8 nov. 2007





























Traballo para os grafólogos (1), se se animan...

Velaí algunhas dedicatorias, nos seus libros (moitas delas con motivo da súa presentación en Ourense), de autores como Carlos Casares, Manuel Rivas, Antón Tovar, Bieito Iglesias ou Manuel María.
Algúns datos máis: a de Bieito Iglesias está na súa única novela en castelán, Bajo las más bellas estrellas (Algaida, 1999, III Premio de novela Ciudad de Salamanca).
De Antón Tovar teño varias, pero puxen esta porque asinouma só uns meses antes de morrer: a man xa non conduce o pulso como debera, é obvio. É simpática ademais a confusión: puxo Marcos Casares, porque ese día eu agasalleino cun libro de Carlos Casares (nas outras dedicatorias súas está ben o nome).
A de Manuel María está no seu libro 99 Poemas de Manuel María, Ed. Razao, Porto, 1972: foi un dos primeiros libros en galego que lin na miña vida. O orixinal da casa tíñao o meu pai, supoño que dedicado a el; eu merquei este logo nunha libraría de vello e leveillo ó Manuel, porque para min tiña un gran valor emotivo.
A de Rivas está en Que me queres amor?. Despois destas datas, Rivas pasou a asinar, polo xeral, con dedicatorias moi traballadas, con debuxos que enchen toda a páxina.
O de Casares foi asinado cando presentou esta novela en Ourense, no Liceo, actos nos que eu participaba, xunto con Basilio Losada e o autor (foi o 20 de xuño de 1996 e gardo como lembranza unha tarxeta-chuleta co esquema das cousas que alí dixen).
Se queren, que traballen agora os grafólogos.

20 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Tovar pon "Marcos Casares", se non vexo eu mal: curioso lapsus.

Ana Bande dijo...

Que grande Tovar...
escrito co vermello tremor da proximidade da morte
Namoreime de Aser un pouco grazas a Tovar, e os seus piratas, porque esa poesía estivo moitos anos no seu monedeiro.
Lembro tamén estoutra preciosa dedicatoria tremente:

http://anabande.blogspot.com/2007/05/dedicatoria-de-ramn-caamao-para-alma.html

Non me resisto:
"Amigo Antón:
tienes razón,
ya no quedan piratas.
Tú ya lo sabes, lo escribiste un día
-¿te acuerdas de tu irónica poesía-,
los han exterminado como ratas.
Tienes razón, la policía,
la gente de orden, la cultura
a la piratería
colgaron de los mástiles. Es dura
en estos tiempos profesion tan noble.
Sólo en sueños se debe
lanzar algún mandoble
heroico. No se atreve
la gente a ser pirata.
Ya no quedan ni miedos ni canciones
ni quedan rebeliones.
Tienes razón, tenemos mala pata.
Tienes razón
amigo Antón:
Ya no hay patas de palo
ni parches en los ojos,
ni asaltos bucaneros
a los barcos repletos de dineros;
todo son faramallas
en este mundo bueno, triste y malo,
en un mundo uniforme
en donde se elimina
al que no está conforme
con la legislación de la rutina.
Hoy viven los ladrones
de tierra adentro, de Bolsas con mayúscula,
los piratones
panzudos y sin riesgo, con un alma minúscula.
Pero aquellos piratas verdaderos,
aquellos bucaneros,
sangrando libertad por sus heridas,
se los llevó el pasado hacia sus playas
en embestidas
blandas como este mundo sin agallas.
Y no quedan piratas, rebeliones,
ya todos somos bueyes, bueyes, bueyes
para aguantar el yugo de las leyes
que en su provecho dan los piratones.
Yo desde el risco azul, yo desde el monte
la inmensidad marina oteo
y con todo el deseo
busco piratas por el horizonte.
Yo busco por la mar sus sangres bravas,
sus corazones duros, sus estelas
rebeldes y las velas
puras de libertad con que soñabas.
Y en las olas aprendo sus canciones
y estoy en este mar como un vigía,
día tras día,
robándole a esta mar sus corazones.
Que hacen falta piratas en el mundo
falaz y traicionero,
en el mundo del "pase usted primero"
para clavarte luego el puñal más profundo
Yo apunto haca este ma mis catalejos,
extiendo hacia el futuro mis dos brazos,
¡que vengan los piratas de lo lejos
para arrasar la tierra a cañonazos!
¡Que vengan los piratas!
Anímate conmigo,
amigo
Antón.
Depón
tus cerebrales ironías,
yo depondré las pocas mías
de blandengue algodón.
Gritaremos en serio
de cementerio en cementerio
(te ayudará Baltar),
de mar en mar:
¡Que resuciten los piratas!
¡Que resuciten los piratas"

NUESTROS PIRATAS, de Antón Tovar Bobillo

[EnTovar Bobillo, Antón. Poesía en castellano (1955-1973). Pág.219]

Anónimo dijo...

Sempre terei entre as miñas lembranzas a figura de Anton Tovar e, como non, o meu primeiro libro en galego Arredores.Despois viñeron os outros. Vello sabio e bo veciño.

Xohan da Coba dijo...

Manuel María.Moi equilibrado e cunha alta confianza en sí mesmo.Non lle tén medo a nada.Non lle gosta especialmente mandar.Un pouquiño sumiso quizás coa familia.Unha pinga agresivo no terreo profesional,pero só o xusto pra que non o pisen a él.Hai algo que desexa profundamente ocultar no plano social.Algo que pode facer aflorar agresividade nun momento puntual.Mantén a constancia pero con realismo,sen caer na testarudez.Pode abandoar un proxecto en calquer momento se se da conta que non o vai beneficiar,sen problemas de amor propio.Está habituado a conquerir as cousas con eficacia e rápidamente.Góstalle que o valoren.Tén un puntiño de elegante e presumido que non pretende molestar a ninguén.Vive máis no futuro que no pasado,pero non é idealista nin utópico.Tén proxectos realistas.Optimista.Sabe conxugar perfectamente a vida privada e a pública,e valora ambas por igual.
(Dito sea coas reservas propias de quen non o coñece de nada).

Xohan da Coba dijo...

A ver se logo podo decir algo dos outros,que agora vou tomar algo polos viños ourensáns...

Xohan da Coba dijo...

(Joer,xusto fun escomenzar por un que xa non está entre nós...)

O Rivas,máis constante,sobre todo nas cousas que lle afectan máis persoalmente a él.Un puntiño de creerse superior ós demáis.Certa agresividade "polo baixiño".Preciso e metódico.Seguro de sí mesmo,non precisa de ningún tipo de protección.Gusto pola elegancia .Parece valorar máis a vida familiar que a vida social.Proxección ó futuro.Un puntiño de orixinalidade.
(Sen coñecelo de nada,again)

Xohan da Coba dijo...

Casares: A intelixencia parece enmascarar tódolos demáis aspectos da personalidade.

Trebi dijo...

A José Trebolle, estas historias escritas ó calor dun sol especial que sae polo Montealegre. Bieito
MISS OURENSE

A Pepe Trebolle
Ber....non dou leido(falta grafólogo Misma Firma ca feita a Marcos
¿QUE ME QUERES AMOR?

TOVAR :LASTIMA TEÑOA EN bAIONA

Para o amigo Trebolle, coa miña amistade Carlos Casares
DEUS SENTADO NUN SILLÓN

a Pepe Trebolle Con mijas de pan esféricas. Manuel Rivas OS COMEDORES DE PATACAS
aQUÍ OS GRAFÓLOGOS TEÑEN QUE SEGUIR POR mARCOS(Non supen reproducir o texto como fixo él)

Para Apicultor :A mais antiguas teñoas en Sarria, DAMASO SANTOS e CESAR GONZALEZ RUANO.Era ue noviño

torredebabel dijo...

este artigo, estas fotos, todo ten un algo de íntimo, desas cousas que se teñen agochadas por queridas e por privadas. Deume ledicia e un chisquiño de pudor fochicar nestas dedicatorias. Graciñas por compartilas!

marcos valcarcel dijo...

Amigo Xoán da Coba: no que eu coñecín e tratei a MANUEL MARÍA, véxoo moi ben representado no retrato que vostede lle fixo. Cóstame crer que non o coñecese de verdade e que eses riscos da súa psicoloxía estean tan presentes na súa letra: vai haber que empezar a crer nisto da grafoloxía. Agardo que os autores dos libros dedicados non se molesten por esta pequena impudicia: pensei que tiña un valor superior á miña subxectividade.

marcos valcarcel dijo...

Compárense as dúas letras, tan miudiñas, de Casares e Bieito Iglesias. A primeira, case caligráfica; a segunda, algo máis desordeada. Significa iso algo, algunha relación mutua, na escrita literaria de ámbolos dous?

Xohan da Coba dijo...

Bieito,menos constante que Casares,pero máis xeneroso e aberto ós demáis.Ambos lixeiramente ambiciosos.Casares, cunha maior tendencia a vivir de glorias pasadas,pero máis superados os problemas mundanos.Bieito tén as cousas menos claras na súa mente,i é máis idealista.Casares,cunha maior tendencia a crerse superior.Bieito ten "grandes esperanzas",pero sabe menos cómo conquerilas.Maior necesidade de afecto en Bieito.Casares parece estar "por riba do ben e do mal".Bieito busca un camiño.Está menos disposto a romper cós convencionalismos prá abrilo.

(Nunca tratéi nin a un nin ó outro,o valor de estas impresiós é moi pobre)

Mr Troll Grafólogo dijo...

Tovar debía ter gosto polo mando:fíxense na barra do "t",ben alta.Lembren que Manuel María colocábaa icluso por debaixo do nivel das minúsculas.Bastante ambicioso: A tendencia ascendente das ringleiras é clara.Certa tendenza ó idealismo: os puntos dos "íes" teñen tendenza a elevarse,mesmo nalgún caso porriba das maiúsculas.Certo gusto por estéticas "decadentes".Gosto pola proxeción social,en detrimento do encontro íntimo consigo mesmo (non escrebe o seu nome na firma,só a inicial e o apelido).Ningun tipo de rúbrica:considera o seu apelido suficientemente forte como pra asentar a súa identidade.

marcel swann dijo...

Xohán: é vostede un crack. Sen querer abusar (mais abusando) da súa pericia, podería dicirnos algo destes dous esgrevios e senlleiros cabezaleiros:

Castelao:
http://www.museocastelao.org/entrada.html

Rosalía Castro:
http://www.poesi.as/rcap012.htm

Obrigadinho e moi boas tardes tenga usté.

Xohan da Coba dijo...

Qué dúas firmas máis interesantes.A ver se teño tempo despóis de facer o meu particular análisis que a esta hora ando algo liado.

Leituga 1 dijo...

Alucinado again con don Xohán...

Xohan da Coba dijo...

All is well,but I am ,not alucinado,but alone,again.Naturally.

Anónimo dijo...

Xa sei que anda moi ocupado cos magostos e o trouleo da fin da semana, pero non se (me) esqueza de analisa-las dúas sinaturas que lle dixen.
Asdo.
Marcel Swann

Xohan da Coba dijo...

Non sei hasta qué punto pode ser significativo un análisis do tipo da letra de Rosalía con criterios grafolóxicos de hoxe.A carga simbólica da escritura era moi diferente entón,nun mundo de poboación analfabeta.E o recoñecido socialmente era a imitación do canon caligráfico,máis ca súa personalización.Por outra banda,temos tanta información da vida e personalidade de Rosalía que sería doado facer un análisis a medida,decindo,por exemplo,que había unha "negra sombra " na súa vida.Así e todo,arríscome a decir que era xenerosa,idealista,pasional e con certo medo ó futuro.Influenciada polos convencionalismos a pesar de todo:era muller no S.XIX.
Sobre Castelao,poderíase decir case o mesmo,pero nótase que era un home preciso e minucioso.Con desexos de comprender ("abarcar") o mundo.Constante e cunhos principios fortes.Tiña un "núcleo duro" no seu corazón que lle permitía afrontar largos periodos de adversidade.Un supervivinte.

Anónimo dijo...

Moi agradecido pola interesante información.
Marcel Swann