27 dic 2007



Dúas fotos ben diferentes

Hai uns meses pasáronme esta foto de Carlos Casares nun festexo na Alameda, supoño que os magostos do ano 1972, cando el leu o pregón oficial (está recollido no libro que eu preparei Carlos Casares, punto de encontro, Concello Ourense 2002). Dende logo, ten fame o Carlos ou estaba rico o condumio. Tamén Cristina, a súa compañeira, ben noviña, ó seu carón. Enfronte está Manuel Rego Nieto, que foi varios anos concelleiro de cultura e festas. E as bailarinas de rigor, "de baile regional".
Agradécese calquera outra identificación que se achegue aquí dos personaxes da imaxe.








A outra foto mandouma un amigo hai uns minutos: é Margaret Trudeau no baño. E, se hai que xustificar aquí a súa presenza, é porque se falou dela e da súa beleza estes días noutro post.

25 comentarios:

Anónimo dijo...

O que está detrás do da chaqueta a cadros, o do pelo negro, é Esteban Plaza o daquela, se mal non lembro, de Radio Ourense EAJ 57

Anónimo dijo...

E o da caqueta a cadros é o que foi director moitos anos de La Región Internacional. Creo que de nome é Luis; xa non me sae o apelido, será que vou para vello.
Carqueixa.
Por certo, o pai era o que tiña unha pensión no barrio da Ponte, frente ao Parque que hai na avd. de Santiago.

Anónimo dijo...

E o que está detrás de Rego Nieto paréceme Manuel Banco Guerra, pero non estou certo.

Anónimo dijo...

Eu creo que sí, que é Blanco Guerra. Descubridor do Castro de Santomé. Militar e, a pesares deso, amante da cultura galega.Lía en latín mellor que en español. Fora concelleiro con David Ferrer, anque nese momento non séi se sería álcalde "Caíto". Non teño datos a man.

Anónimo dijo...

Eu tamén lle agradezo ao amigo que me fixo chegar ao meu correo electrónico a foto de Madame Trudeau.

Anónimo dijo...

A ver, os de Ourense, cal será a incentada de hoxe na Rexión? Eu imaxino que é a das bandeiras do Neno Xesús competindo con Papá Noel.
Por certo, a mín aparecéume a imaxe dun Neno Xesús gravada no padal da boca, nestas datas.

Anónimo dijo...

Amigo Marcos:
Ante a túa petición de axuda para identificar as caras que aparecen na foto direiche que son (se non me equivoco), por orde de esquerda a dereita:
-Carlos Casares famento
-Cristina
-Guede (coido que era viaxante; foi presidente de Meisa-Manzaneda; de ultradereita).
-Esteban Plaza, xornalista e publicista.
-mozas mozas 'de gallegas'.
-Manolo Rego Nieto (concelleiro por aquel entón)
-Modesto Ojea (comerciante local. Coido que daquela era tamén concelleiro).
A ver se che sirve para algo!
Unha aperta
Xosé Lois Carrión

Marcos Valcárcel López dijo...

Sr. XDC: acertou no das bandeiras do Neno Xesús, no santurio das Ermidas; faltoulle a segunda inocentada: iso de que abren ó tráfico a Ponte Vella polo colapso do acceso da autovía.

Marcos Valcárcel López dijo...

A identificación que ofrece X.L. Carrión parece abondo completa. Eu creo que Blanco Guerra non está na foto: coñecino, algo, e non se me parece nada a ningún deles.

Anónimo dijo...

Vaia. O da Ponte Romana xa o sospeitaba tamén.

Xaime dijo...

Aquí en Lugo a inocentada é que por fín van face-la ponte nova sobor do Miño.

Anónimo dijo...

A inocentada de prensa que máis me fixo rir, fai anos , fora a noticia de que escomenzara a sair petróleo polas Burgas.XDD.
Outra : As comportas do embalse de Velle cerráranse tras dunha crecida e baixara o nivel do Miño tan bruscamente que quedaran charcas con troitas por todas partes.Habia pelexas entre xente que as quería pescar e os que as querían devolver ó cauce principal do río.Ésta última inocentada engañara hasta a algún medio que se desplazou pra cubrir o "suceso".

Anónimo dijo...

O que está de costas co pano na cabeza, chámase José Fernández da Lama, carpinteiro cos famosos Rodriguez de Ourense, ata que un día cortou un dedo e o deixou, pensando qeu lle escapaba a alma polo burato. Era da zona de Cortegada onde tiña unhas viñas que daban un viño que cando caía sobre un mantel, sempre debuxaba un demo rabelo coa forquita na man e cornos de cachena. Marchou para Venezuela no 1974 atraído polo nome dun poboado no interior da selva na fronteira con Colombia -Los Pijiguigados- que quería saber o que significaba. Non o volvín ver, nin mandou recado. Non sei se daría coa alma do nome.

Anónimo dijo...

Xulio o de Castro Floxo e outros folclorólogos quéixanse do sesgo despectivo conque se usa o de "trajes regionales". Seguro que Encarna bloqueira ou o pai de Beiras está de acordo.
Franco era un fillo de puta, pero a sección feminina fixo moito ben na conservación dos "traxes galegos" e o ex-comandante da division azul, Rey de Viana, elevou o folk galaico a escenarios prestixiosos... Así, pouco a pouco, o galeguismo político deixou estes sinais de identidade en maus "deles" e nós fomos quedando co "lusismo" coa "vangarda cultural" e, deixándonos de gaitas, fomos ficando sós co mar, o barco e máis nós.
Por certo que a morena -xa me enteirarei quen é- que ten o bocata na man está como un pan.

Anónimo dijo...

I en qué parte da Alamada está tomada a foto? A asimetría principal do palco son as escaleiras, pero non se lle ven...

Marcos Valcárcel López dijo...

O de "trajes regionales" era un sintagma moi da época e non quero eu molestar ós folcloristas, menos a Xulio, pero é un sesgo que quedou aí: se queren, reivindiquen o labor da Sección Femenmina ó respecto. Aquí teñen o seu espazo. Con todo, eu cando vexo nalgunha tenda o carteliño de "trajes regionales" sigo padecendo un certo malestar no estómago: como se dun lostregazo volvésemos a épocas pretéritas e ben fenecidas.

Marcos Valcárcel López dijo...

Pola posición do palco, para XDC, eu creo que a foto está tomada na parte superior da Alameda, case na mesma entrada e perto da actual cafetería (non lembro se xa había as cafeterías nos 70).

Anónimo dijo...

Estimado señor Valcárcel: Tiven a marabillosa oportunidade de ver un NO-DO de 1971, máis ou menos coincidente no tempo coa fotografía da Alameda que vostede nos mostra, e reflicte de maneira maxistral o espírito da época. O devandito NO-DO chámase "Orense" e é unha especie de documentario panfletario propagandístico folclórico-turístico, moi ben realizado, cunha auténtica explosión de color. Impagábel a actuación do ballet "Rey de Viana" e as autoridades a comeren o polbo. Inenarrábel tamén a do hidroavión a recoller auga nun encoro. Teño copia en DVD. Podemos facer exposición pública; é un monumento ao espíritu do "traje regional".
Cumprimentos.-

Marcos Valcárcel López dijo...

Saúdos, amigo Julio. Sen dúbida, merece ser visto ese NODO do que vostede ten copia en DVD. Moitos dos actos públicos e oficiais de aquela, vistos hoxe, parecen surrealistas: os altos cargos militares ó carón de Otero ou Cabanillas, e cousas así. Xa falaremos: habería que buscar un xeito de darlle exhibición pública a ese NODO e outros posibles.

Anónimo dijo...

Moi interesante o do NODO, Julio Medela. Sabe por casualidade cantos minutos dura?

Anónimo dijo...

Sería intersante, de haber videos dese tipo, facer un pograma de TV local da historia recente de Ourense no que se comentaran eses videos. Os comentarista poderían ser expertos coma Marcos e ciudadanos de a pé..

Anónimo dijo...

Máis ou menos vinte minutos; aínda o vin hoxe, tal vez por causa da fotografía do sr. Valcárcel. E que tamén lembro que o señor Casares (que Deus teña na Gloria) foi veciño meu, cando era eu moi cativo, no barrio do Couto.
Cando quixeren vemos o DVD.
Cabaleiros, cumprimentos.-

Anónimo dijo...

Ante a dúbida que tes, Marcos, sobre a existencia ou non das cafeterías na Alameda nos anos 70 direiche que nos 60 xa estaban.
A de arriba (máis próxima á rúa do Progreso)era 'café-bar Alameda', propiedade do señor Alberto, que finou hai pouco tempo.
O establecemento contiguo chamábase 'Cervecería Pinal', apelido do seu dono, quen a mediados dos 60 abría tamén na rúa Parada Justel a coñecida 'Chocolatería Moroco'. A mediados dos 90, sen os anteriores, abriu un pequeno bar no entorno de As Burgas.
A cervexería Pinal foi un dos primeiros establecementos da zona (xunto co restaurante 'La Regidora') que tiña aparello de televisión (craro está, en branco e negro), lugar que reunía a moita xente para ver partidos de fútbol e corridas de toros.
Na actualidade (calculo que dende os anos 90), ambos establecementos pertencen a unha mesma dirección.

XOSÉ LOIS CARRIÓN.

Anónimo dijo...

Hai tempo que, en vez de traxe rexional, as institucións e sociedades máis relacionadas co seu uso e estudo utilizan a expresión traxe tradicional. Estou conforme: distanciarse destes aspectos da cultura galega, que o franquismo utilizara ou non desdeñara, foi para o progresismo nacionalista algo así como distanciarse do fútbol: posiblemente unha especie de sarampelo ou crítica algo desenfocada.

Coido que vai bastante superado. Pero, arestora, o "problema" da cultura tradicional non é precisamente ese nin o anterior.

Anónimo dijo...

A identificación que fai o Sr. Xosé Lois Carrión máis ben parece a dun policía mal informado. Respecto á que fai de D. Juan Guede (ao carón dos seus amigos Cristina e Carlos e mirando ao seu amigo D. Manuel Rego Nieto, co que traballaba nesa época) ao que lle colga a etiqueta de nin máis nin menos que "de ultradereita", según fuentes de la Dirección General de Seguridad y fruto de la colaboración ciudadana, ao máis puro estilo orwelliano, descalifícase de seu. Ben seguro que "Juanito" dende o alén escacha coa risa. Saúde.