3 dic. 2007


Blanco Amor e a memoria da cidade (I)



Foto: EBA en Santiago de Chile (1952)
IV Xornada de Homenaxe a Eduardo Blanco Amor
Programa, Auria 4 decembro 2007
12 h. Cemiterio de San Francisco. Participan Luís González Tosar (presidente PEN Galicia), Clotilde Iglesias (discípula de EBA, da Asociación Arxentina de Fillos de Galegos) e de alumnos/as de catro institutos da cidade. A seguir haberá outras intervencións de cargos políticos (Deputación, concellería de cultura, tenencia de alcaldía).
17 h. Homenaxe do IES Eduardo Blanco Amor diante da estatua do escritor, nos xardíns da Alameda. Participarán o director deste centro, Xosé Luís Díaz Leyes, e Marcos Valcárcel.
19,30. Presentación no Liceo do libro ARS AMANDI, de EBA. Intervirán os críticos e profesores Luciano Rodríguez e Luís Pérez Rodríguez e José Luís García Martín, poeta, crítico e profesor da Univ. de Oviedo.

2 comentarios:

torredebabel dijo...

Que marabilla de acto! Lembadevos de nós, os lectores ao lonxe de EBA.

marcos valcarcel dijo...

PARA TORRE DE BABEL:
Polo menos pola miña banda, os galegobonaerenses ides estar presentes no acto e fareino constar dalgún xeito na miña intervención. Saúdos.