24 nov 2007

Seis anos da Sección de Literatura
Entrevista a Marcos Valcárcel, director da sección de literatura do Liceo de Ourense, en La Voz de Galicia- edición Ourense. Realizada por Xosé Manoel Rodríguez. Foto Miguel Villar.
«Ourense é moi desagradecida cos seus mellores persoeiros»
O colectivo celebra o seu sexto aniversario con máis proxectos e coa intención de implicar ós máis novos.

40 comentarios:

Anónimo dijo...

Pra chegar á xente nova tén que conquerir que lle faga as fotos o fotógrafo das portadas do "FUGAS",ou alguén así,e deixarse asesorar por él.(Pili Prol tamén podería valer).Esa pose de intelectual mirando á camara cún libro nas máns é demasiado clásica prá xente nova.Busque un "diálogo có libro" que sexa máis impactante visualmente.Os habituás do blog ,e os seus fillos ,vanlle dar ideas.Qué aposta?

Anónimo dijo...

Comprobamos con preocupación como o condanado do retratista fixo todo o que puido para sacarlle unha cara de complemento circunstancial de circustancia.
Póñase dereito, home! E tire cos eses xerseis sen mangas: son diabólicos! E a camisa: parece un administrativo do concello... Lamentábel.
Outrosí, ben puideron escoller outro escenario, con máis luz. Somella que, en vez de follear un libro ao agarimo dunha asociación cultural, está vostede a reservar cuarto no Eurostars Auriense: "Teñen cuartos con calefacción?" "Ahorita mismito se lo miro, señor"

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois, en defensa de Miguel Villar, eu creo que a foto non é tan mala. Xa ten un ano, non é de agora. O xersei non é xersei; é un chaleco vermello, que a min me gusta por certo. Pode que vaia mal combinado, pero iso non é culpa do fotógrafo. E a contorna do Liceo, con pouca luz, ten o seu atractivo. Ademais nas fotos sempre sae un máis gordo e non foi este o caso, máis ben ao revés. Que lle imos facer? O modelo non dá para máis...

Anónimo dijo...

Miguel Villar,como decía o outro día Apicultor daqueles músicos,sinxelamente "cumple".Non é pouco.É fotógrafo por tradición do negocio familiar.Non creo que lle apasione a fotografía coma as motos.Ou como lle apasiona a moitos outros fotógrafos da prensa ourensá:Santi Amil,ou Pepe Paz.Dito sexa sen ánimo de molestar,claro.Esas cousas nótanse:a fotografía é un arte.

Anónimo dijo...

Esquecín nomear a Daniel Atanes entre os que se notan "apaixoados"

Anónimo dijo...

Por exemplo ¿Por qué non se ve qué libro é? O observador quere sabelo (consciente ou inconsciente mente).Qué aporta ese libro concreto ó coñecemento de aspectos importantes da personalidade do modelo.Qué significado tén o lugar.Eu séi que é o Liceo Ourensán,pero saberáo outra xente?.Qué pintan aquelas catro persoas no fondo?Calquer aficionado sabe que non se deberan encuadrar,se non significa nada.O obsevador trata de interpretar todo o plano,coma no cine.Qué outra cousa tén na máu?.

Anónimo dijo...

A foto de Marcos é bastante mala, pois non sae moi favorecido: enrugas na cara, cabeza ladeada, papada resaltada, mans algo flácidas, ollada bovina, ... Non só é cuestión de iluminación, senón de ángulo e de composición.

Hoxe en día, coas cámaras dixitais, é posible tirar unha dúcia de fotos en poucos minutos e despois escoller a máis axeitada. A "fotoxenia" é, sobre todo, asunto de escolla entre varias posibilidades fotográficas.

Ou dito doutra maneira: Marcos é máis guapo e fotoxénico do que amosa esta foto... dentro dunha orde. Evidentemente non é Clooney nin Pitt, nin falta que lle fai.

Anónimo dijo...

Unha expresión de encaixe sentido do mundo e da vida nun espacio amplo, activo, suxerente, as siluetas recortadas pola luz da exposición. A intimidade inferida da indumentaria, a pose entre ese mundo interior amplo e a acción conseguinte que anuncia o libro nas máns fala dun refuxio amoblado con música de Eric Satie.

Anónimo dijo...

Unha expresión de encaixe sentido do mundo e da vida
nun espacio amplo, activo, suxerente,
as siluetas recortadas pola luz da exposición
A intimidade inferida da indumentaria
a pose entre ese mundo interior amplo e a acción conseguinte
que anuncia o libro nas máns fala dun refuxio amoblado,
con música de Eric Satie.

Veritablemente, un anuncio-poesía... dun hotel? dun cadro?

Anónimo dijo...

O hotel: O liceo Ourensan, e o cadro-retrato do seu responsabel literario.
Pareceme que a mensaxe está ben trasmitida.
Sen artificialidade, nen exceso formas, que distornionarían.

Anónimo dijo...

Por esas casualidades da vida, despois de ler a entrevista a Marcos, incitado por un artigo de "la vanguardia" baixeime o estudo "To Read or Not To Read: A Question of National Consequence" realizado por o National Endowerment for The Arts ( http://www.nea.gov/research/ToRead.pdf)
no que avalían, entre outras moitas consideracións, os patróns de conduta de nenos, adolescentes e adultos en USA destacando a relación entre o desenvolvemento de capacidades e os hábitos de lectura e entre estes e o éxito académico (fai un meses noutra entrada en relación coa "viaxe" da filla de Marco a Compostela penso que falabamos da transmisión bibliográfica de pai a fillos..... Cousas todas elas xa sabidas pero que non por elo deben de esquecerse,.......pero, por outra banda
non e menos importante recordar, como fai Manuel Castells no seu Observatorio Global deste Sábado, no que reclama a evolución do sistema educativo coa sociedade e o entorno dixital, que
" la idea de que una joven de hoy se cargue una mochila de libros de texto aburridos definidos por burocratas ministeriales y se encierre en un aula a soportar un discurso irrelevante en su perspectiva y que todo eso lo aguante en nombre del futuro es simplemente absurdo"

(pero digo eu como lle vamos pedir os xoves unha visión a curtoprazo cando aos responsables políticos deste tempo son nin sequera capaces de ver a no curtoprazo?)

Anónimo dijo...

Por esas casualidades da vida, despois de ler a entrevista a Marcos, incitado por un artigo de "la vanguardia" baixeime o estudo "To Read or Not To Read: A Question of National Consequence" realizado por o National Endowerment for The Arts ( http://www.nea.gov/research/ToRead.pdf)
no que avalían, entre outras moitas consideracións, os patróns de Lectura de nenos, adolescentes e adultos en USA destacando a relación entre o desenvolvemento de capacidades e os hábitos de lectura e entre estes e o éxito académico (fai un meses noutra entrada en relación coa "viaxe" da filla de Marcos a Compostela penso que falabamos da transmisión bibliográfica de pai a fillos..... Cousas todas elas xa sabidas pero que non por elo deben de esquecerse,.......pero, por outra banda
non é menos importante recordar, como fai Manuel Castells no seu Observatorio Global deste Sábado, no que reclama a evolución do sistema educativo coa sociedade e o entorno dixital, que
" la idea de que una joven de hoy se cargue una mochila de libros de texto aburridos definidos por burocratas ministeriales y se encierre en un aula a soportar un discurso irrelevante en su perspectiva y que todo eso lo aguante en nombre del futuro es simplemente absurdo"

(pero digo eu como lle vamos pedir os xoves que non teñan unha visión a curtoprazo, cando os responsables políticos deste tempo son nin sequera capaces de ver a no curtoprazo?)

Anónimo dijo...

Pero Jimmy de Rairo.A crítica era pensando en captar á xente xove,non en gostar a persoas con sensibilidade como a súa.XDDDD

Anónimo dijo...

Non lles fagas caso a estes abutres, Marcos, que lles come a envexa. Estás moi interesante e atractivo.

Marcos Valcárcel López dijo...

Moitas grazas, AnaLista. Xa estou arrubiado neste momento.

Anónimo dijo...

Olá. Son o primeiro anónimo. Queremos desmentir as imputacións de "analista " verbo da nosa suposta abutridade. Marcos é un bo mozo e o retratista non se loceu precismante. Morra o conto.

Anónimo dijo...

Non é por nada, amigo Valcárcel, pero eu retirarialle a palabra a máis dun despois do que escriben aquí. O problema é que vai ter vostede que medir máis as fotos que inclúe, porque a xente ve moito supermodelos.

Marcos Valcárcel López dijo...

Ben, haxa calma... Só faltaría que por esta babecada polemizemos ou rematemos nos insultos. Entendín o de "abutres" como un recurso retórico-humorístico en clave irónica, non como insulto: creo que mellor deixalo así. Neste blog non hai abutres, dende logo, e xa saben que tampouco caben os insultos, así que rematemos o conto.

Anónimo dijo...

Eu entendín todos os comentarios do post, sen excepción, como brincadeiras. Non cabe susceptibilidade algunha. Foi divertido. Arredemo, se xa nos coñecemos case todos!

Anónimo dijo...

Marcos ten fotos nas que sae extraordinariamente ben favorecido, e outras nas que menos. Pásalle como a case todos. E é evidente que, en persoa, dá moito mellor imaxe que nesta foto. Ergo, é unha mala foto dun fotógrafo que non se esmerou moito nesta ocasión. Pódese dicir, non?

Marcos Valcárcel López dijo...

Por suposto que se pode dicir iso e moito máis. Eu só me refería á que, ás veces, no blog, unha expresión mandada como brincadeira pode ser tomada en sentido literal e a partires de aí subir o tono dos insultos. E non se trata diso.

Xaime dijo...

!Verdá que é tan riquiño¡

Anónimo dijo...

Permitan unha lectura da foto dende a óptica feminina ( que á Analista non lle coñecemos o xénero).Pode non ser unha imaxe técnicamente correcta pero a min trasmíteme unha certa armonía do personaxe co medio.Uns fortes contrastes de luz e en primeiro plano o Sr.Valcárcel( a quen nunca vin en persoa) co seu estilo habitual, esto é: chaleque sen mangas, camisa sport, gafas, como non uns libros na man,un esbozo de sorriso tímido ,doce, un aire de prudencia e intelectualidade... Morra o photosop.Creo que é de Picasso aquela frase que decía: " A fotografía é unha mentira que amosa unha verdade".

Anónimo dijo...

Eso da óptica femenina en que consiste?

Anónimo dijo...

É algo característico da miña especie:"Mustela Nivalis".Boa vista ,mellor oído e finísimo olfacto para cheirar retrancas varias.

Anónimo dijo...

Olfacto non: " olfato".

Anónimo dijo...

Doniña ama a Marcos.

Anónimo dijo...

Esa si que é boa pintada. Un clásico. Con cuore o senza.

Anónimo dijo...

Non é Analista,senón AnaLista.Có cal,sopéitase a sua pertenza ó sexo...¿débil?.E,se é certo o do mellor olfato ou intuición femenina,entón xa teño un motivo pra odiar a Marcos,xa que eu sempre pretendín o amor de Doniña.Qué fago,mándolle ós meus padriños pra que escolla as armas?

Anónimo dijo...

As armas están prestas e son dialécticas, eu propoñome como xuiz.

Anónimo dijo...

Eso nunca Sr Da Coba que no me perdoaría que saíse vostede perxudicado do lance,ainda que como prospere o da pintada, con cuore ou senza cuore ,a perxudicada vou ser eu.

Anónimo dijo...

Vostede xa sabe que o corazón é zíngaro...

Cuore Zíngaro

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Che colpa ne ho
se'l cuore è uno zingaro e va
Catene non ha
se'l cuore è uno zingaro e va
finché troverà, il prato più verde che c’è
raccoglierà le stelle su di sé
e si fermerà chissà… e si fermerà.

Lei, amico Da Coba, vuò ammazzarmi questa notte?

Anónimo dijo...

A foto está ben, pero Marcos é máis guapo.

Anónimo dijo...

O Marcos será moi guapo.Pero a mín,fai moitos anos,gustábame a súa irma,F*****.Pero boeno,eso foi fai moitos,moitos,anos.Xa está superado.

Anónimo dijo...

E que quede a cousa así,que xa dixemos noutro post que non se meteran ós irmáns. :)

Anónimo dijo...

Moitos, moitos anos non será: que caste de cabaleiro insinúa tal cousa?

Anónimo dijo...

Amo a Marcos a rabiar.

Anónimo dijo...

Eu só dixen que me gostaba.Qué ten de malo? Polo demáis coñecémonos dende bén pequenos,ela i eu.

Anónimo dijo...

Eso,AnaLista.Téñame enredado ó Marcos,a ver se namentras podo namorar á Doniña sen que se me despiste.