigo" y aconseja, si es necesario, hacerlo a través de una tercera persona.
El segundo coincide con los mandamientos para los católicos, "no se miran a las mujeres de nuestros amigos", o la traducción de Cosa Nostra del "no desearás a la mujer del prójimo".
El tercer mandamiento prohíbe cualquier tipo de relación con la Policía y, además, el verdadero "hombre de honor" tampoco se deja ver por tabernas y círculos sociales, como explica el cuarto.
Y, si el deber le llama, tiene que estar disponible en cualquier momento, incluso, cita el quinto mandamiento, "si su mujer está a punto de parir".
Mientras, el noveno hace referencia a una de las reglas de la "dignidad" mafiosa: se puede matar, extorsionar, traficar, pero nunca "robar el dinero de otras personas o de otros clanes mafiosos".
Cosa Nostra no permite la entrada "de quien tiene un familiar en las fuerzas del orden", quien ha "traicionado sentimentalmente" a la mujer, tiene "un mal comportamiento o no demuestra valores morales".
UNHA CASA DA MÚSICA NA SERRA
-
FUNDACIÓN LEGAR: unha nova luz na serra
*X. Pérez Mondelo *
Xavier Blanco, músico e luthier, e a súa dona, Martina Ferradás, prenderon
o pasado mes de ...
Hace 12 horas
4 comentarios:
Os valores da Mafia son os valores que rexen, en xeral, nas "comunidades", e máis en particular, na familia rural de moitas sociedades tradicionais: estricta moralidade intramuros e laxitude moral cara a fóra. E iso porque a Mafia está cortada segundo o patrón dual da sociedade siciliá da época, que ante o fracaso do estado, se automovilizou de modo perverso para xestionar as súas riquezas con "autonomía". Este "familismo amoral" segue a lastrar a vida de algúns paises de recente chegada á modernidade(entre eles do noso), onde, malia o mundo rural baterse en retirada, perdura o "familismo amoral" que algún dia en parte o caracterizou. Dicía Risco algo así como "sempre é mellor o persoal que o impersoal". Iso é certo no eido amistoso e familiar (non podía ser doutra maneira); tal vez tamén o sexa á hora de tomar certas decisións democrático-consensuadas (nos procedementos deliberativos, por exemplo); pero no terreo legal, é case sempre preferible a anonimia e a impersoalidade, pois, do contrario, todo o amor e "bo rollo" poden dexenerar en comunidade delincuencial e apareceren as mafias.
Algunhas destas regras, supoño que xa o observaron, parecen escritas para certas "sociedades" ou "comunidades" políticas ou partidarias: valerían exactamente igual.
A Mafia siciliana ten reglas distintas ás outras organizacións hampescas, todas elas radicadas curiosamente no Mezzogiorno italiano e máis nomeadamente no antigo virreinato de Sicilia e Nápoles. A famosa "questione meridionale" aínda non resolta, da que fala tantas veces Sciascia, deriva do momento da unificación italiana, como reacción á hexemonía savoiana. As revoltas, consideradas hoxe coma unha guerra civil, foron o xermolo da Mafia tal e como agora o entendemos, aínda que hai outros historiadores que buscan no periodo negro dos Austrias hispánicos (do Conde de Lemos para diante) a orixe das resistencias e das formas particulares de goberno (moitas veces de corte moi conservador e con notables apoios eclesiásticos) á marxe das institucións.
Son profano no asunto mafioso, que coñezo só a través do cine, pero sempre pensei que conservaban estas organizacións moitas similitudes co funcionamento das "familias" patricias da antiga Roma, coas súas "gentes" e os seus "clientes", todos eles unidos por lazos de lealdade e afiliación persoal á familia preponderante. ¿Non pode haber algunha herdanza daqueles vellísimos tempos?
Eu en Italia vexo tamén -así, en plan superficial- unha tradición "cesarista" e creadora de "divos" que tamén poño en relación coa Roma da Antigüidade.
Falar por falar, seguramente...
Publicar un comentario