4 dic. 2007

disparates nos exames

Coincido solemnemente con Monxardín, o peor da nosa profesión (que ten tantas cousas boas): corrixir exames. Aínda que ás veces haxa disparates ben simpáticos: A Rosalía marimacho e outras cousas (Galicia Hoxe).
Se queren colaborar, o dos disparates nos exames é como o das pintadas... infinito.

26 comentarios:

Xohan da Coba dijo...

Eu teño un amigo que foi profesor de informática non tempos pioneiros.
Unha vez, explicóu na clase a principal diferencia tecnolóxica entres os ordenadores de primeira e segunda xeneración: nos primeiros a señal procesábase mediante válvulas de vacio,e nos segundos mediante transistores.Cando preguntóu eso no exame,unha alumna respondéu que na primeira xeración había "espitas" e na segunda,"magnetofós".

arume dos piñeiros dijo...

Sempre se poden eliminar os exames: así non corrixes.
En todo caso e dedicado á profesión enteira que lembra as vellas iniciais iniciáticas aquela de "Los personajes del esperpento de Valle Inclán son todos unos penenes y fantoches".

Xohan da Coba dijo...

Seguro que vostedes lembran a famosa "Antoloxía do disparate". Pero eu lera un texto similar en francés.Lembro algunhas das súas perlas.

-O calor dilata os corpos. Exemplo: os días son máis longos non vran.
-Na inseminación artificial,o veterinario sustituie ó toro.
-Nun famoso monumento en París,arde sempre un pequeno soldado.
-Francia limita ó Norte con Alemania e os Países Baixos. Ó sur con España. Ó Leste có sol cando sae, e ó Oeste có sol cando se pón.

Anónimo dijo...

A Santísima Trinidade :"El padre el Hijo y una palomica que vive con ellos".

Anónimo dijo...

Un que circulou hai pouco polos correos


http://img264.imageshack.us/img264/6825/laxoa7.jpg

Xohan da Coba dijo...

Moi simpática, ésta última, a da "x". Xa saben que vale x=5.

Pero vóulles contar algo que igual non o saben. Desde moito antes que Pitágoras nacera, os mariñeiros manexaban unha corda circular na que había 12 núos equidistantes entre sí.Usábana pra poñer os mástis dos barcos perfeitamente perpendiculares ó chan de cuberta. Estiraban a lonxitude de catro nús no chan,e apoiaban a lonxitude de tres no mástil .Os "catetos",con tódolos respetos.Logo, tensaban os cinco núos restantes ,a "hipotenusa", e dábanlle voltas ó trigono darredor,comprobando que este lado permanecía tenso.Así, asegurában un ángulo reto en tódalas direcios.O mástil estaba entón perfeitamente direito e xa podían desplegar velas. Pitágoras observóu eso, atopóu a relazón entre eses números (3,4,5) e xeneralizóuno por semellanza. Pero o verdadeiro xenio, anónimo, que inventóu ó trebello, permanecerá ignorado pra sempre.

Se Alfredo Conde lée esto, hasta nos pode decir o nome grego do trebello.

Anónimo dijo...

Outro para os tertulianos matemáticos,

http://www.webmaniacos.com/wp-content/img/2006/09/matematicas_examen_divertido.jpg

Xohan da Coba dijo...

Vóulles contar un disparate. Pero non dún alumno, senón dunha mestra:

ALUMNO: Señorita!, ¿vocal se escribe con "b" o con "v"?
MESTRA: Pareces tonto,niño. Vocal viene de "boca" y boca es con "b", ¿entonces?

Non é ningún chiste. O feito foi real. Ano 1974, máis ou menos. Un mestre "de prácticas" está tamen na aula, abre os ollos coma platos, pero non se atreve a desautorizar á mestra titular diante dos alumnos.

Xohan da Coba dijo...

XDD,Anónimo.

Outro parecido a ese era: Canto é "infinito" por "i" (unidade imaxinaria). Resposta: "8",porque é o resultado de xirar 90 gráus o "infinito".XDD.

(Nota: O produto por "i" xira 90 gráus un numero complexo en notación vectorial).

Isildur dijo...

Unha dun exame de selectividade de hai dez anos ou así, segundo circula:

"Hitler encargó a Goya que pintase el Gernika como homenaje al pueblo vasco".

lourixe dijo...

Cito a XdC: "Estiraban a lonxitude de catro nús no chan,e apoiaban a lonxitude de tres no mástil .Os "catetos",con tódolos respetos." Non sei se é merecente de puntuar nun exame, pero iso de exemplificar proporcións matemáticas con nús é levar o naturismo ao extremo. Mágoa que os mariñeiros usen nós.

Xaime dijo...

Éxame de traducción en latín do antigo 4º de Bachiller:

AVE CESAR MORITUREM TE SALUTAM

As aves do César morreron por falla de saúde.

Que coido é bastante máis bonita que a verdadeira traducción que deber ser

AVE CESAR, os que imos morrer saludante

Xohan da Coba dijo...

Lourixe: estóu relatando como vían os mariñeiros daquela o asunto, nun tempo,prepitagórico,no que nin o concepto de proporción estaba claro. O que quería mostrar é que o coñecemento do famoso teorema estaba xa "codificado" dalgún xeito na existencia dese trebello mariñeiro. E cómo faría vostede pra dividir a corda en 12 segmentos iguáis,como facían eles.?Sin regla graduada,claro.
Estóu certo de que a casi totalidade dos problemas "sinxelos" que resolveron os gregos non podería resolvelos a inmensa maioría dos universitarios de hoxe.

E ,si digo nú, é por que é o que oín decir de pequeno na aldea.Séille facer tódolos os "nós" labregos (os mariñeiros,non):pra atar unha vaca,pra atar un burro (non son iguáis), pra atar o carro (distintos según a carga),etc,etc...

E, por outro lado,ó naturismo é un xeito estupendo de explicar matemáticas.Menos na facultade de exactas,claro.

marcel swann dijo...

Disparates en "A Nosa Terra Diario":

"Os españois preferimos os deportes á política" (a min que non me inclúan...)

marcel swann dijo...

Non sei como poñer aquí raíces cadradas, senón aínda lles facía unha ecuación polinómica con varios membros:

E = España
G = Galicia
A = A Nosa Terra

Anónimo fácil de saber dijo...

Boeno,marcel swann.O xeito de facelo en certas linguaxes de programación é: SQR(x). Por exemplo:
SQR(9)=3

XDDDDDD

O mesmo de antes dijo...

Cales son os puntos cardináis?
O alumno non o sabía e puxo : NO SE.
Aprobóu.

outro anónimo dijo...

Da coba, cando se multiplica dá moito xogo. Triunfo, arrastro e canto as corenta en bastos. Dá a impresión de que nos visitan múltiples persoeiros versados en matracas, mesmo en programación, e que isto vén sendo un blog científico-técnico

Xohan da Coba dijo...

Boeno, algús igmorantes coma mín esa clase de cousas métennas no saco da "cultura". Xa ve. Por certo , se pensa que esas catro caralladas son científico-técnicas,...

marcel swann dijo...

E falando de disparates, coméntolles que acaba de aparecer a TOURIPEDIA
[Esta nova merece unha entrada]

Touripedia

Con todos os palabros inventados "por o" noso presidente. Mesmo poden escoitar gravacións "históricas" dalgúns dos palabros.
Velaí exemplos:

- "Cidadano": Relativo o cu das cidades.
- "Dispositivo de extinción de personas": Kamikazes galegos contra o lume.
- "É a houra": É o moumento adecuado.
- "Encantao": Feliz de ser presidente.
- "Erozionar": Dezgaztar.
- "FODESA": Inmobiliaria ex-coruñesa de marcado carácter sexual. (este pódeno mesmo escoitar)
- "Furato": Aguxeiro.
- "Me arrecomendo": Arrecarallo se me recomendo.
- Novas retas, novos metos: Novos retos, novas metas (ou "Novas metas, novos retos", que aquí os académicos non se poñen dacordo). [pódese escoitar]
- "Nunca vos follarei": Promesa realizada ós emigrantes na Arxentina. "Máis quixeras..." -din que respostou un voceiro da diáspora. [pódese escoitar]

etc.

"O dito": unha vergoña que o presidente de Galicia non saiba falar o galego. Como queren logo esixir coñecementos desta lingua aos funcionarios (ou aos "cidadanos")?

Xohan da Coba dijo...

Aiquí,maís disparates:

PINCHAR

Anónimo dijo...

Grazas que algúns palabros da Touripedia van acompañados de documento sonoro , senón case non se podería crer. Boísima para rir un rato e tristísima por vir de quen ven . Hai un dito de vello que acae moi ben para o caso " Ai que xentiña leva o meu carro!"

apicultor dijo...

Estou de acordo con Swann. É unha vergoña que o Presidente de Galicia non saiba falar galego.

Pero eu aínda diría máis. Debería haber un articulado específico no novo Estatuto de Nación que puxese como conditio sine quae non para poder aspirar a Presidente da Xunta de Galicia o de saber falar con absoluta corrección o galego.

Daquela, todos os candidatos que se quixesen presentar ás eleccións e que optasen ao cargo de Presidente terían que pasar antes por unha esixente e dura proba de galego oral, sendo avaliados por un tribunal formado por recoñecidos especialistas en fonética e gramática galegas. Se non aprobasen, quedarían legalmente imposibilitados para ser candidatos á Presidencia da Xunta de Galicia... até a próxima convocatoria (de exame e electoral).

Así deste xeito, e cun pouco de sorte, librariamonos para sempre de que fose Presidente Touriño, e tamén de que o fose Quintana ou Núñez Feijóo, e tamén de...

Ben mirado, non lles está nada mal a idea...

apicultor dijo...

Conditio sine QUA non, por suposto.

Leituga 1 dijo...

Paréceme boa a proposta de Apicultor. Lémbrame a aquela de Alonso Montero, que quería mandar aos locutores de TVG a facer "un master na aldea". De segulia, ao mellor só podíamos ter a "Farruco" ou a algún remilgado e meticuloso profe de galego de Presidente da Xunta.
A Touripedia, hai que recoñecelo, está moi ben e ten bastante gracia. Aínda así, creo que esaxera nalgún punto. Eu visiteina hai pouco e quixen escoitar por min mesmo iso de "Non vos follarei". Fíxeno, e só poñéndolle un pouco de malicia -tenmo que recoñecer, señor Swann- se pode escoitar do Presidente a promesa -sensata, a pesar do seu marcado carácter electoralista- de que non vai sodomizar aos emigrantes galegos na Arxentina. É certo que pronuncia un "a" algo pechado, pero enténdese "Non vos fallarei", agás para os que queiran entender forzadamente o outro.
Unha das cousas non citadas por Swann é a referida á necesidade de "topenciar" o transporte público, que tampouco está nada mal.

Etxe dijo...

Topenciar,será darlle coa baqueza...