APOSTA CLARA, O RESULTADO HASE VER, de Afonso Monxardín
La Región 24 novembro
Todo ou case todo no mundo da política ten a súa lóxica, aínda que algunhas cousas nos resulten de principio estrañas. Falo, por exemplo, da visibilidade dominante da “Tenencia da alcaldía” sobre o propio concello nas actuacións nas que toca. Por exemplo na carreira do San Martiño ou, máis incriblemente, nos logos do Festival de Cine de Ourense, onde como organizadores aparecen a Tenencia e a Deputación… e como colaboradores, o cluster Pérez Rumbao, algún resturante, algunha peluquería e… o Concello de Ourense.
Marcando paquete. Así. Chulamente. Somos nós. Temos o noso espazo. Non somos aliados de ninguén. Serano eles de nós e nós non usamos os símbolos administrativos comúns porque non queremos que haxa unha imaxe compartida do goberno. Está claro que a aposta do BNG é hoxe clarísima a favor de que a partipación en coalicións debe ser radicalmente visible e non se pode subsimir na acción dun goberno unitario que, cren, sempre beneficiaría á cabeza, presidente ou o alcalde. E algo de razón parecen ter a teor do que lles aconteceu en Lugo e Santiago, pero, en ningún dos dous sitios tiñan un lider da talla e proxección de Alex. De aí vén esta negación da maior, a de non querer aparecer como parte dun todo (Xunta de Galicia ou Concello de Ourense), pois ese todo que se quere proxectar xa o formaría soa a parte nacionalista, acollida ao abeiro do “superior xerárquico”, sexa Vicepresidencia ou Tenencia. O seu éxito mediático apoiado nunha eficaz estratexia de manual –enxurrada de noticias e proposta contínuas, marcando diferenzas co “socio” (desde o cambio de hora, ás galescolas, ás inauguracións separadas, etc.)- sitúano no centro da información política de forma continua. Esta megavisibilidade diferencial está tolerada, que remedio, por un PSOE que parece pensar que mellor é ir con calma. E habemos de ver como esta hiperpresenza se traduce electoralmente: se o cidadán valora en positivo o dereito a marcar a diferenza de orixe na xestión, ou se a xulga como falta de lealdade para co socio e a institución. Parece que se non percibe imaxe de unidade de goberno é porque non a existe. Hai, lóxico, coordinación de forzas, case diría de gobernos, pero nin Quintana abandonará o biombo vicepresidencia nin Alex o seu fermoso logo. Ademais, nin Touriño nin Paco están en disposición de lles ordenar recoller biombo ou acollerse baixo o “logo común”. Esta é unha das formas posibles, non a única, creo, da cultura das coalicións. De aquí, pois, a que acaben as lexislaturas autonómicas e municipais habemos ver sempre este Jano brifronte. Non fondo, afían na pedra do PP caído as armas para batérense entre eles, a ver quen queda por riba de quen. A aposta e ritmos son claros. O resultado, hase ver.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 1 semana
36 comentarios:
Eu creo que con este modelo aparecen novas formas de goberno, mesmo novas institucións: a Vicepresidencia e a Tenencia, como entes orgánicos independientes. Esa é a clave. Non é unha fórmula organizativa de gobernos, senón órganos unipersoais novos, de similar rango ao de Presidente ou o de Alcalde.
O do logo vino o outro día no anuncio do festival de cine e non souben se escandalizarme ou botarme a rir coa ocurrencia. Logo pensei que nos dous casos estaba moi equivocado, que comezaba un novo réxime e eu non me decatara.
Nota: o das inauguracións separadas é infantil, porque mesmo cando acuden dous conselleiros fan que sexan do mesmo partido. Que manda carallo. A grande vantaxe, como di Monxardín, é que a oposición aínda está buscando líder, programa e ilusións.
Eu crin adiviñar na entrevista con Camilo Nogueira, ó remate (noutro fío), unha lene crítica ó sistema de cogoberno como está funcionando: pero ó mellor son eu demasiado suspicaz.
Hai cousas abondo esperpénticas e polas dúas partes. Concelleiros que teñen que defender x posición nun pleno, p.ex., porque llo acaban de dicir e non se pode romper o pacto de goberno, claro. Pero sen convencemento. Sería tan difícil reunirse psdg-bng e chegar a acordos mínimos nestas cousas? É preciso tal afán por desmarcarse un dos outros? Ou a contraprogramación continuada de todos os días, aínda cos mesmos convidados: Pérez Esquivel, hai pouco, ou o do Prestige? Non sei, teño medo, que ó remate tal "espectáculo" sexa contraproducente e moitos votantes se queden nas súas casas...
Eu témolle a unha "pinza" PSOE-PP para determinados temas. E se non, tempo ao tempo.
A pinza que me temo eu, para determinados temas, é a BNG-PP. E se non, tempo ao tempo.
Sería unha xenial proba do que se chama "normalidade democrática".O dos compañeiros de cama i eso...
Calquera pinza co Pp, traizoa aos votantes Psoe bng
Claro. Con tres partidos, e collendo de dous en dous, so se poden facer as combinacións:
pp-psoe
pp-bng
psoe-bng
Un das dereitas, outro das esquerdas e un "bi" xoga noutra división, só ás cousas da terra, que se pode acomplar con un ou con outro,en función do que mais gusto lle dea.
Así nos ensina o PNV e Izquierda Unida.
Por certo, Don Xoan, ¿coñece vostede a capela de San Xoan da Cova, aí preto do embarse dos Peares indo pra Chantada por unha secundaria á beira lucense do Río? Se non, halle gustar
A carretera,coñézoa.Fun por ela moitas veces,hasta Chantada e Belesar.É o concello de Carballedo.Pero a capela,aínda que me soa vela anunciada,non me dou conta dela.Miren qué boa idea pra unha excursión hoxe á tarde.Graziñas,Anónimo.
DEBE DE SER ÉSTA
Con tres partidos,collendo de dous en dous,son tres posibilidades,coma dí o Anónimo.É o "número combinatorio" (3 sobre2).Pero eso,se non inflúe ningún tipo de orde entre eles.Se iflúe un orde,por exemplo,interpretando que o que vai en primeiro lugar é o que acadóu máis votos ou escanos,son "Variacións",e xa son máis.Concretamente,seis.Imaxino que tén senso político,porque os gobernos sería moi diferentes.
(Se non me sáe a vena matemática,revento).
Ademais, debe ser ben incómodo andar todo o tempo dun lado para outro sempre co cartelón detrás. E, sobre todo, debe ser incomodísimo á hora de dormir.
Érase un hombre a un cartelón pegado...
A maiores do incómodo do cartelón, o difícil é afacerse a esa posmoderna situación de termos dous gobernos, e segundo os lugares dous gobernos municipais. Ora ben: non está escrito en ningures que o modelo fracase. Primeiro, se son pragmáticos abondo como para unirse fronte ao inimigo exterior cando toque, ou sexa, o PP, que está en horas baixas. Segundo, se un deles ou os dous conseguen pescar votos nos caladoiros do PP.
O problema é cánto durará esa divisoria fronte ao "outro". As culturas políticas do PSdG e do BNG son demasiado diferentes, e as do PP e mais as do PSdG máis próximas do que se cré, polo menos na Galiza urbana. Denantes ou despois, dependendo como evolúa a situación no resto do Estado (p. ex., se hai maioría absoluta de ZP en Madrid), si se pode producir esa "pinza" PP-PSOE. Lóxico, doutra banda. Se en nome do nacionalismo galego poden convivir no BNG o antisistema de esquerda e independentista e mais o centrista liberal, por que non van coincidir na defensa de España conservadores e liberais progresistas e socialdemócratas? Un frontismo crea outro.
Leo no Faro que os concellos do PP baixarán o IBI e non séi qué impostos máis.O primeiro que penso é.Menuda autonomía municipal pra tratar os problemas concretos e diferenciados dos concellos,neste caso no eido fiscal.TABULA RASA aplicada por color político.Demagoxia electoral pura.
É que, na política, do que se trata é de maximizar resultados (votos e/ou cargos), e para iso deséñanse estratexias que poden fracasar ou ter éxito. Daquela, a ninguén debería estrañarlle xa nada.
Eu supoño que hai máis militantes ou votantes do PSOE incómodos con ese bifidismo que do BNG. Ao BNG esta situación venlle que nin diola. O que me estraña (é un dicir: a mín, coma a Apicultor, non me estraña nada) é a pasividade do PSOE diante de tales estratexias. Seica o de Lugo e outros alcaldes renuncian ao acordo por unha calculada aposta política de deslexitimación do socio. Pero outros, coma o de Vigo, coa experiencia nefasta do anterior, ha tragar sapos e culebras con tal de perpetuarse e agardar tempos distintos. O PSOE, pois, xoga aos dous paos ao tempo para non perderen os votantes cara as eleccións. Despois xa veremos.
Claro que se lemos hoxe o FARO DE VIGO podemos atopar unha das chaves da perpetuación no escandaloso número de páxinas enteiras de publicidade a cargo das diferentes consellerías e do propio concello con contidos claramente tautolóxicos do tipo "cuidemos o medio ambiente", consellería de medio ambiente; "comamos centola", consellería de pesca.
Isto da política parece un pouco trapallada.
O Pachi soltando cartos ós medios.Os caciques non os hai só no PP.
Eu creo que este estilo un pouco estraño de coalición é posible sobre todo porque o PP, bastante debilitado arestora en Galicia, o permite. De momento, non semella que pase facturas moi onerosas a exhibición impúdica dos bigobernos. Tamén é posible que tras as próximas eleccións autonómicas, cando o BNG vexa que esa exacerbada "visualización" dos seus faceres non dá os rendimentos esperados, a cousa se normalice algo máis. O problema das vicepresidencias e as tenencias é que visualizan o bo, pero tamén o malo.
Reclamo dereitos de autor pola expresión "bigoberno".
O 4/4/06 escribía en Galicia Hoxe "¿Goberno bipartito ou bigoberno partito? e levabamos poucos meses daquela...
E se a aposta lle sae ben ao BNG? Tamén o PsdG pensaba que nas municipais subiría máis do que subiu, e que o BNG baixaría ata un 10%, e velaí os resultados. Ollo ao piollo. O bigoberno non ten por que só prexudicar a un. E unha cousa é certa: a estratexia da mosca "cojonera" inventouna, máis ben, o PSdG cando ía por tras do Bloque, alá despois dos resultados das municipais do 99. Lembrémonos de Príncipe en Vigo...
O problema é se a aposta lle sae ben aos cidadáns. Pero, en fin, como falar de hipóteses electorais non costa nada, convén lembrar que son as xerais (e a fantasma do voto útil) as que veñen. E por Coruña e por Ourense creo que hai un deputado menos en loita. Os parachustistes están ao caer.
En Ourense o Pachi vai pór toda a carne no asador pra conquerir dous dos catro deputados (Actualmente PP-3,PSOE-1).Encheríase de gloria diante de Zapatero, e podería aspirar a algo en Madrí.Ó BNG véxollo peor:non saíu nin o Quin,no seu día.Canto máis este que queren poñer agora.
Admítense apostas sobre os resultados das vindeiras eleccións xerais. Veña, anímense vostedes.
Eu creo que o xogo en Galicia bátese en Coruña polo último escaño: agora mesmo con 8 escaños o reparto sería PP, 4; PSOE, 3; BNG, 1. E non sei se Ourense perde un escaño. Se perder, agora mesmo o reparto sería: PP, 2; PSOE, 1. Se non, o último escaño sería moi disputado para pasar do 3-1 ao 2-2. Non me saen as contas para o BNG en Ourense. 60/28/12: esa é a proporción que seguro Da Coba reducirá á expresión máis sinxela.
15/7/3,xa que vostede mo pide,Arume d.p.
De 25 jichos que ves na provincia de Ourense (que xa non serían jichos, senón qué?), 15 votan ao PP, 7 ao PSOE e 3 ao BNG. Eu fago esto cando chego a unha cidade da que sei a porcentaxe e resulta moi divertido. O problema é que cando hai eleccións no meu barrio (case zona nacional) sae cada walpurgui que na miña vida vin. E, claro, desmóntase a porcentaxe, porque boa parte dos votantes do PP só saen ese domingo, quero dicir polos seus propios pes axudados polos seus fillos, eminentes chófers de monovolumes Chrysler "Balaguer", da casa.
Aí vai o meu prognóstico (nada do outro mundo):
-A Coruña: PP: 4; PSOE: 3; BNG: 1
-Lugo: PP: 2; PSOE: 2
-Ourense: PP: 2; PSOE: 2
-Pontevedra: PP: 3; PSOE: 3; BNG: 1
TOTAL GALICIA:
PP: 11
PSOE: 10
BNG: 2
TOTAL ESPAÑA
PSOE: 171
PP: 142
CiU: 11
ERC: 6
PNV: 6
IU: 5
CC: 2
BNG: 2
EA: 1
Na-Bai: 1
Outros: 3
Goberno de maioría absoluta PSOE-CiU, con apoio parlamentario habitual de PNV, BNG e, segundo os casos, IU. Os nacionalistas, que non se queixen.
Carallo co angazo, meu.
Non se ve do pé que coxea.
Eu asino os resultados, pero non creo que Ourense e Lugo dean tan bo leite.
En Lugo xa foi así hai catro anos. E en Ourense, hai certa tendencia a un reequilibrio. Mesmo o PP dá por medio perdido o seu terceiro deputado ourensán.
PARA LEITUGA:
Pois sería lóxico un maior reequilibrio en Ourense e o PSOE pode aspirar ó segundo deputado. Máis difícil o ten o BNG nun contexto de bipartidismo agudo como se aveciña para esas xerais. Pero, para ter bos resultados, o PSOE ten que ofrecer un espello da súa acción e se a xente mira para o concello e o seu alcalde, poida que digan aquilo da ESO: "Necesita mellorar".
A acción de goberno do PSOE ourensán hasta agora é nula.Mellor.Eu estaría contento se cobraran por estarse quietiños e non puxeran en marcha as típicas ocurrencias,que nos escarallan a vida.
Seica en Ourense teñen un lío co do traxecto do AVE, non? O alcalde socialista vai por un lado e o tenente de alcalde nacionalista vai por outro (ao que se lle sumou o PP). Iso foi o que entendín escoitando a radio. Estou no certo?
Algo así.Quen está postísimo no tema do AVE ourensán desde o punto de vista político é o que foi de número tres do partido galeguista por Ourense,Arturo Rgz.Como creo que é amigo seu,Marcos,anímeo a escribir neste blog do tema.Creo que tén ganas de decir cousas.
Pero non pasan dúas vías por Ourense, unha para Madrid e a outra para Santiago?
Chegan noticias preocupantes sobre a "chegada" do AVE a Galicia. Parece que non poderemos ir a Madrid nel até o 2020.
Debe ser por esta razón que no Parlamento o BNG votou co PSOE para non reprobar a ministra de m... (completen a liña de puntos)
Nafarroa Bai sacará 2 por la errática actuación del PSOE en nuestra comunidad. Ya verán
É posible que leve razón o señor Aurtximendia co de Na-Bai, aínda que chegar a dous non lle vai ser doado, tendo votos significativos tan só nunha terceira parte, ou menos, da circunscripción electoral. Pero se é capaz de sumar novos apoios, aínda que non sexan propiamente nacionalistas, pode chegar a eses dous deputados.
O que xa non vexo é que vaia haber moita relación entre o xuízo que lle merezan á xente as políticas locais e o voto nas xerais, como parecía apuntar o señor Valcárcel. Aínda que non coñezo moi a fondo estas cuestións, por experiencias anteriores a impresión que teño é que os procesos locais non interfiren apenas na decisión de voto nunhas eleccións xerais, polo menos nas cidades.
Publicar un comentario