14 nov 2007

POIS EU CREO QUE SI.
Afonso Vázquez-Monxardín

Pois voulles defender o cambio de nome das tres rúas. Noutro día hame tocar criticar outra cousa –Directores Xerais, por exemplo- pero hoxe fixarei un par de posicións antes de comentarlles algo de historia: Un, non creo que memoria se poida nin deba confundir coa historia –o que eu lembro fronte ao que pasou- e menos que haxa que andar furgando no pasado e lexislando sobre o tema. Dous, temos dereito a esquecer o feo e mirar cara adiante; é máis, creo que por saúde mental individual e colectiva debemos facelo. Tres, como creo bo esquecer, vexo ben sacar nomes guerreiros… ademais, ¿pasou algo malo por pórlle Celso Emilio Ferreiro, en 1989 á vella Capitán Cortés? Non se inventen problemas onde non os hai. A proposta paréceme, moderada, útil, intelixente e debedora total de consenso. Repasemos.
A Rúa da Concordia. ¿Pode haber un nome máis fermoso? O Capitán Eloy morreu en Asturias a finais de xullo do 36 e o 22 de setembro rebautízase a rúa. O 19 de xaneiro de 1867, fora designada como Calle del Hospicio para o que a separaron da Carretera de Trives na que estaba integrada. En 1926 –xa pechado o hospicio que lle daba nome onda a Facenda de hoxe- intégrase na Avenida de Buenos Aires (de 1913). O 24 de abril de 1930 dáselle o nome de Basilio Álvarez, como homenaxe ao cura agrarista. E desde o 36 -aínda que non ten placas ata 1938- Capitán Eloy. Pero se non tiña un nome vello consolidado como Progreso ou Paseo e había que escollerlle un novo, -tamén porque o marca a lei- ¿qué mellor que pór Concordia onde había guerra? Nin o pobre Capitán Eloy, creo, estaría hoxe en contra de ceder o seu nome en pro da reconciliacion e concordia.
Praza de Santa Eufemia. Hai unha rúa de Santa Eufemia alá en Mariñamansa, claro. Enfronte da rúa Madame Curie e en paralelo á rúa Padre Sarmiento e á Rúa e Praza do Santo Cristo… Se non caen onde é, é que se cadra estiveron mal ubicados, lonxe das orixes. Pero sigamos. Na documentación medieval as rúas transversais, por secundarias, case non levan nomes, así a finais do XIV dísenos desta “ena canella que vay indo de rrua dos çapateiros pora rrua nova”. Adquirirá nome coa construción xesuítica –s.XVIII- e denominarase Calle de Santa Eufemia, tal e como se oficializa no primeiro nomenclator, o de 1850, e como se pode ver, por exemplo na Geografía de Galicia de Carreras y Candi de 1925. Pero ollo, esa rúa non existía máis que como unha canella estreita que remataba na medieval Cruz de Pantrigo –despois Plazula del Recreo- na confluencia coa Rúa das Tendas, Paz e Juan de Austria. O lugar quedou absorbido coa ampliación deste espazo –entre o Café Real e as casas de enfronte, e o seu bautismo como Coronel Ceano, en 1937. Parece razoable que leve un nome que o vincule coa Igrexa que a preside. Praza de Santa Eufemia… e ata a Igrexa contenta.
Rúa da Ribeira de Canedo. En 1931 Canedo comezaba a ter trama urbana. O 5 de xullo dese ano, unha comisión reorganiza a toponimia local introducindo nomes de persoas –Rosalía de Castro, Perez Galdós, Ramón y Cajal…- ou de feitos –Libertad, República, 14 de abril… O antigo Camiño de Peliquín pasou a chamarse Joaquin Costa en memoria do pensador rexeneracionista. O 6 de xuño de 1937 o novo concello franquista, modificou moitos destes nomes –respectou Rosalía- e Joaquín Costa cambiou por un General Aranda que sobreviviu á fusión co Concello de Ourense e forzou o cambio do General Aranda desta banda, polo de Obispo Quiroga e logo Cardeal Quiroga. Hoxe recuperar Camiño de Peliquin só conduciría a despiste. Ribeira de Canedo, reflicte transparente, que é a primeira rúa da ribeira dese antigo concello de Canedo, que hoxe non existe en ningures na nosa toponimia urbana.

Adeus rúas franquistas (Andoliña 15 nov., M. Valcárcel)
Ó Partido Popular de Ourense
parécelle cedo. A semana pasada o pleno do Concello de Ourense decidiu eliminar do seu rueiro os derradeiros nomes franquistas que aínda quedaban nas placas da cidade. O acordo foi posible grazas á maioría municipal do PSdG e do BNG e seica iniciativa dos nacionalistas: Sánchez Vidal, tenente de alcalde, fixo a exposición e xustificación do cambio. Tardío, pero que chega á fin. Que nos reconcilia co sentidiño e coa liberdade.
Pois ó PP ourensán seica lle pareceu cedo para a mudanza, porque, din, non había présa para eliminar os nomes franquistas. Pero, señores, non levamos 30 anos de democracia? Teñen algún problema cos nomes de Santa Eufemia, a Concordia e Ribeira de Canedo? Eses foron os escollidos, tras consultar a Afonso Vázquez-Monxardín, autor dun estudo ó respecto. A antiga General Aranda colle nome de sabor popular, Ribeira de Canedo: así se chamaba o antigo concello veciño. Rúa da Concordia substituirá o franquista Capitán Eloy.
E o do golpista Coronel Ceano pasa a praza de Santa Eufemia. Tamén se podería chamar, pola súa fasquía portuguesa, Largo de Santa Eufemia: sobre esa idea hai un vizoso debate no meu blog, se o queren consultar

82 comentarios:

Anónimo dijo...

Rúa Capitán Eloy=Rúa Doctor Gallego.

Anónimo dijo...

Ese sí que sería o nome da Concordia.

Marcos Valcárcel López dijo...

O Doutor Gallego en vida nunca quixo que se lle dedicase unha rúa na cidade, aínda que se intentou. Agora morto, habería que contar, como é lóxico, co permiso da súa familia. E quizais á familia non lle gustase utilizar o seu nome neste tema das rúas de antigo nome franquista: mellor dedicarlle unha rúa ben digna noutro lugar, co consenso de todos, que non faltará. Digo eu.

Anónimo dijo...

Non entento por qué ten que mancillar o vello nome ao novo.Entón pasará o mesmo có da Concordia.Aparte que ese xa o hai.Son ganas de arreglar o que non rompéu.O doctor gallego é verdadeiro patrimonio de TODOS os ourensáns.Non haberá nigunha protesta de ninguén,e os veciños estóu seguro de que,non só non protestará ningun senon que estarán encantados.Outra cousa é aferrarse á "ocurrencia" dun amigo.O BNG ganaría votos.Levaría a palma de facer a primeira homenaxe a ese doctor.Da outra maneira vai quedar coma trapalleiro.

Anónimo dijo...

Aparte xa víu a leña que lle deu hoxe o Bande.

Anónimo dijo...

Para min, todo o que diga Monxardín sobre o nomenclator urbano de Ourense vai a misa. Á de Santa Eufemia ou a calquera outra.

Anónimo dijo...

Pois podería ter en conta a toponimia histórica da cidade e deixarse de cursiladas.

Anónimo dijo...

Xa de cambiar,o nome ten que acadar o maior consenso,e non só porque lle goste a un fulano.¿Concordia imposta ,como a paz de Roma?.

Anónimo dijo...

Concordia,Fraternidade,Igualdade,Libertade,Ben,Paz,Amor,Felicidade,Amistade,Cultura,Xenerosidade,,Agradecemento,
"Rúa da Estabilidade Emocional"
"Rúa da Crítica Constructiva"

Se vamos a eso...

Anónimo dijo...

A Apicultor todo o que diga o Monxardín vai a misa, sobre nomenclator urbano e sobre calquera cousa. Non lle fai máis que lambedelas.

Anónimo dijo...

Sería moi interesante que se fixera unha enquisa entre os veciños ,sector comercial e industrial e ver o que pensaban sobre o particular.Seguramente impórtalle tres pitos quen foi o Capitan Cortés nen o tal Ceano pero si os ten ata as webs que cada pouco anden con estas danzas que mudan e mudan según os que entran e saen da casa que debería ser de todos e non é máis ca dunhos poucos ,que mentras lle dura o mandato experimentan co divino e humano.Agora ben ninguén tan auténtico, progresista ,democratísimo de la vida coma eles ; ó tempo que van amolando ós de sempre,léase povo normal e corrente,que sofre con resignación e deterioro dos seus petos ,todas as ocurrencias e experimentos que estas mentes preclaras lanzan a cotío.Cando nos deitemos na rúa Concordia habemos durmir igual de ben ou mal que cando o facíamos en Capitán Eloy.Máis ración de "ajo y agua".

Anónimo dijo...

Pois vai ser que non, señor Anónimo. Eu, ao señor Monxardín, o único que lle fago é pagarlle unhas cañas cando teño ocasión. El preferiría que fose un cocido, polo que xa ve como son quen de resistirme aos seus encantos.

Anónimo dijo...

Non séi qué lle debe Ourense ó señor Monxardín pra ter que tragar a súa ocurrencia.

Anónimo dijo...

A rúa Capitán Eloy debería ser "costa" e non "rúa",có novo nome,fora cal fora.
Fai bastantes anos,atopéi ó pontevedrés John Balan subindo por esa rúa,có sombreiro de cow-boy posto.Debía tér algunha actuación en Ourense.Abordéino pra charlar e preguntéille qué lle parecía a cidade.Díxome,resoplando:"En Pontevedra a ninguén se lle ocurriría facer esta costa".

Anónimo dijo...

Non ven moi a conto,pero,xa que faléi de...
John Balan...

Anónimo dijo...

Quizais porque falten algunhas ligazóns necesarias, non entendo a proposta do prezado Monxardín. Por que non recuperar os nomes de Basilio Álvarez e de Joaquín Costa?

Marcos Valcárcel López dijo...

Non se trata de ocorrencias nin moito menos. MONXARDÍN ten o estudo máis completo elaborado sobre a evolución histórica do rueiro da cidade. Publicouno xa hai bastantes anos, nuns resumes que sacou LA REGIÓN, en 50 artigos. Nada que ver con outros que querían colocarnos 200 santos nas rúas.
E para CESARE, eu mesmo defendín en moitos artigos a devolución do nome de BASILIO ÁLVAREZ, que se lle deu na República, cunha gran festa popular, ó que antes era Estrada de Trives. Sucede que agora hai outra Basilio Álvarez, creo que perto da ponte do Milenio, e non se podía duplicar nin complicar máis a cousa, como parece razoable. E Joaquín Costa,se non a ten, por suposto merece unha rúa en Ourense, pero quizais non teña xa moitos valedores (a Historia é unha materia floxa para moitos cidadáns).

Anónimo dijo...

Por se vale de algo.

No 1999, ou 2000, mudouse o nome de varias vías urbanas luguesas moi relevantes. "General Franco", entrada no recinto pola Porta da Estación, pasou a ser "Rúa do Teatro"; levara anteriormente nomes coma "Castelar" e penso que tamén "Sagasta", e daquela escolleuse lembrar o Gran Teatro situado alí e que a piqueta derrubara poucos anos antes. A "Avenida del 18 de Julio" mudou a "Camiño Real", pois noutrora por alí pasaba un e fora alternativa seleccionada en diálogo cunha asociación de veciños cuxa directiva non era, precisamente, de tendencia esquerdista.

Houbo tamén queixa similar á que leo aquí. A de "cousas máis importantes", aborrecido runrún que soara cando a reforma do ano 79, a do gasto en papeleo... Un grupo de comerciantes do Camiño Real mesmo formara unha asociación chamada "18 de Julio". Algunha carta e colaboración de prensa incidía na oposición pluriargumentada; eu mesmo escribira outra a favor.

O tempo pasou sobre aquelas denominacións, coma sobre aquelas "José Antonio" e "General Mola", que desde hai case trinta anos son oficialmente "do Progreso" -consonte era xa no coloquio- e "de Castelao". O outro día aínda vin non sei o que sobre aquela asociación empresarial con nome de levantamento, que debe andar -presumo- bastante desaparecida. Só me disgusta que, na placa, poña "Rúa do Camiño Real", redundante e pouco suxestivo.

Ou sexa que, dilectos ourensáns todos, sen excepción, vexan o razoable: que ten de malo a concordia?

Anónimo dijo...

Iso que suxire ironicamente un posteador, "Rúa da Estabilidade Emocional" ou "Rúa da Crítica Construtiva" parécenme uns formidables achádegos a ter moi en conta para a denominación de futuros espazos urbanos. Eu suxiro algúns máis: "Largo da Esperanza no Futuro", "Praza do Proxecto", "Rúa do Diálogo Fecundo", "Cantón do Pluralismo Democrático", "Paseo de Todas as Galegas e Todos os Galegos"...

Anónimo dijo...

Eu propoño o de Rúa da Concordantia oppositorum e así todos felicísimos e felicísimas.

Anónimo dijo...

Amigo Leituga1: a rúa do diálogo fecundo vai ser unha das máis concurridas e, por suposto, das menos iluminadas.

Anónimo dijo...

Tamén podía nominarse unha "Rúa das Familias Monoparentais", unha "Praza da Liberdade de Orientación Sexual" e un "Largo do Desenvolvemento Sostible". O rueiro urbano como un auxiliar da Educación para a Cidadanía. Heillo contar a Bugallo (Xosé Antonio).

Marcos Valcárcel López dijo...

Están vostedes hoxe moi creativos... E pregúntome eu, cando, no s.XIX, en Auria inventaron nomes tan curiosos como Rúa da Liberdade ou Primavera, non serían eles tamén algo exóticos no seu tempo?

Anónimo dijo...

E se en vez de CEANO se puxese O'CEANO (Atlántico)?

Anónimo dijo...

Menudos trapalleiros estes do bloque.Pra cambearlle o nome a duas ruas,teñen que cambear catro.Unhos hachas.E perdendo votos nas catro ruas.

Anónimo dijo...

Dentro de menos de cen anos haberá en Ourense unha "Rúa Marcos Valcárcel". Se non, ao tempo... e que vostedes o vexan.

Anónimo dijo...

Pois eu penso que o problema non foi tanto mudar os nomes das rúas como a falta de formas, no acordo do Pleno non se dí nadiña de porque se escolleron os novos nomes (podese ver en www.ourense.es na parte actividades do pleno); non vexo porque non se podía dar un pouco de publicidade previa para escoller uns nomes novos, ideas non faltan dende logo.

Anónimo dijo...

Funcionario,eiquí impónse a ocurrencia dun ocurrente,o Sr.Monxardín.Menuda "concordia".

Anónimo dijo...

Reparen vds en que as rúas máis importantes do mundo chámanse Rúa do Muro, Camiño Ancho, Rúa do Mencer...

Anónimo dijo...

A min,unha rúa,daríame igual.O que me gostaría é que lle puxeran o meu nome a un acidente xeográfico.Por exemplo,Finisterre. chamaríase "Cabo Xohan da Coba".Ou o río.O Cabe.Ou mellor,un día do ano (a organización do tempo interésame máis ca do espazo).Podería ser...o día de reis(despóis da desmilitarización das rúas virá a des-santificación dos días).Cada boa ación infantil,fíltrarase na terra e convirtirase nun xoguete na Coba,todo o ano.O seis de Xaneiro,Xohan sáe da Coba cun saco pra repartir os xoguetes.Nin renos nin camellos.Xohan vai nun carro galego tirado por CATRO vacas.Igual non o saben,pero eso facíase ás veces cando o carro iba moi carregado ou era moita costa.Enganchábanse dúas xugadas cún aparello especial chamado "temoncela" ou "cambón".

Anónimo dijo...

Eu,desde que lle fixeron unha estatua ó impresentable do Colemán,espero calquera cousa.

Anónimo dijo...

Deduzo que saíu do BNG a proposta de mudar os nomes. Engánome?

Marcos Valcárcel López dijo...

Confésolles que nunca pensei que este post e este tema fosen tan participativos e tan polémicos. E, en resposta, a Xosé M. Gzez. non só o tema o sacou o BNG, senón que o alcalde o dá por propio deles, aínda que votaron a favor. Hai polémica na prensa local (porque había nomes duplicados, que hai que negociar cos veciños e as molestias conseguintes) e o alcalde, preguntado, veu a dicir que iso era cousa do BNG, como se con el non fose, segundo a versión de hoxe en La Región.

Anónimo dijo...

Normal.Son os do BNG os que queren marcar sempre distancias entre a súa xestión e a do PSOE.Pois logo...ás duras e ás maduras.Por que este asunto,có mal que se está a facer,vai costar votos.

Anónimo dijo...

Desde fóra, non me parece que sexa, tanto, cousa de marcar distancias coma de liña política. En Lugo, no 99, fora tamén iniciativa do BNG, como tamén o foi, no final daquela lexislatura, unha homenaxe á República, mesmo con erección dun pequeno monumento na Praza da Soidade; aquí, Orozco non marcaba distancia, simplemente ía e estaba alí.
Tamén fora iniciativa do BNG o establecemento do primeiro carril-bus da cidade; tamén trouxera algo de conflito veciñal, pero foi adiante pola firmeza do concelleiro delegado: por certo, Xosé Anxo Laxe.

Din por feito que sería iniciativa nacionalista polos comentarios que lía; así e todo, antes xa mo quixo parecer, polo devandito e porque, á fin e ao cabo, Veiga Pombo non fora alcalde un ano só.

Que se xestione mal, é outra cousa. Ora ben, hai cousas que hai que facer porque hai que facelas; ben se sabe que, de momento e en política galega, uns case sempre pagan máis ca outros.

Marcos Valcárcel López dijo...

De feito, creo que Veiga Pombo, alcalde bastantes anos, non era moi destas cousas dos símbolos, nin sequera republicanos. Falouse no seu mandato dunha homenaxe a MANUEL SUÁREZ, alcalde socialista da cidade e fusilado no 36, que só se fixo realidade hai uns poucos meses. Por poñer un só exemplo.

Anónimo dijo...

Si que hai afán de marcar distancias por parte do Bloque. Mesmo hai unha fixación obsesiva que raia no patetismo. Esoutro día cadroume ver na TV o tenente de alcande de Ourense, Sánchez Vidal, baixo un gran cartelón de metracrilato no que puña con letras inmensas "TENENZA" e logo con pequenas "da alcaldía de Ourense". Tenenza, manda truco. Mesmo se deturpa o galego: será "tenza", non?

Vamos, que imitaba a Quintana cando este ía a todas partes co biombo que puña Vicepresidencia.

Diralle o Álex: se ti pos Vicepresidencia eu non vou ser menos e poño Tenenza. E todos tan contentos.

Alguén lles debería dicir que as eleccións non se gañan con cartelóns. Digo eu.

E respecto de Veiga Pombo, este foi un dos tipos máis anodinos (no amplo sentido da palabra) que estivo na alcaldía de Ourense.

Anónimo dijo...

Buf.E tan anodino.E cousas peores.

Anónimo dijo...

Vexamos, Apicultor. Por veces, dáme algo de impresión de que vde. ten explicitamente asumido o papel de puntualizar, a pouco que poida, os supostos defectos de estratexia do BNG, e só do BNG. Dígollo porque, ás veces tamén, ao mellor salta un pouco a destempo. Non se me cabree, que lle vou explicar o porqué, puntualizándoo neste caso.

Eu referíame, en exclusiva, á mudanza de nomes de rúas e toma dalgunhas decisións comprometidas; referíame a iso cando dixen "non me parece que sexa, tanto, cousa de marcar distancias coma de liña política". Achego o meu testemuño e lembranza da gobernación nacionalista en Lugo, época na que se fixeron ben cousas boas -coma as indicadas e outras máis- sen afán nin preocupación ningunha de marcar distancias nin ningunha outra cousa: tan pouco se fixo presente a marca Bloque, que no ano das seguintes eleccións unha enquisa do propio BNG amosou que a cidadanía non sabía que Fernando Blanco -o número dous da candidatura, e número catro do goberno municipal- era do Bloque. "Non sei, será do PSOE", seica era algunha das respostas.

Téñoo dito máis dunha vez, o caso Lugo -perda da metade dos concelleiros despois dunha xestión brillante, avalada por unha cidadanía que non sabía de quen eran aqueles concelleiros- marcou a lume o BNG todo; a min, tamén. Xa que logo, entendo absolutamente lóxica a política de demarcar campos, tendo en conta ademais a moito menor potencia mediática do Bloque; si, si, aínda agora que a condición gobernante suaviza algo situacion. Mesmo entendo que se aplique inicialmente dunha maneira un algo obsesiva, por máis que este sexa un inconveniente que cómpre ir erradicando.

Por min, vdes. como queiran; pero para min, sen excesos, que mostren marca e marquen propiedade. Ora ben, neste caso non falaba nin discutía eu diso.

Anónimo dijo...

En relación ao cambio dos nomes da tres rúas estas de Ourense quero aclararlles varias cousas. Certo que un membro do BNG falou informalmente comigo e preguntoume que me parecía o asunto e incluso intercambiamos nomes. Comentamos algo da historia –el tamén sabe moita- e falamos de varios nomes (eu faleille incluso doutros dous ou tres posibles para Capitán Eloi). Nunca se me pediu ningún informe nin proposta oficial. Non falei máis do tema máis que cun amigo que é do BNG, que, para a miña alegría, aos poucos días me comunicou o consenso sobre os cambios.
Outras veces tiña falado deste asunto con concelleiros do PP en Ourense –estamos nunha cidade pequena e todos nos coñecemos- e en conxunto a miña idea foi é e simple: É imprescindible o máximo consenso entre as forzas políticas, sabedores de que as unanimidades sociais son case imposibles; sempre pode haber algún veciño rosmón. E o imprescindible consenso débe articular en tres eixos:

1) Recuperar para a historia os vellos nomes da cidade sen que isto supoña cambio do nomenclator, isto é cunhas placas que conten sintéticamente as historias das rúas; (Por exemplo, RUA DA PAZ. Desde o século XII coñecida co nome de Rúa dos zapateiros por asentarse alí os artesáns desta confraría, mudou o seu nome en 1839 a petición dos veciños para festexar a Paz de Vergara. Foi a rúa principal do paseo da cidade no XIX, por iso se instalou alí o Teatro Principal. Naceron nela os escritores, Otero Pedrayo, Vicente Risco e Xoaquín Lorenzo). O tema ten unha dobre función de recoñecemento da historia e proxección turística.

2) Sacar os tres ou catro nomes franquistas que quedaban e pórlle outros.


3) Racionalizar as denominacións actuais e futuras das rúas. Quero dicir, que é o cidadán, en canto escoite un nome, asocie o mesmo a unha zona: o que nos pasa cos Ríos (no Vinteún), Montes (San Francisco), Pintores (Couto)… pase a nivel xeral. Como hai moito barrio novo, debe haber sitio para expansións diversas.

4) As alteracións sobre o nomenclator debe haber as menos posibles, pois son cambios complicados. Realmente eu faría só tres ou catro…

A maioría do que levo inevestigado sobre a historia do asunto, está publicado nos artigos que enviara hai anos a La Región. Están a disposición pública, por suposto. Se alguén os precisa, que os pida que llos mando. Non quero ningún protagonismo nun tema que é de decisión política, polo tanto non da miña incumbencia e moito menos da miña responsabilidade. Máis ca min, seguramente, dos nomes medievais, saben Xoan Carlos Rivas, Anselmo López Carrera, Olga Gallego ou calquera outra persoa intelixente que lera con calma a coidado inda que só fose a documentación publicada.
Gustaríame, claro, achegar opinión buscando ese consenso.
Paréceme ben o fondo da actuación sobre os tres nomes franquistas e sempre pensei que era tema cerrado por consensuado entre os tres partidos. Outras posiblidades como o nome de Doutor Gallego tamén serían perfectas. Non me parecería tan ben cambiar o morto dun bando polo morto doutro,sen que isto supoña, obviamente, ningún tipo de neutralidade. Espazos hai na cidade para render honores aos cidadáns que o precisen.
Non me atrae a política de buscar sempre elementos de confrontación entre os grupos, e menos entre os grupos gobernantes.

Anónimo dijo...

Sabias palabras,Don Monxardín.

Anónimo dijo...

E no caso de así fose (o de puntualizar, digo), Saavedra, supoño que non terei que solicitar o nihil obstat, penso eu.

Non vexo, polo demais, marca exclusivamente propia no do cambio do rueiro nin sempre iniciativa unidereccional do Bloque. Non en balde, quen tivo a valentía de propoñer a Lei chamada da Memoria Histórica? Pois iso.

Por veces, dáme algo de impresión de que vde. ten explicitamente asumido o papel de ningunear, a pouco que poida, os que non son BNG e varrer unicamente para tal casa. Dígollo porque, ás veces tamén, ao mellor salta un pouco a destempo. Non se me cabree tampouco.

Anónimo dijo...

Todos os partidos teñen méritos e deméritos. Todos se adiantaron en algo e quedaron atrás en algo. Todos o fixeron unhas veces ben e outras veces mal. E non falo só do PSdeG-PSOE e do BNG, senón tamén do PP, IU, PNV, CiU, ERC e incluso a Chunta Aragonesista, que xa hai que ser bruto para poñerlle ese nome a un partido.
Como poden observar, este fío imbuíume dun monxardiniano espírito de concordia.

Anónimo dijo...

La Peña Maña de Mañufe (Sección Teruel) quiere manifestar su protesta por la alusión ofensiva a la supuesta brutalidad de los creadores de la denominación Chunta Aragonesista que tanto nos enorgullece.

David Paz Nóvoa dijo...

Non entendo tanta alteración pola proposta de Rúa da Concordia para a antiga Capitán Eloy. Temos en Ourense desde sempre a Rúa do Progreso (antiga estrada de Villacastín) e a ninguén lle parece absurdo, senón máis ben o contrario. Esa rúa significou moito para os ourensáns no seu día, un avance, unha esperanza. A concordia, neste país aínda ferido por unha guerra do tempo dos nosos avós, é un valor que non debera ser tomado a broma.

Anónimo dijo...

Aquí os únicos alterados son os da Peña Maña de Mañufe, aos que, en aras da concordia, pido desculpas pola miña ofensiva alusión á Chunta. ¡Ridiela!

(Non se enfade polas coñas, señor Paz Novoa. Ao fin e ao cabo, non hai mellor maneira de "con-cordiar".)

Anónimo dijo...

Ben, Apicultor, non nos cabrearemos logo para non mancarnos. Ora ben, puntualizo que nos últimos comentarios me refería eu a dous feitos paralelos e coincidentes: eliminación de restos franquistas, no rueiro de dúas cidades, vinte e tantos ou trinta anos despois do 1977. Ambos por iniciativa dun grupo e manifesto desinterese -ou menor interese- por parte doutro; sempre os mesmos no mesmo papel. Engado que un pode ser casualidade; dous, nomeadamente en lugar sobranceiro, aparentan indicio.

Canto á cuestión de principio, cadaquén adopta, xaora, o papel que estime oportuno; se tal, non debería tampouco ninguén molestarse porque llo digan. A miña posición ideolóxico-política non é, fundadamente, aquí materia moi controvertida; "ningunear" xa é expresión española e dura, das que conviría autorrestrinxir. Pero vaia, seica xa volvo de censor.

O Leituga -excluíndo a materia polémica- leva razón que lle sobra. Non é inhabitual, con todo, que en ocasión particular se rexistre o mérito particular, e digo eu que a ninguén lle estará vedado tal dereito. Aínda que ás veces dubido.

Anónimo dijo...

A Concordia,o Amor,mesmo o Sexo,non se impoñen.

Anónimo dijo...

Por suposto que está vostede no seu dereito, González. E ademais ten razón no referente a Lugo e a Ourense. Foi o BNG e non o PSdeG-PSOE quen nesas cidades tivo a iniciativa da supresión dos nomes franquistas das rúas. Da mesma maneira que concederá vostede que en Vigo e Santiago, xa hai moitos anos, foi o PSdeG e non o BNG o da iniciativa.
É o que eu lles digo: cada un ten os seus méritos.

Anónimo dijo...

Até aí era a onde quería chegar, Leituga I. Ás veces semella que, de noite, todos os gatos son pardos.

Marcos Valcárcel López dijo...

En calquera caso... A primeira iniciativa pública en pro da galeguización: se non lembro mal, foi o 17 de Maio de 1979, recén constituídos os concellos democráticos (ou foi xa no 78?). Daquela os militantes da AN-PG, sobre todo do sector cultural, tapamos as placas de varias cidades e puxemos enriba outras feitas en plan artesanal cos vellos nomes populares. Eu estiven na movida de Compostela. E en Ourense a cousa acabou co paso por comisaría de Xosé Lois González, "O Carrabouxo", e do poeta Millán Picouto. Se non lembro mal, ANT dera conta do suceso con detalle (habería que consultar o arquivo).

Anónimo dijo...

Diso tampouco hai dúbida: os pioneiros na galeguización dos nomes das rúas, ao que hoxe ninguén se opón, foron os nacionalistas, moitas veces mesmo en solitario.

(Aproveiten este fío da concordia para seguir meténdome goles)

Anónimo dijo...

Desexo dar por concluído este intercambio de pareceres, enrarecido ultimamente. Quero, ao facelo, pedirlles desculpa aos presumibles lectores non interesados en liorta de índole partidaria; en particular ao sr. Monxardín, polo que especifica ao respecto e que tan acaído resulta canto a un tema de alcance máis cívico ca outra cousa.

Exposto o devandito, quero puntualizar tamén, e por orde, que, primeiro: preguntei se a iniciativa era do Bloque ante a imputación e agoiro de factura electoral por parte dalgúns comunicantes; segundo, entrei no de "marcar distancias" por case idéntico motivo, repase quen queira os fíos e atopará a referencia; terceiro, pasamos despois á enfadosa -por recorrente- dinámica de aclaracións que debían ser máis ca consabidas.

Quero, por outra banda, aclarar que nunca considerei o PSOE interesado en manter o rueiro franquista; a obriga de puntualizalo reborda o fastío que xa chega a cabreo. Non lembro ben o que pasou no 1979 e lexislatura municipal sucesiva, pero dou por sentado que houbo mudanza de nomes franquistas en cidades onde se deu maioría diferente á conformada por UCD-AP; dou fe concreta, iso si, de que con alcaldía de Soto Vigo deu lugar eminente no seu rueiro a galeguistas e papel notorio na epigrafía e sinaléctica urbana á lingua do país. Se o hai que dicir todo para dicir algo, pois dise, non haxa problema, por moi fatigoso e cargante que resulte.

Sei tamén que desde o 79 choveu a cachón. Que nas últimas cidades chegadas á reforma pasou o que pasou. Que uns sempre foron uns e outros parece que menos; por xorne particular, cálculo de desgaste ou ou cousa de prioridade, xaora: non son filofranquistas, non, ben o sei, que a min me conste.

Dito o cal fago mutis polo foro, bastante desanimado ante esta nova pero vella continxencia. Quítalle a un a gana doutros diálogos -incluída algunha prometedora e lúdica liña máis arriba- non vaia haber, outra vez, confusión de gatos.


P.D.: Marcos, eu tamén estaba no grupo aquel; foi bonito e necesario, aínda que non deixamos tamén de meter algo a pata. Lembro ben que ao tapar a placa de Fernando III díxose, mutatis mutandis, "rei que pouco ou nada tivo que ver connosco". Madia leva se non tivo, o primeiro que correspondeu en carta castelá cos seus súbditos galegos; tamén, máis ca presumiblemente, figura central nunha das primeiras cortes literariamente trobadorescas, en galego tamén.

Corra da miña conta a responsabilidade, pois os textos, en Compostela, fixéraos este ignorante.

Anónimo dijo...

O pago en votos da factura electoral é debido ás formas,non ó fondo da cuestión.

Marcos Valcárcel López dijo...

Señor XMG, todos temos os nosos pecadiños de mocidade (xa falei eu aquí, por min mesmo, daquilo de Teima). Pero aquela iniciativa estaba chea de boa vontade e, se non o fixemos mellor, quizais foi porque ninguén nos ensinara máis ou o nivel de estudos existente daquela tampouco era para facer moita festa.

Anónimo dijo...

Veña XMGlz.Abra a línea lúdica á que se refire no seu último comentario.E non se desanime, home.Xa séi que escribir é canso.Sobre todo pra mín,que me costa atopar a verba que represente o que penso.Namentras decido aquela,escapa éste.Pero é que,sen facer menosprezo de ningún contertulio,de vostede aprendo moito.

Anónimo dijo...

Non se enfade, Saavedra, que non é para tanto. Todos temos correa para tirar carros e carretas, e vostede tamén, xaora. Espero e desexo que o enfado sexa momentáneo e, en todo caso, que saiba que o que eu dixen -e os demais tamén, estou seguro- non era por amolalo. Se o sentiu así, pídolle desculpas.

Tamén reclamo o dereito a poder enfadarse e a cansar para todos e cada un, faltaría máis. Algo tan lexítimo e humano debería ser un dereito reflectido mesmo constitucionalmente. Non lles parece?

Cando volva, amigo Saavedra, contareille que tal foi o concerto de Camané + Mariza + Carlo do Carmo, celebrado onte venres.

Un cordial saúdo.

Anónimo dijo...

Esta canción vai para XMGlz,de parte de tódolos contertulios do blog:

¿Cal será?

Anónimo dijo...

O enfado é puntual, por verme na obriga de manifestar cousa que aparentaría consabida. De calquera maneira, un certo cansazo pola redundancia dalgún episodio si que dá. Nada importante dabondo para que haxa qie que pedir desculpa, pois mala intención nunca foi suposta; iso si, este tema quero mellor deixalo.

O concerto, supoño que grandioso. Seguro que a Mariza sostivo perfectamente o pavillón de xénero, pero ocórreseme que -de non resultar demasiado prolixo- igual sumando a Joana Amendoeira resultaría un daca e toma de enormes proporcións.

Anónimo dijo...

Non vira o regalo, que agradezo como merece. Ver esas mans, certamente, estarrece; eu tiven un disco que contiña a canción e mais o corrido de Juan Sin Tierra. Despois tamén gustara moito da versión de Raimon, cuxa letra poño aquí:

Et recorde Amanda,
els carrers mullant-se,
anant a la fàbrica
allà on treballava Manuel.
El somriure ample
la pluja a la cara
res no t'importava
perquè et trobaries
amb ell, amb ell, amb ell.
Només una estona,
la vida és eterna
en aquesta estona.
Sona la sirena
torna a la faena,
i tu caminaves
tot ho il·luminaves
i la curta estona
et va fer florir.
Et recorde Amanda,
els carrers mullant-se,
anant a la fàbrica
allà on treballava Manuel.
El somriure ample
la pluja a la cara
res no t'importava
perquè et trobaries
amb ell, amb ell, amb ell.
que marxà a la serra,
que gens de mal feia,
que marxà a la serra
i en ben poca estona
ells el destrossaren,
sona la sirena,
torna a la faena,
molts no tornaren,
tampoc el Manuel.
Et recorde Amanda,
els carrers mullant-se,
anant a la fàbrica
allà on treballava Manuel.

Anónimo dijo...

Falta logo a versión en galego.Pero vostede xa quedóu canso prá unha tempada trasladando ó inglés "Black Shadow"...

Anónimo dijo...

Pois non supón ben: o concerto non foi grandioso. Correcto, aceptable, ben, pero non memorable.

Sae Camané: sobrio, frío, moi frío, profesional, canta sen apenas falar á concurrencia. Chega logo Mariza: voz prodixiosa e presenza incomparable sempre, e fai gala do seu encanto, mais faltoulle a paixón que lle vin derrochar a mans cheas, xenerosa, algunha outra vez si realmente memorable. Finalmente, Carlos do Carmo: senior, todo un cabaleiro, cerimonioso e elegante, curtido en tabernas e palacios; a voz xa non lle é a que foi, pero suple a carencia cunha máis que extraordinaria simpatía, que se agradece, e moito, polo respectable, quen o acompaña seguindo as súas indicacións. A coda é unha canción a pelo e a tres, entre o patio de butacas. Polo demais, un séguese preguntando que c... pintaba alí, entre eles, un bailarín carente da máis mínima creatividade saíndo a danzar, repetitivo e diría que patético, de cando en vez.

O Auditorio, repleto. O concerto, xa dixen, correcto, aceptable, pero non quedará indeleble na memoria. Touriño a quince metros dun, relaxado e sorrinte, e imponente Audi e chófer á mesmisima porta. Entre o público, outros famosos da política e da universidade: Bugallo, o alcalde; Petene, o da cociña das enquisas de Presidencia, gordísimo; Suso Seixo, o secretario xeral da CIG; Herminio Barreiro, o profesor de Educación; o catedrático de economía Xavier Vence e sra., Alba Nogueira, de Dereito Admnistrativo; etcétera.

Merquei no stand, o CD da película "Fados" de Carlos Saura, de estrena estes días; agora mesmo concluíu, precisamente. Depois, un chocolate quente con almendra, na parte vella. Ía bastante frío.

(Quero deixar constancia do meu agradecemento a un bo amigo meu e de todos vostedes, que tivo a xentileza de agasallarme con dúas entradas das boas. Moitas grazas)

Marcos Valcárcel López dijo...

Recollo o último comentario para utilizalo tamén como post: creo que paga a pena; de feito, pensaba pedirlle a Apicultor unhas liñas ó respecto.

Anónimo dijo...

Xa sen tantas coñas e coñetas, eu quería deixar escrito aquí que a proposta de "Concordia" para denominar esa rúa de Ourense paréceme enormememtne afortunada. E non tanto pola "concordia" en si, como por ser unha solución axeitada para o caso e coa que ninguén se pode sentir ferido ou ofendido.

Anónimo dijo...

No se se alguen sabe o seguinte. ¿Quén foi o capitán Eloy e porque lle puxeron o seu nome á rúa?. Pois ben, teño entendido que o capitán Eloy foi o primeiro ourensá que morreu na guerra civil. Parece que por iso se lle puxo o nome aá rúa. Creo que o segundo foi o pai de Juan Carlos Rivas, tal vez se morrera antes Rivas a rúa hoxe chamaríase así. Non debemos esquecer as guerras. É bonito o nome da concordia pero se é certo que o capitán Eloy foi o primeiro dos ourensásn que morreu na guerra civil, ó mellor debemos deixa-lo nome para non esquecelo. Se en lugar de loitar no bando franquista, loitase no republicano, ¿o quitaríamos? Reflexionemos..........

Anónimo dijo...

O señor Anónimo me disculpará, mais existiu unha normativa de obrigado cumprimento que prescribía que o nome do primeiro morto DO BANDO NACIONAL na guerra civil sería imposto a unha das principais rúas de Galiza. Iso provocou que nos 313 concellos do país, 313 rúas levasen os seus nomes, de Lobeira a Mañón, do Bolo a Fisterra.
Non ten nada que ver que se debesen ou non tirar os nomes segundo o seu bando; pode estar seguro de que o Capitán Eloy, falecido o 5 de agosto do 36 non foi a primeira vítima da guerra. Iso pode estar ben seguro.
Alén diso, hai máis dun bando na guerra civil. Moitos dos que somos republicanos, sómosllo desde a perspectiva galega.
Grazas, e cumprimentos.

Anónimo dijo...

Quero dicir, a unha das principais rúas do seu concello de orixe.

Anónimo dijo...

Podería aclarar, amigo Medela, que quere dicir con iso de republicano "desde a perspectiva galega"? Grazas.

Anónimo dijo...

Estimado señor Apicultor: Antes de máis, agradezo inmenso o seu nivel intelectual, que se ben non podo seguir sempre tal e como eu quería por causa das miñas limitacións no campo cultura, si me fai aprender moitas cousas. Grazas de novo.

No que respecta ao que vostede pregunta, quería dicir que evidentemente non son franquista nin monárquico en modo ningún. Mais cando alguén se declara republicano, a mentalidade poliédrica que padecemos todos, de inmediato nos leva para o réxime do 31/39, e penso que a II república (e que me perdoe o meu mánager Alfonso Vázquez - Monjardín Blanco, residente en Allariz, e republicano absoluto, alén de excelente amigo), penso, dicía, que a II República Española, fóra dos seus éxitos e do que representou en contra do reaccionarismo bestial e ancestral do atávico reino de Espáña, tratou con certo desprezo o noso país. Lembremos os terríbeis esforzos de Castelao pola aprobación do Estatuto do 36. E a miopía lexislativa de Madrid respecto aos intereses de Galiza. E, qué quere que lle diga, señor Apicultor, que se un galego paga impostos, traballa máis que calquera e triunfa cando se sente libre, ten dereito a decidir sobre o seu destino.
Alén diso, eu non teño culpa de que na Enciclopedia Álvarez non aparezan os suevos, que tanto despreza o señor Rajoy, e si Leovixildo e Hermenexildo e toda a parentela, simplemente porque representaban (falsamente) o embrión do centralismo. E porque me parece que o nome de España, derivado de Hispania, é unha falacia histórica, pois a provincia hispánica dos romanos abranguía territorios que hoxe non son de España, como a República Portuguesa, Xibraltar, Andorra...

E porque penso que ser español non ten por qué ser castelán, nin andaluz, nin madrileño. Iso queda ben en "Escenas de matrimonio" ou "Los serrano". Que non mos impoñan, que elen non ven "Luar".

Se unha persoa di que non gusta do Real Madrid... Ten que ser do Barça???

Respectuosos saúdos.

Anónimo dijo...

Amigo Medela:

Moi agradecido por tan inmerecidas palabras. Eu si que aprendo dos seus sólidos coñecementos filolóxicos, algo do que carezo, xaora.

Pon vostede moitas cousas encol da táboa, polo que non é doado comentalas todas cun mínimo de xeito. Mais algo direi.

Chámame a atención que use a expresión “desde a perspectiva galega”, como se só puidese haber unha única perspectiva galega. Creo que, na realidade, hai varias e que sempre hubo varias.

A demora na aprobación do Estatuto de Autonomía non foi culpa da República en si mesma, senón dos representantes políticos de Galicia nas Cortes republicanas. Se a maioría deles pasaban duramente da autonomía, e se os galeguistas eran ben poucos, que acontecese iso non debería estrañar. Se a maioría dos deputados galegos tivesen unha sensibilidade autonomista real ou se os deputados galeguistas fosen bastantes máis dos que foron, outro galo cantaría, e Galicia tería autonomía despois de Cataluña e antes do País Vasco. Se non foi así non é por culpa da República. Unha vez máis, o problema non está tanto fóra (Madrid, España, etc.), senón sobre todo dentro de nós, de quen somos, do que queremos e do que facemos.

Non comungo coa idea de proclamar que todos os problemas de Galicia veñen de fóra, sexa España, Estado Español, Castela, Europa ou o que sexa. Por exemplo, hoxe vin o folleto Be-ne-gá ao día do mes de outubro de 2007. Nel úsase a seguinte expresión: “… polo golpe dos fascistas españois de 1936”. Un claro exemplo de falacia histórica. Fascistas hóuboos españois, pero tamén galegos, cataláns ou vascos. E, por outra banda, non todos os españois eran fascistas. Diría máis: na España de 1936 a maioría de españois non eran fascistas.

En suma, que o problema tamén estivo e segue a estar dentro. Mentres non se corrixan interesadas e anti-históricas falacias, tan típicas do nacionalismo galego, pouco se vai profundar non só no coñecemento do pasaso, senón mesmo na diagnose e solución dos nosos verdadeiros problemas.

Noutra orde de cousas, o de miopía lexislativa da II República respecto dos intereses de Galicia non está tan claro. É evidente que se lexislaba para o conxunto, pero en Galicia tamén se apreciaron importantes avances (por exemplo, no plano educativo ou laboral), aínda que non no ferrocarril. Un balanzo ambivalente, penso. En todo caso, con tan poucos anos de duración non lle se pode pedir moito a un réxime político, non?

Verbo de que o nome de España "é unha falacia histórica",se se fixa ben decatarase que o mesmo argumento se pode utilizar para Galicia: tamén a provincia Gallaecia abranxía máis territorios que hoxe non son de Galicia, non?

En fin, son algunhas cousas que se me ocurren así de súpeto. De seguro que dixen algunha tontería ou cometín algunha imprecisión. Que alguén me corrixa ou me matice.

Os meus cumprimentos.

Anónimo dijo...

Interesante reanudación dun fío perdido. Leo o escrito polo sr. de Medela, e coincido amplamente; leo o do Apicultor, e intúo de novo máis provocación -no bo sentido- ca aserto.

Librareime de entrar a fondo -por dicilo dalgún xeito- en asuntos da II República; é fácil que non estivese á altura. Entendo, porén, que se o Estatuto Galego foi lento, foi porque os republicanos galegos de obediencia española -singularmente, Casares- se atiñan ante todo a tal obediencia; e os asuntos galegos, particularmente a autonomía, adoitaban non considerarse como prioritarios. O ambiente político e cultural español -incluíndo, xaora, o ámbito ideolóxico republicano- así o marcaba; resulta aínda suxestivo procurar, nos índices do Sempre en Galiza, as voces "Casares", "Azaña" e ler.

Xaora, algúns aspectos da lexislación e gobernación española son favorables ao benestar galego; e en momentos de renovación e modernización, tal a II República, de maneira particularmente notoria. Non quita que as tales resulten insuficientes, por veces contraproducentes para este país. Aí é onde se bota de falta ora maior autogoberno ora, como di o Apicultor, maior presenza se deputados galeguistas.

Con todo, o que máis me interesa é a cuestión onomástica referida. A Kallaikía de Estrabón, a Gallaecia romana, son termos que abranguen maior extensión territorial cá Galicia actual; suponse, con base en indicios, que nas diferentes etapas históricas habería algunha referencia, étnica ou cultural, para a referida unidade político-administrativa. Determinada liña de análise histórica establece que unha base importante de lexitimación para o chamado, pola historiografía española, reino ástur-leonés, sería xustamente o antigo espazo galaico, onde reinaron suevos e cuxa autonomía ou especificidade contemplaron despois os visigodos.

Toca, incluso, tal asunto a posible orixe da lírica trobadoresca galega, e iso tócame particularmente a min; se teñen interese, é tema abordable para outro momento. Sexa como for: aínda no século XI, a denominada Galiza chega ata o Douro, como mínimo, eventualmente ata o Mondego. A escisión, decretada, do condado portucalense esgázaa por penúltima vez, e queda o antigo termo asociado á parte estimada nuclear; por moito que a memoria de tales feitos esvaecese.

Galiza/Galicia chámase así porque, consciente ou inconscientemente, se lle atribuíu lexitimidade para ostentar a denominación do vello tronco. Chamarlle España ao Estado Español, ¿ten o mesmo sentido?

Algunha liña de pensamento (non só histórico, tamén político) así o estima: España é a referencia; Portugal, ao mellor, unha especie de anomalía que debe considerarse como transitoria, por moito que xa dure. A esa liña vai asociada tamén unha consideración basicamente unitaria da así chamada España, cunha interpretación precisa da historia, filosofía lingüística e cultural de base hexemonista, forte centralización en materia económica e de planificación.

Aínda no século XVI, o corrente era chamarlle España ao conxunto peninsular, na súa variedade de nacións e constituíndo dous imperios; probablemente, de forma cada vez máis arcaizante e literaria, aínda se usaron os termos España e español en séculos sucesivos. Co tempo, mesmo o máis dúctil adxectivo hispánico foi sendo asociado ao estado non portugués e mais á

...América ingenua que tiene sangre indígena,
que aún reza a Jesucristo y aún habla en español.

Con todo, o sentido orixinario do termo Hispania podería, por vía da educación e a literatura, recuperarse; recuperarse nun sentido político que había de ser beneficioso. Iso contradí, obviamente, hexemonismo e outros arraigados hábitos. Entrementres, eu estou con Medela: a España actual trae un sentido que nin estimo agradable nin interesante.

Anónimo dijo...

Un pouco de cada: metade provocación, metade aserto. Aínda que sexa difícil distinguir onde empeza unha e onde termina o outro.

Vostede o dixo con claridade, Saavedra: "os asuntos galegos, particularmente a autonomía, adoitaban non considerarse como prioritarios".

Pero omite a pregunta subseguinte: por que era así? E a resposta non está nese deus ex machina que todo o quere explicar: esa "obediencia española".

A "obediencia española" non impediu que Cataluña e o País Vasco tivesen a súa autonomía durante a República. Por que, daquela, foron tan cicateiros os republicanos con Galicia? Por maldade española inserta no seu ADN visigótico? Por inquina antigalega? Por atávicas e malévolas gañas de perpetuar a "marxinación" de Galicia? Pois non. Foi pola minguada forza dos galeguistas, pola súa incapacidade política e estratéxica durante unha boa parte da conxuntura republicana. Diga o que diga Castelao, que non sempre é palabra de deus.

En cuestións de etimoloxías, topónimos e xentilicios, eu non adoito entrar, por carencias obvias. Agora ben, unha cousa lle digo, Saavedra: por moito que o BNG chegue a ser "determinante en Madrid", por moito que diga ou estime este ou aquel, o nome España moito me temo que non muda ninguén, nin sequera o máis aguerrido e destemido. Nin por Hispania, nin por Iberia, nin por outra cousa.

A min, ese nominalismo non é un problema que me preocupe, francamente.

Anónimo dijo...

A obediencia española non impediu o que vde. di porque unha parte substancial dos representantes políticos de Euskal Herría e Cataluña non eran de obediencia española, coa conseguinte servidume estratéxica e política; ou sexa, porque os respectivos nacionalismos tiñan forza dabondo como para condicionar procesos e ritmos.

Non me faga máis burro do que son, Apicultor, con ADNs e restante leria; na súa propia exposición anda implícito que o poder español, de seu, sendo unha forza centrípeta era hostil e contraria a ceder goberno. Eu penso que os galeguistas aínda tiveron xeito e sentido dabondo para, coa forza da que naquel momento dispuñan, acadaren o que acadaron: o asunto é que Madrid (entenda a sinécdoque, ben pode facerme o favor) resistía e había moito galego atento sobre todo a ese mesmo Madrid; algunha responsabilidade terían en que a cousa fose lenta, digo eu que a incapacidade nacionalista non sería, antes nin agora, responsable exclusivo do atraso. E Castelao non o conta mal, mesmo distingue; desculpe o grande atrevemento dunha puntualización: (re)lea, se gusta, SG, Libro Segundo, capítulo V, pp. 158-160; tamén, capítulos IX e X, pp. 176-184, axuizando a Casares e Azaña. Infalible non sería, pero ten algún interese.

Por outra banda: lamento que non lle interesase o meu excursus histórico- político con motivo inicial na onomástica; tereino en conta para ulterior hipotético intercambio. Tocante ao que traerá o futuro, librereime de estimar. Torres tan altas caeron! E vendo eu.

Anónimo dijo...

Estamos a falar da II República…

Daquela, non é conceptual nin politicamente correcto falar de “poder español” como se este fose algo alleo e estraño a Galicia, como fai vostede, Saavedra.

A vontade política dos galegos tamén participou no advenimento do réxime republicano, tanto coa participación de galegos no Pacto de San Sebastián, como nas eleccións locais que deron paso á proclamación popular da República, ademais de nas eleccións a Cortes Constituíntes e posteriores. Galicia e os galegos non permaneceron alleos a todo isto.

Por outra banda, tamén é excesivamente nesgada a cualificación dese “poder español” (en realidade, réxime republicano) como centrípeto e non digamos xa hostil a ceder goberno. Porque a II República non estableceu un Estado unitario e centralista, senón un Estado integral que permitía a autonomía política e administrativa. Outra cousa diferente é que non fose un Estado federal porque a correlación de forzas nas Cortes Constituíntes, nacidas da soberanía popular (non se esqueza), non implicou maiorías neste sentido. Con todo, despois de máis de cen anos de acendrado centralismo, todas os grupos nacionalistas acabaron aceptando a situación, incluída ERC, coa excepción do PNV que tardou máis en facelo, pero non porque aquela non permitise o autogoberno, senón pola posición relixiosa integrista, anti-democrática e anti-republicana do PNV (que corrixiu nos últimos anos da República e que posibilitou que dispuxesen do seu autogoberno).

Se en Galicia non houbo unha maioría de parlamentarios favorables a unha pronta autonomía foi porque iso reflectía a vontade política da maioría dos galegos, que daquela non recoñecían a autonomía como unha prioridade. Bótelle, logo, Saavedra, a culpa aos galegos por non ter “conciencia nacionalista” ou “autonomista” e por votar a partidos de “obediencia española”. Di vostede con razón: “había moito galego atento sobre todo a ese mesmo Madrid”. Se os había era porque os galegos así o dispuñan, non?

E tamén bótelle a culpa aos galeguistas. Mentres en Cataluña e mesmo no País Vasco os nacionalistas levaban anos traballando con bastante efectividade nun sentido de autogoberno (Mancomunitat, etc.), os galeguistas durante os anos previos á República, e mesmo durante boa parte desta, andaron enleados en desputas propias e por ser isolacionistas (nós soíños nos bastamos, seica), incapaces de tecer alianzas políticas e estratéxicas cos republicanos. Cando finalmente o fixeron en 1936, da man de Castelao e Bóveda, as forzas de “obediencia española” aceptaron a autonomía para Galicia co pacto da FP. O que é absurdo e carente de lóxica é botarlle a culpa á II República, como tal réxime, de non ter antes a autonomía. O réxime republicano non era nacionalista, daquela non se lle pode pedir que levase, de seu, unha política nacionalista. Pero si permitía o xogo de todos, incluídos os nacionalistas. Polo tanto, eran estes os que tiñan que bregar en tal dirección. E certamente así o fixeron, pero algo serodiamente nos seus resultados.

Finalmente, eu non lle dixen, Saavedra, que non me interesase o seu “excursus histórico- político con motivo inicial na onomástica”. Tan só dixen que eu, nesas cousas, non entraba.

Anónimo dijo...

En primeiro lugar, pido disculpas ao señor Apicultor polos meus erros de expresión; cando quixen dicir "perspectiva galeguista", quería realmente expresar "miña perspectiva galeguista". Evidentemente, e grazas a Deus, existen infinitas perspectivas; mesmo nós non somos os mesmos ás sete e media da mañá, collendo o coche para irmos traballar que tomando a copa de augardente con galletas nunha matanza en Lobeira.
Do resto, concordo, aínda que infelizmente non chego ao nivel intelectual, co aserto do sr. González.
E como non sei teorizar, simplemente un pequeno exemplo de incongruencia do nacionalismo español, tan presente, esmagante e habitual que non nos decatamos da súa pesada presenza.
Carod Rovira é posiblemente o súbdito "del reino de España" (segundo reza o meu DNI), máis odiado e vilipendiado. Fernando Alonso é o súbdito máis apoiado, amado; paraliza o país desde a súa grella de saída, cada domingo.
Alonso conta co apoio do estado, da afección, das canles da TV, mesmo as estatais, que todos pagamos. Carod é constantemente insultado nas máis miserábeis tabernas do reino. Carod é chamado cómplice dos da ETA. A figura de Hamilton, o seu rival, é arrastrada pola lama por se atrever a facer sombra al niño de Oviedo (tótem da historiografía española).
Pois ben: Carod Rovira paga relixiosamente os seus impostos á coroa española. É insultado.
Alonso utiliza as máis sutís manobras para aparecer como residente fiscal no estranxeiro. Non vemos, do que gaña, triste cadela. É amado.
Velaquí os paradoxos do nacionalismo español.
Outro día falamos da fame de goles de Raúl.
Cumprimentos respectuosos.

Anónimo dijo...

Nada do que vde. di, Apicultor, cuestiona o fondo do que eu digo; permítame que o afirme, e tamén que non continúe por tal carreiro de debate, para o que xa me declarei escasamente cualificado.

É bastante notorio, interpretando con algunha benevolencia os meus argumentos, que non discuto a leximitidade dos resultados electorais (con todo e o desempeño irregular enchendo e baleirando urnas) nin afirmo que os galegos apoiasen en masa os galeguistas; unha vez máis, o fastío de aclarar o que debía ser cristalino. Dígao como o diga, así e todo, a expresión poder español é suficientemente abstracta e descontextualizada para que non sexa incorrecta, vde. me poida entender e eu me encontre cómodo; nel, republicano ou non, a perspectiva e intereses galegos tiveron incidencia e influencia mínima, e os actuantes de orixe galega non parece que os representasen: eis a miña semántica, e unha lembranza puntual do Arredor de si.

Sobre o carácter da República Española (con grande, decisiva forza das tendencias centrípetas), non farei reseña de autores infinitamente mellores e máis coñecedores ca min. A participación de cataláns e vascos na gobernación (ou estabilidade) republicana paréceme, obviamente, unha liña interrupta, onde episodios coma a proclamación e abortamento do Estat Català constitúen -para exemplo- interesante fito. A inexperiencia política do moi novato movemento galeguista tampouco non será cousa na que eu vaia demorar moito. Permítaseme, porén, consignar o curioso que resulta, neste país, esixirlles aos nacionalistas sempre rendemento moito maior có apoio que se lles dá; diríase que incluso con carácter retroactivo.

Para non entrar no tema, diría eu que moito escribín; pero xa paro. Non sen antes dicirlle a Medela que, obviamente, nin lle falta nivel intelectual nin sentido da oportunidade. A análise de fondo expulsa, a miúdo, da nosa conciencia a grande verdade que radica nas pequenas, concretas cousas. Tan franciscano coma auténtico.

Anónimo dijo...

A expresión poder español, por ser precisamente abstracta e descontextualizada, non é de rigor. É unha expresión exclusivamente ideolóxica e, por ende, nesgada e interesada.

Non é, pois, un concepto historiográfico que teña como obxecto iluminar e comprender cabalmente o pasado. Poder español é un ideoloxema actual que o único que fai é proxectar no pasado unha determinada visión de hoxe e que ten o efecto da mistificación e da mitificación históricas.

Por certo, os galeguistas da II República nunca usaron dita expresión. Por algo sería.

Desde o meu punto de vista, non é de recibo poñer en boca de actores galeguistas do pasado termos, expresións ou ideoloxemas, que son exclusivos dos actores nacionalistas de hoxe.

Anónimo dijo...

A expresión poder español, de seu, é abstracta, contextualizable e, polo tanto, usable en diferentes sentidos. Eu úsoo nun sentido concreto, con tanto dereito coma calquera outro; e a miña interpretación dos feitos é tan respectable coma calquera outra. Pretende, iluminar e entender cabalmente o pasado e, xaora, o presente.

Os ideoloxemas non só teñen uso historiográfico, canto ao que me consta úsaos máis dun; o que non é aceptable é tratar de pasalos de matute coma feito indiscutible; desde logo, iso fano moitos, pero notoriamente non eu; que tampouco non poño as miñas expresións en boca diferente da miña mesma. Iso, polo menos, debería recoñecerse.

Os meus defectos na análise histórica son múltiples; en realidade, debería seguir o meu propio consello e non pasar da primeira mensaxe. Fareino agora, cando a II República deixoulle aparentemente paso, como tema, ao que eu digo e como o digo.

Anónimo dijo...

Unha expresión que é abstracta e ao tempo o seu contrario (contextualizable), ademais de poder usarse en diferentes sentidos, carece de viabilidade heurística e conceptual, na miña humilde opinión.

Ora, cada un ten o dereito a usar as expresións que máis lle presten, por suposto. E supoño que os demais tamén teñen o dereito a opinar que a devandita expresión non é rigorosa.

Quede constancia, en todo caso, que non coñezo ningún historiador solvente que a empregue. Quizais sexa habitual entre profesores de galego, pero entre historiadores coido que non.

Fico, non obstante, con dúbidas. A partir de que momento histórico se pode falar de poder español? Que concrecións históricas tivo e ten o tal poder español? Ese poder español implicou ou implica a negación doutros poderes no seu interior? Participaron galegos, cataláns e vascos, tanto como calesquera outros, dese poder español, ou é cousa só de españois? Etcétera.

Anónimo dijo...

Deixaremos aparte a referencia aos profosores de galego, que no contexto utilizado podería interpretarse como un tanto menosprezante; cousa que resultaría francamente inxusta, pois debería limitarse o seu alcance a un, que por certo xa recoñeceu non ser a historia o seu campo e a conveniencia de, probablemente, ficar calado.

Se o último parágrafo non é puramente retórico (e, mediante a ironía, intento novo de pór en evidencia as miñas limitacións), direille, Apicultor, que non desdeño entrar en diálogo ao respecto con vde. Será en todo caso outro día, e prego -eu, si, sen ironía nin outras retóricas- que mo faga lembrar.

Pero hoxe non traio gana nin de reñer. Veño da cabalgata de Reis e unha escena fai -no que me alcanza- que encontre toda esta discusión como cousa sen relevo nin importancia substancial; non se enfade, Apicultor, que o conto é serio. Se o amo da casa saca un día o tema da Lei do Menor -cousa que suxiro- ou a posibilidade que ten un maior de facer valer algún tipo de autoridade, sequera moral, contareino e falaremos. Arestora, francamente, perdín a gana.

Non é retórica, insisto, nin escape. Se mo quere crer.

Anónimo dijo...

Pois saque o tema X.M.González. Imaxino que víu a algún "pequeno diaño" abusando dos seus "dereitos" para con os seus páis. Do mesmo xeito que noutras épocas era ó revés.

Anónimo dijo...

Aí, nese asunto dos nenos, a carón do cal todos os demais temas perden importancia, estou máis ca seguro que concordamos ao cento por cento, Saavedra.

Boa noite de Reis.